Acción formativa pertencente ao Proxecto CeMIT-Innova de innovación social dixital: Encaixa no Emprego e impartido por un voluntario dixital, que busca achegar a utilidade do IoT (Internet das cousas) tanto a autónomos e microempresas como a emprendedores que queiran poñer en marcha proxectos de innovación social no eido dixital.
A iniciativa Encaixa no Emprego constitúe unha aposta conxunta, desenvolvida polas dúas Aulas CeMIT da Coruña (Eirís e a Bibilioteca Pública BPMGG) para abordar a procura de novas propostas metodolóxicas na alfabetización dixital e inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión.