O Centro Cívico Monelos da Coruña, en colaboración con ACLAD (Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga), vai organizar os vindeiros días unha actividade divulgativa para mozas e mozos de entre 11 e 13 anos que busca capacitalas/os para inculcar usos racionais e seguros das novas tecnoloxías da información. O Taller de prevención e abordaxe de adicións dixitais desenvolverase os días 23 e 25 de abril ás 16.30 horas, no devandito local social. A actividade, que é de balde, xorde como resposta aos crecentes datos que alertan sobre o emprego non axeitado das novas ferramentas e as súas consecuencias.
Farase, polo tanto, especial fincapé nos colectivos máis vulnerables (os menores) e nos principais problemas derivados do mal uso das TIC (acceso a contidos inadecuados, cesión de datos persoais, suplantación de identidade, ciberacoso, ciberchantaxes, etc). Dende ACLAD e o CCM sinalan que “é preciso establecer estratexias tanto de tipo preventivo como asistencial que aborden as devanditas consecuencias”. O taller tamén tocará temas como o uso-abuso-dependencia de TIC, a privacidade, a identidade dixital e a reputación en liña, o ciberacoso escolar, as prácticas do sexting e o grooming, a xestión da información e o acceso a contidos apropiados.
Coas xornadas CyberCoruña preténdese achegar a todos os actores do sector, así como dar a coñecer a aposta da UDC por unha formación e investigación aplicada en ciberseguridade que vai experimentar nos inmediatos anos unha eclosión de oportunidades de emprego, negocio e emprendemento. CyberCoruña ofrecerá nestas xornadas a visión dos principais actores no ámbito da ciberseguridade a nivel europeo en canto a formación, investigación e recursos humanos altamente cualificados, así como as oportunidades de desenvolvemento e innovación nos programas europeos máis competitivos.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co operador Orange como aliado dixital do Plan de Inclusión, e coa Escola de Organización Industrial (EOI), organiza o próximo día 3 abril a xornada de presentación do programa "Sé+Digital”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia a través de videoconferencia a 11 aulas CeMIT en horario de 12.30 a 13.30 horas.
“Sé+Digital”, un programa para mellorar profesionalmente
“Sé+Digital” é un curso online gratuíto de 6 semanas de duración que ofrece a oportunidade de profundar nalgúns dos conceptos presentados na anterior edición “Sé Digital” cun enfoque máis práctico e orientado ao día a día dos cidadáns e os seus negocios.
Este programa inclúe vídeos explicativos e testemuños sinxelos, accesibles a través dunha plataforma de teleformación. Os contidos, de 20 horas de duración, ofrecen a empresarios e emprendedores as ferramentas dispoñibles para mellorar a súa actividade profesional e as aplicacións da tecnoloxía para dixitalizar e desenvolver os seus negocios desde os seus municipios. Ao final do programa os participantes poden obter un certificado da EOI.
Desde o seu lanzamento en 2016, “Sé Digital” formou a máis de 7.500 alumnos de toda España, co apoio de institucións e corporacións local e finalizou en febreiro de 2018. Agora, “Sé+Digital” consolida e amplía os conceptos do emprendemento dixital, sen ser necesario realizar o curso anterior para participar.
Inscrición
As persoas interesadas en seguir esta xornada poden acercarse á aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela, inscribíndose previamente, ou ben a calquera das aulas CeMIT das seguintes localidades, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia dita xornada e así poder evitar desprazamentos innecesarios: Bande, Beariz, Carballedo, Cuntis, Fisterra, Marín, O Vicedo, Oroso, Ortigueira, Santa Comba e Valga.
Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliad@s Dixitais
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
Esta estratexia estase a desenvolver grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital. Actualmente o Plan de Inclusión Dixital conta con preto de 800 aliados dixitais, entre os que se inclúe a Orange, a cal ven colaborando coa Xunta de Galicia dende 2017 como aliado dixital.
Orange
Como mecenas e aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital, Orange traballa para fomentar a transformación do tecido empresarial dos concellos e localidades, co fin de lograr unha rápida e efectiva adaptación destas poboacións e os seus habitantes aos retos que expón a nova economía dixital global.
Ademais, Orange colabora como aliado dixital realizando actividades dixitais dirixidas a persoas maiores, coa iniciativa “Ao lado dos nosos maiores”, dando formación sobre o manexo dos teléfonos móbiles e trabletas, e tamén para mozos e mozas co programa de “SuperProgramadores” co obxecto de sensibilizalos e inicialos na programación dun xeito lúdico.
Os videoxogos e as competicións de e-sports serán temas fundamentais de debate, análise e demostracións na cuarta edición da Ourense ICC Week, levada a cabo pola Deputación de Ourense. O encontro, celebrado do 2 ao 5 de maio, contará con novidades como un novo apartado, a ICC Gamers, que inclúe dúas actividades: a ICC Technium R Encounter e a ICC eSports. O apartado ICC Gamers xorde da colaboración entre a Deputación de Ourense, a Universidade de Vigo, R euskaltel, a Federación Galega de Automobilismo e Mahou.
Indo ao miolo, a xuntanza ICC Technium R Encounter botará a andar o día 3 de maio ás 18 horas e rematará o 6 de maio á mesma hora, no Pavillón Universitario de Ourense. O pre-rexistro dará comezo o día 28 de marzo e a inscrición á party será o 30 de marzo, sendo a elección de sitios o día 7 de abril. A entrada ten un custe de 25 euros, contando cunha inscrición de balde aos torneos da ICC Technium R Encounter, acceso a todo o recinto e ás actividades da party. Engadir que tanto o rexistro como a inscrición poderán realizarse a través da páxina www.technium.es. Cómpre dicir que desta volta a quedada informática terá catro grandes torneos: League Of Legends, Counter Strike Global Offensive, Hearthstone e Super Smash Bros Brawl, que se celebrarán ao longo deste evento. Haberá 4.000 euros en premios en torneos ou en outras actividades lúdicas dentro da party.
A xeito de curiosidade lembrar que na pasada edición do ICC Technium, o moañés Aarón González Santomé, acadou un novo récord Guinness do xogo Final Fantasy 10, logo de permanecer 40 horas consecutivas competindo.
Volvendo ao apartado de xogos, este completarase coa ICC eSports, que tamén se celebrará no Pavillón Universitario de Ourense, o 5 de maio ás 10 horas até o 6 de maio ás 15 horas. Dentro desta celebración os torneos que se disputarán serán: FIFA 18, Clash Royale, e GT Sports. A entrada aos mesmos poderá adquirirse nas vindeiras semanas en Ticketea (podéndose acceder a ela a través da web). Neles poderán participar xente de fóra da ICC Technium R Encounter, así como as persoas da propia party.
En canto ao torneo de Clash Royale, dividirase en dúas modalidades: o torneo Profesional invitacional por equipos no que se darán cita os mellores clubs a nivel nacional (Valencia CF Esports, Giants, Movistar Riders, Teamqueso, Artic Gaming ou Team Heretics) e no que se repartirán máis de 4.000 euros en premios. O torneo de FIFA 18, no que participarán 128 persoas, ten un custe de entrada de 5 euros e os premios serán para o primeiro clasificado unha PlayStation 4, para o segundo clasificado un mando de PlayStation 4, e para o terceiro clasificado unha tarxeta PSN de 20 euros. No torneo de GT Sports poderán participar 32 persoas, e os premios deste torneo serán un Thrustmaster T-GT para o primeiro, unha tarxeta PSN de 50 euros para o segundo, e unha tarxeta PSN de 20 euros para o terceiro.
Este novo adianto de programación da Ourense ICC Week 2018 complementa as propostas presentadas até o de agora, que aglutinan novas tecnoloxías, humor, músico e incluso premios para xestores culturais de Galicia. En concreto, no que se refire aos novos sectores emerxentes e ás TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), o 4 de maio as mulleres tecnolóxicas serán as protagonistas da xornada, facendo fincapé no epígrafe da actividade (Unha viaxe cara a Sociedade do Coñecemento), na participación das profesionais Sara Rodríguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro, e tamén no cometido da xornada: visualizar ao máximo o importante papel despregado polas nosas mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade, como por exemplo a realidade virtual, a realidade aumentada, o mundo do software, a chamada gamificación (aplicar en actividades da vida real metodoloxías propias dos videoxogos, estimulando a creatividade e a cooperación) ou a economía colaborativa.
Os nosos novos investigadores están a facer ruído a nivel galego, estatal e, tamén europeo. Por exemplo os responsables do proxecto gañador do certame Galiciencia (impulsado pola Tecnópole), dirixido a espertar vocacións científicas e tecnolóxicas a través dunha gran feira de achados, un completo programa de obradoiros, campamentos e exhibicións e un concurso para premiar os mellores proxectos. Pois, ben, segundo puidemos saber, o equipo responsable do proxecto gañador da última edición de Galiciencia representará a España na meirande feira científica de Europa. A chave para acadar este pase foi a súa vitoria en Exporecerca.
A orixe do éxito deste proxecto hai que rastrexala en 2017, cando se impulso no certame Galiciencia 2017 e logo, gracias ao dito recoñecemento, participou en Exporecerca 2018 representando ao Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Agora, Carlos Fole, Jaime Alonso, Miguel Herranz e Mateo Martínez, do Colexio Montecastelo de Vigo, volven de Catalunya co primeiro premio da que sería, en palabras da Tecnópole, a feira científica máis relevante de España.
Cal é o seguinte paso? Pois, o vindeiro mes de xullo, Carlos, Jaime, Miguel e Mateo representarán a España no certame europeo Expo-Science Europe, que se celebrará na cidade polaca de Gdynia. O seu enxeño, a razón dos seus éxitos e recoñecemento, é unha tecnoloxía cun gran compoñente medio ambiental e de responsabilidade co medio mariño. Trátase dun dispositivo para salvar vidas de golfiños varados que, ademais, inclúe unha aplicación móbil para facer comunidade de usuarios-colaboradores arredor de proxecto e permitir que calquera persoa poida fotografar unha manda de golfiños na costa ou mesmo un varamento e enviar a imaxe cos datos de situación. As vantaxes disto son claras e evidentes: amais de salvar a vida de moitos golfiños, trázanse mapas de tránsito de arroaces nas nosas costas e contribúese a limitar o tráfico marítimo en contornas concretas.
Segundo explica a Tecnópole, o dispositivo salvavidas de golfiños varados tivo un papel moi destacado entre os 112 traballos presentados en Exporecerca, 42 deles procedentes de Brasil, China, México, Paraguai, Bélxica e Turquía. Ademais do primeiro premio, os estudantes fixéronse co accésit ao mellor proxecto na categoría ciencia en sociedade. O enxeño, bautizado co nome de SISEDE (Sistema de Seguimento de Delfíns), inclúe a programación dun hidrófono para ser mergullado no mar e, mediante a captación do son que emiten os golfiños, facer seguimento dos cetáceos e emitir alertas á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e ao 112 cando se detecte que entran en zonas de perigo de varamento.
Máximo recoñecemento dos participantes
Ademais, a alumna de Aulas Tecnópole Iria Ollero logrou que o seu proxecto fose votado como o preferido polos participantes na devandita feira celebrada en Catalunya. O seu Baby safety levou o recoñecemento máximo outorgado polos seus compañeiros e, ao mesmo tempo, rivais no certame. O sofisticado dispositivo foi concibido nas Aulas Tecnópole e consiste nun enxeño múltiple para a prevención da morte súbita dos lactantes. A partir dos parámetros indicados polos pediatras, deseñou catro dispositivos que permiten controlar os factores de maior risco. Dous deles fan seguimento da posición do bebé no berce mediante uns sensores de presión e unha cámara de IR, outro controla de xeito simultáneo a temperatura da habitación e do bebé e un cuarto sistema consiste nun body que mide as pulsacións do lactante mentres dorme. Cando algún dos sensores rexistra unha situación de risco, actívase unha alarma sonora que avisa aos pais de xeito inmediato.
Ademais, Laura Costas e Inés Castro, do Colexio Alborada de Vigo, levaron un terceiro premio na Exporecerca co mesmo proxecto que fora recoñecido como o máis innovador na Galiciencia 2017. Trátase dun invernadoiro con autorrego de auga de mar, con forma de piscina cuberta.
Mouse4all, unha solución de accesibilidade que permite utilizar unha tableta ou teléfono Android sen tocar a pantalla para facilitar o acceso a Internet, redes sociais, xogos ou calquera outra aplicación a persoas con mobilidade reducida, converteuse no proxecto gañador da IV Edición do Premio G5 Innova.
José Ángel Jiménez Vadillo, un dos enxeñeiros e creadores desta startup, recolleu o galardón: 6.000 euros cos que poder impulsar o seu proxecto.
Mouse4all está formado por unha caixa de conexións e unha app Android que se pode utilizar cun ou dous pulsadores, un rato de bóla ou unha panca destinado a persoas con discapacidade física que teñan dificultade para utilizar unha pantalla táctil: parálise cerebral, lesión medular, tetraplejia, esclerose múltiple, ELA ou enfermidade neuromuscular.
Calquera persoa que conte cun mínimo de mobilidade que lle permita accionar un pulsador con algunha parte do seu corpo, poderá traducir esa pulsación a accións de movemento en pantalla: desprazar, pulsar, arrastrar... Trátase de aumentar a privacidade e autonomía das persoas con discapacidade física, permitíndolles estar conectados cos seus amigos e familia.
O Madrid Internacional Lab do Concello de Madrid acolleu a entrega do Premio G5 Innova, onde os tres finalistas, Rithmi, Farmidable e Mouse4all presentaron mediante un elevator pitch de sete minutos os seus proxectos ante o xurado, composto por Víctor Molero, director académico de ISDI; José María Palomares, director de Comunicación, Relacións Institucionais e Responsabilidade Corporativa de Laureate International Universities en España e Portugal; Macarena Franco, conselleira técnica da Oficina de Innovación Social, Concello de Madrid; Miguel Ángel Valero, director do Ceapat, Imserso; Rafael Pérez, team manager en F-Iniciativas; Emiliano Díez, membro investigador do Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO); José Luís López, CEO de Insulclock, gañador da terceira edición dos Premios G5 innova; Estrela Martín, subdirectora xeral de Emprendedores e Pemes na Dirección Xeral de Comercio e Emprendimiento da área de Goberno de Equidade, Dereitos Sociais e Emprego do Concello de Madrid; Tomás Merín, expresidente de Grupo 5; Arancha Blanco, técnico contable de Grupo 5 e membro do Grupo G5 innova da devandita empresa, e Guillermo Bell, presidente executivo de Grupo 5, quen entregou o premio ao gañador.
Mouse4all impúxose sobre Rithmi, un dispositivo wearable non invasivo e de uso estendido, encargado de rexistrar os datos e detectar arritmias en tempo real, e Farmidable, un modelo de consumo e comercio responsable e sustentable no que as tres partes involucradas intégranse de forma colaborativa para que todos gañen.
Promover o deporte inclusivo, eliminar barreiras, traballar sen límites e promover a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade no día a día. É o que se busca conseguir, aos poucos, coa inclusión de innovacións tecnolóxicas nun mundo cada vez máis hiperconectado e en continuo crecemento.
Cada vez estase estendendo máis o coñecemento do uso de tecnoloxías que vaian máis aló, que cumpran unha función social e que xeren un cambio de paradigma mentres apostan pola inclusión. A transformación dixital tamén abre un novo debate sobre o uso dos eSports e o desenvolvemento de habilidades no ámbito educativo e laboral das persoas con discapacidade. Cales son as oportunidades de lecer e crecemento persoal desta parte social? Está a sociedade totalmente concienciada sobre a necesidade de facilitar e promover o uso tecnolóxico a persoas con discapacidade?
No ámbito dos eSports, o desenvolvemento axuda a xerar novas prácticas que permiten que todas as persoas que queiran formar parte da esfera deportiva e dos videoxogos, poidan facelo sen ningún impedimento. Os eSports, que xa teñen uns 300 millóns de practicantes en todo o mundo serán, no 2020, o dez por cento de todo o deporte global. Por tanto, non se pode obviar a necesidade de inclusión de persoas con algún tipo de discapacidade nos deportes electrónicos.
O uso de solucións e ferramentas das Tecnoloxías da Información e a Comunicación é un factor primordial á hora de continuar con avances que fagan posible a eliminación total de barreiras mintas achegan coñecemento, experiencias e aprendizaxe. Unha oportunidade aberta ao mundo propia da transformación dixital, aínda que non todo depende da propia existencia das Tecnoloxías senón doutras oportunidades que faciliten o seu uso e aplicación ademais de espazos onde as persoas poidan gozar dos xogos electrónicos e outro tipo de conexións que lles permitan conectar con outros xogadores tanto física como virtualmente.
A necesidade dos eSports, videoxogos e máis innovacións dixitais ao servizo das persoas con capacidade xa é un feito, aínda que xa existen oportunidades e proxectos que levan a tecnoloxía a este sector da sociedade. Contámosche algúns exemplos e características destas innovacións:
A Comunidade "conectados pola accesibilidade" da Fundación Vodafone leva a cabo proxectos en busca dunha transformación dixital accesible que axude ás persoas con discapacidade e xere unha comunidade que achegue a todos os seus usuarios en varios espazos. Esta iniciativa ofrece formación para utilizar as redes sociais, códigos QR, teléfonos intelixentes ou inclusión de tablets nas aulas educativas.
Esta compañía axuda a persoas con trastornos neurolóxicos progresivos, enfermidades da neurona motora, parálise cerebral e en conxunto, a todas as persoas afectadas por limitacións de comunicación sobrevinda a comunicarse facilmente en contornas educativas, laborais e persoais e realizar outras funcións como apagar e acender a televisión ou abrir a porta de forma autónoma.
Trátase da liga de eSports para xordos que nace en Brasil e convértese na primeira competición de deportes online para persoas con capacidade auditiva nos que os micrófonos non existen.
A Overwatch League é a primeira liga mundial de eSports que reúne a miles de persoas cada ano nos seus eventos presenciais xa conseguiu contratar a máis persoal para interpretar mediante linguaxe de signos as partidas para os espectadores xordos que no estadio do Blizzard Area nos Angeles.
Este sistema foi deseñado por un equipo de investigadores do grupo de Aplicacións Multimedia e Acústica (GAMMA) do Centro de Investigación en Tecnoloxías do Software e Sistemas para a Sustentabilidade (CITSEM- UPM) para utilizar videoxogos mediante movementos corporais que axude á rehabilitación física cun obxectivo claro: poder o xogo ás capacidades dedicado a diferentes tipos de público.
Aínda quedan moitas barreiras por eliminar, hai que expandir a innovación a máis sectores da poboación e xerar unha conciencia social ata o punto no que a eliminación de barreiras poida ser, ao cento por cento, unha realidade incuestionable. En todo este panorama forman parte os investimentos en innovación e a necesidade de atención do mundo académico que poida permitir estudar solucións para persoas maiores, nenos e adolescentes con calquera tipo de discapacidade ou enfermidade para que poidan ser tratados con igualdade.
Tanto no ámbito da aplicación das novas tecnoloxías como na esfera específica dos eSports, aínda quedan por cubrir moitas necesidades como infraestruturas que permitan aos usuarios con discapacidade crecer nun espazo compartido e aberto ao xogo e á integración ou a conciencia social que incentive tanto a cidadáns como institucións, empresas, fundacións ou universidades a crear eventos, charlas, seminarios, encontros lúdicos e formación a profesionais e voluntarios.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar, a través do Igape, a concesión de axudas á formación no ámbito da Industria 4.0, das que se beneficiarán 745 técnicos e cadros intermedios de empresas que poderán dar resposta, así, aos novos perfís profesionais que precisan.
Ás axudas á formación 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, ascenden a 363.735 euros, segundo a resolución que acaba de publicarse no DOG, e cobren o 70% do custo. Con estes apoios poranse en marcha cursos en todo o territorio galego para facilitar a formación especializada do persoal técnico nas empresas, chave necesaria para consolidar e acelerar os avances na competitividade do tecido produtivo galego.
Os proxectos formativos abranguen once sectores produtivos: alimentación, audiovisual, editorial, automoción, innovación aeroespacial, madeira, construción, TIC, metalurxia, electricidade e conserveiro. Organizados polos clústeres e asociacións empresariais na súa maioría, así como por colexios profesionais, suporán unha mobilización de preto de 525.000 euros co fin de adaptar a cualificación dos traballadores das pemes galegas ás novas necesidades das empresas.
Na anterior convocatoria desenvolvéronse, entre outros, cursos formativos sobre tecnoloxías como a sensórica e as súas aplicacións para drons; a transformación dixital das empresas; a automatización e a internet das cousas, ou as tecnoloxías 3D para a Industria 4.0.
A adaptación dos perfís profesionais aos cambios tecnolóxicos é un reto fundamental recollido pola Xunta nas accións da Axenda Industria 4.0, que se está a desenvolver desde 2015. Ademais das axudas á formación, a Axenda incorpora ata 60 medidas de financiamento e fomento da innovación tecnolóxica, das que se beneficiaron 4200 empresas durante os anos 2015 e 2016. Para o segundo plan bienal (2017-2018), a dotación orzamentaria asignada é de 175 millóns de euros.
"Actualmente xa o temos en 15 linguas diferentes e a nosa base de datos xa ten máis dun millón de códigos que axudan a distinguir produtos e lecturas que unha vez que o sensor da cámara determina, outorga ao usuario un resultado que axuda para a súa interpretación", sinala para Forbes, Eliav Rodman, director de márketing de OrCam Technologies.
O dispositivo conta cunha base de datos de miles de códigos de barras de produtos, billetes de diñeiro e cores. Ademais almacénalle ao usuario ata 150 dos seus produtos favoritos (como artigos de supermercado, produtos de farmacia e cartóns de crédito) e anúnciallos ao instante mediante unha etiqueta na súa propia voz, o que lle permite realizar as súas compras con independencia, publicou Forbes.
O desenvolvemento actívase cun sinxelo toque (apuntando co dedo ou pulsando un só botón) co que lle permite acceder en tempo real á información de xornais, libros, pantallas de computadoras e de smartphones, o menú dos restaurantes, as etiquetas dos produtos do supermercado e os sinais que ven pola rúa. "Calculamos que no mundo hai preto de 300 millóns de persoas con este tipo de problema e con base nisto pensamos que dispositivos como este poden ser de grande axuda para este mercado", detalla Rodman.
O directivo detalla que toda a plataforma, os algoritmos e software utilizado polo dispositivo é desenvolvido desde o seu cuartel en Israel. Actualmente xa conta con 10 mil usuarios e espera que no transcurso deste ano chegue a máis países, incluído México.
Sobre a usabilidade deste produto
Eliav Rodman di que ten unha vida útil de 6 a 7 anos e unha durabilidade de carga media dunha hora e media. "Agora o que queremos é comezar a traballar en hospitais, por suposto que en México xa estamos en tratos con algúns", conta. Hai uns días OrCam Technologies anunciou a aprobación do dispositivo de tecnoloxía de asistencia MyEye de OrCam por parte do Departamento de Rehabilitación de California (DOR). A aprobación de OrCam MyEye polo Departamento de Rehabilitación de California permite aos residentes cegos e deficientes visuais que participan ou buscan oportunidades educativas e de emprego para solicitar un dispositivo totalmente financiado.
Ligazón á noticia na web: diario.mx.
A plataforma de Turismo Accesible TUR4all, desenvolvida por PREDIF en colaboración coa Fundación Vodafone España, gañou o segundo premio e a mención especial á accesibilidade do "IV Certame Premios Innova eVIA" (Plataforma Tecnolóxica Española de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente), na Categoría Innova PROXECTO, dedicada a aqueles produtos ou servizos innovadores desenvolvidos no seo de proxectos de I+D+i en cooperación, xa nunha fase avanzada de execución e desenvolvemento cun piloto ou prototipo do mesmo, dentro da área de TIC-Saúde, Vida Activa e Independente.
A xornada, organizada por AMETIC, APTE e a Universidade Carlos III de Madrid e patrocinada pola Fundación ONCE e a Cruz Vermella coa colaboración de Google, Innolabs e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, dedicouse aos gañadores e finalistas e a todo o tecido de pemes innovadoras en xeral dentro do sector das TIC aplicadas á Saúde e a Vida Activa e Independente.
Na apertura do evento participaron José Manuel Sánchez, catedrático de Tecnoloxía Electrónica e director científico do Centro para a Discapacidade e a Dependencia da UC3M; David Zanoletti, xefe do Departamento de Tecnoloxía Accesible e I+D da Fundación ONCE; Carlos Capataz, director de Servizos Tecnolóxicos Dixitais da Cruz Vermella Española, e José Luís Vilumbrales, vicepresidente de APTE.
Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, tivo lugar o "pitch elevator" dos candidatos aos tres premios de cada categoría do certame, categoría Innova PEME e categoría Innova PROXECTO, quen dispuxo de 3 minutos para presentar cada proxecto. Por parte de PREDIF, a persoa que realizou o "pitch elevator" foi Isidro Martín, técnico de accesibilidade.
Por último, tivo lugar a cerimonia de entrega de premios, que foi conducida pola secretaría eVIA. Representantes da Fundación ONCE e da Cruz Vermella entregaron os trofeos aos gañadores, sendo o primeiro premio para Showleap, tecnoloxía para traducir de LSE a voz, e o terceiro para GoAll, aplicación da UCIII de Madrid para persoas xordocegas. O presidente de PREDIF, Francisco Sardón, foi o encargado de recoller os premios outorgados a TUR4all.
Actividades complementarias
A xornada comezou coa presentación do proxecto Orientatech "Avaliando a túa tecnoloxía" a cargo de Ana Peñalver, directora de Proxectos de Innovación da Fundación TECSOS.
Paralelamente, os participantes da xornada puideron visitar a exposición de finalistas IV Certame Premios Innova eVIA, un espazo patrocinado polo proxecto europeo Innolabs.
Previamente á entrega de premios desenvolveuse a mesa redonda "Impulsa a túa actividade innovadora", moderada por José Tomás Romeu, xefe do Departamento de Innovación de AMETIC, na que participaron Eduardo García de la Santa, director da oficina de Madrid de INCOTEC; Noelia Escobar, coordinadora de Activos Intanxibles e Relacións Institucionais de INCOTEC; Roberto Giménez, representante do proxecto "Innolabs" de EUROB CREATIVE; Francisco Javier Manzano, analista de investimentos TIC de CAIXA CAPITAL RISC; e Myriam Martín, Head of Project Management de TICBioMed.
Tamén se celebraron outras actividades, como a sesión plenaria onde diferentes expertos e promotores presentaron iniciativas de diferente natureza, todas elas enfocadas ao soporte de "start-ups" e pemes no sector eVIA, sobre oportunidades de financiamento de ideas e proxectos, aceleradoras de "start-ups" ou dinamizadores de espazos de innovación.
Para finalizar, os asistentes dispuxeron dunha zona de entrevistas bilaterais para poder ser asesorados por expertos que participaron na sesión plenaria da xornada.
Podes descargarte a solución aquí: http://www.fundacionvodafone.es/app/tur4all-0
Máis en información: www.tur4all.com