A Universidade de Vigo celebra ata mañá sábado a sexta entrega da edición galega do desafío colectivo HackForGood de Telefónica, o evento de programadoras/es solidarias/os que reúne a oitenta persoas dispostas a superar algún dos máis de 200 retos expostos pola cidadanía a través de www.hackforgood.net. O encontro estase a celebrar na sala I do Edificio Miralles da Universidade. Hay que lembrar que este hackathon desenvólvese de maneira simultánea en 20 universidades españolas organizado por Telefónica, Hazloposible e Mashme, e xunta a preto de 1.500 universitarias e universitarios en todo o territorio estatal.
A edición viguesa, organizada ao abeiro da Cátedra Telefónica, foi inaugurada este venres polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e a directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez. En total participan 80 estudantes de diferentes eidos do coñecemento, 60% homes e 40% mulleres, que traballan divididos en 17 grupos. Cada equipo escollerá un dos 200 retos presentados por entidades, asociacións e particulares e tratará de darlle solución. Deste xeito traballarán en temas como a detección de incendios, a atención a nenas e nenos autistas, a mobilidade de persoas invidentes, a accesibilidade... Nesta edición prestarase especial atención ás solucións baseadas no internet das cousas e os obxectos conectados, a industria 4.0 e a información a gran escala (Big Data).
60.000 euros en premios xerais e 3.500 en Vigo
Ademais dos 60.000 euros en premios da convocatoria xeral, na edición viguesa os participantes poderán optar a premios locais de 1.000€, 600€ e 400€ e premios temáticos de 500€ á innovación social concedido polo Consello Social, á innovación enerxética patrocinado pola Cátedra Telefónica e ao desenvolvemento sustentable, da man da Oficina de Medio Ambiente. A nivel global, outórganse os premios HackForGood Big Day cun total de 12.000€ de contía para poñer en valor os proxectos que teñan continuidade e os premios HackForGood Global ás mellores solucións tecnolóxicas en cada sede dotados de 20.000€ para os tres mellores premios proxectos globais.
O espírito innovador e as novas tecnoloxías foron co-protagonistas dos Premios Son Muller 2018 que se desvelaron e entregaron onte en Lugo, un co-protagonismo que compartiron co que foi, sen dúbida, a gran estrela da xornada: o emprendemento feminino. Na gala co certame (organizado pola Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, AELU, coa colaboración da Deputación e o Concello de Lugo, e máis da Xunta, co obxectivo de visualizar o poder creativo-empresarial das mulleres da provincia), recoñeceuse a traxectoria e o alento innovador de Champivil, Muuhlloa, a plataforma tecnolóxica Sientegalicia.com, Gerosonajero, Coeduca e Tastelab.
Na cita participaron o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; e a presidenta de AELU, Beatriz Varela Regueira. O certame, como dixemos, veu da man da dita asociación provincial e contou coa colaboración da Deputación e Concello de Lugo, que achegaron 4.600 euros, converténdose nas principais patrocinadoras.
Segundo lembraron, nesta primeira edición, que tivo como fin promover e potenciar a actividade da muller no entorno económico e social lucense, participaron 51 empresarias e emprendedoras cos seus proxectos. Os premios contaron con 3 categorías: Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora.
No acto de entrega dos galardóns, tamén participaron o delegado da xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira.
Santos Ramos felicitou a todas as participantes e gañadores desta iniciativa e salientou que “esta gala non sería posible sen a labor da Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo, unha organización liderada por emprendedoras e que leva 30 anos empoderando á muller traballadora na nosa provincia”.
A alcaldesa de Lugo deu os parabéns ás mulleres que presentaron candidatura, ás finalistas, ás premiadas e á homenaxeada, “e en xeral a todas as mulleres empresarias e emprendedoras de Lugo por contribuír co voso traballo ao desenvolvemento socioeconómico da nosa cidade”.
Amais dos premios das ditas categorías, nesta primeira edición tamén se distinguiu a Blanca García Montenegro, presidenta do Grupo El Progreso, co Premio á longa traxectoria. A AELU, Deputación e Concello de Lugo recoñeceron con este galardón especial “o frutífero traballo desta pioneira empresaria lucense de prestixio”.
Premiadas
Os Premios Son Muller 2018 contaron cun xurado formado por representantes de AELU e personalidades de recoñecido prestixio, pertencentes a distintos ámbitos das administracións, empresas e sociedades lucenses. As premiadas desta primeira edición foron:
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) estrea hoxe un apartado na súa páxina web titulado Mulleres Tecnolóxicas no que queren salientar o rol das mulleres nos ámbitos do software libre e o código aberto cun quen é quen en Galicia e no resto do mundo.
AGASOL quere dar visibilidade ao traballo das mulleres no sector TIC, conscientes de que aínda queda moito camiño por andar para entender o software libre e a tecnoloxía en xeral como eidos que non distinguen de sexo, estando abertos a achegas de calquera persoa. O novo apartado está a promocionarse en redes sociais, e actualmente recolle as figuras da xornalista Montserrat Boix de Mulleres en Rede, da enxeñeira en Informática Antía Puentes, da licenciada en Informática Mar Castro e doutras tres mulleres que desenvolven o seu traballo ao redor do CESGA: María José Rodríguez, Natalia Costas e Carmen Cotelo.
DOWN ESPAÑA e a Fundación Vodafone España editaron 4 novos vídeos formativos dirixidos a persoas con síndrome de Down que teñen por obxecto ensinarlles a utilizar e manexar o DNI e o pasaporte electrónico, descarga de aplicacións no móbil e a utilizar Whatsapp. Estes coñecementos serán moi útiles para os alumnos do programa de formación prelaboral "Yo me prep@ro" xa que lles permitirá ter unha maior autonomía e independencia.
Estes vídeos están enmarcados dentro do proxecto "Yo me prep@ro", desenvolvido en colaboración entre DOWN ESPAÑA e Fundación Vodafone España, e cuxo obxectivo é ofrecer formación no uso das Tics aos mozos con síndrome de Down, coa intención de mellorar a inclusión laboral deste colectivo en empresas ordinarias, onde o uso destas tecnoloxías é imprescindible.
Están presentados por unha moza con esta discapacidade intelectual que ensina, a través de tutoriais explicados de forma sinxela, accesible e cunha linguaxe moi clara, os pasos e instrucións para descargar unha aplicación no Smartphone, utilizar Whatsapp ou utilizar o DNI e o pasaporte electrónico.
Estes catro novos vídeo-tutoriales súmanse aos 17 que ámbalas entidades editou nos últimos catro anos e que están dispoñibles na canle de Youtube de DOWN ESPAÑA:
A compañía Microsoft creou unha aplicación para smartphones que permite ás persoas con discapacidade visual orientarse de forma independente pola cidade. Funciona con auriculares, a través dos cales o usuario escoita indicacións sobre os obxectos que o rodean, informa o blogue da compañía.
Polo xeral, estas persoas usan un bastón branco ou un can guía para camiñar. Nos últimos anos, enxeñeiros desenvolveron os seus análogos tecnolóxicos, por exemplo, un aro vibratorio con telémetros. Todos estes dispositivos e métodos axudan ás persoas cegas ou con discapacidade visual a evitar colisións con obstáculos, pero non resolven outro problema: a falta de información sobre onde están exactamente na cidade e que edificios os rodean.Os especialistas de Microsoft desenvolveron a aplicación Soundscape para teléfonos intelixentes en iOS, que resolve parcialmente este problema. Funciona con audífonos conectados ao smartphone.
A aplicación proporciona varios modos. O usuario pode establecer un obxectivo específico, por exemplo, unha tenda, e durante a camiñada escoitar avisos sobre os nomes das rúas, as interseccións e as esquinas. Ademais, pode pescudar desde a aplicación que obxectos se atopan ao seu redor ou fronte a el. Ao usar auriculares, escoitará indicacións de voz sobre os obxectos circundantes precisamente desde a dirección na que se atopa
A aplicación lanzouse para residentes do Reino Unido e está dispoñible só en dispositivos con iOS. Vale a pena sinalar que a nova aplicación desenvolveuse en base a un sistema prototipo anterior, que a compañía introduciu hai varios anos. Pero este sistema era lixeiramente diferente en función e requiría auriculares especiais cun acelerómetro e un compás.
Hai pouco, Microsoft tamén presentou un sistema de realidade virtual para persoas con cegueira, que lles permite interactuar con obxectos virtuais a través dun bastón. Poden non só sentir a colisión do bastón con obxectos virtuais, senón tamén distinguir superficies de diferentes tipos.
O quinto festival de contidos dixitais Carballo Interplay vén de abrir a preinscrición para o seu obradoiro Narrativas de vídeo en redes sociais. Contidos complexos vs. audiencias masivas, que terá lugar o venres 6 de abril no Pazo da Cultura de Carballo. As persoas interesadas en participar nesta actividade impartida por Josune Imízcoz e Guillermo Carreras-Candi, responsables de vídeo da plataforma PlayGround, poden reservar a súa praza na web do festival (carballointerplay.com) até o 19 de marzo. Segundo informa a organización do certame (Interplay Producións e o Concello de Carballo) hai 25 prazas dispoñibles e o prezo da actividade é de 20 euros.
Para quen non o saiba, PlayGround xurdiu en 2008 como revista dixital enfocada á música, aínda que axiña evolucionou cara a medio tecnolóxico referencial, multitemático, independente e con importante pegada nas redes sociais. Dende a súa experiencia, os seus impulsores abordarán no obradoiro de Carballo a disxuntiva entre un presente que require explicacións cada vez máis complexas e un contexto mediático que tende a comprimir cada vez máis as historias e escoller os temas só en función da súa potencial viralidade. O método de traballo nas tres horas da actividade combinará unha parte analítica con outra creativa. Na primeira parte as persoas inscritas participarán nunha visualización conxunta de vídeos de PlayGround e outras plataformas, “co obxectivo de comprender o funcionamento dos contidos complexos no entorno das redes sociais”. Na segunda parte buscaranse enfoques para temas propostos polos alumnos e alumnas e desenvolveranse borradores audiovisuais por parellas que serán finalmente comentados. A organización recoméndanos carrexar computadora portátil para poder escribir e editar imaxes se fose preciso.
Obradoiros gratuítos para crianzas, con Vermislab
O Carballo Interplay ofrecerá, tamén, dous obradoiros gratuítos para crianzas da man do proxecto de innovación educativa Vermislab, que quere potenciar a creatividade de nenos e nenas en eidos como a ciencia, a tecnoloxía e o deseño. Así, o venres 6 de abril, de 16h a 18h, a rapazada de máis de 9 anos aprenderá, no Pazo da Cultura de Carballo, desde os conceptos básicos da electricidade até como combinar diferentes compoñentes electrónicos, facer circuítos usando placas de prototipado e soldadura para elaborar os seus deseños usando dispositivos electrónicos e mesmo farán música combinando a electrónica con obxectos cotiáns. O sábado 7, de 10h a 14h, pais e nais e crianzas de máis de 6 anos terán ocasión de mergullarse nas diferentes maneiras de esculcar no mundo microscópico, farán cultivos e incluso fabricarán o seu propio microscopio electrónico que poderán carrexar para a casa. As persoas interesadas poden reservar xa a súa praza, na web do Interplay.
Finalmente chegou ao seu remate a campaña compostelá Longa vida aos teus aparellos electrónicos! Para celebralo e para conmemorar os importantes logros de concienciación e participación obtidos (mancheas de refugallos TIC e de electrodomésticos, amais baterías de todo tipo), os impulsores da iniciativa (o Concello de Santiago a través da Concellería de Medio Ambiente e Convivencia e a empresa Teimas a través de Tropa Verde) organizaron este 6 de marzo unha xornada de divulgación, O papel das cidades na Economía Circular. A cita foi no edificio CERSIA e contou con relatores de referencia no ámbito da sustentabilidade tecnolóxica, o cambio climático e as posibilidades importantes de aproveitamento que ofrecen os refugallos TIC unha vez que entran en desuso. Segundo se fixo saber, a campaña Longa vida serviu para xestionar máis dunha tonelada e media de residuos electrónicos e unha tonelada de pilas.
A iniciativa púxose en marcha no pasado mes de xullo, enmarcada no programa Tropa Verde, que desenvolve a empresa Teimas. Ao fío dela habilitáronse 15 puntos de recollida de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos e pilas en centros socioculturais e polideportivos. Neles, os veciños e veciñas fixeron entrega dun total de 1.531 quilos de material electrónico desbotado e 1.051 quilos de pilas, e estímase que a súa correcta xestión evitou a liberación de case 620 quilos de CO2 á atmosfera. Esa cantidade é a equivalente ás emisións dun coche novo ao percorrer preto de 3.800 quilómetros, informaron o Concello e Teimas, que contaron (para o desenvolvemento do programa) coa importante axuda das firmas Recyclia e Revertia, que impartiu obradoiros de reacondicionamento de computadores refugados nos centros socioculturais de Vite e O Ensanche. Neles puideron participar un total de 30 persoas, que tomaron conciencia da importancia que ten para o medio ambiente unha correcta xestión deste tipo de aparellos e aprenderon os pasos a dar para darlles unha segunda vida. Por último, a campaña Longa vida aos teus residuos electrónicos completouse con charlas da Tropa Verde en diferentes centros educativos.
Xornada de Economía Circular
Como dixemos, estes datos foron achegados no marco da xornada O papel das cidades na economía circular, na que participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, quen incidiu na pegada negativa que deixan os materiais tecnolóxicos na natureza, que “son cada vez máis cuantiosos e que teñen un alto poder contaminante”. Neste sentido, lembrou que a batería de níquel dun teléfono móbil pode contaminar até 50.000 litros de auga, e unha batería tipo botón, até 600.000 litros. Asemade, lembrou aos presentes en que consiste a economía circular: “Un sistema industrial que substitúe o concepto de caducidade polo de restauración, e que ademais de beneficios ambientais claros pode ser unha boa saída para a crise do emprego". Na xornada celebrada participaron expertos como Anabel Rodríguez, directora executiva da Fundación para a Economía Circular; Xavier Labandeira, catedrático de Economía e director de Economics for Energy; José Pérez, conselleiro delegado de Recyclia; Miguel Varela, xerente de Teimas Desenvolvemento; e Alejo Calatayud, responsable de comunicación de Revertia.
A Escola de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense serviu de escenario este martes para a presentación do centro de crowdworking e innovación Galicia Open Future de Telefónica. Retos Industria 4.0. Trátase, para quen non o saiba, da cuarta edición de Galicia Open Future, a palestra de proxectos posta en marcha pola operadora e AMTEGA na Cidade da Cultura pero (esta cuarta entrega) cunha marcada vontade de atender os principais desafíos smart da nosa industria e propiciar que abrollen respostas concretas para os mesmos da man das nosas novas firmas de alicerce tecnolóxico. Os primeiros retos de innovación aberta foron lanzados por FINSA e o Grupo Nova Pescanova e tal e como se volveu subliñar onte no Campus de Ourense, onde tamén se salientou que a convocatoria está aberta por vez primeira á concorrencia das universidades.
María del Carmen López, directora do Galicia Open Future de Telefónica, foi a encargada de explicar a iniciativa aos asistentes. A cuarta edición de GOF, lembrou, “trouxo un cambio de formato, apostando por un novo modelo que busca dirixir o talento emprendedor cara á resolución de problemas concretos da industria galega”. Nesta nova versión, Telefónica, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), propón a grandes empresas tractoras galegas que lancen publicamente un total de seis retos reais de negocio, baixo un modelo de innovación aberta.
Nun plano máis detallado, a proposta de FINSA tenta responder á seguinte pregunta: Como poden as novas tecnoloxías dotar ao sector da madeira de capacidades dixitais para ofrecer aos seus clientes un mobiliario máis intelixente? O obxectivo da empresa con sede en Santiago é fornecer aos seus clientes finais dunha plataforma de software que permita acceder aos elementos de sensórica instalados nos seus produtos (taboleiros de madeira, chans laminados ou compoñentes para mobles) e executar accións para “crear hábitats intelixentes”. FINSA expón este reto para desenvolver tamén unha plataforma que almacene datos de uso dos produtos para poder obter así un histórico que permita facelos evolucionar, e a súa idea é que sexa unha plataforma aberta a todos os fabricantes para crear no futuro un ecosistema do que tiren proveito múltiples axentes do sector. Por último, busca que o sistema cumpra con criterios de seguridade óptimos, “para lograr a confianza do cliente final neste tipo de produtos”, sinala a compañía.
Pola súa banda, o Grupo Nova Pescanova lanza o seguinte reto: Como podemos modelar os datos recolleitos nos sucesivos ciclos de cría do lagostino para predicir e corrixir, no seu caso, comportamentos e optimizar a toma de decisións presentes e futuras? Para o Grupo Nova Pescanova, que dispón de máis de 1.000 piscinas para cría de lagostino situadas en distintas partes do mundo, a eficiencia óptima deste cultivo extensivo é un reto a conseguir, debido á influencia de múltiples factores como o clima, as condicións e a densidade da sementeira ou a dosificación do alimento, entre outros, polo que busca dispor, nas súas palabras, “dun modelo de análise de predición que faga realidade anticipar comportamentos e dispor de curvas esperadas de supervivencia, medre e rendibilidade”. O obxectivo final deste reto é “incorporar ao cultivo de lagostino un método de autoaprendizaxe en función de decisións e resultados, de forma que nunha fase posterior a produción esta o máis preto posible da súa rendibilidade óptima”.
Galicia Open Future inaugura desta maneira a súa primeira fase de lanzamento de retos coa participación de dúas empresas galegas de referencia, e líderes nos seus respectivos sectores. Ás propostas poderán presentarse startups, PEME, centros tecnolóxicos, universidades e emprendedores. Seleccionarase a un gañador por cada desafío, que poderá desenvolver un piloto da súa solución coa empresa tractora, e tres finalistas. O gañador terá unha axuda da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, de 20.000 euros para a posta en marcha do proxecto piloto. Ademais, tanto o gañador como o tres finalistas poderán acceder a un programa de aceleración dentro do ecosistema Open Future de Telefónica, e recibirán ademais un patrocinio de 10.000 euros, achegado por GAIN, como recoñecemento ao seu esforzo innovador. Transcorrido o tempo de aceleración, seleccionarase ao mellor do tres finalistas, que recibirá unha axuda adicional de 10.000 euros achegada pola axencia AMTEGA.
Funka foi recentemente galardoada cun importante proxecto europeo chamado WE4AHA, abreviatura de "Widening the support for large scale uptake of Digital Innovation for Active and Healthy Ageing" (Ampliar o apoio á adopción a gran escala da innovación dixital para un envellecemento activo e saudable). Neste proxecto, Funka lidera un consorcio altamente interdisciplinar para apoiar a innovación dixital no European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing (Asociación Europea para a Innovación sobre o Envellecemento Activo e Saudable).
Funka e o consorcio WE4AHA coordinarán a individuos, empresas, investigadores e actores da industria, autoridades públicas nacionais e rexionais, gobernos, organizacións de saúde e asistencia sanitaria, responsables políticos e a comunidade de investidores, a medida que os actores naturais se compromtan e se comprometan a responder ao desafío dunha sociedade que envellece.
Impulsando a innovación, mobilizando os investimentos e fomentando a innovación de alto nivel
Aínda que o cambio demográfico representa un reto social para Europa, tamén ofrece novas oportunidades para a innovación e o crecemento económico, especialmente nas TIC e a economía dixital. A innovación dixital ten o potencial de garantir que as persoas de idade avanzada sigan sendo independentes, activas e vivan máis tempo nos seus fogares e comunidades, ao mesmo tempo que aumenta a eficiencia dos sistemas de saúde e asistencia social e mellóranse os novos sectores da economía. As solucións innovadoras de saúde dixital poden apoiar estilos de vida máis saudables e capacitar aos cidadáns para xestionar as súas propias condicións de saúde, pero aínda así satisfacer as expectativas dos pacientes e coidadores.
As solucións dixitais poden mellorar a dispoñibilidade e accesibilidade dos servizos aos cidadáns, que se ven desafiados polo crecente custo dalgunhas ferramentas biomédicas de diagnóstico e terapéuticas. Polo tanto, a innovación dixital é unha oportunidade para mellorar a calidade de vida da poboación que envellece e para cambiar cara a sistemas de saúde e asistencia máis sustentables, creando crecemento económico e emprego na economía prateada.
Liderando o cambio
Para coordinar e apoiar mellor ás partes interesadas neste desafío, o proxecto WE4AHA apoiará a definición e execución do desenvolvemento posterior para impulsar a visión política sobre a innovación dixital e a consolidación do EIP (European Innovation Parnetship) en AHA (Active and Healthy Ageing). Asumindo este liderado, WE4AHA contribuirá a conectar ás partes interesadas na oferta e a demanda a través do establecemento de alianzas, a avaliación de intervencións innovadoras, o fomento do compromiso e a promoción da cooperación entre as partes interesadas, o apoio á evolución e a identificación de prioridades políticas, creando finalmente as condicións para liberar o potencial de innovación no sector do envellecemento.
WE4AHA finánciase no marco do Programa H2020 da UE, cuxo obxectivo é proporcionar medidas de coordinación e apoio para o desenvolvemento e a posta en marcha de tres iniciativas guiadas pola UE: Innovación ao mercado (I2M), Plan para a transformación dixital da saúde e a atención á sociedade do envellecemento e EIP on AHA.
Tras a pausa café que seguiu á mesa 'As grandes empresas reflexionan sobre o negocio responsable e a xestión estratéxica da RSE' da Xornada Corresposables en Barcelona, os asistentes puideron coñecer sete boas prácticas innovadoras impulsadas por empresas e Ong nunha sesión nova que, por primeira vez, levouse a cabo nas Xornadas Corresponsables e que foi moderada por Xavier Carbonell, director da Cátedra Mango de RSC de ESCI/UPF.
Nina Fábrega, responsable de Medio e Sustentabilidade de Mango, compartiu o proxecto de recollida de roupa e calzado usados a través de colectores situados en tendas 'Second Chances'.
Inma Balsera, Business Partner and Human Resources en Media Markt explicou a aposta da compañía polo emprego xuvenil coa súa iniciativa 'A FP Dual como garantía de empregabilidade xuvenil'.
Arianne Muñoz, directora de Márketing de Nacex, deu detalles sobre a iniciativa 'Un libro por un libro', cuxo obxectivo é sensibilizar sobre as dificultades coas que se atopan as persoas inmigrantes no coñecemento da lingua e do acceso á cultura.
Pola súa banda, Juan Mezo, director de Valores & Márketing, falou do movemento 'Giving Tuesday', un día para dar e compartir.
Mónica Moro, médico, responsable de Comunicación, Ebusiness e RSC en Grupo Menarini explicou a iniciativa 'Servizos e produtos responsables, tecendo novas oportunidades'.
María Calvo, directora de Xestión do Talento e Responsabilidade Corporativa de Grupo Vips, abordou a RSE da compañía a través do relatorio 'Da acción social á xestión responsable'.
Finalmente, Miquel Rodríguez, responsable de Seguridade e Saúde no Traballo de Henkel Ibérica compartiu a iniciativa para sensibilizar sobre seguridade e saúde aos escolares 'Segu e Salu na fábrica de xoguetes'.
Posteriormente realizouse unha segunda mesa, onde os grupos de interese reflexionaron sobre as claves e restos para un negocio responsable.