main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

06/09/2024
Obradoiros Girl STEAM.
Lugar: Aulas CeMIT

Obradoiros Girl STEAM

A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) desenvolven un ano máis un novo ciclo de obradoiros Girl STEAM co obxectivo de dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e a presenza das mulleres nas carreiras STEAM, así como espertar vocacións tecno-científicas entre as rapazas.

Nos obradoiros achegarase ao alumnado ao funcionamento das placas micro bit, identificando as súas principais funcións e programándoas con diferentes comandos. Traballarase en grupo na construción e programación dun proxecto dos 20 modelos que ofrece o kit de robótica e construción co que contan as aulas CeMIT. Unha vez superada esta primeira fase, continuarase fedellando coa placa na elaboración dun proxecto libre sobre estruturas realizadas con materiais de refugallo como botellas, cartóns, madeira ou tecidos.

04/06/2024 09:30
Cartel da xornada.
Lugar: Sala Eisenman (Cidade da Cultura)

Xornada Horizontes Dixitais: Innovación en Turismo, Cultura e Deporte

A xornada sobre novos Horizontes Dixitais do Centro GaiásTech ten como obxectivo xuntar, nun mesmo espazo, a importancia que as aplicacións dixitais teñen no día a día das empresas e, por conseguinte, ver a súa aplicabilidade no tecido produtivo.

Durante a xornada, as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man como estas tecnoloxías poden impulsar o crecemento dos sectores da cultura, turismo e deporte, tanto para mellorar a innovación e eficiencia operativa das empresas, como para conseguir unha transformación de experiencia da clientela.

21/05/2024
Ciberseguridade.
Lugar: Aulas CeMIT

Ciberseguridade, os teus primeiros pasos

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

As sesións formativas estenderase ata o mes de maio baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” e desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 23 concellos de toda Galicia. 

Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas. 

09/04/2024
Tecnólog@ por un día - 10ª Edición.
Lugar: Empresas TIC

Tecnólog@ por un día - 10ª Edición

Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.

A décima edición volverá a celebrarse presencialmente, con prazas dirixidas a dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (Do 18 de marzo ao 9 de abril de 2024)

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS