main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

05/07/2022 10:00 h
Foro galicIA Intelixente.
Lugar: Museo Centro Gaiás e Streaming

Foro galicIA Intelixente: Constitución do nodo galego de intelixencia artificial

O obxectivo deste encontro é presentar o nodo galego de intelixencia artificial galicIA e conversar sobre a visión europea e estatal do futuro das tecnoloxías intelixentes.

22/06/2022 10:00 h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Hackaton de accesibilidade tecnolóxica

Accessibilitech é unha iniciativa financiada pola UE dedicada a mapear tecnoloxías accesibles e darlles máis visibilidade tanto para os usuarios finais como para as empresas en toda Europa e dentro desta iniciativa creouse Accessibilitech Hackathon.

DIGITALEUROPE e a Fundación ONCE asociáronse con Microsoft para crear Accessibilitech Hackathon, un evento altamente interactivo que, no marco do proxecto Accessibilitech, ten como obxectivo crear conciencia sobre as tecnoloxías inclusivas e promover solucións tecnolóxicas accesibles para cidadáns e organizacións de toda Europa. Ademais, o seu obxectivo é activar a industria das TIC e as comunidades empresariais nos esforzos por desenvolver produtos e servizos tecnolóxicos máis accesibles na UE e máis aló.

Durante o evento, os participantes terán a oportunidade de poñer en práctica a súa curiosidade, creatividade e habilidades profesionais, resolvendo desafíos de futuro que teñen o potencial de facer que a tecnoloxía nas áreas de teletraballo, teleasistencia e e-learning sexa máis accesible e inclusiva.

07/06/2022
Curso de introdución a Arduino.
Lugar: Centro GaiásTech e Streaming

Curso de introdución a Arduino

Na actualidade atopámonos nunha transformación dixital das nosas cidades, industrias e fogares, esta transformación dixital conlevará a integración de diversas tecnoloxías: Cloud Computing , Intelixencia Artificial, Big Data ou Realidade Aumentada entre outras. Para iso é preciso conectar todos aqueles elementos do noso entorno que nos permita obter un maior rendemento e unha reducción dos custos.

Neste proceso a plataforma Arduino pode xogar un papel importante abaratando custos, gracias a evolución do seu hardware (existen modelos para instalacións industriais), a gran cantidade de información e o abano de solucións que ofrece. Para desenvolver proxectos empregando un Arduino é preciso dominar 3 aspectos da plataforma: hardware e software de Arduino (plataforma), programación e electrónica.

Mediante sesións prácticas os/as asistentes desenvolverán aquelas habilidades imprescindibles e os coñecementos indispensables e comúns para calquer tipo de proxecto: IoT, domótica, automatización…etc.

03/06/2022
Webinars TranformaTech Sessions - Profesional.
Lugar: Online

Webinars TranformaTech Sessions - Profesional

O Programa de webinars TransformaTech Sessions consiste nun ciclo de encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas para a sociedade dixital, impartidos polos/as profesionais das entidades colaboradoras adheridas á iniciativa. 

Baixo a modalidade Profesional, o programa estrutúrase nunha serie de sesións dirixidas a profesionais, estudantes e titulados STEAM e a grupos mixtos de todo tipo de profesionais, tecnolóxicos e non tecnolóxicos, en función da temática da xornada.

Durante as sesións, deseñadas nun formato breve e participativo, afondarase en temáticas de gran relevancia na sociedade como o Big Data, o 5G/6G, a ciberseguridade, os servizos na nube e as tecnoloxías Cloud, a Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas (IoT), as tecnoloxías Smart City, a realidade virtual e aumentada, as tecnoloxías para a mellora da xestión ambiental e a eficiencia enerxética, entre outras.

Máis información no Programa da actividade.

As xornadas desenvolveranse en liña, previa inscrición individual para cada sesión.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS