O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o programa de axudas para impulsar en 340 pemes, micropemes e autónomos a igualdade laboral, a conciliación da vida laboral, persoal e familiar e a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) con axudas que poden chegar ata os 12.000 euros por empresa. O Goberno galego, no seu obxectivo de garantir a saúde e benestar dos traballadores e traballadoras, reforza este programa de apoios incrementando o seu orzamento en preto dun 61% con respecto a 2017, ata chegar aos 1,3M€. O prazo de solicitude ábrese mañá e rematará o próximo 28 de xuño.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca con esta actuación fomentar a RSE, a igualdade de xénero no ámbito laboral, a corresponsabilidade e a conciliación dos traballadores e traballadoras en equilibrio coas necesidades organizativas da empresa. As compañías que avogan por unha xestión baseada en comportamentos responsables son máis competitivas e desenvolven produtos e servizos de maior valor, o que tamén repercute na cidadanía.
A iniciativa establece tres liñas de axudas. Para a implantación da RSE apoiarase a obtención de certificacións ou de informes de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares neste ámbito financiando o 80% dos custos do proceso de certificación ou verificación, cun máximo de 3.000 euros por empresa.
Así mesmo, apoiarase o proceso para a elaboración e implantación de plans de igualdade co 80% dos custes cun máximo de 3000 euros por compañía. Este ano, como novidade, financiarase o proceso para poñer en marcha este tipo de plans. O pasado ano estas axudas dirixíanse ás compañías que certificaban que dispoñían destes proxectos.
En terceiro lugar, para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, establécense incentivos para o fomento do teletraballo e flexibilidade horaria con axudas de 3000 euros por persoa traballadora beneficiada con límite máximo de 12.000 euros por empresa. Este incentivo incrementarase en 1000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, polo menos, igual que a masculina.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén dispón de axudas para a adquisición de elementos tecnolóxicos que faciliten o teletraballo, financiándose ata o 80% do investimento co tope de 1500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 5000 euros por empresa. A intensidade desta axuda verase incrementada nun 10% para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.
Para o Goberno galego é na actualidade unha prioridade difundir os valores da RSE entre o tecido produtivo, axudando ás empresas a crecer e gañar en competitividade.
Neste ámbito, a Xunta conta con outras ferramentas e programas para a divulgación da RSE como Xeración Responsable, para inculcar entre a mocidade a importancia que ten no día a día a integración de comportamentos socialmente responsables, ou Responsabilízate, de asesoría personalizada ás pemes. Sobre este último proxecto, a Xunta celebra este xoves 31 de maio en Santiago o I Encontro das empresas participantes na primeira edición deste programa.
O obxectivo do acto, que terá lugar ao longo da mañá, no Hotel Puerta del Camino, é presentar os resultados das actividades que se levaron a cabo a través desta iniciativa e difundir algunhas das boas prácticas en materia de RSE recollidas dentro do mesmo. Tratarase dunha xornada participativa e dinámica, tanto en canto un grupo de empresas participantes exporán as súas experiencias e actuacións en materia de RSE.
Así mesmo, contarase coa presenza do director da Fundación Más Familia, Roberto Martínez, que exporá a súa visión sobre a RSE como elemento clave para a competitividade empresarial.
Un total de 127 pemes galegas participaron na primeira fase do programa Responsabilízate a través da cal, co acompañamento dun titor, as empresas puideron diagnosticar o seu estado de avance na RSE e recibiron formación na materia. Un total de 103 pasaron á segunda fase que se centrou na elaboración e implantación do plan de acción da RSE.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, pechará a xornada expoñendo as diversas iniciativas postas en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a RSE e fará entrega do certificado de participación ás empresas participantes na primeira edición do proxecto.
Galicia é pioneira a nivel nacional na aposta pola RSE para acadar un verdadeiro emprego estable e de calidade. De feito, foi en 2012 unha das primeiras comunidades en poñer en marcha un plan específico de RSE.
'Tecnobility' ofrece todas as súas noticias en versión de 'lectura fácil', un método de redacción dos textos que se utiliza para facilitar a comprensión das informacións por parte das persoas con discapacidade cognitiva, segundo deu a coñecer o medio de comunicación 'online'.
Deste xeito, os visitantes da páxina web atoparán en todas as novas informacións un rectángulo azul debaixo do encabezado da noticia no que se le 'Lectura Fácil'. Así, se se pica no recadro despregarase un novo campo no que aparece un resumo da noticia escrito en Lectura Fácil.
Para a redacción destes resumos en lectura fácil, o equipo de Tecnobility formouse seguindo as recomendacións de Inclusion Europe, que é a Asociación Europea de Persoas con Discapacidade e as súas Familias.
O portal de noticias 'Tecnobility' iniciou a súa andaina o 25 de maio de 2017 co foco posto na información global especializada en tecnoloxía co obxectivo de "axudar aos 4 millóns de persoas con discapacidade que hai en España e os case 9 millóns de persoas maiores a acceder á tecnoloxía que poida supoñer unha verdadeira mellora da súa calidade de vida".
"Se os avances tecnolóxicos e os novos dispositivos e aplicacións son importantes para calquera persoa, os seus beneficios multiplícanse exponencialmente no caso das persoas con discapacidade e as persoas maiores, xa que poden supoñer un cambio radical nas súas condicións de vida e na súa autonomía", argumentaba a compañía.
'Tecnobility' é un portal de noticias que ofrece información actualizada dunha forma sinxela e accesible. O contido inclúe noticias de actualidade, reportaxes con vídeos, análises de dispositivos e guías de uso para facilitar o acceso das persoas con discapacidade e maiores a todas as utilidades e axudas de accesibilidade.
A páxina web é accesible para persoas con calquera tipo de discapacidade xa que foi deseñada por Ilunion, que achegou o seu coñecemento e experiencia no desenvolvemento de páxinas accesibles e sustentables, e cumpre cun nivel de conformidade Dobre A en función das pautas WCAG.
A web está dividida en seccións, sendo as máis relevantes as dedicadas a Discapacidade e a Maiores. Así mesmo, inclúe dúas seccións moi especiais: por unha banda Tecnobility Kids, que está centrada en xoguetes adaptados e dispositivos e aplicacións pensadas para nenos con discapacidade; e, por outro, Tecnobility Life, que é o portal sobre Internet das cousas (IoT), smart cities e domótica.
O pasado sábado aproveitouse a celebración de ExpOtaku no recinto de EXPOCoruña, edificio no que tamén está a sede da European Business Factory (EBF), para presentar oficialmente o Mestrado en Creación de Videoxogos que botará a andar a finais de ano e que durante 500 horas buscará formar aos participantes no proceso de creación de videoxogos dende un enfoque humanístico, ou sexa, que incidirán máis nos labores creativos que na aprendizaxe de ferramentas técnicas.
Para afondar neste mestrado, o seu coordinador, Adrián Suárez Mouriño, autor do libro Sobre Marioque o vindeiro xoves presentarase na libraría Arenas da Coruña, fixo un repaso da súa estrutura e insistiu no feito de que buscan formar un equipo que principalmente teña paixón polos videoxogos e que poida destinar grandes esforzos ao mestrado profesional que non só estará composto por 500 horas de formación, senón que tamén precisará de traballo por parte dos alumnos para conseguir superar os obxectivos establecidos para así poder desenvolver un digno traballo de fin de mestrado.
Suárez convidou aos asistentes a manifestar o seu interese por esta iniciativa formativa, destacando que conta con interesantes bolsas para que os cartos non sexan un grande atranco para conseguir a formación precisa para poder dar o salto profesional ao que xa é o principal sector cultural en volume de negocio.
Este mestrado desenvolverase en xornadas de venres (de 16:00 a 21:00 horas) e sábado (de 9:00 a 14:00 horas), e pese a estar aínda iniciando a súa promoción, xa conta cun bo volume de persoas interesadas en participar no mesmo, dado o atractivo que ten o sector dos videoxogos de cara a unha proxección profesional.
As novas tecnoloxías están a provocar que a sociedade estea nun cambio constante. Isto non é novo, por iso Rahaf Harfoush, @rahafharfoush en Twitter, cre necesario ir máis aló e non só observar as ferramentas, os seus funcionamento ou complexidades. "En todo este frenesí, esquecémonos de ver como estas tecnoloxías están a introducirnos nunha nova realidade persoal e profesional". Un novo escenario no que o talento "é a área que está a experimentar unha maior disrupción". Extraemos da conferencia desta antropóloga as tendencias que están a influír niso:
1. ABUNDANCIA DE DATOS
Pasamos dunha escaseza inicial á existencia de gran número de datos. A sociedade está a verse excedida e naceu unha nova alarma social: a presión por manternos ao día, con fluxos de nova información que nunca cesan, está a provocar ansiedade nos traballos. Segundo unha enquisa realizada hai uns anos, o 91% dos empregados descartan información sen lela completa, o 62% dixo que a calidade do traballo reséntese e o 52% que estaban desmoralizados porque non podían manterse ao día de toda a información que necesitaban para facer ben o seu traballo.
Os datos non pairan, pero isto non significa que os nosos cerebros teñan que seguir ese ritmo. Moitas empresas teñen esta presión e queren que os seus traballadores estean ao día de todo e non pode ser. Debemos crear políticas e mellores prácticas que proporcionen ao talento o tempo e o espazo necesarios para pensar. Isto é algo que xa está a pasar porque, por exemplo, en xaneiro, en Francia, aprobouse a Lei de Desconexión, que dá dereito a estar desconectado, ir a casa e non recibir correos do traballo.
2. ZEN INFORMATIVO
Estamos a vivir un cambio filosófico moi profundo: o paso dunha organización do coñecemento a unha organización da aprendizaxe. As organizacións que están a navegar nestas augas con éxito saben que agora a aprendizaxe débese priorizar e gratificar. O problema é que aínda existen moitas empresas que non dan o tempo aos seus empregados para aprender, senón que esperan a que eles o atopen dalgún modo e o convertan en parte das súas responsabilidades. Para fomentalo, ofrécenlles compensacións financeiras económicas.
Suponse que agora como líder debes sabelo todo, ter todas as respostas e experiencia. Pero non pode ser. Os líderes teñen que desenvolver unha especie de "Zen informativo": entender que non podes sabelo todo e que iso non é un problema.
3. NECESIDADE DE ESTÍMULO DIXITAL
Os ecosistemas de información que xeran as novas tecnoloxías teñen un pacto cognitivo coa nosa forma de usar os dispositivos. Cada notificación no móbil estimula o cerebro e libera dopamina, que son hormonas do pracer. Isto provoca que cada día esteamos a adestrarnos para que nos guste a idea de mirar constantemente o teléfono. Unha acción que afecta directamente á nosa capacidade para concentrarnos e pensar durante períodos de longos de tempo.
4. INTELIXENCIA ARTIFICIAL
Vai perturbar todas as partes das empresas: márketing, ciberseguridade e operacións, financiamento, relacións cos clientes, contratación "Todos os traballos van verse influídos pola Intelixencia Artificial, especialmente se nos centramos no talento. Xa existen ferramentas que se utilizan para crear mellores descricións dos postos de traballo, excluíndo os rumbos, por exemplo. A Intelixencia Artificial tamén está a modificar a forma de entrevistar as persoas, xestionar a experiencia do candidato, a contratación do novo talento, a formación."
5. O RELATIVISMO DIXITAL E AS DESVANTAXES DA PERSONALIZACIÓN
Damos tanta información sobre nós mesmos, que as empresas nos crean produtos e servizos adaptados. Pero estamos a chegar a un estado de compracencia da información importante, no que só vemos información deseñada para nós, de persoas que son como nós, que teñen as nosas mesmas crenzas" Isto é algo moi perigoso porque estamos a provocar que a obxectividade sexa cada vez menos importante.
Agora, a nosa dieta informativa é un recurso estratéxico. É máis importante que nunca ser moi deliberado á hora elixir a información. Nas empresas débese empezar a practicar a "Serendipia intencional", que consiste en celebrar reunións onde se asegure que se crean unións entre persoas que nunca chegarían a traballar xuntas, créase unha mestura moi diversa con xente de diversos departamentos para garantir que haxa ideas frescas e perspectivas novas.
6. ADN DIXITAL
Continuamente estamos a poñer os nosos valores na tecnoloxía que utilizamos. Se pensamos en algoritmos, hai moitas persoas que insisten en que é unha forma de tomar decisións obxectivas, porque non se lles pode subornar, non se cansan, non se esgotan, procesan moita información moi rápido e fan cousas dunha forma que nós non podemos. Pero a realidade é que vimos que os seres humanos están a aplicar os seus propios rumbos na tecnoloxía e debemos ter moito coidado. Non podemos programalos para que pensen e tomen decisións como nós.
A aula de informática do Centro Cultural da Guarda, incluída na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), vai organizar este mes de xuño media ducia de obradoiros para introducir á veciñanza no uso do computador e máis no funcionamento e vantaxes principais de estaren en Internet (navegar, obter información, comunicarse por correo electrónico, etc).
As clases comezarán a partir do día 1 e están dirixidas a preparar aos asistentes nas seguintes cuestións: na adquisición de coñecementos básicos para o uso dos computadores (con 12 horas de formación) nos teléfonos intelixentes (4 horas), no emprego do navegador (6 horas), na xestión e utilidades de Internet (7 horas), no o correo electrónico (6 horas) e no procesador de textos (6 horas). As persoas interesadas poderán inscribirse de balde no centro cultural, no propio consistorio da Guarda ou na páxina web da rede CeMIT até o 29 de maio. Os horarios de cada un dos cursos poden consultarse tamén na web do Concello, onde se sinala que a partir do 15 de xuño, os obradoiros comezarán a impartirse de maneira exclusiva en quenda de mañá.
A ciberseguridade é un problema que nos atinxe a todas e todos. Para atallala e obter respostas de utilidade, non hai dúbida de que unha resposta primeira e inapelable é o subministro de profesionais cualificadas/os e con coñecementos avanzados na materia ás empresas, organismos e entidades públicas da nosa contorna e de máis alá. Esta é unha das razóns de ser do Máster en Ciberseguridade que se presentou a semana pasada e que a partir do vindeiro curso 2018-2019 impartirán as universidades de Vigo e A Coruña.
En palabras de Ana Fernández Vilas e Carlos Dafonte, docentes e coordinadores do máster, o obxectivo é adestrar profesionais ben formados nas técnicas, procesos e aplicacións da ciberseguridade e da protección da información. Ao rematar o mestrado, terán capacidade para dar forma a sistemas seguros de datos. A iniciativa conta coa participación dos centros AtllantTIC (Universidade de Vigo) e CITIC (Universidade da Coruña). O programa, que ofrecerá 40 prazas, 20 por cada unha das dúas sedes, foi dado a coñecer ao detalle no salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, nun acto que comezou coas intervencións do reitor en funcións da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e da vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente da Universidade de A Coruña, Nancy Vázquez.
Segundo fixeron saber, o mestrado consta de 90 créditos ECTS, divididos en tres semestres, cun primeiro ano de clases presenciais, a elixir entre as sedes de A Coruña e Vigo e un último semestre con prácticas en empresas e un traballo final. “A ciberseguridade non é unha disciplina soamente técnica, senón que combina análise, xestión organizativa e manexo de situación, é un eido de coñecemento en construción, polo que existen moitas posibilidades de desenvolver proxectos e retos profesionais en colaboración dentro de empresas de campos moi distintos”, explican os coordinadores da actividade formativa, salientando “a modernidade, a amplitude e o equilibrio do programa de estudos do mestrado”.
Segundo fan saber, a ciberseguridade debe ser percibida publicamente “como un elemento básico, pero feble das tecnoloxías da información, e require unha información especializada tanto no aspecto técnico como no de xestión”. Co catedrático de AtlantTIC Fernando Pérez como moderador, celebrouse a primeira parte da xornada técnica organizada co gallo da presentación do mestrado, na que se abordou “o valor estratéxico do máster para a sociedade”. Ignacio Caño, responsable de Innovación e Emprendemento de INCIBE, explicou o labor desenvolvido polo Instituto Nacional de Ciberseguridade de España e xustificou a posta en marcha do mestrado “en resposta a unha demanda das empresas nun mundo en transformación dixital e no que a demanda de solucións en ciberseguridade aumenta”. Pola súa banda, Iago Fortes, en representación da Rede Galega de Ciberseguridade, Fernando Súarez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), e Arturo Ribargoda, da Rede de Excelencia Nacional de Investigación en Ciberseguridade, analizaron as perspectivas de emprego en Galicia, así como o ámbito da investigación. A xornada finalizou centrándose nas necesidades formativas e novos modelos empresariais, contando coa participación de representantes de Deloitte, ABANCA, Eleven Paths, Grupo PSA e Gradiant.
O director do Igape, Juan Cividanes, salientou hoxe na clausura de GaliciaTIC 2018 que as empresas galegas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación están chamadas a desenvolver un papel fundamental na dixitalización do tecido industrial galego e, en xeral, na incorporación das tecnoloxías 4.0 polo resto das empresas. No foro, que chega á súa edición número 16, participaron máis de 200 empresas e profesionais.
Cividanes destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a impulsar, a través do Igape, obradoiros para xerar ideas ou proxectos de dixitalización e axudas para que as pemes galegas poidan investir neste ámbito, no marco dun programa activado por vez primeira este ano. O próximo 1 de xuño abrirase a nova convocatoria de axudas á dixitalización, logo de que se presentasen máis dun cento de proxectos á primeira edición.
Tamén ao abeiro da Axenda Industria 4.0, no segundo semestre deste ano a Xunta prevé continuar co seu pulo á modernización do tecido produtivo, tanto coa activación da terceira convocatoria para proxectos piloto e investimentos 4.0 dotada con máis de 4M€, como a través do programa de formación 4.0, que beneficiará a preto de 800 técnicos ou cadros intermedios vinculados ás Pemes galegas.
O director do Igape salientou ademais a relevancia da colaboración entre empresas como unha das ferramentas para enfrontar o reto da dixitalización das pemes e para aproveitar as oportunidades que ofrecen as tecnoloxías emerxentes. Neste sentido, lembrou o esforzo que a Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo), organizadora do encontro GaliciaTIC, realiza para promover a incorporación de ferramentas 4.0. entre o tecido industrial.
Lembrou tamén que aplicación de tecnoloxías emerxentes mellora a competitividade das empresas grazas á optimización da produción, a xeración de novos produtos, servizos e modelos de negocio, e os avances na cualificación das persoas e equipos de traballo. Tal e como revela o estudo “Oportunidades Industria 4.0 en Galicia”, publicado recentemente e elaborado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga), as pemes galegas consideran relevante a achega potencial das tecnoloxías 4.0 para o incremento da súa capacidade competitiva.
Hai moitas persoas maiores que teñen dificultades en distintas facetas polo que é fundamental que as viaxes organizadas pensadas para estes usuarios sexan plenamente accesibles, tanto o traslado como a estancia nos destinos elixidos.
Por esta razón, e ante a próxima licitación das viaxes do Imserso, o Cermi remitiu unha carta ao Goberno na que esixe que se garanta que tanto os hoteis como os medios de transporte e as visitas das viaxes sexan plenamente accesibles.
Para lograr este obxectivo de que os destinos turísticos estean dispoñibles para persoas maiores con calquera tipo de limitación sensorial ou de movemento, como para persoas con discapacidade, a tecnoloxía xoga un papel fundamental, xa que permite dar solucións a un custo máis reducido.
Para o Cermi, o Ministerio de Sanidade debe incluír nos pregos da licitación destas viaxes a garantía de accesibilidade das viaxes e dos destinos turísticos, para evitar problemas para os usuarios.
Parece lóxico que un paquete turístico deseñado especificamente para persoas maiores debe coidar aspectos clave como a accesibilidade. Con todo, non sempre é o caso e por iso é necesario que plataformas como o Cermi reclamen a súa inclusión para evitar que os viaxeiros teñan problemas para gozar das súas vacacións.
Despois dun ano da posta en marcha do portal Orientatech, os promotores da solución "a Fundación de Tecnoloxías Sociais Tecsos, promovida pola Cruz Vermella Española e a Fundación Vodafone España" realizan un balance moi positivo da plataforma Orientatech, dado que se lograron grandes avances no obxectivo de converterse como punto de referencia de tecnoloxías sociais tanto para os expertos e profesionais nesta materia, como para os propios colectivos vulnerables. O proxecto quere consolidarse como punto de encontro para todos os actores do sector: os usuarios finais dispoñen dun medio para comparar os produtos existentes e compartir a súa opinión, os fabricantes poden dar a coñecer e adaptar os seus produtos e as administracións públicas e profesionais do sector dispoñen dunha fonte para contrastar información."
Ademais, búscase que os fabricantes desenvolvan produtos que se adapten mellor ás necesidades e teñan en conta no seu deseño criterios de usabilidade, accesibilidade e deseño para todos e en definitiva poidan mellorar a calidade de vida das persoas."
A análise dos produtos leva a cabo por un equipo de enxeñeiros da Fundación de Tecnoloxías Sociais e a Fundación Vodafone que son expertos na aplicación social da tecnoloxía, que realizan a verificación técnica do produto; e un grupo de voluntarios e usuarios da Cruz Vermella, que coñecen as necesidades á que vai dirixido o produto e que realizan a validación social.
"Esta valoración técnica e social compleméntase con información práctica como vídeos, fotos, opinións doutros usuarios e entidades con información do produto incluíndo tipo de garantía, formas de adquisición e toda aquela información que poida ser relevante para coñecer o produto."
Durante este ano de implantación, o equipo de Orientatech puido probar 45 produtos, cun equipo de 13 persoas voluntarias e organizacións de usuarios como APAM e a Asociación Madrileña do Parkinson."Contouse ademais coa colaboración de institucións como Ceapat (Centro Estatal de Produtos de Apoio e Axudas Técnicas) e eVia (Plataforma Tecnolóxica Española de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente) nas actividades de asesoramento e divulgación.
O Big Data é un novo nicho de mercado para o emprego das persoas con discapacidade e o momento actual é bo para que a Fundación ONCE comece a formalas e desenvolvelas profesionalmente para que poidan optar a diferentes postos neste ámbito a medio prazo, tanto en grandes empresas como en pemes e centros especiais de emprego.
Esta é unha das conclusións que se desprende do estudo "Big Data Inserción Laboral de Persoas con discapacidade" elaborado por KPMG para a Fundación ONCE, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, que foi presentado na Xornada do Foro Inserta Responsable titulada Talento Dixital e Big Data, Unha nova oportunidade de incorporación de persoas con discapacidade?.
Tal e como explicou o director xeral da Fundación ONCE, José Luís Martínez Donoso, o big data é unha oportunidade para o emprego das persoas con discapacidade pero tamén supón un reto. "Témonos que anticipar para que non se converta nunha barreira e ademais, temos que empregarnos tanto para formar ás persoas con discapacidade para as novas profesións que están a emerxer como para actualizar a formación dos que xa están a traballar".
O director de Data & Analytics de KPMG¸ José Ángel Alonso explicou que o estudo identificou que as organizacións están a empezar a deseñar os seus propios departamentos ou equipos Big Data. Ata o momento a maior parte das empresas utilizan recursos internos pero para os próximos 6-12 meses, un 75% das empresas e compañías entrevistadas consideran comezar a contratar perfís ou externalizar estes servizos. Estímase que o equilibrio entre a oferta e a demanda de postos Big Data tardará entre 2 e 3 anos.
Perfís con maiores oportunidades
Identificáronse cales son os perfís máis operativos, é dicir, postos que teñen maior oportunidade para a súa ocupación, en termos de habilidades e idioma. Os postos máis operativos son administrador, desenvolvedor e arquitecto Big Data. Cun nivel medio de operatividade atópanse os perfís de visualización de datos, avogado e seguridade Big Data e analista de datos.
Cada ano desde 2014 a AEDRH xunto con EAE Business School, Human Age Institute e CEOE elaboran o informe EPYCE sobre os cambios e tendencias anuais nas competencias e posicións máis demandadas no mercado laboral español.
No marco das colaboración entre o Foro Inserta e a AEDRH, este ano Inserta Emprego participou na redacción do cuestionario EPYCE 2017 introducindo por primeira vez cuestións vinculadas ao valor que a discapacidade achega ás empresas.
Neste informe identifícanse os profesionais en Big Data como os segundos máis demandados en 2017 e os primeiros no futuro. Así o explicou durante a súa intervención na xornada a doutora e investigadora principal EPYCE EAE Business School, Pilar Llacer.
A continuación, a directora de Emprego, Formación e proxectos da Fundación ONCE, Sabina Lobato falou sobre o impulso ao talento dixital das persoas con discapacidade, unha cuestión na que a Fundación ONCE está a poñer especial empeño.
Por último, falaron sobre as súas experiencias no ámbito do big data e as persoas con discapacidade a CEO de Datahack, Lourdes Hernández; a directora de Relacións Laborais de Axa, Carmen Corbatón e o director xeral de Ilunion Hotels, José Ángel Preciados.
O Foro Inserta Responsable está impulsado pola Fundación ONCE e é unha plataforma de traballo en rede e innovación social que posibilita, compartir prácticas, ferramentas e experiencias que favorezan o eficaz desenvolvemento das políticas de contratación de persoas con discapacidade, RSE-Diversidade e o fomento da xestión estratéxica do talento diverso.
Este encontro enmárcase nos programas operativos de Inclusión Social e da Economía Social (Poises) e de Emprego Xuvenil (POEJ), que está a desenvolver a Fundación ONCE a través de Inserta, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, para incrementar a formación e o emprego das persoas con discapacidade.