A innovación social dixital consiste na aplicación das TIC, para encontrar novas formas de satisfacer os desafíos sociais, a través da xeración de novas relacións sociais e modelos de colaboración en rede.
CeMIT-Innova fai das TIC e da Sociedade Dixital as ferramentas de traballo da Innovación Social Dixital, propiciando a súa apropiación pola cidadanía para ser empregadas na análise, o deseño e o desenvolvemento de programas para mellorar o seu ámbito social.
Este proxecto ten como obxectivos:
- Mellorar o entorno social
- Propiciar a colaboración cidadá
- Facilitar a conexión entre cidadáns e aliados dixitais locais
- Transformar o modelo das aulas CeMIT, asentando unha nova forma de entender os desafíos sociais e de encontrarlles resposta.