Estar
- Estou
- Aprendo
- Escoito
Conectar
- Confío
- Conéctome
- Busco
Colaborar
- Relaciónome
- Comparto
Ser
- Participo
- Achego
- Creo
O Plan de Inclusión Dixital de Galicia (PID) nace coa vocación de ser o principal instrumento que posibilite camiñar cara unha sociedade galega plenamente integrada na Sociedade Dixital.
Sumamos recursos, sumamos ideas, sumamos iniciativas para multiplicar o alcance do Plan e que todas e todos participemos dun mundo cada vez máis dixital.
O Plan conseguirá transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na Sociedade Dixital no ano 2020.
Os que nunca empregaron as TIC comecen a usalas, reducindo a fenda dixital.
Os que xa coñecen as TIC fagan un uso avanzado das mesmas camiñando cara novos estados de madurez dixital.
Se impulsen novas formas de facer e de relacionarse, empregando as TIC para contribuír á resolución dos desafíos sociais a través do impulso da innovación social dixital.
Un plan para ti... un plan para toda a sociedade galega, facendo foco nos grupos en situación e risco de exclusión dixital.
O Plan parte dun camiño percorrido no eido da inclusión dixital grazas aos avances conseguidos principalmente a través dos proxectos da Rede CeMIT e o Voluntariado Dixital.
As accións incluídas no Plan adáptanse as túas necesidades e prepararante para afrontar os desafíos do mundo dixital.