Os teléfonos intelixentes e tabletas dispoñen de varias utilidades que é importante coñecer tanto para compartir información de diferentes formas como para poder sacar o máximo partido no seu uso.
Coñece o teu móbil a fondo!
Contidos:
A activación do aforro de batería e consellos para alongar a súa vida útil.
Utilidades prácticas: calculadora, lanterna, modo lectura nocturna, etc.
Acceso ao dispositivo con diferentes usuarios e medidas de seguridade.
Configuración de permisos das aplicacións e da localización do dispositivo.
Seguro que tes no teu móbil multitude de fotos e vídeos de momentos irrepetibles Non esperes a perdelos! Apúntate a este curso e aprende a facer unha copia de seguridade de todos eles, a mantelos organizados para telos sempre a man e a crear as túas propias fotocomposicións para compartilas con quen desexes.
Mantén a salvo e ordenados todos os teus recordos dixitais con Google Fotos!
Contidos:
Hoxe en día, grazas aos móbiles, todos levamos unha cámara permanentemente connosco que podemos aproveitar para inmortalizar e compartir todas as nosas vivencias. Neste curso aprenderás conceptos básicos de fotografía dixital e como aproveitar todas as funcións da túa cámara para tomar fotografías como un auténtico profesional.
Contidos:
Iníciate na fotografía dixital co teu teléfono móbil!
Cando queremos realizar un documento visual moitas veces cústanos moito tempo porque temos que investir tempo en buscar imaxes e pensar nun deseño adecuado. Para facilitarnos estas tarefas existen ferramentas como Canva, un editor online, cuxa versión gratuíta facilítanos centos de plantillas e recursos e para múltiples formatos de contido que podemos utilizar.
Con Canva poderemos crear tarxetas de visita, imaxes para redes sociais (facebook, twitter, instagram, etc.), carteis para eventos, currículos e moitos máis elementos visuais, dunha maneira fácil, cómoda e entretida.
Dálle un toque máis creativo aos teus contidos!
Contidos:
Nesta segunda sesión sobre PFDs veremos funcións de edición máis avanzadas grazas a algunhas aplicacións online gratuítas. Deste xeito poderemos editar textos de documentos que nos envíen, modificar, reordenar ou eliminar páxinas, unir varios documentos nun, etc. Tamén veremos como xerar pdfs facilmente desde o noso dispositivo móbil.
Convértete en especialista en PDF!
Contidos:
Na primeira parte deste ciclo sobre o traballo con PDF temos como obxectivo que aprendas as cuestións básicas sobre esta interesante ferramenta; deste xeito, desde que é un pdf ata que ferramentas temos dispoñibles na versión gratuíta do programa, Adobe Acrobat Reader. Aprenderemos a crear un pdf desde Office e utilizarémolo para traballar vendo as diferentes opcións de edición que nos permite Reader.
Comeza a dominar os PDF!
Contidos:
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta estenderá a educación dixital a 100.000 alumnos, unha cifra que suporá o 70% dos alumnos de 5º de primaria a 4º da ESO.
Con este obxectivo, Feijóo precisou que o Consello autorizou hoxe dous contratos marco, que suman un importe máximo de 34 millóns de euros: un deles para adquirir ata 45.000 ultraportátiles para o alumnado e o outro para adquirir o equipamento necesario para a dotación doutras 2.000 aulas E-Dixgal.
Actualmente E-Dixgal está dispoñible para os centros adheridos, entre 5º de primaria e 2º da ESO. Isto supón que máis de 34.000 alumnos destes niveis educativos estudan con libro dixital, equipados con portátil e con acceso online e offline á plataforma virtual EVA, onde teñen á súa disposición o contido curricular completo de cada curso.
Cómpre salientar que esta transformación comezou en 2010, coa posta en marcha da iniciativa Abalar, na que se levan investidos máis de 100 millóns: para a dixitalización de todas as aulas de 5º de primaria a bacharelato; na mellora da conectividade para que o 100% dos centros públicos educativos de primaria e secundaria dispoñan de conexión a internet superior a 100 megabits por segundo; e na adquisición de equipamento, contidos dixitais e implantación de novos servizos e canles de comunicación online.
A estes recursos súmanse diferentes plataformas e aplicacións que facilitan o ensino dixital, como se puxo de manifesto durante o período de confinamento, como: as aulas virtuais ás que accederon diariamente máis de 100.000 estudantes; o sistema de videoconferencia con 4.000 xuntanzas diarias; a aplicación Abalar que empregan habitualmente 93.000 usuarios; ou a plataforma EVA que rexistra diariamente un acceso medio de 3.100 profesores e 29.300 estudantes.
O programa Por Talento Dixital da Fundación ONCE segue creando oportunidades laborais a persoas con discapacidade a través da tecnoloxía. Nesta ocasión, dez novos programadores 'Full Stack' prepáranse para un novo e apaixonante futuro laboral.
Estas dez persoas formáronse nun curso intensivo de programación 'Full Stack' desenvolvido pola Fundación ONCE, a empresa galega Hack a Boss e co apoio de Cap Gemini, dentro do programa Por Talento Dixital.
Foron catro meses de intenso traballo para estes dez alumnos que agora se converteron en desenvolvedores web cun perfil moi completo que se incorporan a un mercado laboral ligado á tecnoloxía que está cheo de oportunidades.
Os perfís 'Full Stack' recibiron unha formación completa e que manexan os distintos aspectos relacionados coa creación e mantemento de aplicacións web.
Como colofón á súa formación, o próximo 22 de xaneiro participarán nun encontro virtual con distintas empresas tecnolóxicas que poderán coñecer os seus perfís.
A aula CeMIT do Concello de Ames inicia este 2021 coa programación de novos cursos telemáticos para os meses de xaneiro, febreiro e marzo dirixido a adultos. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta.
Os cursos impartidos no primeiro trimestre comezarán o día 25 de xaneiro co de edición de imaxes con GIMP, de luns a xoves ata o 4 de febreiro, de 17:30 a 18:30 horas, que serve como curva de aprendizaxe de cara á edición de imaxes a través dun programa de balde. De seguido, impartirase o curso de deseño vectorial con Inkscape, para a realización de carteis e logotipos, a partir do 8 de febreiro ata o 18, no mesmo horario que o anteriormente citado. Doutra banda, impartiranse dous cursos de diferentes niveis sobre o procesador de textos con LibreOffice Writer. Por un lado o primeiro curso de iniciación será dende o 22 ata o 26 de febreiro, e o segundo, que profundará no procesador de textos, irá do 1 ata o 5 de marzo, ambos no horario de 17:30 a 19:00 horas. Deste xeito, a aula aberta está dispoñible de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas, para que tódolos interesados poidan participar nos cursos dende o lugar en caso de non dispoñer dos medios axeitados.
Así, as persoas que se queiran inscribir deben rexistrarse na rede CeMIT e dende aí tramitar a inscrición. Se existise algunha dúbida, poderíase resolver acudindo a Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerse en contacto a través do teléfono 682 373 753 ou do enderezo de correo electrónico: cemit.ames@xunta.gal.
A Xunta vén de habilitar os espazos xoves autonómicos para que todas as mozas e mozos galegos poidan solicitar de xeito presencial a Chave365. Deste xeito, búscase facilitar á mocidade galega a xestión de solicitudes, axudas ou expedientes para os que se fai necesario este contrasinal.
En concreto, este trámite poderase realizar a partir de agora nos doce espazos xoves autonómicos, situados en: Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro. Tamén se pode obter no Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago, ou no Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo.
Cómpre lembrar que a Chave365 é o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade e aos menores emancipados identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Coa Chave365 a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código que recibe no seu teléfono móbil.