A Xunta porá en marcha nas próximas semanas o Plan galego de formación 2018-2019, que na provincia de Lugo permitirá que un total de 2.430 persoas sen emprego poidan elixir a súa cualificación a través dunha oferta de 162 cursos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou hoxe as principais novidades que introduce a presente convocatoria desta iniciativa, que forma parte do esforzo que está a facer a Administración autonómica, a través da Axenda 20, para incrementar e mellorar as oportunidades laborais dos galegos e galegas e para adaptar a formación ás demandas reais do tecido produtivo. A Consellería de Economía, Emprego e Industria incrementou nun 13,4% o orzamento deste programa, que alcanza na provincia un investimento de máis de 6,7 millóns de euros.
Deste xeito, os alumnos e alumnas poderán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado. Ata o de agora a elección só correspondía ao Servizo Público de Emprego de Galicia.
A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial. A inserción laboral alcanzada en pasadas edicións por este programa aproximouse ao 60%.
Neste ano, no plan galego de formación na provincia de Lugo participan os concellos de Xove, O Vicedo, Ribadeo, Outeiro de Rei e O Páramo; sete entidades sen ánimo de lucro: A Fundación Laboral da Construción, Afalu, Alufonca, Cogami, Cruz Vermella, Aprevar e a Fundación Belarmino Fernández Iglesias; e distintas empresas e academias.
O alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion. Tamén terá por primeira vez a posibilidade de coñecer o custo do curso no que se vai cualificar e que a Xunta apoia ao 100% e obter na web toda a información de interese sobre a actividade.
As accións formativas terán un custo por alumno de entre 266 e 6.491 euros. Ofértanse cursos nos principais sectores da economía galega, como son as TIC, a automoción, o comercio e márketing, a construción, o turismo e a hostalería, o transporte, a sanidade, os servizos sociais, a seguridade e medio ambiente, o ámbito agrario, as actividades deportivas ou a industria alimentaria, entre outros. No eido do metal e o naval cada acción formativa ten un custo medio de 5000 euros por alumno; na automoción e nas enerxías renovables de 3900 euros; e nas TIC e construción de 3600 euros. Cada curso ten unha media de duración de 6 meses.
Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.
A formación para persoas desempregadas e ocupadas é un reto prioritario para o Goberno galego. Por iso, ten en marcha outro tipo de programas, como son as Unidades formativas na empresa; os obradoiros duais; ou os plans formativos para sectores específicos, como a automoción, o naval ou o forestal.
José Manuel Balseiro lembrou que o Plan de Formación da Xunta completarase proximamente coas actividades que organizan os centros propios da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, Viveiro e Monforte de lemos, que sumarán en torno a 25 cursos e 1 millón de euros máis de investimento.
“En total -afirmou-, estamos falando dunha cifra de arredor de 8 millóns de euros de investimento en formación para mellorar a cualificación e as perspectivas de inserción laboral das persoas en situación de desemprego da nosa provincia”.
Os días 25 e 26 deste mes imos ter na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación unha cita coas posibilidades dos videoxogos para incrementar o noso coñecemento, as nosas habilidades e a nosa capacidade transmitir recursos e datos aos demais. Estamos a falar da primeira Conferencia Internacional de Videoxogos e Publicidade que, segundo informou hoxe a profesora Beatriz Legerén, responsable do comité organizador do evento, contará coa presenza de 20 especialistas e profesionais ligados á industria do lecer dixital. Os obxectivos, en concreto, pasan por afondar no poder comunicativo e persuasivo dos videoxogos.
O foro, aberto a estudantes de calquera ámbito, ten aberto o seu período de inscrición.
Baixo o título de Comunicación e persuasión, a conferencia vén da man do grupo de investigación Comunicación Persuasiva 2, o grupo de innovación docente ComTecArt (Comunicación, Tecnoloxía e Arte) e a asociación científica Icono 14, co patrocinio da Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus e o Consello Social da Universidade. En detalle, a cita servirá tamén para comprobar até que punto son válidos os videoxogos para realizar labores eficaces de mercadotecnia, promoción e publicidade.
O catedrático da Universidad Complutense de Madrid Francisco García será o encargado de impartir a conferencia inaugural dun foro que se compón, tamén, dunha interesante serie de mesas de debate: un total de tres.
Na primeira, poranse sobre a mesa aspectos como o advergaming, “xogos que se utilizan como ferramenta publicitaria”, e o emprazamento de produtos e marcas nestes produtos, coa participación da investigadora da Universidade de Valladolid Ana Sebastián, a profesional do desenvolvemento de videoxogos Olaia Ferrando e o guionista Jaime Martínez.
A seguinte mesa porá o foco nos eSports da man do investigador da Complutense e xornalista especializado neste eido Marcos Antón, o investigador da Universidade de Vigo Esteban Canle e Carmen Pumariño, directora de The Cloud Gaming, “a empresa máis importante de eSports amateur de España”, explica Legerén.
Por último, nesta primeira xornada afondarase tamén no potencial dos videoxogos como ferramenta de comunicación da man do coordinador do grao en videoxogos da U-TAD Javier Gayo, a investigadora desta universidade Mercedes García e o experto en localización e tradución de videoxogos Ramón Méndez, un dos impulsores do título propio de especialista en Tradución para a industria do videoxogo da Universidade de Vigo.
Os videoxogos como ferramenta de persuasión e comunicación serán, por outra banda, o eixo da segunda xornada, que contará na súa primeira mesa coa participación das investigadoras María Jesús Abad, da Universidad Rey Juan Carlos, e Lucinda Saldanha, da Universidade do Porto, así como do investigador da Universidade de Aveiro Nelson Zagalo, “especializados no estudo do uso de ferramentas interactivas como obxectos ou produtos persuasivos”, engade Legerén.
Unha segunda mesa porá o foco na fase de creación dos xogos e nela participarán Evelio Sánchez e Rafael Tenorio, responsables dunha empresa de arquitectura especializada no deseño de escenografías para videoxogos; Josué Monchán, e a deseñadora de interfaces María Fernández.
Unha sexta mesa porá o foco na industria do videoxogo desde unha perspectiva de xénero. Este debate contará coa participación da profesora María José Rosado, presidenta da Fundación para a Investigación Social Avanzada iS+D, da presidenta da asociación Women in Games España Gisela Vaquero e da investigadora da USC Silvia López.
Así mesmo, a conferencia verase precedida, o mércores 23, pola presentación na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do libro Feminismo del punto medio, por parte de Francisco García e María Jesús Redondo.
Hai pouco máis dun ano que chegou o Asistente de Google en español aos teléfonos móbiles e cada vez son máis os dispositivos que o utilizan como base para controlar as casas intelixentes, nas que a tecnoloxía se pon ao servizo das persoas.
Desde a súa chegada, o Asistente de Google viu como o ecosistema de dispositivos compatibles foi crecendo, de maneira que as posibilidades para facilitar a vida de persoas con discapacidade no seu fogar son cada vez maiores.
Así, apagar as luces, acender o aire acondicionado ou controlar a temperatura coa voz é cada vez máis fácil.
Primeiro foron os móbiles os que utilizaron o Asistente de Google, logo chegaron os altofalantes Google Home e Google Mini, e agora son enchufes, lámpadas, termostatos ou proxectores que se poden manexar pola voz.
Toda esta tecnoloxía permitirá mellorar a autonomía de millóns de persoas con discapacidade, aumentando o seu benestar e a súa calidade de vida.
A Comisión Europea lanzou onte I-REACT, unha app gratuíta para que os cidadáns intercambien información sobre catástrofes como choivas torrenciais, inundacións ou incendios. Ademais, informa os usuarios sobre o seu grao de exposición a estas ameazas.
I-REACT é unha aplicación financiada a Comisión Europea cuxa misión é protexer aos cidadáns de inundacións, incendios e eventos climáticos extremos. A app está dispoñible desde onte en Google Play e con ela poderanse compartir información sobre catástrofes naturais. O seu lanzamento coincide coa celebración do Día Internacional para a Redución dos Desastres.
Segundo datos do grupo asegurador Munich Re, en 2017 desastres como inundacións, incendios forestais e terremotos causaron máis de 9.000 mortes en todo o mundo, afectaron a 96 millóns de persoas e causaron perdas de máis de 270.000 millóns de euros.
"A nosa idea é proporcionar ferramentas aos cidadáns europeos para que poidan ter un papel máis activo na prevención de desastres", dixo Fabrizio Dominici, coordinador do proxecto I-REACT. "Os usuarios da aplicación poden monitorar as condicións ambientais e compartir información útil, como fotos e datos que axudarán a outros cidadáns para estar preparados".
Distinguir información real de noticias falsas
Estes informes poden ser verificados polo resto dos usuarios, para filtrar a información relevante e evitar a propagación de noticias falsas. A mesma aproximación aplícase á información proveniente de Twitter. Esta aplicación filtra tuits relevantes en tempo real, para ofrecer aos usuarios contido informativo relacionado coas emerxencias que ocorren na súa contorna. Ademais, a aplicación tamén pon a proba o coñecemento dos usuarios sobre como responder a distintos desastres climáticos, co fin de formalos en hábitos máis seguros.
Este tipo de información é especialmente útil durante inundacións, incendios e outros riscos naturais. "As fotos e os comentarios dos usuarios non só serven para monitorar o medio ambiente, tamén permiten aos cidadáns informar sobre danos en infraestruturas, e axudan a outros usuarios para atopar lugares seguros durante emerxencias", sinala Dominici.
Ademais, a aplicación inclúe mapas de risco que permiten coñecer en todo momento a posibilidade de verse afectado por desastres naturais. "Queremos que esta información sobre desastres sexa o máis accesible posible e no mundo actual isto significa que todos debemos poder tela no móbil. Isto contribuirá a aumentar a nosa seguridade, salvar vidas e a reducir os danos causados polas catástrofes naturais", indica o responsable.
O obxectivo destes Premios é recoñecer as mellores iniciativas e fomentar a innovación e a creatividade das empresas no campo da prevención de riscos laborais e destacar as prácticas máis sobresalíntes das organizacións en materia de saúde laboral.
Esta iniciativa está financiada por Erasmus+, o programa da Unión Europea para apoiar a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa. Precisamente a Estratexia Europa 2020 inclúe a mellora na formación dos profesionais das Industrias Culturais e Creativas (ICC) en materias como as habilidades empresariais nos traballadores das ICC e dificultades para coñecer o funcionamento dos mercados ou os problemas de acceso ao financiamento. Esta industria podería ofrecer unha oportunidade de emprego especialmente entre o sector de poboación máis nova, que en países como España, Italia e Portugal sofre a taxa de paro máis alta de toda Europa, co 36,3%, o 31% e o 19,5% respectivamente, segundo datos da Eurostat.
Cada Impact Hub seleccionará 10 proxectos entre os presentados, sumando un total de 60 emprendedores que recibirán formación, contacto con profesionais de industrias creativas e mentoría personalizada. Esta oportunidade permitiralles prototipar a súa idea e validala, Ademais, 18 deles, tres por cidade, poderán financiala grazas ao lanzamento dunha campaña de crowdfunding , para a que contarán co asesoramento de Impact Hub.
Tal e como explica Sonia Pérez Olmedillo, coordinadora do programa en Madrid, Impact Hub apoia con esta iniciativa o reto exposto pola Estratexia Europa 2020. "Creative Business Studio enfocará a formación na incubación de ideas creativas e na proxección financeira destas, o uso do crowdfunding como ferramenta de financiamento colaborativo de proxectos, e o intercambio de coñecementos con empresarios creativos outros países para impulsar o seu proxecto a nivel internacional".
Creative Business Studio ( madrid.creativebusiness.studio ) está dirixido a emprendedores que teñen un proxecto xa en marcha dentro das industrias culturais e creativas, e desexan impulsalo, tanto a nivel nacional como internacional. Os participantes deben dar os primeiros pasos coa súa iniciativa. Por exemplo, organizar un evento para a presentación da súa idea a amigos ou potenciais clientes, publicar unha páxina web con información do seu servizo ou produto, ou calquera acción que demostre que a idea está en desenvolvemento.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha durante os meses de outubro e novembro as Xornadas prácticas “Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia” nas catro provincias galegas .
A sede electrónica entrou en funcionamento hai xusto sete anos e recentemente púxose en marcha una nova versión máis sinxela e accesible, enfocada ás necesidades e prioridades do usuario. A nova sede está adaptada a un mellor uso desde dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do tipo de colectivo e incorpora contidos por campañas.
Para facilitar o labor de acompañamento e formación á cidadanía dos responsables das aulas CeMIT e dos aliados dixitais do Plan de inclusión Dixital de Galicia, a Amtega ofrece esta formación, que se abre tamén ao persoal dos concellos galegos e calquera outro usuario interesado. Nas xornadas abordaranse os seguintes contidos: