A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Universidade Sénior da Coruña colaboran no marco do Plan Dixital de Galicia nun itinerario formativo destinado á capacitación dixital de persoas maiores de 50 anos.
Dentro das actividades previstas para este ano, o vindeiro día 10, de 11.00 a 13.00 horas, celebrarase unha xornada de presentación da plataforma É-Saúde do Sergas nas instalacións da Universidade en Ferrol (Edificio de Apoio o Estudo- Campus de Esteiro), que se retransmitirá por videoconferencia a seis aulas da Rede CeMIT : Abegondo, Leiro, Pontevedra, Ribadeo, Santa Comba e Valga.
A presentación ten un enfoque eminentemente práctico co obxectivo de mostrar as facilidades da xestión online que ofrece a plataforma con exemplos prácticos sobre a solicitude das citas médicas, o acceso á historia clínica do paciente ou a consulta da medicación dende calquera dispositivo sen necesidade de desprazamentos aos centros de saúde.
Actividades en 2018
Esta é a segunda presentación da plataforma do Sergas que se fai tras o boa acollida que tivo a primeira celebrada o pasado 19 de marzo e que se retransmitiu en 19 aulas CeMIT, coa participación de máis de 150 persoas.
O pasado 1 de marzo realizouse a primeira das actividades planificadas no marco do proxecto europeo: Proxecto Erasmus+ KA204 “TICTac +55 - Técnicas de aprendizaxe combinadas na ensinanza das TIC para persoas maiores de 55 anos”, baixo o título: As TIC como unha destreza de vida nas persoas adultas e maiores europeas.
Ao longo de 2018, a Universidade Sénior da Coruña, na súa labor como aliad@ dixital, ten prevista a convocatoria de diferentes charlas informativas, presentacións e talleres que terán lugar de forma presencial nas súas instalacións e que, a través dos medios técnicos da Rede CeMIT, poderán ser seguidas ao longo de todo o territorio galego sen necesidade de realizar desprazamentos a través do sistema de videoconferencia.
Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliad@s Dixitais
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
Esta estratexia estase a desenvolver grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital. Actualmente o Plan de Inclusión Dixital conta con preto de 800 aliados dixitais, entre os que se inclúe a Universidade Sénior da Universidade da Coruña, a cal ven colaborando coa Xunta de Galicia dende 2016 como aliado dixital e anteriormente como entidade colaboradora do Programa de Voluntariado Dixital.
Universidade Sénior da Universidade da Coruña
A Universidade Sénior da Coruña centra a súa actividade en ofrecer estudos a un sector da sociedade maior de 50 anos que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais, onde as TIC teñen un papel fundamental.
No presente curso académico, conta con 945 alumnos e alumnas entre o campus de A Coruña e Ferrol.
Unha das maiores novidades para esta campaña é o lanzamento dunha aplicación, dispoñible tanto para dispositivos Android como iOS, que permite aos usuarios realizar a declaración a través do teléfono móbil.
Probamos a aplicación co VoiceOver dos dispositivos iOS e a compatibilidade é bastante boa, polo que esta app pode ser unha opción interesante para persoas con discapacidade visual.
Ademais desta nova canle, a Axencia Tributaria puxo tamén en marcha o servizo telefónico "Chamámolo". Este plan permite aos usuarios concertar unha cita previa para que un representante deste organismo se poña en contacto por teléfono co interesado e lle axude a realizar a declaración.
Esta opción telefónica é tamén moi interesante para persoas maiores ou para aqueles con dificultades de mobilidade, xa que evita que se teñan que trasladar ata a sede da Axencia Tributaria.
Onte pola mañá o Pazo de Cultura de Carballo acolleu a celebración das actividades da Zona Pro do Carballo Interplay, que comezaron cun panel sobre A televisión e os contidos nativos de Internet: experiencias e novas plataformas, na que participaron representantes de Playz, Flooxer, CRTVG e Mtmad, deixando clara a demanda de novas plataformas audiovisuais para recoller o público que abandona a tiranía da grella televisiva tradicional, á vez que que manifestaron as dificultades de facerse un oco dentro da inmensa oferta de contidos actual.
Abriron o panel o subdirector de contidos e transmedia de RTVE, Alberto Fernández, e Agustín Alonso G., responsable de webseries de Playz, que deron conta dos contidos cos que están a traballar actualmente e insistiron na necesidade de ter unha boa oferta dixital para non deixar de lado un novo sector da audiencia para a que «Netflix é a nova tele».
O director de Flooxer, Emilio Sánchez Zaballos, deu conta da evolución da súa plataforma, que durante os últimos anos foi todo un referente estatal, xa que esta plataforma de Atresmedia foi das que máis forte apostou polos novos formatos, e que pasou de ser unha plataforma de vídeo de curta duración con formatos estrela, contidos selectos e alto valor publicitario a converterse na marca de Atresmedia para os mozos, con contidos de maior duración, optimización dos formatos adaptados á construción da grella e incluso coa creación de marcas segmentadas.
Actualmente Flooxer conta cun millón de usuarios únicos ao mes, xerando 3 millóns de visualizacións de vídeo e cunha audiencia que nun 72% está en España, é un 59% masculina, ten entre 18 e 24 anos de idade no 46% dos casos e consómese nun 70% dende dispositivos móbiles, o que contrasta bastante cos medios tradicionais, máis envellecidos e ligados ao consumo no televisor. Sánchez salientou a necesidade de manter a liberdade dos creadores, á vez que tamén quixo matizar que non buscan competir co que certos influencers fan nas súas canles habituais, senón que cando os fichan prefiren diferenciarse e, por exemplo, no caso de AuronPlay, en vez de publicar monólogos fronte a webcam, optan por un formato de entrevistas.
José Pereira Fariña, director da Área de Innovación e Negocio da CRTVG, reflexionou sobre o feito de que a televisión tradicional aínda ten moito que dicir e, de feito, continúa a ser líder grazas á súa forza en concorrencia e cobertura, superando sobradamente os volumes de audiencia dos das novas plataformas dixitais, pero recoñecendo que no caso do público máis novo as plataformas dixitais están máis presentes, e por iso explicou que a canle dixital educativa para Internet que está a preparar a CRTVG, que están a desenvolver en colaboración coa AMTEGA, busca precisamente achegarse ao público máis permeable aos contidos dixitais.
Pereira sostén que no contorno dixital os contidos de lecer están máis que cubertos, mentres que os informativos e formativos non teñen a mesma presenza, de aí que optasen polo ámbito educativo e polas escolas como canle para chegar aos pequenos, aínda que non desbotan explorar outros públicos e formatos nos vindeiros anos.
Pecharon o panel Jesús Gómez Carbón e Clara Gavilán de Mtmad, plataforma de Mediaset que busca atrapar as novas audiencias que non están na televisión, para o que apostan por fuxir da ficción e centrarse no lecer e na realidade, o que parece estar a darlles bos resultados.
Expuxéronse así distintas fórmulas tan diferentes como complementarias, que deixan en evidencia a evolución das plataformas dixitais, quedando agora nas mas dos creadores o desenvolver contidos e formatos que poidan callar entre os públicos emerxentes que cada vez están máis abertos a propostas innovadoras.
Este 26 de abril temos unha nova cita coas mulleres e as novas tecnoloxías da información. Estamos a falar do Día Internacional das Rapazas nas TIC, unha celebración que, no que a nosa terra se refire, volverá ter (un ano máis) o epicentro de actividades na sede do Centro de Supercomputación de Galicia (o CESGA), con ramificacións (en liña) cos centros educativos. Trátase, para que non o saiba, dunha iniciativa orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC como un ámbito axeitado e acaido para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
Volvendo aos actos do CESGA, en Santiago, pola mañá (de 11:00 a 12:30 horas) celebrarase como vén sendo costume un coloquio virtual con varias mulleres emprendedoras galegas: emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), ás que as/os estudantes que participen dende os seus centros de secundaria/primaria conectados vía streaming coas salas do CESGA poderán facer calquera pregunta sobre os seus campos profesionais ou razóns persoais que as levaron a traballar no ámbito tecnolóxico-dixital. As convidadas deste ano son:
O CESGA informa que as persoas interesadas en participar no evento da mañá dende o seu centro, deberán poñerse en contacto co centro cubrindo un formulario e recibindo logo unhas instrucións para a conexión no día. O evento durará aproximadamente 1 hora e media, até as 12:30. Pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, celebrarase unha xornada de portas abertas con actividades TIC divertidas para mozas e mozos de entre 10 a 14 anos: demostracións e obradoiros de impresión 3D, realidade virtual e aumentada, arte dixital, programación, robótica, e, por suposto, unha visita guiada ao corazón do CESGA, o supercomputador Finis Terrae 2. Para máis información, podemos consultar o Facebook de ICT Go Girls, o Twitter ou mesmo o Youtube.
Para esta actividade cóntase co apoio das seguintes entidades: Xunta de Galicia (GAIN, Secretaría de Igualdade, Consellería de Educación e AMTEGA), o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Educación, Oficina de Igualdade de Xénero, Woman Emprende), a Universidade da Coruña (Facultade de Informática) e GalsTech, o Grupo de mulleres interesadas en tecnoloxía de Galicia. O evento a nivel internacional vén da man da entidade International Telecommunications Union (ITU). O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é impulsor do proxecto europeo ICT-Go-Girls! (promoción do emprendemento das rapazas de Secundaria a través das TI) xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). A iniciativa diríxese ás rapazas dos primeiros anos de Secundaria para proporcionarlles unha imaxe “máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico” e lograr así unha maior presenza feminina no eido das TIC. Amais das ditas entidades, tamén ten colaborado nas actividades o Concello de Santiago, sumándose deste xeito a esta fronte común contra a fenda dixital de xénero.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación no Consello do contrato de xestión plurianual da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que disporá de máis de 500 millóns de euros ata 2021 para desenvolver 50 programas e responder aos fins estratéxicos entre os que destacan: reforzar a cohesión dixital da Administración; promover os servizos públicos dixitais; fomentar a capacitación dixital; promover a economía dixital; apoiar o crecemento do ecosistema dixital; garantir a dispoñibilidade dos servizos públicos dixitais; e aplicación de medidas instrumentais e de eficiencia.
O presidente da Xunta destacou que o reforzo da cohesión dixital da Administración afectará tanto ao funcionamento interno da Administración como á súa relación coa cidadanía.
En relación aos servizos públicos dixitais, sinalou que afectará a ámbitos como o comercio a empresa e a industria, a xustiza, a Administración ou o ámbito social. No tocante á xustiza, lembrou o compromiso de implantar un modelo de sala de vistas totalmente dixital; así como estender a sinatura dixital e o sistema de xestión de arquivos e obxectivos relacionados cos delitos ao 95% dos órganos xudiciais.
No eido da Administración, destacou a necesidade de mellorar a sede electrónica e poñer en marcha a carpeta do cidadán ou incrementar nun 60% a porcentaxe de accesos. E no ámbito social, consolidarase a Historia Social Única Electrónica, ademais de avanzar no modelo de Fogar Dixital.
Sobre o fomento da capacitación dixital, o titular da Xunta subliñou o compromiso de promover o talento no eido das TIC; avanzar no Plan de Inclusión Dixital; ou a extensión das redes de alta velocidade nos centros de ensino e da educación dixital, co obxectivo de chegar aos 20.000 alumnos.
Así mesmo, e para promover a economía dixital ofreceranse ferramentas dixitais ao sector turístico e mellorarase a rede de oficinas; poñeranse as TIC ao servizo da xestión dos arquivos, museos e o patrimonio; dixitalizaranse tamén os sectores primarios; e modernizarase o transporte por estrada, para facilitar o transporte baixo demanda.
Para apoiar o crecemento do ecosistema dixital, destacou o obxectivo de estender a banda larga, para que o 96% da poboación teña acceso a redes de 30 megas.
Garantir a dispoñibilidade e a seguridade dos servizos públicos dixitais, co desenvolvemento do Plan de Seguridade da Xunta; e implantar medidas instrumentais e de eficiencia, como a aprobación definitiva da Lei de Administración dixital, a consolidación da contratación centralizada, e a mellora das infraestruturas, sistemas e redes corporativas que dan servizo aos 3.000 centros da Administración autonómica, son outros obxectivos que se atopan dentro desta estratexia.
Quen queira creatividade e espírito argalleiro aplicado ás múltiples facianas do dixital, vaino ter en Ourense a primeira semana de maio, a conto da cuarta edición do evento Ourense ICC Week, organizado un ano máis pola Deputación de Ourense, desta volta co engadido extra (un engadido extra moi destacable) de poñer o foco nas importantes contribucións pasadas, presentes e futuras das mulleres á innovación, ao coñecemento avanzado e a todas as cousas que nos transforman para mellor e nos fan a vida máis doada e sustentable. As actividades previstas para os días comprendidos entre o 2 e o 5 de maio inclúen unha quedada informática, a ICC Technium R Encounter, e máis unha competición a gran escala de seareiros dos deportes dixitais, a ICC eSports.
Estas accións, abeiradas á etiqueta ICC Gamers, compleméntanse coa que ao noso parecer é a actividade estrela do programa: a xornada Unha viaxe cara a Sociedade do Coñecemento, prevista para o 4 de maio. Será, como dixemos antes, unha apaixonante viaxe ás importantes achegas das mulleres tech.
Volvendo a ICC Gamers, escaparate das últimas tendencias en videoxogos e deportes en liña, contará coa colaboración da Deputación de Ourense, a Universidade de Vigo, R euskaltel, a Federación Galega de Automobilismo e Mahou.
Indo ao miolo desta vertente de lecer dixital, a xuntanza ICC Technium R Encounter botará a andar o día 3 de maio ás 18 horas e rematará o 6 de maio á mesma hora, no Pavillón Universitario de Ourense. A edición 2018 da quedada informática terá catro grandes torneos: League Of Legends, Counter Strike Global Offensive, Hearthstone e Super Smash Bros Brawl. Haberá 4.000 euros en premios en torneos ou en outras actividades lúdicas dentro da party.
A xeito de curiosidade lembrar que na pasada edición, o moañés Aarón González Santomé, acadou un novo récord Guinness do xogo Final Fantasy 10, logo de permanecer 40 horas consecutivas competindo.
Volvendo ao apartado de xogos, este completarase coa devandita actividade ICC eSports, que tamén se celebrará no Pavillón Universitario de Ourense, o 5 de maio ás 10 horas até o 6 de maio ás 15 horas. Dentro desta celebración os torneos que se disputarán serán: FIFA 18, Clash Royale, e GT Sports. A entrada aos mesmos pode adquirirse estes días en Ticketea (podéndose acceder a ela a través da web www.technium.es). Neles poderán participar xente de fóra da ICC Technium R Encounter, así como as persoas da propia party.
Alén destas actividades ligadas ao lecer dixital, a Ourense ICC Week 2018 será moito máis. Haberá, de feito, achegamentos diversos ás novas tecnoloxías, ao humor, á música e mesmo premios para xestoras/es culturais de Galicia. En concreto, no que se refire aos novos sectores emerxentes e ás TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), o 4 de maio as mulleres tecnolóxicas serán as protagonistas da xornada coa actividade Unha viaxe cara a Sociedade do Coñecemento, que contará coa presenza de diversas expertas-profesionais do noso ámbito innovador. O cometido desta celebración será visualizar ao máximo o importante papel despregado polas nosas mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade, como por exemplo a realidade virtual, a realidade aumentada, o mundo do software, a chamada gamificación (aplicar en actividades da vida real metodoloxías propias dos videoxogos, estimulando a creatividade e a cooperación) ou a economía colaborativa.
Nesta xornada de mulleres tech, Sara Rodríguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro contarán de primeira man o que están a facer e mostrarán o que está por vir en materia de tecnoloxías e, por suposto, en materia de tecnoloxías impulsadas dende o ámbito feminino e con vontade de romper calquera fenda de xénero, incluídas as dixitais.
Por outra banda, na mesma xornada do 4 de maio o presidente da AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Nico Campos, falará das novas sobre o futuro dos contidos, os guións e a dirección, achegando as vivencias do sector da man da directora e escritora, Gracia Querejeta, autora de filmes tan destacables como A derradeira viaxe de Robert Rylands ou a máis recente Felices 140.
O vindeiro 12 de abril celébrase na Universidade de Santiago un evento destinado a pór de relevo a potencialidade dos programas e plataformas libres no ámbito da investigación. A Xornada de presentación de Software Libre para uso científico terá lugar na aula magna da Facultade de Matemáticas do Campus Vida, sendo o seu obxectivo concreto “compartir coñecementos e experiencias arredor do software libre” e máis presentar a versión 5.0 de EpiLinux. A cita vén da man da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e conta co apoio da axencia AMTEGA e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O acceso é libre, e a inscrición de balde, que pode realizarse en liña na ligazón específica habilitada por MeLiSA. O comezo da xornada está previsto para as 9.30 horas, coa intervención de Rafael Rodríguez Gayoso, que presentará as liñas de actividade da asociación e as vantaxes de contarmos e dispoñermos de licenzas libres. A continuación falarán María José Ginzo Villamayor (que afondará nas posibilidades do software matemático e estatístico, salientando os de meirande uso e potencial) e Miguel Ángel Rodríguez Muíños (que presentará a edición 5.0 de Epilinux, sistema operativo libre de gran rendemento, lixeireza e marxe de uso, baseado en GNU/Linux e orientado ao emprego de ferramentas de análise epidemiolóxica e bioestatística).
Segundo os últimos datos da OMS no mundo hai 253 millóns de persoas invidentes das cales 36 millóns son totalmente cegas. En España temos máis de 72.000 afiliados á ONCE dos cales o 19% sofre cegueira total. A tecnoloxía é unha poderosa ferramenta e tamén o é para estas persoas, con todo a mellor axuda seguen sendo opcións tan básicas como o can guía ou o bastón.
Para ofrecer unha solución máis avanzada chega Eyesynth, un proxecto 100% español con base en Castelló e cuxo produto pretende crear segundo as súas propias palabras "unha experiencia de sentido aumentado". O seu sistema consiste nunhas lentes que rexistran o espazo en tres dimensións, procésase a información e tradúcese en sons comprensibles para a persoa invidente.
O usuario recibe o audio desde as propias lentes e consegue facerse unha idea do que sucede e ten ao seu redor. Antonio Quesada, CEO de Eyesynth, explícanos o proxecto, a súa saída ao mercado este mesmo ano, as probas en usuarios potenciais e como foi o desenvolvemento destas lentes para invidentes.
Con catro anos ás súas costas, Eyesynth pretende axudar ao usuario invidente naqueles momentos onde un bastón ou o can guía non chega. Pero é importante sinalar que estas lentes non pretenden substituír o bastón, senón complementalo. En caso contrario ao cabo de oito horas, a súa duración da batería, o usuario quedaría sen axuda.
Como funcionan? Temos unhas lentes con dúas cámaras encima dos ollos que gravan o que se atopa diante. Esta información procésase nun miniordenador incorporado e tradúcese directamente en sons para a persoa. O sistema actualízase ata 60 veces por segundo e o tempo de resposta de quen utiliza as Eyesynth é suficiente como para reaccionar a tempo.
O son que se transmite á persoa cega ten diversas intensidades e vén desde varias direccións. Isto permite ao usuario saber se por exemplo hai alguén á dereita ou á esquerda, arriba ou abaixo ou se é máis grande ou pequeno. Ao principio estes sons parecen inintelixibles pero ao cabo dun tempo permite descubrir que se ten diante.
As Eyesynth pódense graduar en función de onde as vaiamos a utilizar. Se é para interiores transmitirá o que detecte a 0,7 metros, mentres que se se utilizan en exteriores o seu alcance é de dous ata 6 metros. Outro factor para configurar será a maneira en que viremos a cabeza. Estas lentes gravan o que apuntamos coa cabeza e para iso está o modo captura virando a cabeza ou panorámica no que o campo de 'visión' será máis amplo.
Que achega entón respecto ao bastón? Basicamente amplitude de visión. Os creadores de Eyesynth explícannos que coas súas lentes 3D pódense detectar obxectos que non están no chan como extintores e non só permite identificar formas e espazos, tamén medir a profundidade a unha distancia máis grande que non a obtida co bastón.
O son das Eyesynth transmítese a través de condución ósea. Unha tecnoloxía utilizada por múltiples auriculares e dispositivos nos que o son se transmite a través dos ósos da cabeza. Isto ten varias vantaxes, por unha banda evita a fatiga do oído e por outro permite á persoa seguir escoitando o que pasa ao seu redor. Vital para as persoas cegas.
A información que recibe a persoa invidente é constante, aínda que se pode silenciar ou apagar se así se desexa. O audio que se escoita é como un siseo envolvente que vai cambiando de dirección e intensidade. Ao principio é moi abstracto xa que non se utilizan palabras pero o cerebro acaba por interpretar e entendelo ao cabo dun tempo.
Tivemos a oportunidade de probalo e si que é difícil de definir. A idea é que a través de sons créase como unha envoltura da contorna e se por exemplo alguén pasa preto noso á dereita, o son que percibimos desde esa zona magnifícase. Tamén puidemos ver como a taxa de refresco é suficiente como para que alguén camiñe diante noso e o detectemos, aínda que sexa por un par de segundos.
Dependendo da habilidade de cada usuario e o que se esforce en tentar comprender o sistema, apréndese entre unhas horas ou un par de días. Antonio Quesada explícanos que se realizaron tests tanto en nenos como en persoas maiores e funciona mellor, que non exclusivamente, en persoas cegas de nacemento máis afeitas orientarse co oído.
As lentes 3D de Eyesynth non son precisamente pequenas e minimalistas, pero si teñen un toque de deseño moderno que as afasta dos produtos ortopédicos clásicos. Son como unha lentes de sol ao uso con dúas pequenas lentes de apertura f/1.8, 3,6mm e campo de visión de 76 graos. Contan con sensores infravermellos para captar a imaxe, un procesador de dobre núcleo e unha matriz de portas programables no interior que é a responsable de aplicar os cálculos e algoritmos que logo se traducen en sons.
A montura das súas lentes foi deseñada por Marcelo Alegre de Alegre Design e están fabricadas en aluminio, plástico e acetato. O dispositivo que probamos non era o prototipo final, pero si é certo que esa sensación de 'gadget' existía.
Eyesynth busca afastarse do estilo habitual nos produtos para invidentes. En palabras de Antonio Quesada: "Nós vendemos tecnoloxía para cegos. Non hai un estándar de mobilidade e en Eyesynth buscamos un gran deseño, con boa calidade de materiais. Buscamos o oposto ao ortopédico."
Eyesynth dispón dun equipo dunhas quince persoas e gran parte do traballo realízano desde o Centro Europeo de Empresas Innovadoras (CEEI) de Castelló da Plana, na Comunidade Valenciana. Alí recibiron ademais o apoio da ONCE de Castelló e colaborando co Hospital Nisa Rei Don Jaime.
Precisamente no hospital de Castelló é onde participaron nos estudos do neurólogo Antonio Belenguer. O investigador foi un alicerce nas probas das lentes con usuarios reais e as conclusións é que o seu uso estimula a cortiza visual.
Os beneficios destas lentes 3D para invidentes parecen bastante claros pero non son os únicos en desenvolver un produto deste tipo. Outros centros como o 'Center for Research and Advanced Studies (CINVESTAV) en México teñen solucións similares pero baseadas en ultrasons. Traballos que evolucionaron independentemente e en paralelo aínda que desde Eyesynth explícannos que apostaron máis pola vertente comercial de cara ao usuario final e non unicamente quedar en prototipos para laboratorio.
Ata chegar a ter un prototipo viable que poñer á venda fixeron falta varios anos de desenvolvemento e procura de financiamento. Como calquera startup que desexa medrar optaron por diversos métodos, sendo un deles o crowdfunding. A finais de 2015 tentaron conseguir 100.000 euros en KickStarter pero quedaron moi lonxe do obxectivo.
Non o tomaron como un non definitivo e seguiron traballando ata que o ano pasado foron elixidos no proxecto Horizon2020 Fase II, o maior programa de innovación da Unión Europea e unha via de financiamento suficiente para finalizar o prototipo e empezar a comercializalo. Despois do impulso da Unión Europea, Eyesynth está a captar a atención do sector como así o mostra a súa inclusión nos Startup Europe Awards 2017. Eyesynth foi elixida xunto a outras 17 startups españolas nestes premios promovidos pola Comisión Europea e a Fundación Finnova.
Eyesynth atópase en fase de produción e xa están dispoñibles para reservar. O seu prezo oficial son 2.420 euros pero os cen primeiros usuarios poden conseguilas por 1.695 euros cunha reserva inicial de 499 euros que será descontado no momento de recibilas. Setembro de 2018 é a data fixada para o envío das primeiras unidades aos clientes.
Unha fase inicial con varios atrasos e dificultades pero na que esperan atopar persoas invidentes que se animen a probar estas lentes que permiten "visión a través do oído". Unha startup española que ofrece un produto diferente, con moito traballo de investigación e desenvolvemento detrás e enfocado a un sector concreto onde a tecnoloxía pode representar un verdadeiro salto na vida destas persoas.
Onte pola tarde comezou na Cidade da Cultura a terceira edición do coworking de Santiago na que os promotores de 22 proxectos de emprendemento recibirán formación e asesoramento personalizado durante cinco meses. Como nas pasadas edicións, os emprendedores desenvolverán actividades empresariais centradas nas industrias culturais e educativas ou baseadas nas TIC.
Esta aceleradora de proxectos empresariais forma parte da rede de espazos coworking creados pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), co obxecto de favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, e contribuír á posta en marcha e consolidación de novas iniciativas emprendedoras.
Nas anteriores edicións do coworking de Santiago foron 44 os proxectos desenvolvidos na aceleradora. Ademais de recibir asesoramento a medida sobre a posta en marcha das empresas, os emprendedores da edición que agora comeza terán a oportunidade de coñecer polo miúdo os instrumentos de apoio dos que disporán para a consolidación dos seus proxectos empresariais unha vez rematado o seu período formativo.
Nos próximos días darán comezo tamén as accións de formación e asesoramento nos espazos coworking de Ferrolterra, Ribeira Sacra, Mariña lucense, Costa da Morte, e Celanova e Terras da Limia, aos que asistirán os emprendedores que promoven en conxunto 130 novos proxectos empresariais. Mentres tanto, está a punto de rematar a primeira edición dos coworking habilitados en San Cibrao das Viñas, centrado no sector forestal-madeira, e en Vilanova de Arousa, para iniciativas de alimentación e turismo; en cada un destes espazos desenvolveronse unha vintena de proxectos empresariais.
Ademais desta iniciativa formativa e de asesoramento, a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon a disposición dos emprendedores, a través do Igape, servizos como a Rede Galega de Mentores, e instrumentos de apoio que inclúen axudas directas a través de programas como Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende, os novos préstamos directos habilitados polo Igapea través dos Instrumentos Financeiros Innovadores, ou o financiamento a través de fondos de capital Risco como o Galicia Iniciativas Emprendedoras que coordina Xesgalicia.
A bolsa HISPASAT "Muller Enxeñeira" pretende fomentar a presenza do talento feminino no ámbito tecnolóxico e contribuír así tanto ao desenvolvemento profesional das mulleres nestes estudos como ao aumento do número de mulleres no sector espacial.