Titoría Online e Presencial de Iniciación a LibreOffice Calc
Titoría Online e Presencial de Iniciación a LibreOffice Calc
Que che apetece facer hoxe? Formarte? Certificarte? Participar en proxectos innovadores ou en actividades divulgativas?
Coñece os nosos servizos e actividades e saca o máximo aproveitamento das TIC nos diversos ámbitos da túa vida!
Calquera que sexa o teu nivel de coñecementos, poñemos á túa disposición un amplo catálogo de cursos gratuítos impartidos nas aulas da Rede CeMIT así como outras actividades formativas desenvolvidas polos Aliados Dixitais.
Xa podes formarte onde queiras, cando queiras e ao teu ritmo accedendo á plataforma virtual de teleformación EMA onde atoparás cursos adaptados a distintos niveis e necesidades.
Acredita os teus coñecementos e competencias en ofimática a través do CoDIX, a certificación que mellorará a túa competitividade e acceso ao mercado laboral.
Presentarte a un curso de teleformación con exame presencial. Disporás de dúas convocatorias anuais, unha en febreiro e outra en setembro.
Presentarte directamente a un exame libre. Anualmente disporás dunha convocatoria en marzo e outra en outubro.
En colaboración cos Aliados Dixitais queremos transformar á sociedade atraendo, retendo e achegando á cidadanía as TIC coa posta en marcha de proxectos relacionados cos costumes e necesidades do noso territorio.
Achégate á tecnoloxía a través da participación en charlas e xornadas divulgativas e de sensibilización sobre as TIC organizadas polos Aliados Dixitais.
Os servizos do Plan amplíanse coa colaboración e participación das persoas voluntarias na realización de todo tipo de actividades que axuden ao resto da cidadanía no seu achegamento ao mundo dixital.