main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

14/05/2016
Lugar: Cidade Da Cultura-Santiago de Compostela

O 14 de maio volve Rapaciñ@s, a tecnoloxía ben segura

A era dixital abre un mundo de posibilidades que require un bo uso das novas ferramentas por parte das nenas e nenos. Rapaciñ@s vai de normas e límites para un uso seguro de Internet e tamén de valores e oportunidades na esfera dixital.

13/05/2016
Lugar: Cidade da Cultura- Santiago de Compostela

Gaiás Gaming 2016

Gaiás Gaming é o primeiro evento solidario relacionado coa tecnoloxía que se vai a celebrar en España. Este evento ten como obxectivo achegar a tecnoloxía á poboación xeral á vez que se axuda aos máis desfavorecidos. É un evento de lecer que nace no 2016 e celebrarase na Cidade da Cultura os días 13, 14 e 15 de maio. Haberá multitude de actividades repartidas entre o tres días e para tódalas idades. Tamén haberá diferentes campionatos, tanto eSports como deportes ao aire libre. Estímase unha asistencia de 3000 persoas.

11/05/2016
Lugar: Galicia - Aulas CeMIT

Convocatoria exames CODIX

Se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, publícase a listaxe de centros da rede CeMIT e horarios de realización de ditas probas para facilitar a cumprimentación da súa preinscrición.

29/04/2016 10:00
Lugar: Centro do Coñecemento La Molinera, Ourense

Faladoiros dixitais ao redor do Big Data

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro venres 29 de abril a primeira xornada de 2016 do programa “1 mes, 1 profesión Dixital” que da continuidade á campaña iniciada no 2015.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS