main content

main content
23/03/202212:03
Mans usando un smartphone.
Santiago de Compostela

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

  • Desde mañá e ata o 9 de maio de 2022 poden realizar a súa solicitude empresas e autónomos que non dispoñan de acceso a internet de cando menos 30 Mbps
  • A Xunta destinará case 880.000 euros a axudas para subvencionar ata o 100% dos custos das tarefas para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario
  • É a terceira convocatoria desta liña de axudas enmarcada no Plan de Banda Larga da Xunta, que xa permitiu dotar de conexión en 2016 a 81 polígonos industriais, así como, ás actuacións que se prevén neste eido para o próximo período

Dende mañá, 24 de marzo e ata o 9 de maio empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Esta nova convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, da continuidade á actuación posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xa no ano 2017 no marco do Plan de Banda Larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

Nesta terceira convocatoria, na que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica destina outros case 880.000 euros, as axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000 euros por proxecto. Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000 euros.

Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
As convocatorias de 2017 e 2019 sumaron 1.100.000 de euros que permitiron que máis de 80 empresas, con case 1.300 traballadores en total, dispoñan actualmente dun servizo de banda larga con velocidades de acceso que van dende os 30 Mbps ata os 600 Mbps.

Prazos e características da convocatoria

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 9 de maio dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.

Os principais requisitos e obrigas que deberán cumprir os solicitantes serán non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 megas e manter a alta no servizo contratado, de 100 Mbps ou máis, durante cando menos 1 ano.

Para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo inversor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.

Outras actuacións para a extensión de redes ultrarrápidas en áreas empresariais

No marco do Plan de Banda Larga 2020 púxose en marcha, en xullo de 2016, unha primeira actuación para conectar 81 polígonos industriais das catro provincias galegas a redes de ata 350 Mbps, que non contaban con cobertura de redes ultrarrápidas nin previsión de dispoñer deste servizo.

Deste xeito, actualmente hai un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, que dispoñen de acceso a redes de máis de 100 Mbps.

Medida complementaria ás estatais

A presente convocatoria destinada a dotar dun servizo de banda larga ultrarrápida a empresas illadas do rural complementa outras actuacións que o Goberno do Estado ten marcha a través do Programa ÚNICO con máis de 4.000 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRPT), dos que o Ministerio xestionará o 91% e Galicia recibirá o 0,4% para desenvolver un conxunto de actuacións predefinidas polo Goberno do Estado. Entre estas medidas está a mellora da conexión e o reforzo da mesma en polígonos industriais, centros loxísticos e outras áreas con concentración de empresas,

O compromiso do Estado, que desde 2015 xestiona directamente os Fondos Feder para a extensión da Banda Larga, é lograr que en 2025 o 100% da poboación teña acceso a unha conexión de 100 Mbps.

1 mes 1 profesión dixital
Online

Día da Internet 2022 - Actividades Centros Escolares

Como cada ano, o 17 de Maio celébrase o #diadeinternet, proxecto de dinamización social para promover e impulsar o bo uso da Internet e mellorar a nosa sociedade co uso das novas tecnoloxías.

Unha das actividades protagonistas en cada edición son as actividades e concursos dirixidos a alumnos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Profesores.

Este ano o tema central do #diadeinternet é 'Internet para as persoas maiores e o envellecemento saudable' e quixémolo reflectir nos concursos que xa están abertos e aos que vos animamos a participar:

  • Concurso para alumnos de primaria e infantil 'Os maiores e Internet' con tres modalidades: Contos, Poesías e Debuxos. O obxectivo é que os máis pequenos non mostren a súa visión de como os maiores utilizan Internet e cales son as vantaxes que lles achegan a través de contos, poesías ou debuxos.
  • Reto 'Tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable' para alumnos de secundaria. Obxectivo, desenvolver en grupos de tres propostas nas que a tecnoloxía teña un papel protagonista para facilitar a vida dos nosos maiores.
  • Concurso de fotografía para alumnos de bacharelato 'A tecnoloxía e os maiores'.
  • Para profesores, o concurso "Internet pon a Educación polas nubes". Nesta edición, búscanse visibilizar experiencias levadas a cabo en centros educativos españois, en calquera dos niveis previos á Universidade, que expoñan un enfoque interxeracional, de maneira que, ao redor das novas tecnoloxías e Internet, establézase un proceso de comunicación, intercambio e aprendizaxe entre estudantes e persoas maiores. Os docentes interesados en participar deben presentar un vídeo resumen da experiencia. Máis información sobre o concurso e as bases do mesmo.

Premios

Os alumnos gañadores en cada categoría e o seu profesor serán premiados cunha Tablet de última xeración.
Para participar en Primaria e Secundaria, é necesario dar primeiro de alta o Colexio. Unha vez rexistrado, poderás presentar os traballos dos teus alumnos.

18/03/202208:03
Mans de persoa maior usando un smartphone.
Santiago de Compostela

Galicia coordina as celebracións do Día de Internet en España, adicado á inclusión e capacitación dixital das persoas maiores

  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia interveu hoxe na lectura dun manifesto en representación da Asociación Somos digital, da que forma parte.
  • O documento, presentado no Ateneo de Madrid, expón un decálogo de medidas destinadas a impulsar a inclusión e capacitación dixital das persoas maiores.
  • A lectura abre a programación da Asociación estatal Somos digital para celebrar o Día de Internet, coordinada este ano pola Rede CeMIT de Galicia, que focaliza unha das súas actividades no Camiño de Santiago.

A rede CeMIT de Galicia, promovida pola Xunta en colaboración cos concellos da Comunidade, coordinará este ano a programación coa que a asociación “Somos digital” conmemora o Día de Internet en España que se celebra o 17 de maio. Este ano, a celebración centrarase na inclusión e capacitación das persoas maiores no uso das tecnoloxías.

No marco das actividades previas á celebración do Día de Internet, o Ateneo de Madrid acolleu hoxe a lectura do Manifiesto para facilitar o acceso e o uso das tecnoloxías dixitais ás persoas maiores. Trátase dun decálogo que demanda a articulación de medidas para garantir a plena inclusión das persoas maiores na sociedade dixital. Á súa presentación pública, que tivo lugar durante a celebración do XVI Congreso de Editores Clabe, asistiu, en representación da Asociación Somos dixital, Miguel Rodríguez Quelle, director da área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Rodríguez Quelle leu a medida 4 do decálogo consensuado entre todos os membros do Comité de Impulso do #diadeinternet, entre os que figura a Asociación. En concreto, o punto lido pide un esforzo ao ámbito público neste sentido e menciona o labor que desenvolven os Centros de Competencias Dixitais para capacitar dixitalmente ás persoas de idade:

“4) Desenvolver iniciativas e plans de axudas públicos para dotar ás persoas maiores dos coñecementos e habilidades necesarios para que poidan utilizar de maneira independente as ferramentas dixitais: dispositivos, aplicacións e servizos e poder garantir así unha experiencia de uso igualitaria. Apoiar e impulsar as actividades nos centros de Competencias Dixitais para que os maiores adquiran autonomía en todas as facetas da realidade dixital.”

A intervención na lectura deste manifesto é un dos puntos de arranque da ampla programación coa que a Asociación Somos dixital conmemorará o Día da internet, que este ano focaliza o seu obxectivo nas tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable.

O próximo 7 de abril comezarán, da man da Rede de aulas CeMIT, apoiada polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, as iniciativas organizadas ao redor desta efeméride, que se estenderán ao longo de abril e maio, incluíndo un reto colaborativo virtual —que ten como obxectivo chegar virtualmente até Santiago—, no que poderán participar as persoas usuarias dos Centros de Competencias Dixitais de toda España. Desenvolveranse tamén un Escape Room e unha serie de webinars sobre servizos dixitais para a mellora da calidade de vida das persoas, organizados desde as Redes de Centros de Competencias Dixitais de toda España e coordinados pola Rede CeMIT.

O #Día da internet celébrase desde 2006

O #diadeinternet é un proxecto de dinamización social que se constrúe ao redor das novas tecnoloxías e á data do 17 de maio, designada pola ONU para a súa conmemoración a nivel mundial. Desde 2006, celébrase anualmente para dar a coñecer a importancia da rede e as posibilidades que poden ofrecer as TIC ás persoas e ás sociedades no seu conxunto.

O Comité de Impulso que promove o manifesto está composto por máis de 50 organizacións de recoñecido prestixio, especialmente interesadas e involucradas en promover o desenvolvemento e o bo uso da internet e das Novas Tecnoloxías, entre elas a Asociación Somos Dixital e a Amtega.

Os Centros de Competencias Dixitais e Somos dixital, a tecnoloxía ao alcance de todas as persoas

Somos dixital é unha asociación composta por organizacións públicas e privadas que orienta a súa actividade á capacitación e inclusión dixital de todas as persoas, especialmente daquelas que están risco de exclusión dixital. Reducir barreiras, xerar valor local a través das tecnoloxías e, en definitiva, mellorar a calidade de vida son os obxectivos fundamentais da actividade que despregan máis de 2.000 Centros de Competencias Dixitais distribuídos por toda España, entre eles as 91 aulas CeMIT de Galicia, e que comparten a súa experiencia e impulsan as súas sinerxías a través da asociación.

18/03/202208:03
Cartel da iniciativa.
Porto do Son

A Cruz Vermella organiza no Son un obradoiro de capacitación dixital para persoas maiores

Este 22 de marzo a Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller un obradoiro de alfabetización dixital para persoas maiores, ao abeiro do programa de actividades formativas Rompendo Barreiras da Cruz Vermella, dirixidas a combater a fenda dixital que separa cada vez máis (sobre todo por mor da exclusión propiciada polas entidades bancarias e a pandemia) á poboación sénior do ámbito tecnolóxico.

As inscricións poden facerse a través dos teléfonos 981 825 405 e 981 867 414 (Benestar Social de Porto do Son). En palabras da Cruz Vermella, estes obradoiros están concibidos para achegar o ámbito dixital ás persoas que “máis que nunca na pandemia” viron sumarse ás súas dificultades habituais as propias de non coñecer como acceder a moitos servizos que esixen coñecementos tecnolóxicos”.

15/03/202208:03
Francisco Conde, Luis Orosa e Patricia Argerey.
Santiago de Compostela

Conde avalía co novo director do Cesga os novos retos no marco do Polo de Tecnoloxías Cuánticas

  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co responsable do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Lois Orosa, que vén de asumir o cargo
  • O Cesga será estratéxico para facilitar a transición dixital dos sectores produtivos e de coñecemento galegos
     

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co novo director do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Lois Orosa. Na xuntanza avaliaron os novos retos aos que se enfronta o centro, que será estratéxico dentro do Polo de Tecnoloxías Cuánticas, co que se busca consolidar Galicia como referente neste eido.

Co obxectivo de ofrecer mediante este tipo de tecnoloxías un impacto positivo en diferentes sectores produtivos, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), e o Cesga asinaron recentemente un convenio dotado con 11,6 millóns de euros procedentes de fondos europeos para poñer en marcha as primeiras fases do Polo de Tecnoloxías Cuánticas.

Este acordo de colaboración permitirá despregar as infraestruturas necesarias para a súa creación a través dun simulador e un computador cuántico, un sistema de computación de altas prestacións e de almacenamento exclusivo para computación cuántica; situar o tecido de investigación, tecnolóxico e produtivo na vangarda desta tecnoloxía innovadora e de futuro; facilitar unha mellor recuperación no marco do contexto económico actual e apoiar a transición dixital dos sectores produtivos e de coñecemento galegos.

Do mesmo xeito, tamén se puxo de manifesto o impulso que suporá para o Cesga o novo supercomputador Finisterrae III, que incorpora un simulador de computación cuántica que é o primeiro da súa clase en España e que permitirá resolver 4000 billóns de operacións matemáticas por segundo. Unha característica clave para acurtar de modo significativo os tempos na obtención de resultados. Esta infraestrutura conta cun investimento de 7 millóns de euros a través de fondos Feder, da Xunta e do CSIC.

14/03/202208:03
Mans tecleando.
Santiago de Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 9 e 10 de novembro a II edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal

  • Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, volta o Encontro CIBER.gal, que na súa primeira edición acadou máis de 1.500 inscricións e a participación de preto de 40 entidades públicas e privadas.
  • O panorama actual da ciberdelincuencia propicia máis que nunca a celebración desta II Edición, que ten como obxectivo sensibilizar a toda a sociedade sobre os perigos e ameazas da contorna dixital e facer unha fronte común contra os mesmos

O II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, xa ten data, celebrarase os días 9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura. É unha das actividades promovidas polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como un espazo de cooperación público-privada. A Axencia, como entidade fundadora do Nodo, co-organizará esta nova edición do Encontro, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

Tralo éxito acadado na súa primeira edición, na que participaron preto de 40 entidades públicas e privadas de diversos sectores e se recibiron máis de 1.500 inscricións, o Encontro celebrará a súa II edición, unha vez máis nas instalacións do Edificio Fontán, situado na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Para todas as persoas que desexen seguir este Encontro pero non lles resulte posible desprazarse ata a Cidade da Cultura, a organización anuncia que tamén será retransmitido en liña.

Proximamente, na páxina web oficial do Nodo CIBER.gal (https://ciber.gal) publicarase máis información respecto da II edición do Encontro Galego de Ciberseguridade.

Esta próxima edición acollerá de novo actividades que resulten de interese tanto para a cidadanía, como para o tecido empresarial e a Administración Pública, co fin de sensibilizar a todos os niveis da importancia de prestar atención á detección e prevención de posibles ameazas no mundo dixital.

A celebración desta iniciativa é especialmente importante este ano, pois o panorama actual da ciberdelincuencia a nivel global e tamén na comunidade galega mostra a consolidación dunha tendencia ascendente da delincuencia a través de medios telemáticos, nun progreso que se acrecentou tras a pandemia da COVID. As cifras revelan que no ano 2021, en Galicia coñecéronse case 20.000 estafas cometidas a través de medios telemáticos, e 1 de cada 4 delitos no pasado ano xa se corresponden con estafas informáticas. Este tipo de estafas subiron un 53,6% en Galicia o pasado ano.

Non só o estado da ciberdelincuencia propicia, máis que nunca, a celebración desta segunda edición do encontro. O escenario actual amosa unha das primeiras guerras híbridas da historia, onde os ataques informáticos cobran especial relevancia no conflito.

Investimentos de 18 millóns de euros fronte á ciberdelincuencia

Na súa aposta por garantir unha contorna dixital segura a toda a sociedade galega, a Xunta de Galicia ten en marcha investimentos de 18 millóns de euros para reforzar a ciberseguridade en Galicia. A Administración autonómica conta cun decálogo de medidas e iniciativas para facer fronte ás ciberameazas. Entre elas, ademais da creación do nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, destacan un Acordo Marco de servizos en ciberseguridade, a construción do novo Centro de Excelencia de Ciberseguridade de Galicia (CECIGA), a definición da nova Estratexia Galega de Ciberseguridade 2022-2027 e os acordos de colaboración con organismos nacionais referentes neste ámbito.

11/03/202209:03
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

Ata 208 centros educativos galegos participarán neste curso no programa Navega con rumbo

Un total de 208 centros educativos galegos participarán ao longo deste curso no programa Navega con rumbo, unha iniciativa impulsada pola Xunta en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) coa finalidade de “guiar á mocidade nunha navegación segura en Internet de xeito útil e responsable, ao tempo que tamén se lle facilitan ferramentas aos docentes para uso didáctico na aula”.

Por provincias, participan 74 centros coruñeses, 32 lucenses, 15 da provincia de Ourense e 87 da de Pontevedra. A relación de centros participantes pode consultarse no Portal Educativo. A deste curso é a décima edición deste programa, que leva vixente en Galicia desde o curso 2010-11, e que está incluído entre as accións da Estratexia de Educación Dixital 2030. Ao abeiro do mesmo, especialistas do Colexio de Enxeñaría Informática levarán a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración nos centros de ensino. Nestas xornadas abordaranse temas de interese como as condutas de acoso e ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso das redes sociais. Ademais, a través dunha guía de boas prácticas, tamén se fai partícipe das recomendacións aos profesores e familias na medida en que se poidan converter en transmisores de boas prácticas de cara á rapazada.

11/03/202209:03
Mans tecleando.
Boiro

A aula CeMIT de Boiro celebra con máis cursos os seus dez anos de formación tecnolóxica

aula CeMIT de Boiro, situada no Centro Social de Boiro, celebra este mes de marzo dez anos de andaina oficial ofertando formación no eido tecnolóxico para persoas de todas as idades, motivo polo que o Concello fixo balance da importante actividade despregada por este centro local de capacitación tecnolóxica, integrado na Rede CeMIT impulsada por AMTEGA. No mes de abril continúa con formación tanto en liña como presencial.

Nestes 10 anos de traxectoria rexistráronse un total de 2.377 persoas e unhas 8.060 participaron en actividades relacionadas cos 805 cursos formativos propios que se levaron a cabo neste tempo. Na aula leváronse a cabo uns 135 exames certificados ademais de outras actividades externas para as que se empregaron as instalacións. A aula CeMIT de Boiro ten xa abertas as inscricións para participar nun ciclo de charlas informativas que se van levar a cabo durante o mes de abril. O día 1 de abril, de 10.30 a 11.30 horas será a charla Que é a Administración Electrónica?, o día 19 de 12.00 a 13.00 horas, Compras seguras por Internet; e o 26 de 12.00 a 13.00 horas, Nova tarifa de luz. Coñécea e aforra na túa factura!.

Inscricións e máis información en axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.

11/03/202208:03
Participante nunha edición anterior de Tecnólog@ por un día.
Santiago de Compostela

A sexta edición do programa "Tecnólog@ por un día" ofrece máis de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos

  • Ata o vindeiro 1 de abril o persoal docente dos centros educativos pode inscribir ao alumnado interesado en participar nesta iniciativa impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
  • Durante os meses de abril e maio as empresas tecnolóxicas que colaboran coa iniciativa acollerán aos participantes durante unha xornada de traballo
  • Esta actuación forma parte do catálogo de actividades do Plan DigiTalent dirixidas á infancia e a adolescencia do curso 2021/2022
  • Continúa aberto o período de inscrición dos webinars TransformaTech Sessions sobre tecnoloxías disruptivas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de lanzar unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que ofrece ao alumnado de 12 a 17 anos a oportunidade de compartir unha xornada de traballo nunha empresa tecnolóxica. O obxectivo da esta actividade é continuar mellorando a visión que os máis novos e novas teñen das profesións científico-tecnolóxicas.

Dende hoxe e ata o próximo 1 de abril, o persoal docente pode inscribir ao alumnado interesado en participar na actividade, optando a unha das máis de 50 prazas dispoñibles para visitar durante unha xornada as instalacións das empresas TIC colaboradoras ou a sede da Amtega no GaiásTech.

A implicación dos docentes, chave no marco do programa

Os docentes poden cumprimentar as solicitudes de inscrición a través do formulario dispoñible no espazo web DigiTalent. Ademais, a mesma web ten dispoñible toda a documentación de referencia e consulta para que docentes, alumnado e profesionais das entidades colaboradoras aclaren calquera dúbida que poidan ter sobre a actuación, así como a listaxe de prazas ofertadas para cada grupo de idade por cada entidade participante no programa e a súa localización.

Sexta edición

Con esta nova quenda, Tecnólog@ por un día acada xa seis edicións e consolídase ano tras a ano como unha das actividades de referencia do catálogo de actuacións do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent.

Con esta iniciativa a Axencia segue a ofrecer ao alumnado de secundaria e bacharelato unha oportunidade única de mergullarse no sector tecnolóxico galego. Os participantes poderán visitar as empresas que colaboran coa iniciativa e experimentar en primeira persoa como se desenvolve unha xornada de traballo real no sector TIC de Galicia.

A través destas sesións inmersivas, o alumnado explorará os proxectos que se están a desenvolver e as ferramentas e os coñecementos que o persoal experto emprega no seu día a día. Deste modo, os participantes coñecerán dun xeito práctico as capacidades e habilidades necesarias para incorporarse ao sector, contribuíndo a resolver as súas inquedanzas vocacionais.

Xornada nos centros de traballo

Tras a finalización do período de inscrición, as prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo en función das preferencias do alumnado indicadas no formulario de inscrición. A partir deste momento, as prazas asignadas e as prazas de reserva comunicaranse aos docentes responsables así como ás empresas colaboradoras. Serán estas últimas as que se poñan en contacto co alumnado para concretar a data e o horario da celebración das xornadas e comunicar calquera outra información que poida resultar de utilidade aos participantes.

Así, durante abril e maio, Aldaba, Altia, Bahía Software, Dos Espacios, NTT Data, Quobis, R, Stratesys Technology e a propia Amtega acollerán ao alumnado nos seus centros de traballo. Os rapaces e rapazas visitarán as súas instalacións e participarán nas diferentes actividades que os profesionais teñen programadas para a xornada, como reunións de equipo, visitas aos clientes ou comidas de traballo.

Webinars TransformaTech Sessions

Por outra banda e no marco do Plan DigiTalent continúa aberto o período de inscricións dos Webinars TranformaTech Sessions,  un programa de encontros virtuais no que se exploran temáticas relacionadas con tecnoloxías disruptivas como a Intelixencia Artificial, o Big Data, os servizos cloud ou a ciberseguridade da man de expertos e expertas na materia.

Toda a información de detalle sobre esta e outras iniciativas do Plan DigiTalent encóntrase dispoñible no espazo web DigiTalent e na web do Gaiástech.

10/03/202210:03
Persoa maior usando un smartphone.
Santiago de Compostela

A Xunta e o aliado dixital Fegaus achegan a tecnoloxía e a banca online ás persoas maiores cun novo programa formativo

  • Ofrecen máis de 50 seminarios a través da Rede CeMIT, que poden seguirse de forma online ou presencial
  • Os contidos destas charlas están orientados a fomentar o uso da tecnoloxía e a banca online por parte das persoas maiores para facilitar a súa integración no novo contexto social dixital
  • As datas e as inscrición para esta programación de actividades, que se estenderá durante todo o ano, pode realizarse de xeito gratuíto no portal da Rede

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, inicia un novo programa formativo que ofrecerá máis de 50 charlas orientadas a fomentar o uso da tecnoloxía e a banca online. Os seminarios están especialmente orientados ás persoas maiores, aínda que a inscrición está aberta para todas as persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos nestes ámbitos.

A Rede CeMIT colaborará a través de emisións online e presenciais que poderán seguirse desde as súas aulas. Neste momento son 14 as localidades que se suman a esta iniciativa: Abegondo, Arzúa, Beariz, Boiro, Carballedo, Castrelo de Miño, Celanova, Cuntis, Fisterra, Ribadeo, Ortigueira, Ponteareas, Santa Comba e Valga.

As persoas interesadas en participar contarán co asesoramento dos dinamizadores/as dos centros durante o proceso de alta e conexión ás charlas, no caso de que desexen seguir estas sesións desde os seus fogares de xeito online.

Para a formalización das inscricións para participar de xeito presencial é recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada seminario ou na web https://cemit.xunta.gal. O único requisito esixible é ser ou darse de alta como usuario/a da Rede ou, no caso de seguir os cursos desde a casa, inscribirse desde a web de Fegaus en Canal Sénior, https://fegaus.canalsenior.es/agenda.

Os contidos formativos preséntanse de xeito ameno e sinxelo e están orientados a que os asistentes poidan sacar o máximo partido a través de sesións gratuítas de 60 minutos de duración, en horario de mañá e tarde, de 10.30 a 11:30 horas, e de 17.00 a 18:00 horas, e versarán sobre temáticas moi diversas como:

  • Consumo Sénior: Como evitar o spam telefónico, Nova tarifa da luz, coñécea e aforra na túa factura!, Dereitos do consumidor nos produtos e servizos dixitais, etc.
  • Soidade: A importancia de falar en positivo, Consellos útiles para xestionar os teus medos, Vivir o duelo como un proceso natural, etc.
  • Dinamízate: Atrévete con Facebook, Atopa a túa app de relaxación ideal e practica cada día, Si o Sabes! Descubre os xogos de preguntas máis interesantes para o teu móbil, etc.
  • Rural TIC: Que é a Administración electrónica, Trámites online sen certificado electrónico, Novidades do DNI electrónico (4.0), etc.
  • Relaciona TIC: Outras formas de ler, apps de relatos en chat e audiolibros, App para vender aquelo que xa non usas, Conecta os teus dispositivos: altofalantes intelixentes, reloxos, enchufes, etc.
  • Banca Dixital: Séniors TIC: Aprende a usar un caixeiro automático, Pagos seguros por internet, Como acceder á túa conta bancaria, Tarxetas prepago: recarga cando queiras e paga con tranquilidade, etc.

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS)

FEGAUS é un dos máis de 950 aliados dixitais que está a contribuír activamente no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de coñecemento. Así mesmo, FEGAUS agrupa a 7 asociacións de alumnos e ex-alumnos dos Programas de Maiores dos 7 campus universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia: Santiago, A Coruña e Vigo, contando con arredor de 2.000 alumnos sénior.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que conta coa colaboración de 91 concellos e está integrada por 97 centros en 52 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente dixital, ofrecendo recursos de capacitación adaptados ao nivel de coñecemento das persoas usuarias.

SEMINARIOS POR CICLOS FORMATIVOS

Ciclo Soidade

Programación

Seminarios

Aulas participantes na modalidade online

10 de marzo

17:00 a 18:00 horas

Coa mente na saúde. Descubre que son os pensamentos intrusivos e como bloquealos

Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

17 de marzo

17:00 a 18:00 horas

Coa mente na saúde. Consellos útiles para xestionar os medos

Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

24 de marzo

17:00 a 18:00 horas

Coa mente na saúde. Vivir o duelo como un proceso natural

Castrelo de Miño, Ponteareas

29 de setembro

10:30 a 11:30 horas

De Londres a Ámsterdam sen saír da casa: visita gratis o Museo Británico e o Rijks Museum

Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño

6 de outubro

10:30 a 11: 30 horas

Atopa grupos sobre os teus temas favoritos en rrss

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño

13 de outubro

10:30 a 11:30 horas

Apps interesantes para sendeiristas: camiña seguro e en compañía

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Valga, Santa Comba, Castrelo de Miño

Ciclo Dinamízate

Programación

Seminarios

Aulas participantes na modalidade online

18 de marzo

10:30 a 11:30 horas

Atrévete con Facebook (I): Primeiros pasos

Ribadeo, Beariz, Abegondo, Ortigueira, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova, Fisterra

24 de marzo

10:30 a 11:30 horas

Atrévete con Facebook (II): Personaliza a túa conta (privacidade, conexións…)

Ribadeo, Boiro, Beariz, Abegondo, Ortigueira, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova

31 de marzo

10:30 a 11:30 horas

Dietas a medida: como coidarme se teño diabetes

Beariz, Abegondo, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova

7 de abril

10:30 a 11:30 horas

Dietas a medida: coidando o meu colesterol

Beariz, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño

19 de maio

10:30 a 11:30 horas

Si o sabes! Descubre os xogos de preguntas máis interesantes para o teu móbil

Beariz, Abegondo, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova

26 de maio

10:30 a 11:30 horas

Atopa a tu app de relaxación ideal e practica cada día

Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño

2 de xuño

17:00 a 18:00 horas

Arte prehistórico: así comezou todo

Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño

9 de xuño

17:00 a 18:00 horas

A Arte das primeiras civilizacións

Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño

Ciclo Rural TIC

Programación

Seminarios

Aulas participantes na modalidade online

Aulas participantes na modalidade presencial

1 de abril

10:30 a 11:30 horas

Que é a Administración Electrónica

Ribadeo, Boiro, Beariz, Abegondo, Carballedo, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra

 

21 de abril

10:30 a 11:30 horas

Que son os datos abertos da Administración?

Beariz, Carballedo, Valga, Celanova, Santa Comba, Castrelo de Miño

Ponteareas

19 de setembro

10:30 a 11:30 horas

Nocións básicas da ciberseguridade (I)

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Abegondo, Cuntis, Castrelo de Miño

Celanova

26 de setembro

10:30 a 11:30 horas

Nocións básicas da ciberseguridade (II)

Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Abegondo, Castrelo de Miño

Cuntis

3 de outubro

10:30 a 11:30 horas

Identificación na Rede: certificadodixital

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño

Ponteareas

10 de outubro

10:30 a 11:30 horas

Identificación na Rede: sistema cl@ve

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño

Abegondo

17 de outubro

10:30 a 11:30 horas

Novidades do DNI electrónico (4.0)

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño

Ribadeo

24 de outubro

10:30 a 11:30 horas

Trámites online sen certificado electrónico

Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño

Ribadeo

Ciclo Consumo Sénior

Programación

Seminarios

Aulas participantes na modalidade online

 19 de abril

12:00 a 13:00 horas

Compras seguras en internet

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas

26 de abril

12:00 a 13:00 horas

Nova tarifa de luz: coñécea e aforra na túa factura!

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

3 de maio

12:00 a 13:00 horas

Novos métodos de pago: bizum, pago por móbil, tarxeta revolving, criptomoeda

Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas

10 de maio

12:00 a 13:00 horas

Dereitos como consumidor nos produtos e servizos dixitais

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

18 de maio

12:00 a 13:00 horas

Publicidade ao límite: límites legais das ofertas

Beariz, Arzúa, Cuntis, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas

24 de maio

12:00 a 13:00 horas

Super online: dereitos do consumidor ante compras de alimentación online

Boiro, Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

31 de maio

12:00 a 13:00 horas

Cales son os dereitos do consumidor cos novos períodos de garantía vixente?

Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

7 de xuño

12:00 a 13:00 horas

Reclamacións e conflitos? Pásate á arbitraxe de consumo

Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

14 de xuño

12:00 a 13:00 horas

Como evitar o spam telefónico: a listaxe Robinson

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

21 de xuño

12:00 a 13:00 horas

A Axenda 2030 dos consumidores

Beariz, Arzúa, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

Ciclo Relaciona TIC

Programación

Seminarios

Aulas participantes na modalidade online

Aulas participantes na modalidade presencial

16 de xuño

10:30 a 11:30 horas

Outras formas de ler: apps de relatos en chat e audiolibros

Beariz, Arzúa, Cuntis, Ortigueira, Valga, Celanova, Ponteareas, Santa Comba, Castrelo de Miño

Ribadeo

23 de xuño

10:30 a 11:30 horas

Apps para vender facilmente o que xa non usas

Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas, Fisterra

Abegondo

30 de xuño

10:30 a 11:30 horas

Atopa, compra, vende, subasta: coñece as mellores apps para coleccionistas

Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

Santa Comba

3 de novembro

10:30 a 11:30 horas

Comezando con Tik Tok: crea a túa conta e divírtete

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas

Abegondo

10 de novembro

10:30 a 11:30 horas

Apps para manternos en forma: fai do teu móbil o teu entrenador

Beariz, Abegondo, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Celanova, Ponteareas

Castrelo de Miño

17 de novembro

10:30 a 11:30 horas

Limpa e mellora a vida útil do teu móbil con estas apps

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas, Fisterra

Santa Comba

Ciclo Banca Dixital Séniors TIC

Programación

Seminarios

Aulas participantes na modalidade online

Aulas participantes na modalidade presencial

18 de maio

17:00 a 18:00 horas

Dez regras esenciais para o uso seguro da banca dixital

Boiro, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra

Cuntis

25 de maio

10:30 a 11:30 horas

Aprende a usar un caixeiro automático (I)

Boiro, Beariz, Arzúa, Santa Comba, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra

Celanova

1 de xuño

10:30 a 11:30 horas

Aprende a usar un caixeiro automático (II)

Beariz, Arzúa, Santa Comba, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra

Abegondo

8 de xuño

10:30 a 11:30 horas

Como acceder á túa conta bancaria por internet

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Ponteareas, Fisterra

Castrelo de Miño

15 de xuño

10:30 a 11:30 horas

Pagos seguros por internet

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis

Ribadeo

22 de xuño

10:30 a 11:30 horas

Coñece as apps dos bancos máis populares

Boiro, Beariz, Arzúa, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis

Santa Comba

29 de xuño

10:30 a 11:30 horas

Olvida a carteira: pásate ao moedeiro seguro no teu móbil

Boiro, Beariz, Arzúa, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis

Ortigueira

6 de xullo

10:30 a 11:30 horas

Tarxetas prepago: recarga cando queiras e paga con tranquilidade

Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra

Cuntis

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS