Pronto o teu iPhone, iPad ou dispositivo Android recibirán novos emojis, exactamente 157 deles. A idea da compañía é axudar a representar cada vez máis persoas con emojis, indiferentemente do seu xénero ou cor de pel.
Entre os emojis atópase un para representar a lingua de acenos, un para representar os cans guías e persoas en cadeiras de rodas tradicionais e eléctricas.
Tamén hai emojis para representar as próteses mecánicas de pernas e brazos.
Aínda que son 13 emojis (entre versións masculinas e femininas), cada un dos que representan a persoas terá diferente tons de pel, o que significa que en total son 43 novos emojis, incluíndo varios tons de pel para o emoji dun oído con audífono para problemas de audición.
Estes son todos os novos emojis que poderiamos ver chegar aos smartphones e tablets no futuro próximo. Segundo Apple, este é apenas un primeiro paso na representación de cada vez máis persoas con discapacidades.
Acceso á noticia na web: es.gizmodo.com.
Preto de 32 millóns de nenos sofren xordeira no mundo e en España hai case un millón de persoas con problemas de hipoacusia, aínda que na maior parte dos casos, son persoas que teñen máis de 65 anos. Con todo, cando os estudantes con algún tipo de discapacidade auditiva chegan ás aulas, o obxectivo debe ser que poidan seguir os estudos con normalidade sen verse discriminados respecto ao resto dos seus compañeiros.
Con esa finalidade nace Breaking Sound Barriers, unha app deseñada para romper barreiras na contorna educativa e en cuxa creación e desenvolvemento colaboraron investigadores da Universidade Politécnica de Madrid (UPM).
A aplicación, que busca facilitar aos mozos o seguimento dunha clase, foi desenvolvida dentro do grupo Mercator do Instituto de Investigación do Automóbil (INSIA) e do departamento de Intelixencia Artificial da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Informáticos da UPM.
"Consiste nun prototipo de contorna educativa capaz de subtitular a clase para estudantes con discapacidade auditiva. A clase emítese en vídeo e queda gardada para que os alumnos poidan consultala no futuro, así como facer preguntas ao profesor e aos compañeiros. Ademais, o sistema permite a xestión de diversas materias e salas de impartición", explica Francisco Serradilla, un dos investigadores da UPM que participaron no seu desenvolvemento.
Totalmente personalizable, Breaking Sound Barriers permite o recoñecemento de voz en múltiples idiomas, facilitando ao alumno a posibilidade de realizar preguntas e respostas, e de recibir o contido exposto polo profesor a través de imaxes e subtítulos.
"Esta última funcionalidade é a máis demandada dado que moitos estudantes con algún tipo de discapacidade auditiva saben ler os beizos, pero nunha clase poden darse moitas situacións e momentos nos que o profesor non está a mirar directamente ao alumno", explica Serradilla.
Un repositorio de apuntamentos
A aplicación funciona tamén como un repositorio de apuntamentos que permite establecer filtros e acceder a un foro. Para poder utilizar a aplicación, tanto os alumnos como os profesores deben descargala nos seus tablets ou smartphones. "Contar cunha ferramenta como esta tamén é útil para o profesor, posto que facilita xestionar alumnos, salas e materias; realizar preguntas; emitir subtítulos e acceder ao foro, entre outras funcionalidades", engade.
Breaking Sound Barriers foi desenvolvida nun dos LABS do Programa Talentum de Telefónica. Pola súa banda, Ericsson e a Fundación Adecco tamén participaron neste programa que busca impulsar o talento novo.
O seguinte paso para o equipo de investigadores é realizar pilotos máis amplos para optimizar o funcionamento e rendemento da aplicación. "Queremos tamén centrarnos no desenvolvemento dunha app máis lixeira que centrada só na subtitulación das clases, a función que ata agora parece ser a máis demandada", conclúe Serradilla.
O próximo 26 de abril de 2018 é o Día Internacional das rapazas nas TIC. Trátase dunha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
En maio, do 2 ao 5, chega unha das grandes citas galegas coa creatividade e a innovación, a cuarta entrega da Ourense ICC Week. O evento sobre industriais culturais e creativas de Ourense, organizado pola Deputación, contará novamente (coma nas anteriores edicións) cun importante recanto adicado ás novas tecnoloxías da información. Desta volta, o recanto das TIC enriquecerase e cubrirá novos horizontes coa entrada en xogo dunha óptica feminina: a das mulleres tech.
En maio, do 2 ao 5, chega unha das grandes citas galegas coa creatividade e a innovación, a cuarta entrega da Ourense ICC Week. O evento sobre industriais culturais e creativas de Ourense, organizado pola Deputación, contará novamente (coma nas anteriores edicións) cun importante recanto adicado ás novas tecnoloxías da información. Desta volta, o recanto das TIC enriquecerase e cubrirá novos horizontes coa entrada en xogo dunha óptica feminina: a das mulleres tech. Trátase da xornada Unha viaxe cara a Sociedade do Coñecemento, prevista para o 4 de maio.
Neste encontro coa cultura dixital participarán mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade como por exemplo a realidade virtual, a realidade aumentada, o mundo do software, a chamada gamificación (aplicar en actividades da vida real metodoloxías propias dos videoxogos, estimulando a creatividade e a cooperación) ou a economía colaborativa.
Nesta xornada de mulleres tech, Sara Rodríguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro contarán de primeira man o que están a facer e mostrarán o que está por vir en materia de tecnoloxías e, por suposto, en materia de tecnoloxías impulsadas dende o ámbito feminino e con vontade de romper calquera fenda de xénero, incluídas as dixitais.
Por outra banda, na mesma xornada do 4 de maio o presidente da AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Nico Campos, falará das novas sobre o futuro dos contidos, os guións e a dirección, achegando as vivencias do sector da man da directora e escritora, Gracia Querejeta, autora de filmes tan destacables como A derradeira viaxe de Robert Rylands ou a máis recente Felices 140.
O Centro de Novas Tecnoloxias de Santiago de Compostela acolleu este venres unha xuntanza entre as/os participantes das Lanzadeiras de Emprego que desde novembro operan na Coruña, Pontevedra e Santiago, impulsadas (na nosa terra e no ámbito estatal) pola Fundación Telefónica e a Fundación Santa María A Real, contando co co-financiamento do Fondo Social Europeo e, na súa actividade, cunha marcada vertente de formación en innovación. Na cita participaron as 60 persoas desempregadas ás que dan servizo as tres ditas lanzadeiras, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, a responsable de Empregabilidade Europa en Fundación Telefónica, Laura Castela, e a vogal da Fundación Santa María A Real, Soraya de las Sías.
Estas lanzadeiras comezaron en novembro a súa nova andaina, achegando formación e empregabilidade a persoas sen traballo de diversas idades, perfís formativos e traxectorias laborais, activando e optimizando a súa procura de traballo durante un período de cinco meses, coa orientación de técnicos especializados e o uso de novas tecnoloxías e ferramentas de comunicación, marca persoal e promoción profesional, “acordes ás necesidades do mercado laboral actual”, informaron hoxe os responsábeis da iniciativa estatal, facendo fincapé nos éxitos acadados xa polas edicións en curso: “Froito de todo o aprendido, do esforzo individual e colectivo desenvolvido nestes meses, hai 20 participantes que atoparon traballo por conta allea en diferentes sectores: enxeñaría, arquitectura, administración, sector servizos, educación, terceiro sector, tecnoloxías, industria, hostalaría ou comercio, entre outros”. Na xuntanza de hoxe, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo en valor as Lanzadeiras de Emprego sinalando que son un bo mecanismo para atopar un traballo porque “axudan a adquirir confianza e unha posición activa e comprometida” e porque “poñen de manifesto a importancia que ten hoxe en día a formación”. Ao fío disto, Conde apuntou que a cualificación é a antesala do emprego, "a clave para conseguir un tecido empresarial competitivo".
ViaGalicia, a aceleradora do Consorcio da Zona Franca de Vigo, celebrou este venres Lugo a xornada DemoDay para esculcar as moitas posibilidades de mercado de cada unha das iniciativas aceleradas na vertente norte de ViaGalicia (vertente que vai pola súa terceira edición e que está a ser xestionada pola Fundación CEL). Na xuntanza déronse cita unhas oitenta persoas. A sesión serviu para para que cada un dos proxectos que participaron e remataron con éxito a fase de academia do programa, moitos deles proxectos directamente dixitais ou apoiados no uso das novas tecnoloxías, se presentasen por vez primeira e de forma pública da man das persoas que os puxeron en marcha.
Foron xeiras de presentación breves, en formato elevator pitch, desenvolvidas perante o comité técnico da aceleradora (CZFV, GAIN, Xesgalicia e Vigo Activo) e as entidades colaboradoras do mesmo, así como ante observadores convidados do ecosistema galego de emprendemento. A xornada tivo continuidade este sábado na sede de ViaGalicia en Vigo.
Os DemoDays servirán, en última instancia, para que o comité técnico cualifique cada proxecto e seleccione, de entre os 40 participantes iniciais nas dúas fases de academia celebradas en Lugo e Vigo, os 15 como máximo (en total, de ámbalas sedes) que pasarán á última fase do programa, a de aceleración, onde xa recibirán unha proposta formal de financiamento por parte da Xunta e o CZFV, en forma de préstamos participativos e subvención a fondo perdido, e máis formación e titorías. Entre os proxectos que superaron a fase de pre aceleración ou academia con éxito atópanse:
Os proxectos seleccionados de Lugo e Vigo que pasen a aceleración terán acceso a un financiamento de ata 125.000 euros para lanzamento. En total, ViaGalicia mobiliza nesta edición até 1.875.000 euros de financiamento para emprendedores, entre préstamos participativos e achegas a fondo perdido. Desde a Fundación CEL destácase que é, por tanto, “unha gran oportunidade para os emprendedores seleccionados, non só polo acceso a financiamento senón tamén e sobre todo pola evolución positiva e maduración que experimentan as empresas participantes”.
Empresas e administracións públicas están a afrontar a adaptación ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos, que entrará en vigor o 25 de maio de 2018. Este proceso e o seu impacto nas entidades locais son o obxectivo da xornada que se celebrou este venres en Santiago, organizada pola Federación Galega de Municipios (FEGAMP) e Colexio de Enxeñaría en Informática (CPEIG) e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Balidea.
A directora da Amtega, Mar Pereira, foi a encargada de inaugurar o encontro, xunto co presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o vicepresidente da FEGAMP, Manuel Mirás. Na súa intervención, Pereira destacou que o novo Regulamento Xeral de Protección de Datos obriga ás Administracións a xerar un clima de confianza cos cidadáns no actual contexto dixital e que tamén contribuirá a concienciar á sociedade sobre a importancia de xestionar adecuadamente a súa privacidade na Rede e nas súas relacións online con empresas e entidades públicas.
Mar Pereira fixo fincapé na complexidade que supón a adaptación ao novo regulamento, especialmente para as entidades de menor tamaño como os concellos e avanzou as liñas que está a seguir a Xunta para cumprir co RXPD.
Medidas da Administración autonómica
A Xunta enmarca este proceso no seu Plan Director de Seguridade TIC, que se está a adaptar ás esixencias da nova normativa cunha folla de ruta en dúas fases. Entre as accións a curto prazo están o nomeamento dos delegados de protección de datos, que serán empregados públicos, un por consellería e tamén un da Amtega, que actuará de coordinador; a publicación do rexistro das actividades de tratamento; a modificación das cláusulas informativas; o desenvolvemento de análises de riscos e avaliacións de impacto; a implantación das medidas de seguridade correspondentes e asegurar a correcta atención dos dereitos dos interesados.
A Xunta contará con servizos de apoio para a adecuación ao RXPD. Por unha banda, implantarase un completo sistema de xestión da protección de datos persoais, que garanta un cumprimento pleno do RXPD e que permita demostrar sen dúbidas a debida responsabilidade proactiva. Por outra, porase en marcha un servizo especializado de asesoramento para os Delegados de Protección de Datos.
Estes servizos están en fase de licitación e contémplase a posibilidade de articular a súa extensión a outros organismos públicos non integrados na Amtega e as Administracións locais, a través de convenios.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou o xoves na rolda de prensa do Consello que o Plan de banda larga facilitará o acceso a internet de 100 megas a máis de 74.000 galegos de 181 concellos.
Cun investimento de máis de 14 millóns de euros, Feijóo precisou que esta iniciativa da Xunta para garantir á rede en núcleos de menos de 300 habitantes compleméntase coa que ten en marcha o Goberno de España, centrada en núcleos de maior tamaño e coa que se mobilizan 21 millóns para dotar de conexión por fibra óptica a 258.000 galegos máis.
Deste xeito, o traballo conxunto de ambas administracións posibilitará que en 2020 máis do 74% dos galegos poidan acceder a Internet de alta velocidade.
Entre as dúas iniciativas, sinalou o titular do Goberno galego, beneficiaranse máis de 332.000 galegos que viven nas zonas brancas, é dicir, sen conexións de máis de 30 megas. A continuación, valorou a nova de que este venres o Consello de Ministros aprobe un investimento de 150 millóns en axudas á extensión da banda larga.
O titular da Xunta garantiu o compromiso de seguir impulsando o Plan de banda larga 2020, que supón mellorar a dotación de Galicia dunhas infraestruturas esenciais para as comunicacións neste século XXI: as redes ultrarrápidas de Internet. Neste sentido, Feijóo subliñou que dispoñer dun acceso a Internet de calidade supón máis oportunidades para as empresas situadas no rural; máis facilidades para as persoas que viven en lugares pouco poboados e de difícil acceso; e un importante aliciente para que a xente nova se asente no rural galego.
Feijóo concluíu lembrando que a segunda edición deste plan, que se estende ata 2020, ten tres liñas fundamentais: internet en polígonos industriais, cun investimento de 3,4 millóns de euros, e este ano completarase a conexión a redes de ata 350 megas para que Galicia dispoña de 130 polígonos con este tipo de redes. Internet para empresas situadas en zonas illadas, unha liña de axudas de 400.000 euros da que se benefician máis de 30 empresas. E Internet para núcleos de menos de 300 habitantes, “unha liña de actuación que vimos de activar no Consello de hoxe”.