XUNTA PRO-RSE é unha ferramenta software desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, que a administración autonómica pon ao dispor das empresas galegas de xeito gratuíto, adaptada a nova versión G4 de GRI, principal estándar internacional para a elaboración de informes de sustentabilidade.
Esta ferramenta permite ás empresas a integración das variables da Responsabilidad Social Empresarial (RSE) na xestión do seu negocio, dunha maneira sinxela e gráfica. As empresas poderán visualizar os indicadores das súas propias actuacións, en materia socio-laboral, ambiental e económica, seguindo diversos estándares, nacionais e internacionais, que promoven a RSE .