Xornada AceleraTIC
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación convertéronse na panca dun proceso de transformación, ao que tamén se deben adaptar ás empresas para atender ás necesidades e ás demandas duns empregados e duns clientes cada máis dixitais. Esta transformación dixital dá lugar a un novo paradigma, onde o amplo abanico de ferramentas tecnolóxicas abre oportunidades e retos á hora de percorrer ese camiño.
O Programa AceleraTIC é unha iniciativa que vén a dar resposta a estas cuestións e apoiar ás PEMES galegas para competir con éxito nesta nova etapa. Combinar unha visión estratéxica enfocada no cliente, xunto cun rendemento operativo apoiado pola analítica e a tecnoloxía, serán clave para abordar con eficacia esta transformación dixital.









