Finanzas para todos
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inicia unha colaboración co Banco de España para dar resposta ao crecente interese da cidadanía en formarse en materia de banca dixital, incidindo nos núcleos rurais máis illados do territorio galego.
A iniciativa “Finanzas para todos” achegará a cultura financeira á cidadanía a través das aulas da Rede CeMIT cun programa formativo que contará con cursos dun total de 7,5 horas onde se tratarán diversos temas da cultura financeira como a planificación orzamentaria, os tipos de tarxetas, banca en liña, a prevención da fraude, información sobre investimento en débeda do Estado, entre outros. Este proxecto facilita así pois información neutral e libre de calquera interese comercial.









