main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

06/10/2020 17:00 h
Identidade dixital.
Lugar: Online

Pon ao día a túa identidade dixital

Máis aló das circunstancias derivadas da situación sanitaria que estamos a vivir, o impulso á vida dixital en todos os ámbitos da sociedade (cultura, formación, profesional, etc.) é algo que parece irreversible. Cada día fanse máis necesarios procesos a través de internet que simplifiquen a vida dos usuarios e neste sentido é imprescindible sentirse seguro co manexo da nosa denominada identidade dixital para realizar calquera tipo de xestión online.

Contidos:

  • Que é a identidade dixital
  • O DNI electrónico
  • O certificado dixital
  • Outros tipos de identificación dixital

Actualiza a túa identidade dixital sen riscos!

05/10/2020 12:00 h
Facebook.
Lugar: Online

Facebook: unha nova vía para ampliar o teu círculo social

Gustaríache coñecer xente nova? Queres practicar actividades pero os teus amigos non comparten as túas afeccións?

A tecnoloxía permite achegar ás persoas e Facebook, a maior rede social dixital, ademais de permitirnos contactar cos nosos amigos, permítenos ampliar o noso círculo social, creando novos contactos cos que compartir afeccións, intereses e experiencias dunha maneira fácil e sinxela.

Conéctate e recupera o contacto cos demais!

Contidos:

  • Descobre como e onde buscar novos amigos.
  • Atopa grupos afíns aos teus intereses.
  • Opina e intercambia experiencias.
  • Crea o teu propio grupo para localizar xente afín e novos amigos
01/10/2020 18:00 h
AceleraTech.
Lugar: Instalacións do GaiásTech. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura

Preinscrición ao Programa formativo AceleraTech 2020

A tecnoloxía democratizouse. Deixou de ser un ámbito pechado ás grandes corporacións para converterse nunha ferramenta ao alcance de practicamente calquera empresa, independentemente do seu tamaño e sector.

Con todo, e a pesar da accesibilidade e as vantaxes que ofrecen os diversos avances tecnolóxicos, estes seguen sendo grandes descoñecidos para moitas empresas. E mesmo moitas delas, aínda coñecendo estes avances, continúan a ser reticentes á súa adopción.

Para contribuír a paliar esta situación a Amtega, da man do IESIDE, presenta o Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes, unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación orientado a que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan algunhas das novas tecnoloxías máis relevantes, así como os beneficios e os condicionantes necesarios para a súa translación á estratexia, estrutura e modelos de negocio. Todo iso cunha perspectiva moi experiencial, mostrando casos concretos e próximos de éxito que actúen como elemento motivador.

Para obter máis información do programa descargue o dossier de AceleraTech 2020

Todas as sesións formativas desenvolveranse en xornadas de día completo (de 10:00 a 19:30) nas instalacións do GaiásTech, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

28/09/2020 12:00 h
Apps saúde.
Lugar: Online

Claves para uns "50 e máis" saudables: aplicacións para controlar a túa saúde

De primeiras pode parecer que o teléfono móbil non nos vai axudar demasiado no terreo da saúde, con todo, co desenvolvemento das aplicacións, o noso dispositivo pode converterse nunha das ferramentas máis prácticas para axudarnos a controlar a nosa saúde.

Neste seminario veremos que, sexa mediante as aplicacións no móbil ou utilizando unha pulseira ou reloxo intelixente, seguro que temos moitas alternativas para estar ao día coa nosa saúde.

Usa a tecnoloxía para controlar a túa saúde!

Contidos:

  • Realizar un seguimento da nosa actividade física
  • Lembrar a nosa medicación
  • Rexistrar e lembrar as nosas citas médicas
  • Apps para controlar a diabetes

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora...

LER MAIS