main content

main content

Política de Accesibilidade

Este sitio web foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.

A política de accesibilidade aplicada neste sitio web está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Cumprimento dos estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Pautas de Accesibilidade para o Contido Web 2.0 (polas súas siglas en inglés WCAG 2.0) unha Recomendación do W3C do Grupo de Traballo sobre as Pautas de Accesibilidade. Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Google Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.

Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.

Data da última revisión

A última revisión de accesibilidade deste portal foi realizada con data 19/01/2018.

Contacto

Na procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e contacto dispoñible.

Galego

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS