main content

main content
07/03/201810:03
Connecting for Good de Vodafone no MWC2018.
Barcelona

A Fundación Vodafone España presentou as súas novidades no Mobile World Congress 2018

  • Durante o MWC, presentáronse aplicacións que facilitan a accesibilidade de distintos colectivos ás vantaxes dos dispositivos móbiles, incluíndo solucións de realidade aumentada e aplicacións de recoñecemento biométrico para a prevención e protección contra abusos nos colectivos máis desfavorecidos

 

A Fundación Vodafone España estivo presentando as súas últimas novidades no Mobile World Congress, que se celebrou en Barcelona entre o 26 de febreiro e o 1 de marzo. As solucións que se presentaron estaban dirixidas a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión a través da tecnoloxía.

 

Mefacilyta con Realidade Aumentada
Mefacilyta é unha ferramenta dixital que serve para crear e compartir contidos multimedia útiles e personalizados, dirixida especialmente a persoas con necesidades de apoio, como persoas con discapacidade intelectual, persoas maiores, persoas con parálise cerebral, etc.

A Fundación Vodafone España xunto con máis de 100 entidades, entre as que destacan AMPANS, TRACE (Associació Catalá de Traumàtics Cranioencefàlics i Dany Cerebral), a Fundació EL MARESME e a Unidade de Ictus do Hospital Vall d'Hebrón, realiza o deseño e validación desta plataforma. Nesta ocasión, mostrouse na caseta de Vodafone no Mobile World Congress o último desenvolvemento baseado en Realidade Aumentada.

A plataforma, atendendo aos últimos avances tecnolóxicos e co obxectivo de achegar cada vez máis a tecnoloxía a estes colectivos, ofrece a creación de escenarios baseados en Realidade Aumentada, personalizables e desenvolvidos polo profesional que traballa con eles. Estes escenarios servirán, entre outros casos de uso, para traballar as sensacións, a percepción e os sentidos. Búscase así mellorar a asimilación da información sensorial que se lles ofrece optimizando a súa relación coa contorna e as súas aprendizaxes.


Gañadores dos Premios Vodafone á Innovación
Como cada ano estiveron presentes tamén na caseta de Vodafone os proxectos galardoados na última edición dos Premios 'Connecting for Good' á Innovación en Telecomunicacións.

PPa (Protection People app). Esta solución, desenvolvida pola ONG itwillbe, utiliza o recoñecemento biométrico (dactilar, facial e da pegada palmar) para que as Ong poidan identificar e xestionar os datos dos seus beneficiarios de maneira eficiente e transparente, e polo tanto que as súas accións de protección de colectivos vulnerables teñan maior impacto. Ao estar ligado a unha app, pode ser utilizado en zonas remotas, de emerxencias, e en proxectos dirixidos a nenos que viven na rúa ou poboacións migrantes, entre outros.

A 'Librería para a xeración de linguaxe natural en español', desenvolvida por Silvia García Méndez ten como obxectivo facilitar a comunicación a persoas con trastornos na linguaxe ou na fala grazas á adaptación ao castelán da librería SimpleNLG para a xeración da linguaxe natural a partir de seleccións de palabras. Grazas ao algoritmo desenvolvido, a xeración de linguaxe natural realízase de forma automática tanto para o castelán como para o inglés.

Por último, Navilens desenvolvida por NEOSISTEC en colaboración co MVRLAB (Laboratorio de Investigación en Visión Móbil) da Universidade de Alacante permite a persoas con discapacidade visual moverse de forma completamente independente en espazos descoñecidos, sen necesidade de ser acompañada. Mediante a instalación de marcadores visuais e utilizando Visión Artificial, esta tecnoloxía fai accesible a cartelería presente en calquera lugar (hospitais, aeroportos, hoteis, centros comerciais, etc.), utilizando para iso unicamente un dispositivo móbil.

A tecnoloxía de Navilens tamén estivo dispoñible tamén na caseta de Vodafone no Mobile World Congress para guiar aos visitantes e ofrecer información das distintas demos.

07/03/201809:03
Cartel do evento.
Vigo

As nosas empresas tecnolóxicas buscarán talento esta semana no Campus de Vigo

Esta semana, do 7 ao 9 de marzo, celebrarase unha cita que, por nivel de participación e polos precedentes acadados en anteriores edicións, é sen dúbida un dos eventos máis importantes para que as/os nosas/os estudantes acaden o emprego que buscan ao remataren os seus estudos. Estamos a falar do Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo, que se desenvolve na Escola de Enxeñaría Industrial e na de Minas e Enerxía. Trátase dunha desas citas ás que non podemos deixar de acudir tanto se buscamos emprego no sector da innovación galego, estatal e internacional, tanto se somos unha empresa á procura de talento, azos e novas ideas. Na cita participará un amplo elenco de firmas TIC da nosa terra, como por exemplo SIVSA, Televés, Dinahosting, R ou Imatia. Todas elas (e máis) aproveitarán a ocasión para informar dos seus proxectos e, moi probablemente, formalizar fichaxes. 

Ademais, organizarán obradoiros sobre as tecnoloxías que veñen e virán. Por exemplo Imatia desenvolverá un obradoiro titulado Deep Learning e o Goberno Intelixente: o que a Administración sabe de nós, no que Iván Franco e Rubén Suárez falarán sobre a análise de información para a toma de decisións intelixentes, aplicada á xestión das cidades.

Amais de Imatia, participarán no foro as seguintes empresas e entidades: ABANCA, a Asociación Clúster de Xeotermia Galega, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), Alten, Altia, a Univesidade de Vigo (Área de Emprego e Emprendemento), ARIGAL, Assystem, a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, BorgWarner, Brainport Eindhoven, a Cámara Oficial Mineira de Galicia, o Colexio Oficial de Minas do Noroeste de España, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia, Cortizo, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Deloitte, Dinahosting, DQbito, EDF, ENCE, EF (Escola de Finanzas), European Business Factory, Everis, FEUGA, FINSA, Talentoteca, Galicia Business School, Gradiant, o Colexio Oficial de Xeólogos, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Imagina Ingenio, LifeTEC, Indra, MGI Coutier, Norvento, Optare, Grupo Nova Pescanova, R, Repsol, SIVSA, Televés, Viewnext e ZF.

O foro virá este ano con estreas. Entre as principais novidades os organizadores destacan a celebración dunha “táboa redonda”, un coloquio onde emprendedores novos contarán como crearon as súas empresas, de maneira que os futuros enxeñeiros e enxeñeiras “poidan achegarse ás experiencias de antigos estudantes que, coma eles, tiveron que abrirse paso na busca de emprego no ámbito tecnolóxico”.

O equipo responsable da iniciativa (o alumnado de Enxeñaría) tamén sinalou que agarda supera o centenar de persoas: máis de 80 voluntarios e 20 coordinadores encárganse de todo o que atinxe á xestión da páxina web, á planificación das conferencias ou ao contacto coas empresas, entre moitos outros labores. Ademais de conferencias, demostracións e encontros de traballo, o foro volverá contar coa presenza de postos de diferentes empresas nos que as persoas asistentes poderán entregar os seus currículos, ofrecéndolle ao alumnado a oportunidade de establecer contacto directo cos representantes das 25 compañías que confirmaron xa a súa participación, entre as que se contan a devanditas.Sobre a “táboa redonda” de emprendemento, os organizadores recoñecen que, a día de hoxe, “todos os estudantes estamos centrados en rematar e entregar o currículo a empresas xa formadas, sen facer nada máis, polo que cremos que é moi importante dar tamén este outro enfoque no foro”.

07/03/201809:03
Carmela Silva.
Pontevedra

SmartPEME ofrece en marzo medio cento de obradoiros de capacitación TIC

SmartPEME, a rede de formación e asesoramento TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra, vai ofrecer este mes de marzo medio cento de actividades de capacitación tecnolóxica para os profesionais, os traballadores, as PEME e os emprendedores da provincia. As accións desenvolveranse nos sete puntos que integran a rede: A Estrada (concello acabado de incorporar este 2018), Pontevedra, Vigo, O Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín. En total, serán 47 obradoiros sobre as máis variadas temáticas tecnolóxico-dixitais, todos co nexo común de ser de interese para o día a día dos profesionais. 

As sedes de Vigo, O Porriño e Ponteareas ofrecerán en conxunto 23 obradoiros; mentres que Pontevedra suma oito, Cambados outros tantos, Lalín seis e A Estrada dous. As persoas interesadas en participar nestes cursos, que se celebrarán na súa práctica totalidade a partir das 19:00 horas, poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina www.smartpeme.depo.es

Segundo lembra a Deputación, SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pequenas e medianas empresas e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación. Este proxecto ten entre os seus obxectivos vindeiros achegar novas carteiras de servizos, entre os que se conta a posta en marcha do Centro Provincial de Economía Dixital (CPED), que estará situado no viveiro de empresas de Barro, SmartPEME Impulsa e TurisTIC, que estarán dispoñibles para as persoas autónomas e empresas nos vindeiros meses. A través do Centro Provincial de Economía Dixital vaise mostrar ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes que a economía dixital ofrece. Para iso, o CPED apoiarase nas instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten instalado no viveiro de Barro. 

Doutra banda, SmartPEME Impulsa abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización, “unindo deste xeito os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos”, explica a Deputación, engadindo que TurisTIC, como indica o seu nome, presentarase como “un punto de apoio tecnolóxico para o o sector turístico”. Trátase dun servizo enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas e que pretende potenciar o sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital. Estes son os obradoiros por oficinas:

Vigo (sede da Deputación)

  • Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Marketing (luns 5)
  • Como Crear unha APP e non Morrer no Intento (xoves 8) 
  • Así Funciona Whatsapp Business (luns 12) 
  • As Redes Sociais Aplicadas nas Empresas Turísticas (mércores 14) 
  • Consegue os teus Clicks máis Rendibles (xoves 15) 
  • Mide os teus Obxectivos en Redes Sociais: Análise de Estatísticas (martes 20) 
  • Fotografía de Vehículos para a súa Venda Online (xoves 22) 
  • Prestashop II: Xestión dunha Tenda Online (luns 26)

Ponteareas (Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea)

  • Crea os teus Propios Informes: Google Data Studio (luns 5)
  • O Ámbito das Novas Tecnoloxías e RRSS no Sector Turístico (xoves 8) 
  • Grava e Monta Vídeos Profesionais co teu smartphone (luns 12)
  • A túa Información Sempre a Man: Almacenando na Nube (mércores 14) 
  • Unifica a Xestión das túas Redes con Hootsuite (martes 20) 
  • Comercializa os teus Servizos a través das Redes Sociais (xoves 22) 
  • Optimiza a Visibilidade da túa Web con Google Search Console (martes 27)

O Porriño (Multicentro do Concello)

  • A Transformación Dixital no Mundo do Enoturismo (luns 5)
  • Comercializa os teus Servizos a través das Redes Sociais (mércores 7) 
  • Google Calendar, moito máis que unha axenda (venres 9, ás 17:00 horas) 
  • Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Marketing (martes 13) 
  • Facebook para non Iniciados (xoves 15) 
  • Woocommerce II, a Solución para Vender por Internet (luns 19) 
  • Crea os teus Propios informes: Google Data Studio (mércores 21)
  • Mellora a Calidade das túas Imaxes con Editores Online (martes 27)

Pontevedra (Edificio administrativo da Deputación)

  • Como Facturar Electronicamente (martes 6)
  • Fotografía de Vehículos para a súa Venda Online (xoves 8) 
  • Google Analytics: Interpretación dos Datos e Toma de Decisións (luns 12) 
  • Redes Sociais para a Empresa. É Twitter a túa solución? (mércores 14)
  • Mide os teus Obxectivos en Redes Sociais: Análise de Estatísticas (venres 16)
  • Consegue os teus Clicks máis Rendibles (martes 20) 
  • Marketing Gastronómico, Que é e Como Pode Axudarche (mércores 21) 
  • Sesión Informativa sobre Funcionamento de Whatsapp Business (luns 26)

O Salnés (Exposalnés)

  • A túa Información Sempre a Man: Almacenamento na Nube (luns 5) 
  • Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Marketing (mércores 7)
  •  Deseña Sinxelamente Imaxes Abraiantes e Profesionais (luns 12) 
  • A Comercialización do Turismo Rural: Centrais de Reservas (martes 13) 
  • Woocommerce II – A Solución para Vender por Internet (xoves 15)
  • Bota as túas Propias Fotografías para o Comercio Electrónico (martes 20) 
  • A Dixitalización no Sector Turístico (xoves 22) 
  • CRM, o Cliente como Centro de Estratexia de Negocio (luns 26)

Lalín (Viveiro de Empresas)

  • Ferramentas TIC Básicas e Sinxelas para a Xestión do teu Negocio (venres 9)
  • Como Mellorar a Percepción dos teus Clientes co teus Correos (martes 13) 
  • Fotografía os teus Produtos ou Servizos para as Redes Sociais (xoves 15) 
  • Prestashop I: Comeza a Crear a túa Propia Tenda Online (martes 20)
  • Tecnoloxías Dixitais para o Sector Agropecuario (xoves 22) 
  • Imos Chamar á Porta da túa Clientela: Posicionamento SEO (luns 26)

A Estrada (Viveiro de Empresas)

  • Como Facturar Electronicamente (mércores 7)
  • A túa Páxina Web con Wordpress (mércores 28)
07/03/201809:03
Cartel do premio.
Santiago de Compostela

O CPEIG recoñecerá con 1.000 euros o traballo gañador do seu Premio Fin de Carreira

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de convocar a novena edición do seu premio adicado a recoñecer o espírito innovador, creativo e investigador dos nosos futuros profesionais das novas tecnoloxías da información. Estamos a falar do Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática. O galardón, en palabras da entidade profesional galega, quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática. 

Tal e como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros en Informática que presentaran nunha universidade galega o proxecto fin de carreira da Enxeñaría en Informática ou o traballo fin de Máster en Enxeñaría Informática nos anos 2016, 2017 e 2018. O CPEIG tamén fai saber que aqueles estudantes que queiran optar ao premio poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do proxecto, resumo e memoria completa do mesmo) até o día 10 de maio ao seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal. As bases e o formulario para presentar a candidatura están xa dispoñibles no portal www.cpeig.gal.

Con esta distinción, a entidade que preside Fernando Suárez ten o obxectivo de aproximarse á nosa comunidade de estudantes e “defender as vantaxes de colexiárense”, ademais de “estimular o seu traballo”. Os tres finalistas terán dereito a un ano de colexiación de balde e a asistir de maneira gratuíta á gran celebración TIC da nosa terra, a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Amais, a gañadora ou gañador recibirá unha gratificación económica de 1.000 euros. Unha comisión experta, integrada por representantes do CPEIG e das tres universidades galegas, valorará os proxectos recibidos e seleccionará o traballo gañador.

 

Noite da Enxeñaría en Informática
A convocatoria realizada polo CPEIG insírese nos premios da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que o colexio organizará o día 15 de xuño, en Santiago de Compostela. O CPEIG lembra que este evento anual, “ademais de representar un punto de encontro entre todos os colexiados”, conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector.

07/03/201810:30 - 12:00h
1 mes 1 profesión dixital
Online

O teu móbil a túa mellor axenda. Lembra eventos e citas importantes

Imaxinas facer do teu móbil o teu asistente persoal? Lembrar as túas citas médica ou as tomas de medicación?

Se a túa axenda é un caos, existen aplicacións móbiles que che garanten non deixarte nada no esquecemento. Se xa es organizado, poden axudarche a mellorar moito os teus niveis de produtividade.

Fai o teu día a día moito máis sinxelo grazas ás tablets e aos teléfonos intelixentes que poden axudarche a levar unha mellor organización do teu tempo, para que non te esquezas de nada.
Neste curso imos mostrar as mellores aplicacións que desempeñan este labor e que sen dúbida, facilitarannos notablemente os nosos labores e compromisos diarios.

  • Controla a túa medicación e citas médicas.
  • Crea calendarios e eventos para compartir con quen queiras.
  • Recibe alarmas diarias cos eventos programados.
  • Acceder aos teus contidos do calendario desde calquera lugar mesmo sen conexión.

Apúntate, esperámoste!

06/03/201813:03
Proxecto '#TuitsAOjo'.
Madrid

O proxecto '#TuitsAOjo' permite a persoas con discapacidade tuitear coa mirada

  • O proxecto '#TuitsAOjo', no que colaboran a Fundación ONCE, Twitter e Helping, permite que persoas con diferentes tipos de discapacidade, incluídas a parálise cerebral e persoas con mobilidade reducida, "poidan forman parte da rede de comunicación alternativa" e tuitear na plataforma online mediante o movemento dos seus ollos.

 

O proxecto, que na súa fase inicial facíase a través dun hardware fixo, lanzou unha segunda versión que permite desprazar un software móbil para participar na plataforma "como un usuario máis" xa que "o 93% das persoas usan Twitter co móbil".
"Trátase de engadir un valor humano como é a comunicación ao meramente tecnolóxico" relatou o director de Brand Strategy Spain & Portugal - EMEA en Twitter, Emilio Pina. Para iso, a plataforma online incorporou a tecnoloxía da startup Irisbond, que realiza un calibrado da mirada por infravermellos e permite que o usuario poida, a través dun teclado virtual, fixar a mirada nos botóns que desexa pulsar e conformar os tuits.
 
Santi, un granadino de 46 anos con parálise cerebral, exerceu como protagonista da iniciativa. El non pode falar nin moverse polo que a súa expresión queda reducida aos ollos. Con esta ferramenta poderá navegar polas contas doutros usuarios, dar a like e compartir información e tuits.
 
Nach "implicado emocionalmente"
A plataforma online contou tamén co apoio do rapeiro Nach, quen, segundo relatou Pina, atopouse cos primeiros tuits de Santi nos que mencionaba a paixón pola súa música e decidiu poñerse en contacto co granadino. O cantante explicou que a súa irmá tiña parálise cerebral e por elo sentiuse "moi implicado emocionalmente".
 
Nach presenta ademais un videoclip dedicado a Santi coa canción 'Agora que podo contarche' que pretende expresar "todo o que sentiu Santi ata o momento, desde poder cantar o gol do seu equipo para falar da música que lle gusta a través da voz do cantante".
 
'#TuitsAOjo', unha iniciativa que busca "romper barreiras" e "permitir a persoas con discapacidade acceder á conversación global".
06/03/201813:03
Cartel do premio.
Madrid

Premiarán aos mellores proxectos de innovación social

  • A convocatoria da 1ª edición dos Premios Fundación MAPFRE á innovación social, impulsada en conxunto por IE Business School, busca identificar, apoiar e recoñecer ás iniciativas de transformación social nas áreas de e-Healt, insurtech, mobilidade e seguridade viaria.
     

Co fin de robustecer o ecosistema de desenvolvementos sociais, tanto en Europa como en América, a Fundación MAPFRE xunto con IE Business School formaron un concepto que pretende axudar na consolidación de ideas innovadoras que xeren impactos positivos nas comunidades, achegando con servizos de mentoring e orientación, proxección mediática e financiamiento de 30.000 Euros.

Aberta ata o 30 de abril, a convocatoria contará con tres semifinais (Brasil, México e España), para pechar a competencia cun evento en Madrid no que se definirán aos proxectos gañadores nas tres categorías:

  • Mellora da saúde e tecnoloxía dixital (e-Health).
  • Innovación aseguradora Insurtech.
  • Mobilidade e seguridade viaria.

 'Unha característica moi interesante é que a convocatoria se desenvolve en dous continentes, porque pensamos que as solucións teñen que ter alcance global aínda que xeren un impacto local. Nesta primeira edición esperamos máis de 120 candidaturas, con todo a nosa aspiración non é só unha cuestión de volume ou de número de participantes, senón que estamos a confiar en que van ser proxectos de calidade', explicou Carlos Mass, Vicepresidente da Fundación IE.

Durante esta primeira fase poden inscribirse para competir colectivos, empresas e usuarios, tanto independentes como integrantes do ecosistema de emprendemento e redes de incubación con que IE e MAPFRE colaboran.

A competencia valorará especialmente a capacidade e experiencia dos participantes, respecto da súa demostración con probas piloto ou prototipos que levasen a cabo e que acrediten que o proxecto pode ser unha realidade. Tras un filtro dos proxectos rexistrados en cada país, as semifinais comprenderán 27 participantes en total, é dicir 3 aspirantes por categoría e rexión. A final, con sede en Madrid, presentará un só candidato por categoría de cada semifinal.

 'A Fundación MAPFRE ten un foco moi importante na divulgación, comunicación, acompañamento institucional e toda a mobilización de redes e medios para acompañar novos proxectos. Tamén temos unha rede de innovación dentro do grupo, onde a través das áreas locais e rexionais buscamos atraer aos proxectos que poderían ser interesantes dentro do ecosistema. Ao final combinamos isto coa capacidade de atraer e apoiar, xunto coa experiencia compartida que temos con IE', recalcou Itzel Contreras, Coordinadora da Fundación MAPFRE en México.

Parte dos apoios que brindarán os patrocinadores consistirán en dar impulso mediático aos proxectos, de modo que sexan visibles en diferentes canles de comunicación. Igualmente daráselles orientación no desenvolvemento e despregamento das súas propostas, así como a oferta dun investimento clave para as dinámicas gañadoras.

'Cremos que primeiro temos que atraer aos innovadores sociais que acheguen a eses tres ámbitos, para axudalos a través deste proceso con dous momentos importantes: ter unha divulgación clave das súas iniciativas e brindarlles coñecemento significativo do ecosistema de innovadores e investidores', agregou Mass.

 

Fomentar a innovación

A pesar dos prazos da convocatoria, a realidade é que os premios forman parte dunha visión máis ampla: estimular o desenvolvemento da innovación. En México, este mecanismo require de múltiples esforzos para robustecer o seu desenvolvemento, alcanzando actualmente o posto 58 dos 130 países avaliados no Índice Global de Innovación 2017.

'En México isto representa un mundo de oportunidades, fan falta que cada vez máis emprendedores e novas empresas que fortalezan este grupo de Pemes que apostan por este tipo de iniciativas, as cales de acertar ben nos negocios contarán cun alto potencial de crecemento', comentou o executivo de IE.

Por iso é polo que parte da intención sexa orientar a conversación cara a este tipo de proxectos, de modo que os diferentes engranes que achegan á súa evolución poidan ir permeándose dun enfoque social para beneficiar a un maior número de persoas. Para iso requírese xerar as ferramentas e condicións necesarias para a innovación, non só desde a perspectiva do entrepreneur, estimulando tamén a cultura do intrapreneur.

'As necesidades das empresas cambian tan rapidamente que os negocios tradicionais non logran cubrilas, aí é onde xogan un papel preponderante os innovadores. Hoxe as compañías deben incentivar a colaboración e creatividade do seu talento, para pasar dun enfoque de silos a coordinar esforzos para afrontar os grandes retos da industria mediante a xeración de ideas novas', finalizou.

06/03/201813:03
A app Planttes.
Barcelona

Unha 'app' alerta do risco de alerxia nas diferentes rúas das cidades

  • A app Planttes é unha ferramenta de ciencia cidadá que anima aos usuarios para identificar e situar sobre o mapa a presenza de plantas alerxénicas e indicar o seu estado fenolóxico.
  • O proxecto, froito da colaboración entre o Punto de Información Aerobiolóxica e o Centro de Visión por Computador da Universidade Autónoma de Barcelona, recibiu o Premio de Medio Ambiente da Generalitat de Catalunya do ano 2017.

 

O Punto de Información Aerobiolóxica (PIA), en colaboración co Centre de Visió per Computador da UAB, puxeron en marcha a aplicación Planttes. Nada como o exercicio práctico nunha colaboración co máster de deseño da Escola de Deseño de Barcelona, 'a app' está pensada como unha ferramenta de ciencia cidadá.

O obxectivo de Planttes é emprazar aos cidadáns a que colaboren na configuración do mapa das posibles alerxias nas rúas das nosas cidades e pobos. Atópase a disposición dos usuarios en GooglePlay a través do sistema Android.

A aplicación Planttes mostra aos usuarios imaxes das diferentes plantas alerxénicas máis importantes, e ofrécelles información de como son as súas flores e os seus froitos. O sistema permite ao usuario sinalar no mapa o punto onde se atopa (xeolocalización), que planta está a ver, e se esta se atopa sen flor, en fase de formación de flor, se ten a flor aberta ou se xa ten froito.

Esta información pode ser visualizada polo resto de usuarios e pode axudar a decidir as rutas máis recomendables a seguir na contorna urbana co fin de evitar ao máximo a proximidade a aqueles lugares onde se atopa coa flor aberta a planta que lle causa alerxia. Trátase dunha información dinámica, que cambia día a día, da mesma maneira que o fan as plantas.

Os impulsores esperan que a iniciativa poida ser do interese do público en xeral, e tamén que se converta nunha ferramenta de traballo para escolas, centros cívicos e entidades e que estas colaboren e promovan o seu uso continuado, de maneira que coa colaboración cidadá se consiga ter información en vivo de como se suceden e progresan as floracións de plantas con capacidade de desencadear alerxias nas nosas rúas e prazas.

A información é complementaria á que ofrece o Punto de Información Aerobiolóxica, a unha escala máis detallada e de moita utilidade para os alérxicos. O PIA é un proxecto creado polo ICTA-UAB e o departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía da UAB (BABVE).

06/03/201813:03
Amigus Labs 18.2.
Pontedeume

A xornada 18.2 dos Amigus Labs das Pontes volveu poñer o foco no potencial Maker

O Lar de Endesa acolleu esta fin de semana unha nova xornada e divulgación ao abeiro das Fab Lab das Pontes, organizadas pola asociación local Amigus. Nesta nova cita, novamente, argalleiros de todas as idades interactuaron arredor dalgunhas das tecnoloxías específicas máis decididamente Maker. Cousas como impresoras en 3D, placas de hardware e software libre (Arduino e Raspberry Pi) ou ferramentas como por exemplo Tinkercard, que un software de balde creador por Autodesk (referente en programas para deseñar en 3D) co obxectivo de ser empregado ao máximo por profesionais do eido pero tamén por seareiros, educadores e crianzas. Na cita desta finde no Lar de Endesa, Tinkercard foi empregado para deseñar primeiros prototipos de xoguetes e trebellos. 

Segundo nos conta a organización, a ultima hora da maña máis de 50 rapaces e rapazas dos equipos de rugby dos clubs Fendetestas, Rugby Ferrol e Muralla Rugby Club de Lugo, visitaron o Fab Lab, interesándose polas posibilidades e funcionamento das impresoras 3D, o uso do Arduino e Raspberry Pi nos proxectos que se realizan ao abeiro dos Amigus Labs, e as posibilidades de transferencia aos seus proxectos persoais.
Ademais, a arcade coas recreativas feitas en anteriores Amigus Labs volveu a ter a visita de curiosos e xogadores cos clásicos de 8 e 16 bits.

Xa pola tarde os participantes puxéronse “ao choio” co proxecto colectivo de dar forma definitiva a unha fresadora (proxecto iniciado nas xeiras de traballo previas), mellorando a súa estrutura e avanzando na súa consecución. Ademais, completáronse os proxectos de reloxos dixitais que estaban en desenvolvemento, probáronse distintos tipos de estruturas para caixas LED e puxéronse en riba da mesa diferentes propostas para o deseño dunha cúpula xeodésica.

Desde Amigus Labs agradecen a participación e implicación das seguintes entidades: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter e ao Grupo de Empresa de Endesa.

10/03/201810:30h
1 mes 1 profesión dixital
Biblioteca Pública de Ourense ou Online

Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller

Neste evento traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos biográficos de mulleres destacadas na historia para mellorar e aumentar a súa visibilización na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS