O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai organizar no evento Mundos Digitales un obradoiro xuvenil para introducir á rapazada no deseño de contidos creativos. Trátase do tallerCreación de personaxes. Do deseño 2D ao modelado 3D, que será impartido polos creadores de produtos tan salientables e exitosos como a longametraxe de animación Tadeo Jones. Mundos Digitales, para quen non o saiba, celébrase os días 5 e 6 de xullo na Coruña, en PALEXCO. Será, unha vez máis, unha cita ineludible para todos os profesionais e seareiros da animación e dos efectos visuais, non só galegos e españois, senón tamén de toda a contorna internacional.
O obradoiro que vén de presentar o CPEIG celebrarase en colaboración coa axencia AMTEGA, ao abeiro do programa TechKids. Segundo informan as dúas entidades, grazas a esta actividade formativa e divulgativa, os máis pequenos aprenderán a crear un personaxe desde o seu deseño na fase de concept art até o seu modelado en 3D. Ademais, “coñecerán os trucos precisos para enfrontarse aos puntos clave do proceso, como son a anatomía, dimensións, proporcións, sensacións que debe transmitir, así como a ambientación e historia do personaxe”.
O taller, de seis horas de duración, está destinado a rapazas e rapaces de 14 a 18 anos. Para participar, deben enviar un debuxo dun monstro e un neno ou nena. Os 15 mellores deseños serán seleccionados para tomar parte activa no obradoiro, que é de balde. Segundo informa o CPEIG, aceptaranse deseños de personaxes realizados con calquera técnica artística e materiais (lapis de cores, rotuladores, pastel, témperas, colaxe, etc.) e en calquera formato ou soporte (papel, cartón, dixital, etc.).
O prazo de presentación de deseños finaliza o vindeiro 14 de xuño. O xurado (composto por un representante do CPEIG, un membro de AMTEGA e un representante de Mundos Dixitais) valorará a creatividade, estilo, imaxinación, personalidade e expresión. Os finalistas daranse a coñecer a partir do 18 xuño 2018. Para máis información, cómpre visitar a web do certame coruñés, máis polo miúdo o apartado de actividades.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou esta mañá que a aplicación de técnicas de Big Data permitirá pasar “dun modelo de Administración reactiva, que actúa baixo a demanda dos cidadáns a unha Administración proactiva, que se adianta ás súas necesidades en base á información que dispón deles”. A responsable autonómica inaugurou esta mañá o Foro sobre Big Data, organizado por El Correo Gallego en Santiago de Compostela.
A máxima responsable da política tecnolóxica da Xunta afirmou que o seguinte paso no proceso de dixitalización da Administración será o aproveitamento da capacidade de análise que ofrece o Big Data que “levará un tempo” xa que “queda camiño por percorrer”. Pereira destaca a Xunta estase a avanzar na integración de técnicas de Big Data no ámbito da saúde e do turismo.
Así mesmo, a directora da Amtega fixo fincapé na importancia de contemplar a aplicación de solucións de Big Data baixo os principios de proporcionalidade e privacidade. Tras a entrada en vigor do Real Decreto de Protección de Datos –recordou Pereira– son os cidadáns os que deciden que queren saber deles e con que fins.
Por outra banda, a directora da Axencia autonómica destacou a capacidade do sector tecnolóxico galego e animou aos empresarios a localizar talento e retos na Comunidade para favorecer a consolidación dun tecido tecnolóxico forte, un obxectivo compartido pola Administración autonómica e recollido na súa Axenda Dixital de Galicia 2020.
Tendencias tecnolóxicas e aplicacións noutros sectores
O Foro de El Correo Gallego reunía a empresas do sector tecnolóxico con diferentes liñas de actuación no eido do Big Data e a empresas doutros sectores e representantes do sector público que están a aplicar solucións de análise de datos nos seus negocios ou iniciativas. O relatorio inaugural recaeu en Andrés García-Rodeja, director do CEIN-Analytics de DXC Tecnology en Santiago de Compostela.
Tras esta intervención, a primeira das mesas abordou as novidades en torno ao Big Data e as novas solucións que están desenvolver empresas como Torusware, representada polo seu director xeral e cofundador, Guillermo López; PUE, de cuxos proxectos falou o seu business director, Roberto López; Bahía Software, cuxo director de Negocio en Saúde, José Ramón Varela, expuxo as principais liñas de actuación; Plexus, representada pola manager directora Data Tecnologies, Granada Giménez; e Televés, de cuxas iniciativas falou o seu director de I+D+i, Sebastián Pantoja. A mesa estivo moderada polo profesor do Máster de Big Data da USC, Eduardo Sánchez Vila.
Na segunda mesa da mañá expuxéronse diferentes aplicacións do Big Data no sector público e empresarial coa intervención do subdirector xeral de Sistemas da Información do Sergas, Benigno Rosón; o director xeral de Información, Procesos e Operacións de Abanca, José Manuel Valiño; e o director técnico de Martín Códax, Miguel Tubío. O profesor de Dereito Constitucional e director do Centro de Estudos de Seguridade da USC, José Julio Fernández, foi o encargado de moderar a mesa.
Durante o pasado ano, no marco desta comunidade, desenvolvéronse 22 proxectos de transformación dixital nos que a tecnoloxía se pon ao servizo das persoas con discapacidade e persoas maiores para facilitar a accesibilidade de distintos servizos ou aspectos sociais.
No encontro presentaranse os oito proxectos finalistas e un xurado, do que forma parte Tecnobility, elixirá o gañador desta edición.
Entre os proxectos finalistas hai algúns dedicados a facilitar a accesibilidade dos servizos sociais, outros para fomentar o exercicio físico ou, mesmo, para axudar a vestirse a persoas con parálise cerebral.
Tamén hai proxectos centrados no turismo accesible, na procura de emprego, na rehabilitación e na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.
A comunidade "Conectados pola accesibilidade" confórmana Plena Inclusión, Down España, a Orde Hospitalaria de San Juan de Deus, Fedace, Confederación Aspace, Hospital Vall D'Hebron e a Fundación Vodafone España.
Sen dúbida trátase dunha grandísima noticia xa que facilitará o uso destes dispositivos que trasladan ao braille a información textual da pantalla do computador, permitindo o seu uso a persoas cegas.
O novo estándar supoñerá un mellora da calidade de vida destas persoas que poderán utilizar a súa liña braille en calquera computador, facilitando tamén outros aspectos como o da empregabilidade.
Para lograr este obxectivo foi necesario o traballo conxunto das grandes compañías do sector, como Microsoft, Google ou Apple, que desenvolveron o estándar de Deseño de Interface Humana (HID- Human Interface Design) para as liñas ou pantallas braille.
O establecemento deste estándar tamén terá outros beneficios para as persoas con discapacidade visual, como unha diminución dos custos de comercialización e unha maior dispoñibilidade de dispositivos.
O desenvolvemento do HID é unha mostra dos enormes beneficios para a sociedade que ten o traballo conxunto das grandes empresas tecnolóxicas.
Voluntarios de Indra unha das principais compañías globais de tecnoloxía e consultoría, participaron durante o mes de maio, xunto a usuarios e traballadores da Fundación Xoán XXIII Roncalli, no programa 'coNN.TTigo', unha iniciativa de voluntariado inclusivo, pioneira e innovadora que persegue a procura de solucións tecnolóxicas para mellorar a vida das persoas con discapacidade intelectual.
Profesionais da compañía traballaron no deseño de aplicacións, presentadas na sede da Fundación Juan XXII Roncalli, dirixidas a tres ámbitos diferentes: vida en comunidade, que expón o desenvolvemento dunha ferramenta de apoio á autonomía no fogar e na comunidade para persoas con discapacidade intelectual; accesibilidade cognitiva, que grazas á creación dunha interface sinxela permite acceder á información que se necesite (urls, mapas web, audios, planos ou textos con tradución a audios) a través de códigos QR, e almacenar a dita información a modo de biblioteca de recursos; e o servizo de produtos ecolóxicos, unha aplicación capaz de brindar un rexistro que permita a traza de todos os cultivos, a súa manipulación e a entrega ao cliente final de forma automática.
Este traballo realizouse en tres fases diferentes; inicialmente, a través da lectura de informes e documentación para establecer unha primeira toma de contacto teórica; en segundo lugar, procedeuse á inmersión cognitiva dos voluntarios de Indra cunha experiencia real e directa coas persoas con discapacidade e, en terceiro lugar, a través do 'coworking' e o 'desing thinking'.
"Para Indra, foi moi importante participar neste programa de voluntariado, xa que nos axuda a sensibilizar aos nosos profesionais e a achegalos a outra realidade, á vez que lles permite desenvolver competencias e capacidades como traballo en equipo, creatividade ou comunicación. Ademais, este tipo de iniciativas contribúen a crear orgullo de pertenza e, sobre todo, permítennos contribuír á sociedade achegando solucións tecnolóxicas, que é o que mellor sabemos facer", sinalou Natalia Gómez Esteban, responsable de Acción Social de Indra.
Segundo os voluntarios da compañía, a experiencia levounos a valorar a importancia da autonomía persoal dos usuarios da Fundación Xoán XXIII Roncalli. "Partindo da necesidade de reducir a fenda dixital e as barreiras tecnolóxicas que atopa este colectivo conseguimos, á súa vez, estimular a participación de todos, educar con valores e atender necesidades específicas e puntuais que requiren do apoio de todos", explicarón os voluntarios de Indra participantes no proxecto.
Esta acción de voluntariado permite a Indra facer partícipes aos seus profesionais da necesidade de ofrecer solucións para mellorar a vida das persoas vulnerables e desfavorecidas, converténdoas en protagonistas. Neste sentido, tratouse dun traballo colaborativo entre os traballadores da Fundación e os voluntarios de Indra, tendo como foco principal ás persoas con discapacidade. "Isto supón un enorme valor engadido, xa que se parte desde unha necesidade social coa inclusión efectiva como meta".
A app 100Thanks e Welever asinaron un acordo de colaboración cuxo obxectivo é promover accións de voluntariado que estean ligadas ao uso da tecnoloxía como ferramenta integradora que facilita a posta en marcha de iniciativas de carácter social que achegan un valor á sociedade, segundo informaron ambos os impulsores.
Desta forma, unha das accións previstas será o establecemento de conexións directas entre as súas webs que permitirá aos usuarios de Welever, unha vez finalizada a acción social na que participaron, dar as grazas pola experiencia vivida a través da plataforma de 100Thanks, cunha ligazón habilitada para tal fin.
Pola súa banda, os usuarios de 100Thanks poderán animarse a transformar o seu agradecemento en accións que melloren a vida doutras persoas cun link que lles conducirá á web de Welever, na que poderán consultar proxectos de voluntariados nos que estean interesados en participar.
100Thanks, o proxecto creado en 2015 co obxectivo de promover a gratitude mediante unha web, habilitou unha aplicación móbil (dispoñible en IOS e Android) que permite aos usuarios dar as grazas a calquera persoa. O agradecemento chégalle ao destinatario cunha mensaxe personalizada e en forma de diploma, mediante un mail, redes sociais ou whatsapp, que tamén pode compartir nestas ferramentas.
Unha vez que se enviou o agradecemento, este é situado nun mapa do mundo no que se vai construíndo unha cadea de "thanks" en tempo real e acumúlanse quilómetros percorridos con eses agradecementos e número dos mesmos. Deste xeito, a rede expándese e ramifica aos poucos.
Desde 2015, a plataforma rexistrou en envío de agradecementos a máis de 50 países e recibiu visitas desde 191. Así mesmo, embaixadores e responsables de 100Thanks presentaron o proxecto en 16 países e deron máis de 100 charlas para promover este movemento, cuxos agradecementos percorreron xa máis de 15.000.000 de quilómetros.
Pola súa banda, Welever é un movemento baseado nunha plataforma dixital (web app) para a xestión e reporting automático de voluntariado e acción social que proporciona a entidades e individuos unha panca para cambiar o mundo, para multiplicarse coa colaboración doutras persoas e institucións, para conseguir facer dos barrios, cidades e países, un lugar mellor onde vivir.
A app Welever permite aos individuos participar de forma sinxela en iniciativas de voluntariado organizadas polos axentes sociais, así como propoñer as súas propias accións solidarias e chamar á colaboración cidadá para mellorar a calidade de vida na súa contorna máis próxima.
A Confederación Española de Organizacións de Maiores - CEOMA e a Fundación Vodafone España renovan o seu acordo de colaboración despois dos resultados obtidos durante os cinco últimos exercicios -que foron realmente satisfactorios- nos que se formou a máis de 23.000 maiores de máis de 60 anos a través do Proxecto Campus Sénior Tecnoloxía. A V edición finalizou cunha grande aceptación por parte do público maior, superando os obxectivos expostos e formando a 5.900 persoas maiores.
Por todo o exposto, CEOMA e a Fundación Vodafone España volven a unir sinerxias de colaboración a través da firma do convenio, subscrito por parte do Presidente de CEOMA, D. Anxo S. Quesada Lucas, e o Director Xeral da FVE, Santiago Moreno Fernández. O devandito convenio, ten como obxectivo seguir integrando ás persoas maiores en accións formativas do uso das TIC para xeneralizar o coñecemento das tecnoloxías, especialmente no uso dos dispositivos avanzados.
A posta en marcha da VI edición de CAMPUS SÉNIOR comprende desde maio deste ano ata febreiro do ano 2019: talleres prácticos de formación presencial repartidos pola xeografía española e á súa vez retransmitidos por internet en formación 'on live e a posterior gravación dos mesmos en vídeo para que a través de www.campusenior.es as persoas maiores poidan realizalos cando consideren. Tamén, nas accións formativas telepresenciais realizaranse talleres en modalidade webinar. Ademais, ampliaranse igualmente os contidos, na área de 'aplicacións interesantes', para que os maiores aprendan a descargarse nos seus Smartphone dunha forma rápida e sinxela, estas aplicacións accesibles, por exemplo 'Medicamento Accesible Plus'. Así mesmo, os maiores contarán cos cursos de "Tabletas e teléfonos intelixentes", vídeos formativos sobre o uso dos Smartphone, WhatsApp, Facebook de FVE.
Grazas a Campus Sénior Tecnoloxía asimilar os contidos cada día supón unha dificultade menor para os maiores, debido aos conceptos e terminoloxías que se manexan e cos que cada vez se van familiarizando mellor.
Campus Sénior Tecnoloxía ofrece un espazo de aprendizaxe, onde se tratan temáticas do interese dos maiores, co obxectivo de axudalos a desenvolver e mellorar os seus coñecementos dixitais e con iso poder ampliar o seu círculo de relacións persoais. www.campusenior.es
Finalmente Galicia Open Future, a plataforma galega de crowdworking de Telefónica, resolveu o seu certame de desafíos tecnolóxicos, os Retos Industria 4.0. Foron, como lembraremos, unha serie de probas convocadas ao abeiro da cuarta edición de GOF, convocadas pola operadora e a Xunta co fin de facer abrollar respostas concretas das nosas empresas innovadoras a necesidades concretas propostas por dúas empresas do noso tecido produtivo: FINSA e Grupo Nova Pescanova. As firmas gañadoras dos retos resultaron ser Deicom Technologies, para a proposta de Nova Pescanova, e Conexiona (iPlace), para o desafío achegado por FINSA.
O anuncio fíxose hoxe nun acto en San Caetano (Santiago) no que participaron o conselleiro de Economía, Francisco Conde; o director xeral do Territorio Norte de Telefónica, Javier Zorrilla; o conselleiro delegado de FINSA, José Carballo; e o director de Acuicultura de Nova Pescanova, Rafael Prieto. Pola banda das empresas gañadoras asistiron José Antonio Losas, director de Tecnoloxía de Conexiona, e Adriana Vázquez, directora executiva (CEO) de Deicom Technologies.
Segundo informou Telefónica, presentáronse ao certame finalmente dúas ducias de empresas, PEME, startups ou organizacións por cada un dos dous retos lanzados en febreiro pasado. Ao reto da madereira presentáronse 16 procedentes de distintos recantos de Galicia, 4 de España e 3 procedentes de Chile, Portugal e México. Ao reto de Nova Pescanova presentáronse 15 procedentes de Galicia, 5 do resto de España e tres de Alemaña, Portugal e Venezuela.
A proposta de FINSA consistiu en acadar unha tecnoloxía para xestionar e actuar sobre os elementos de sensórica de taboleiros e outros produtos de madeira instalados no fogar. Conexiona, entre outros produtos, desenvolveu a plataforma IOT iPlace, que actualmente se vende nos mercados europeo e latinoamericano.
Pola súa banda, o reto proposto por Nova Pescanova, e gañado por Deicom Technologies, perseguía dispor dun modelo de análise de predición para coñecer o comportamento do lagostino criado en piscifactorías e facer máis eficiente a súa cría. Deicom Technologies é unha empresa nova que fornece tecnoloxía e servizos de enxeñaría en proxectos de alicerce tecnolóxico, desde prototipos hardware ata algoritmos de información a gran escala e intelixencia nos negocios. Deicom Technologies, para que non o saiba, tamén é unha firma galega e participou, de feito, na primeira edición de Galicia Open Future.
Á parte dos gañadores, elixíronse tres finalistas por cada un dos retos. No de Nova Pescanova resultaron finalistas a alianza entre Biostatechh e Torus, Gradiant e Gamco. No caso de FINSA, Deicom Itelsis e Vizibles.
Os gañadores terán unha axuda da Axencia Galega de Innovación (GAIN) de 20.000 euros para a posta en marcha do proxecto piloto. Ademais, tanto o gañador como o tres finalistas poderán acceder a un programa de aceleración dentro do ecosistema Open Future_ de Telefónica, e recibirán ademais un patrocinio de 10.000 euros, achegado por GAIN, como “recoñecemento ao seu esforzo innovador”. Transcorrido o tempo de aceleración, seleccionarase ao mellor dos tres finalistas, que poderá recibir unha axuda adicional de até 10.000 euros achegada pola axencia AMTEGA.
Amais das achegas económicas directas, XesGalicia concederá aos gañadores un préstamo participativo, ata un máximo de 100.000 euros. Ademais, poderá conceder aos finalistas un préstamo participativo de até 50.000 euros.
Máis de 150 expertos e representantes ONG reuníronse en Madrid para analizar como aproveitar a innovación social dixital no Terceiro Sector nas III Xornadas "O Terceiro Sector e a Contorna Dixital", organizadas pola Fundación Mutua Madrileña. O encontro, estruturado ao redor de dúas mesas redondas, Como realizar unha comunicación innovadora na contorna dixital? e Como aproveitar as canles dixitais para a innovación socia?, contou coa experiencia de varias entidades e expertos na materia, que explicaron os seus casos de éxito máis recentes.
Os panelistas ofreceron algunhas claves para aproveitar as vantaxes da contorna dixital e lograr os obxectivos de comunicar, sensibilizar e captar fondos: contar unha historia, dar voz aos seus protagonistas, estar atentos ás novas ferramentas e tendencias, dedicar tempo e recursos, positivar o ton e a mensaxe, basearse nunha estratexia con creatividade, naturalidade e sinxeleza e apelar ás emocións sen sensacionalismos. Os expertos coinciden na crecente importancia do móbil como canle de comunicación e a necesidade de adecuar as campañas a este formato.
Por outra banda, as redes sociais perfílanse como unha plataforma de gran alcance e impacto. Segundo o estudo de Redes Sociais en España publicado por IAB en 2017, o 87% dos internautas en España de entre 16-55 anos teñen un perfil en redes sociais, o que representa máis de 15 millóns de persoas. Instagram é a canle que máis creceu no último ano, aínda que WhatssApp segue sendo o máis utilizado cunha media de 5 horas á semana. "Incrementouse un 40% o uso de smartphones e tablets nos últimos anos", destacou Lorenzo Cooklin, director xeral da Fundación Mutua Madrileña.
Na primeira mesa redonda, Como realizar unha comunicación innovadora na contorna dixital?, Juan Bodas, Head of New Media da axencia Tribal, expuxo as claves para unha comunicación innovadora e low cost na contorna dixital. "O segredo é contar unha historia e aproveitar a tecnoloxía que nos ofrece a contorna dixital, integrarnos de maneira nativa nas estratexias de comunicación. Para poder contar historias a idea é o máis importante, moito máis que o orzamento".
Beatriz Prieto, directora de Comunicación e Relacións Institucionais de Down España, analizou o obxectivo e desenvolvemento de campaña online #auténticos realizada con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down. "As asociacións down fomos das primeiras en perder o medo para mostrar ás persoas con discapacidade para demostrar ao mundo do que son capaces. Nós xa non falamos por eles".
Na mesa tamén se analizaron as innovadoras campañas dixitais Homeslessfonts e Homelesscommons da man de Marta Pulgar, responsable de Comunicación de Fundación Arrels, entidade dedicada á atención de persoas sen fogar en Barcelona. "Hoxe podemos crear novas fórmulas para captar fondos. Hai que recorrer á transformación social, ser disruptivos e dar voz aos protagonistas das historias. As ferramentas dixitais ábrennos un mundo de oportunidades para dirixirnos a un colectivo cheo de prexuízos".
Francisco Sierra, director de Contidos Multimedia de Atresmedia, analizou as claves para conseguir unha comunicación de impacto na contorna dixital. "As grandes ideas son as máis sinxelas e as máis naturais, son as que logran un verdadeiro impacto emocional. Unha historia ha de ser honesta e emotiva sen chegar a ser sensacionalista. Afortunadamente as contornas dixitais dan cabida a campañas que pasan desapercibidas nos medios convencionais onde o tempo é máis reducido".
Na segunda mesa, "Como aproveitar as canles dixitais para a innovación social?", o responsable de captación online de UNICEF, Enrique García, repasou a importancia das TIC na cooperación e as emerxencias expoñendo o exitoso caso de U-Report, unha iniciativa global que conta con millóns de persoas implicadas en todo o mundo: "Nun só día a información de Unicef chega a 75.000 persoas de todo o mundo a tempo real, ese é o grao de impacto que logramos con este tipo de plataformas".
Raquel Nuñez, responsable de Márketing en Social Coin, explicou como evolucionou "a moeda das accións positivas", un movemento de cadeas de favores desinteresados que na actualidade deu pé ao desenvolvemento dunha plataforma que identifica as preocupacións sociais máis relevantes mediante intelixencia artificial. "Creamos unha plataforma de colaboración cidadá, a través de intelixencia artificial vimos como recompilar a información e activar ás persoas cun sistema de puntos. Escoitamos ás persoas desde diferentes fontes, recollemos os datos grazas ás ferramentas de analítica, categorizamos toda a información e extraemos o que é máis relevante".
Outro exemplo da importancia da innovación social dixital no ámbito da discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, é a app relativa ás convocatorias de emprego público para persoas con discapacidade. Fermín Núñez, responsable de Comunicación de Plena Inclusión, explicou as peculiaridades desta iniciativa que conta co apoio da Fundación Mutua Madrileña: Desenvolvemos unha app para que as persoas con discapacidade poidan acceder a postos da administración pública, axudándolles a acceder ao proceso de acceso ás oposicións. A innovación social pode achegar moito aos colectivos con discapacidade. O reto fundamental é saber captar esas necesidades".
Yolanda Rueda, presidenta da Fundación Cibervoluntarios, afondou no uso da tecnoloxía para paliar as fendas salariais e xerar innovación social mediante o exemplo de plataformas como empodera.org. "A innovación social está no empoderamiento cidadán, en como o uso da tecnoloxía pode mellorar a túa calidade de vida. Entre os principais retos está cambiar a mentalidade, aglutinar a voz dos cidadáns e buscar alianzas dentro do Terceiro Sector".
Trala súa retrasmisión en streaming, o vídeo completo das xornadas está xa dispoñible na Canle de YouTube de Mutua Madrileña e na web da Fundación Mutua.