main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

02/11/2022
Mans usando un portátil.
Lugar: Empresas TIC e Amtega

Inscrición a Tecnólog@ por un día - 7ª Edición

Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.

A séptima edición volverá a celebrarse presencialmente, con prazas dirixidas a dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

20/10/2022
Fake news.
Lugar: Rede CeMIT

Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques

As aulas da Rede CeMIT acollerán en setembro e outubro xornadas formativas que permiten recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques. Trátase dun programa de charlas promovidas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que, baixo o título, "Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques", están preferentemente orientadas ás persoas maiores, aínda que poden apuntarse persoas de todas as idades.

Durante as xornadas faise un repaso polos mecanismos de desinformación aos que nos vemos sometidos cada día. Desde a análise dun caso real, abórdanse os obxectivos que perseguen estas falsidades, así como os mecanismos necesarios para detectalas. Repásanse tamén as principais estafas ás que nos vemos expostos no mundo en liña e danse a coñecer os mecanismos para previlas.

04/10/2022 De 10:30 a 13:30 h.
Cartel da iniciativa.
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Avenida do Burgo das Nacións s/n. Santiago)

Movilizando o mundo con Blockchain

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Alastria (asociación que fomenta a economía dixital a través do desenvolvemento de tecnoloxías de rexistro descentralizadas/Blockchain) a Facultade de CC. Económicas e Empreariais da USC e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (UVigo) , celebran a xornada “Mobilizando o mundo con Blockchain”.

BlockChain é unha tecnoloxía disruptiva que abre as portas a novos modelos de negocio, aporta confianza e automatiza procesos empresariais de todos os sectores, como acortar os pagos internacionais de días a horas, dar trazabilidade ás cadeas de subministro, chegando mesmo en algúns procesos a aforrar ata o 90% de custes de xestión de transporte e loxística.

A tecnoloxía BlockChain (cadea de bloques) e resto das DLTs son como un xigantesco libro de rexistros que recolle todos os datos dun intercambio con valor. Este gran libro está gardado de forma descentralizada nos nodos (ordenadores) da rede utilizada polo sistema, coa peculiaridade de que a información se replica por igual en todos os nodos.

01/10/2022 De 09:00 a 14:00 h.
Cartel da iniciativa.
Lugar: Ciudad de la Cultura de Galicia | Edificio do Museo | Andar -1

VII Scratch Day - 2022

VII edición do ScratchDay levarase a cabo o vindeiro 1 de outubro na Cidade da Cultura. Destinada a rapazada de 6 a 16 anos e profesorado.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS