A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha durante os meses de outubro e novembro as Xornadas prácticas “Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia” nas catro provincias galegas .
A sede electrónica entrou en funcionamento hai xusto sete anos e recentemente púxose en marcha una nova versión máis sinxela e accesible, enfocada ás necesidades e prioridades do usuario. A nova sede está adaptada a un mellor uso desde dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do tipo de colectivo e incorpora contidos por campañas.
Para facilitar o labor de acompañamento e formación á cidadanía dos responsables das aulas CeMIT e dos aliados dixitais do Plan de inclusión Dixital de Galicia, a Amtega ofrece esta formación, que se abre tamén ao persoal dos concellos galegos e calquera outro usuario interesado. Nas xornadas abordaranse os seguintes contidos:
Cos coñecementos adquiridos, posteriormente organizaranse na Rede CeMIT actividades formativas para espertar o interese e reforzar a confianza das persoas no uso dos servizos públicos dixitais.
Adicionalmente, porase a disposición de todos os participantes os contidos formativos tratados nas xornadas a través da plataforma de teleformación EMA.
As persoas interesadas en adquirir coñecementos en Administración Electrónica e en organizar actividades formativas sobre esta temática na rede de aulas CeMIT poderán inscribirse gratuitamente cubrindo un formulario accesible na web da Rede CeMIT: https://cemit.xunta.gal/frm_xornadas_sede.
Durante outubro e novembro, realizaranse as 4 xornadas “Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia” en horario de 10:00 a 14:00:
O sistema de indicadores do Plan de Goberno e Administración Dixital de Galicia 2020, elaborado pola Amtega, pon de manifesto a importante evolución no uso e implantación dos diferentes servizos dixitais. Entre xaneiro e xuño de 2018, o 53% das xestións rexistradas pola Administración autonómica se presentaron online, a través da sede electrónica da Xunta ou das oficinas virtuais. No mesmo período de 2017, o porcentaxe de presentacións a través de Internet foi do 44%.
Co fin de achegar as vantaxes da xestión online a todo o mundo, no marco do Plan formativo sobre o uso dos servizos dixitais da Amtega está previsto que ao longo deste ano se realicen máis de 3.800 horas de formación gratuíta distribuídas en 480 actividades tanto presenciais, nas 98 aulas da Rede CeMIT, como online, a través da plataforma de teleformación EMA.
Ata setembro de 2018 xa se levan impartidas máis 300 actividades formativas na Rede CeMIT de forma presencial e online, con máis de 2.100 horas de formación nas que participaron máis de 1.000 empresas, entidades e cidadáns.
Grazas ao teu teléfono móbil inmortalizar todas as túas vivencias nunca foi tan fácil.
Neste curso non só aprenderás a retratar todo aquilo que che interese, senón tamén a darlle un toque máis profesional para converter eses momentos en inesquecibles e poder compartilos con familiares e amigos.
CONTIDOS:
Sácalle o máximo partido á cámara do teu móbil! Participa!
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a primeira edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, con máis de 80 actividades ata decembro que achegarán ás novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e reforzarán o atractivo vocacional das profesións neste eido a través de talleres lúdico-formativos, sesións de mentorado charlas ou accións informativas, nas que se implicará tamén ao seu círculo máis próximo (pais/nais, avós/avoas, titores, etc...).
DigiTalent formúlase como unha iniciativa aberta con achegas da propia Administración autonómica e dos axentes do ecosistema dixital, entre os que están as 12 empresas que en 2013 se adheriron ao Pacto Dixital da Xunta para impulsar o crecemento tecnolóxico da Comunidade. Responsables de Indra, Everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC Tecnology o Clúster TIC Galicia, reuníronse esta semana co equipo directivo da Amtega para pechar o calendario de actividades deste último trimestre do ano, que se centra nas actividades para os máis novos.
Impulso das vocacións STEM
Aínda que un 50% dos alumnos galegos matriculados en bacharelato cursan a rama de ciencia e tecnoloxía, a maioría non chega a matricularse nunha carreira STEM (estudos científicos, tecnolóxicos, en Enxeñarías ou Matemáticas). Por iso o primeiro eixo do Plan contempla diferentes iniciativas para fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnoloxías entre a poboación máis nova, especialmente entre as mozas con iniciativas específicas como GirlStem mentoring, en colaboración con Agasol, xa en marcha con charlas de profesionais das TIC de recoñecido prestixio que están a achegar a súa experiencia a nenas de entre 14 e 18 anos e que se están a impartir desde o 21 de setembro ata o 19 de outubro.
Para mostrar o atractivo das profesións STEM nas etapas escolares Tecnólogo por un día ofrecerá a rapaces e rapaces, de entre 12 e 17 anos, a oportunidade de experimentar en primeira persoa a xornada laboral dun profesional do sector. Desde o 17 de outubro os interesados en participar poderán inscribirse a través da web da Amtega. https://amtega.xunta.gal/digitalent.
Tamén este mes comezan as iniciativas coas que o operador R colabora en DigiTalent, CreaR e NativosR. A primeira consistirá en talleres de 3 horas de duración para nenos e nenas de 7 a 13 anos para crear prototipos tecnolóxicos que entre os meses de outubro e novembro chegarán a sete concellos galegos. A segunda está destinada a pais, nais, avós, avoas ou titores para achegarlles a través de talleres os novos termos do contexto dixital e desbotar o mito de que os nativos dixitais teñen competencias para usar a tecnoloxía só por nacer no actual contexto dixital. Estas actividades darán comezo o vindeiro 13 de outubro e desenvolverase ata finais de ano.
A estas actividades súmase Digitalia, que este ano incorporou actividades e obradoiros TIC aos obradoiros de verán, nos que participaron 40 rapaces e rapazas que aprenderon a crear a manexar drons e as técnicas do videomapping, Tamén se desenvolveu TechKids, en colaboración co Colexio Profesional de Informática de Galicia, no que máis de 600 rapaces e rapazas de toda Galicia participaron en talleres sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos nas Aulas CeMIT da Comunidade.
En decembro Iecisa porá en marcha DixiXogo, para que rapaces e rapazas de 6 a 14 anos adquiran habilidades dixitais a través de talleres formativos con temática tipo Lego Mindstorms. Ademais, en xaneiro DXC iniciará os titoriais DXC Codes sobre programación scratch, acompañados de charlas divulgativas e competicións por equipos con entrega de premios e Altia comezará a impartir, no marco da súa iniciativa GenTech, talleres a estudantes de bacharelato nos que se presentarán proxectos de base tecnolóxica para dar a coñecer as profesións dixitais.
Menos do 10% dos galegos se matriculan en carreiras STEM
Actualmente en Galicia só o 9,3% dos matriculados no sistema universitario cursa carreiras do ámbito STEM. Unhas cifras que contrastan coa alta empregabilidade dos profesionais do ámbito dixital. Só na Comunidade o sector tecnolóxico mantivo una taxa de emprego estable en torno ao 1,6%, batendo o seu récord de emprego en 2016 con máis de 16.000 traballadores.
Por estes motivos DigiTalent busca reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís no mercado laboral.Nesta primeira edición ofértanse máis de 2.500 prazas para a trintena de actividades do Plan, que se desenvolverá anualmente.
DigiTalent abrangue o ciclo vital da persoa: a infancia, con medidas para espertar as vocacións TIC desde idades temperás; a xuventude con actuacións para facilitar a especialización e a madurez, ofrecendo capacitación especifica para perfís directivos. O portal da Amtega ofrece información actualizadas actividades en marcha https://amtega.xunta.gal/digitalent.
A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, visitou esta mañá a décimo oitava edición de Xuventude Galicia Net (XGN) R Encounter, que desde hoxe e ata o vindeiro domingo se celebra na Feira Internacional de Galicia. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), María del Mar Pereira Álvarez, acompañaron á conselleira no percorrido polas instalacións.
Fabiola García manifestou que XGN R Encounter se ten convertido “nun punto de referencia para a mocidade de dentro e de fóra de Galicia”, ao tempo que apuntou que “é un marco axeitado para achegarse ás novas tecnoloxías e potenciar a formación neste eido desde a base da interacción e o intercambio de experiencias”. Máis de 800 persoas están inscritas neste encontro informático que está considerado como o segundo máis importante de España e que presenta unha variada oferta de actividades lúdicas e formativas: xogos, conferencias, obradoiros e experiencias de realidade virtual, entre outras.
Así mesmo, a conselleira destacou que o certame ten un espazo sobre robótica dirixido aos nenos e nenas para iniciarse na montaxe e manexo destes enxeños electrónicos e levará a cabo charlas dirixidas a educadores, pais e avós que non naceron na era dixital pero que conviven coas actuais xeracións de nativos tecnolóxicos. Ambas propostas enmárcanse no programa Digitalent da Amtega. “Avanzamos cara unha sociedade cada vez con maior presenza das tecnoloxías, polo que debemos educarmos e formarmos para vivir nela”, apuntou.
Ademais, a titular de Política Social fixo fincapé en que XGN R Encounter “fomenta valores positivos para a xuventude, como son a participación, a formación, a innovación e o espírito emprendedor”, concluíndo que durante esta fin de semana “Galicia é o epicentro das novas tecnoloxías e da informática con este encontro que conxuga innovación, formación e lecer”.
Pola súa banda, Mar Pereira, sinalou que desde a Amtega en colaboración con R achegan a XGN R Encounter dúas iniciativas do Plan DigiTalent para impulsar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos CreaR e NativosR, para achegar dunha forma lúdica a tecnoloxía aos máis novos e tamén aos maiores, pais e nais.
Pereira fixo fincapé en que é importante desbotar o mito de que os nativos dixitais teñen competencias en tecnoloxía so por ter nacido no actual contexto dixital e mostrarlles tamén as múltiples aplicacións profesionais que ofrece o ámbito tecnolóxico. Neste sentido lembrou que en Galicia só o 9,3% dos matriculados no sistema universitario cursa carreiras do ámbito STEM. Unhas cifras que contrastan coa alta empregabilidade do sector tecnolóxico galego con preto de 17.000 en 2017.
Desde hoxe e ata o vindeiro domingo a previsión é que máis de 1500 persoas acudan ao recinto feiral de Silleda para desfrutar dalgunha das múltiples actividades programadas nesta nova edición do XGN R Encounter, con máis dunha ducia de torneos de videoxogos, nove competicións de arte dixital, robótica, realidade virtual ou drones, entre outras alternativas de ocio e formativas.
O certame conta cunha zona denominada Intranet, orientada aos máis de 800 inscritos, onde desfrutan dun posto con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén a participar en numerosas actividades e torneos exclusivos. Tamén hai unha zona coñecida como Extranet, cun completo programa ao que poden acceder gratuitamente tanto os inscritos como os visitantes que se acheguen a Silleda.
A festa informática galega XGN R Encounter pon en marcha este 12 de outubro a súa décimo oitava edición, en Silleda, co obxectivo de superar o número de inscritos, a cifra de visitantes e o número de actividades (torneos, relatorios, concursos, presentacións) doutras edicións. O encontro, que vén novamente da man da Feira Internacional de Galicia ABANCA co respaldo da Consellería de Política Social e a colaboración e patrocinio da empresa R, conta este ano con 900 inscritos, fronte aos 800 da anterior convocatoria.
Terán o seu centro de operacións na zona Intranet, onde disporán dun posto para o seu equipo informático con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén a gozaren dun amplo programa de propostas e torneos exclusivos. En palabras da organización, será unha ocasión inmellorable para aprender, intercambiar coñecementos innovadores, divertirse e navegar a unha velocidade de 10 Gbps grazas a R, que despregou o ano pasado un cable de 120 quilómetros de lonxitude desde Vigo ata o recinto. Amais disto, a party habilitará unha área Extranet para o público e os visitantes en xeral, á que poderán acceder de balde tanto os internautas inscritos coma os non inscritos. A previsión é contar cunha nutrida afluencia de persoas: calcúlase que unhas 1.500 pasen desde mañá ata o domingo por esta zona da XGN R Encounter aberta ao público.
Durante o evento desenvolveranse distintas actividades dirixidas exclusivamente aos inscritos, como concursos de arte dixital, nas súas tres vertentes: creación de imaxes dixitais, música dixital e a programación. Haberá competicións (para que abrolle o talento creativo dos participantes), obradoiros, conferencias e unha ampla listaxe de accións para os seareiros do hardware. Entre elas, a modificación, cambio e personalización dos equipos de cada quen, “para mellorar a súa estética ou as súas prestacións”, sinalan os organizadores, que engaden que tamén se dará acubillo a granxas de impresoras en 3D e a un espazo adicado á robótica (os talleres Crea R), onde a rapazada poderá introducirse de cheo na montaxe destes enxeños electrónicos. O programa tamén inclúe unha charla (Nativos R) dirixida a educadores, pais e avós que non naceron na era dixital pero conviven co xente que si que o fixo. Ambas as iniciativas enmárcanse no programa Digitalent da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), do que R forma parte.
En total serán máis de 60 as actividades dun programa que permitirá aos participantes gozar pero tamén formarse.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 500 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice
O DOG de hoxe publica a calendarización das probas que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de novembro en diversas quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 41 concellos, que suman un total de 573 prazas dispoñibles:
Abegondo, Ames, O Barco, Barreiros, Betanzos, Boiro, Brión, A Cañiza, Carballedo, Celanova, Cerceda, A Coruña, Cuntis, A Estrada, Fisterra, Guitiriz, Lalín, Leiro, Lugo, Marín, Moaña, Narón, Oroso, Ortigueira, Ourense, Padrón, Pontedeume, Pontevedra, O Porriño, Ribadeo, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sarria, Tomiño, Valga, O Vicedo, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo e Xunqueira de Ambía.
A inscrición a estas probas poderá realizarse ben a través de internet desde o día seguinte o da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.
Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.
Avaliación
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo
Máis de 1.500 prazas convocadas neste ano 2018
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2018, que terá a súa continuación no vindeiro ano con novas convocatorias de dous cursos de teleformación titorizada con exame final e dúas convocatorias de probas presenciais na modalidade autoformativa
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 6.800 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (1.930 en cursos de teleformación titorizada e 4.923 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 2.800 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas aulas da rede CeMIT.
A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
Calendarización das probas
As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 14, 15 e 16 de novembro de acordo co seguinte calendario:
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DIA |
HORA |
Nº PRAZAS |
|
Coruña, A - Eiris |
Coruña, A |
Mércores, 14 de novembro |
10:00 |
16 |
|
Narón |
Coruña, A |
Mércores, 14 de novembro |
10:00 |
14 |
|
Barco, O |
Ourense |
Mércores, 14 de novembro |
10:00 |
15 |
|
Estrada, A |
Pontevedra |
Mércores, 14 de novembro |
10:00 |
15 |
|
Pontevedra |
Pontevedra |
Mércores, 14 de novembro |
10:00 |
27 |
|
Tomiño |
Pontevedra |
Mércores, 14 de novembro |
10:00 |
9 |
|
Vilagarcía Arousa |
Pontevedra |
Mércores, 14 de novembro |
10:00 |
18 |
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DIA |
HORA |
Nº PRAZAS |
|
Abegondo |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
15 |
|
Boiro |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
10 |
|
Cerceda |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
8 |
|
Ortigueira |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
10 |
|
Padrón |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
9 |
|
Pontedeume |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
11 |
|
Ourense |
Ourense |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
18 |
|
Cuntis |
Pontevedra |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
8 |
|
Lalín |
Pontevedra |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
18 |
|
Marín |
Pontevedra |
Xoves, 15 de novembro |
10:00 |
17 |
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DIA |
HORA |
Nº PRAZAS |
|
Betanzos |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
20 |
|
Coruña, A - Eiris |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
16 |
|
Sada |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
10 |
|
Santa Comba |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
18 |
|
Santiago de C |
Coruña, A |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
17 |
|
Guitiriz |
Lugo |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
15 |
|
Vicedo, O |
Lugo |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
5 |
|
Leiro |
Ourense |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
6 |
|
Xunqueira Ambía |
Ourense |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
8 |
|
Cañiza, A |
Pontevedra |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
20 |
|
Pontevedra |
Pontevedra |
Xoves, 15 de novembro |
16:00 |
27 |
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DIA |
HORA |
Nº PRAZAS |
|
Ames |
Coruña, A |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
12 |
|
Brión |
Coruña, A |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
10 |
|
Fisterra |
Coruña, A |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
8 |
|
Oroso |
Coruña, A |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
15 |
|
Vimianzo |
Coruña, A |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
15 |
|
Barreiros |
Lugo |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
12 |
|
Carballedo |
Lugo |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
7 |
|
Lugo |
Lugo |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
12 |
|
Ribadeo |
Lugo |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
15 |
|
Sarria |
Lugo |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
15 |
|
Celanova |
Ourense |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
11 |
|
Moaña |
Pontevedra |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
9 |
|
Porriño, O |
Pontevedra |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
9 |
|
Valga |
Pontevedra |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
11 |
|
Vigo |
Pontevedra |
Venres, 16 de novembro |
10:00 |
12 |
Compostela Monumental, a asociación de comerciantes e empresarios da zona histórica de Santiago, vai ofrecer á mocidade na procura de emprego e de adestramento avanzado un outono de formación tecnolóxico-dixital (TIC). Trátase, máis polo miúdo, dun novo paquete de cursos en liña para as mozas integrantes do programa de emprego, Empréga-TE 2.
Este novo paquete de actividades, que se desenvolve a través da plataforma de teleformación AulaEmprégate, achegará cursos até o 30 de novembro, incluído o máis demandado polas integrantes do programa: TIC, redes sociais e marca persoal.
O programa tamén inclúe un obradoiro sobre Intelixencia emocional e outro sobre Coaching e como conseguir obxectivos.
Teresa Hernández Armentia, adestradora e orientadora laboral de Compostela Monumental, é a encargada de impartir e dirixir as devanditas accións formativas. Segundo lembra a asociación, o programa Empréga-TE conta co apoio da Dirección de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia.
As instalacións do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (CIS) en Ferrol acolleu hoxe a presentación dos proxectos acelerados na terceira edición do coworking impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que se achegou formación e asesoramento para o desenvolvemento dun total de 21 iniciativas.
Os 25 emprendedores que desenvolveron os proxectos empresariais neste espazo coworking, no que recibiron asesoramento á medida sobre a posta en marcha das súas iniciativas, optaron por diferentes ámbitos de actividade, como os servizos técnicos apoiados nas TIC, os relacionados coa valorización de recursos do territorio, como o turismo ou os produtos agroalimentarios, a industria da saúde, o sector da moda e o asesoramento xurídico e empresarial, entre outros.
O delegado territorial da Xunta destacou que “nas tres convocatorias da aceleradora de Ferrolterra participaron un total de 66 emprendedores con 62 proxectos. Na actual edición, case a metade dos participantes xa iniciou a súa actividade como empresa, e o resto comezarana no último trimestre deste ano ou están en fase de validación das iniciativas”. Neste sentido, engadiu que o obxectivo destes espazos de emprendemento é “axudar a madurar e a pulir as ideas de negocio e procuramos darlles as claves para saír ao mercado con recursos e motivación”.
Esta aceleradora, na que nas dúas edicións anteriores se apoiaron 41 iniciativas emprendedoras, forma parte da rede de espazos creada pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), a rede ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio.
Nestes días finalizaron tamén as accións de formación e asesoramento das últimas edicións dos espazos coworking de Celanova-Terras da Limia, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Mariña lucense e Ferrolterra, nas que, en conxunto, se apoiaron 130 novos proxectos de emprendemento. Desde o comezo da súa actividade e ata finais de 2018, estas iniciativas terán impulsado un total de 440 proxectos de 540 emprendedores.
Os novos empresarios poderán seguir contando cos servizos e os instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar a posta en marcha e a consolidación temperá das novas empresas. Deste xeito, poderán continuar accedendo ao asesoramento especializado ou titoría que precisen, así como a préstamos directos como os activados no novo programa de instrumentos financeiros innovadores (IFIs) para financiar os seus investimentos.
Coa incorporación dos teléfonos intelixentes facilitouse que podamos ampliar o modo no que nos comunicamos. O uso de aplicacións de chat supón un recurso de fácil acceso para a gran maioría de nós.
Este curso pretende dar a coñecer como sacar máis partido a aplicacións de chat para comunicarnos de forma rápida e sinxela.
Contidos
Aprende a usar WhatsApp!
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro.
O programa foi presentado onte nunha xornada inaugurada pola directora da Amtega, Mar Pereira, que sinalou que a dixitalización é un reto inaprazable que debe alcanzable para todos, especialmente en Galicia, onde máis do 96% das empresas teñen menos de 10 traballadores. De aí este conxunto de iniciativas para poñer ao alcance do tecido empresarial galego tecnoloxías accesibles vinculadas ao seu negocio que lles faciliten este proceso de transformación para ser máis competitivos.
A transformación dixital é unha carreira de fondo, onde os tempos e obstáculos non son os mesmos para un autónomo, unha micropeme ou unha peme. Consciente desta realidade, a Amtega lanza “Destino: PemeDixital”, un programa que abarca iniciativas adaptadas ás realidades de cada negocio, con tres tipos de actuacións, DixitalOn, AceleraTIC e eLeaders.
DixitalOn: Motivación para a Transformación Dixital
Un programa de actividades de capacitación en establecementos rurais galegos, durante estadías de fin de semana, dirixidos a autónomos e micropemes para explorar as motivacións de impulsar a transformación dixital dos seus negocios. Están programadas dúas estadías, no mes de novembro, do 9 ao 11 de novembro na Ribeira Sacra e do 23 ao 25 de novembro nas Fragas do Eume.
Desta forma, aproveitando o efecto tractor de experiencias de lecer no rural galego, desenvólvense actividades de sensibilización baseadas en dinámicas de grupo innovadoras, como Lego Serious Play y Visual Thinking xunto con visitas as instalacións de pemes que están acometendo procesos de dixitalización e coñecer in-situ os resultados.
O prazo de inscrición para a primeira estadía prevista é do 10 ao 23 de outubro a través da web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/DixitalOn-RibeiraSacra, e do 10 de outubro ao 9 de novembro para a segunda das estadías https://cdtic.xunta.gal/DixitalOn-FragasDoEume. Tamén se poderán realizar inscricións a través do correo electrónico cdtic@xunta.gal.
AceleraTIC: Constrúe o camiño da transformación dixital
Un programa de actividades de formación dirixido a responsables dos niveles operativos das pemes, cuxo obxectivo é proporcionar as ferramentas precisas para construír unha folla de ruta que lles permita afrontar o desafío da transformación dixital, cun enfoque práctico e baseado en casos de éxito. As inscricións pódense realizar do 10 ao 21 de Outubro na web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018 ou do correo electrónico cdtic@xunta.gal
eLeaders ToDixital: Lidera a transformación dixital
Este programa formativo dirixido a persoal executivo que posibilite un cambio de “mindset” das empresas cara un pensamento “dixital” aliñado as necesidades estratéxicas. Este cambio debe ser impulsado por líderes que comprendan os cambios nos modelos de negocio e de xestión que requiren os procesos de transformación dixital. Este programa está previsto que se desenvolva no primeiro trimestre de 2019.
Xornada de presentación
Na xornada de presentación participou o experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo. Profesor do Instituto de Empresa Business School e socio fundador da axencia Good Rebels, Así mesmo, catro empresas galegas que actualmente xa están inmersas neste proceso de dixitalización, expuxeron as súas experiencias.