
Coñece os proxectos e iniciativas postos en marcha en colaboración cos Aliados Dixitais, relacionados cos costumes e necesidades do territorio e que nos axudarán a achegar as TIC á cidadanía.
O aliado dixital Fegaus (Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors) organiza un programa formativo que conta con máis de 20 seminarios online co obxectivo de empoderar ás persoas maiores a través do uso das novas tecnoloxías na súa vida cotiá favorecendo así un envellecemento máis activo e a mellora na calidade de vida.
Os ciclos que se impartirán gratuitamente durante os meses de febreiro a maio versarán sobre as seguintes temáticas:
Coa colaboración da Rede CeMIT, retransmitiranse estas actividades por videoconferencia a través das aulas repartidas por todo o territorio galego ou directamente desde os fogares sen necesidade de desprazamentos.
Adicionalmente, está dispoñible o servizo de Videoteca para visualizar os seminarios xa retransmitidos para poder complementar a formación a través da realización independente e autónoma dos cursos de maior interese.
Para máis información, consultar a Web de Fegaus en Canal Sénior.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia poñen en marcha durante o verán o Campamento Tecnolóxico en liña “Constrúe na casa”, unha iniciativa enmarcada no Programa Tech Kids, que forma parte do Plan DigiTalent da Xunta de Galicia e pretende espertar a curiosidade e creatividade pola tecnoloxía dos máis pequenos, coa participación de 200 familias sen saír da casa.
Este programa está dirixido a rapaces e rapazas dos ciclos de 1º e 2º de primaria e secundaria, que poderán elixir entre 5 obradoiros online sen necesidade de ter coñecementos previos:
O aliado dixital everis, a través da súa Fundación, comparte este verán coa Rede CeMIT a iniciativa Digital Summer Camp, un campamento tecnolóxico para a xuventude en formato virtual e gratuíto a través da colaboración dos seus voluntarios e voluntarias.
O obxectivo é reducir a fenda dixital e achegar aos nenos e nenas, novas formas de aprendizaxe e ás profesións aceleradas pola COVID-19 que non atopan profesionais formados, como son as do ámbito da programación.
As actividades están dirixidas a idades de entre 7 e 15 anos e terán unha duración de 6 días nos que os rapaces e rapazas da rede CeMIT poderán participar en charlas con expertos e talleres virtuais con exercicios prácticos para crear. Cada unha das dúas semanas de duración está orientada en función das idades e coñecementos dos participantes para que ao final do campamento todos saiban que da man da tecnoloxía todo o que imaxinen, o poderán crear!
A primeira semana oriéntase aos nenos e nenas de 7 a 10 anos, cos seguintes contidos:
Durante a segunda semana as 6 actividades están orientadas a rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos:
A Universidade Sénior da Universidade da Coruña, no marco das súas actividades como aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital 2020 da Amtega e, en colaboración coa Deputación da Coruña, imparten un seminario divulgativo que se estrutura en dúas sesións de dúas horas que serán retransmitidas por videoconferencia ás aulas CeMIT interesadas co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía a Plataforma EbiblioCoruña e o Club Lector.
Os contidos a tratar preséntanse en dous bloques temáticos, a Plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros e outros contidos dixitais e un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como en galego.
Froito da colaboración da Universidade Sénior da Universidade da Coruña co Servizo Público de Saúde (SERGAS), desenvolven un programa de información e formación sobre a Plataforma É-Saúde que se celebra de xeito presencial no Campus da Coruña e que tamén pode ser seguido a través de videoconferencia achegándose ás aulas da Rede CeMIT participantes na iniciativa.
Os contidos formativos estrutúranse a través dunha charla de presentación da Plataforma É-Saúde impartida por Paula García Tenorio en colaboración con Pilar Farjas Abadía, ambas as dúas persoal do SERGAS, xunto ca realización do taller práctico de Acceso Básico á Plataforma É-Saúde.