main content

main content
1 mes 1 profesión dixital
Aula CeMIT de Pontevedra

Girl STEAM - Pontevedra

Programa realizado en colaboración entre a Amtega e a Asociación de Empresas Gallegas de Software Libre (Agasol) dirixido a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos que ten como obxectivo promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas ás nenas.

1 mes 1 profesión dixital
Aula CeMIT da Estrada

Girl STEAM - A Estrada

Programa realizado en colaboración entre a Amtega e a Asociación de Empresas Gallegas de Software Libre (Agasol) dirixido a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos que ten como obxectivo promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas ás nenas.

1 mes 1 profesión dixital
Aula CeMIT de Abegondo

Girl STEAM - Abegondo

Programa realizado en colaboración entre a Amtega e a Asociación de Empresas Gallegas de Software Libre (Agasol) dirixido a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos que ten como obxectivo promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas ás nenas.

28/09/202112:00 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Dez funcións que non sabías que podías facer con Windows 10

Windows 10 é o actual sistema operativo desenvolvido por Microsoft que conta con diferentes funcións prácticas que moitas veces son descoñecidas. Sabes que podes ter atallos no teu teclado, ter un historial de actividades ou vincular o teu computador co teu móbil? Repasa estas e outras ferramentas deste sistema operativo e aproveita ao máximo as súas funcionalidades.

28/07/202110:07
O Porriño.
O Porriño

A veciñanza do Porriño poderá formarse este verán en edición de textos, uso do GIMP e eAdministración

Concello do Porriño informou de que xa están abertos os prazos de inscrición para dous cursos que se van impartir nas instalacións da feira Porremprego no Multiusos de Torneiros. Os cursos serán presenciais, en grupos cun mínimo de 5 persoas, e impartiranse en colaboración coa aula CeMIT local. Un dos cursos, o obradoiro Fagamos un conto!, porá o foco na rapazada de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos, e consistirá en familiarizar aos participantes co uso do procesador de textos e a ferramenta GIMP (programa de edición de imaxes) para confeccionar un relato individual.

Ensinaráselles aos asistentes os conceptos básicos destes programas. Establécense catro quendas dunha semana, con inicio os días 2, 9, 16 e 23 de agosto.

O segundo dos cursos é unha actividade formativa sobre trámites electrónicos e Administración Electrónica. Introducirase aos presentes nestes conceptos e ensinaráselles a obter e manexar o certificado dixital e a clave PIN, amais dos principais servizos dixitais que ofrecen as administracións públicas. Tamén se lles mostrará como levar a cabo os diferentes trámites. Inscricións en cemit.oporrino@xunta.gal.

28/07/202108:07
Cartel da iniciativa.
Ribeira

A aula CeMIT de Ribeira acolle dous obradoiros de tecnoloxía creativa para a rapazada

aula CeMIT de Ribeira vai dar cabida durante o mes de agosto a dous obradoiros gratuítos para a rapazada destinados a aprenderlles a usar a tecnoloxía dun xeito creativo, participativo e construtivo. Trátase de dous talleres abeirados ao programa STEAM, derrubando estereotipos, impulsados pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Os obradoiros celebraranse os días 10 (para rapaces e rapazas de 8 a 11 anos) e 12 de agosto (de 12 a 15 anos) e estarán impartidos por un membro da dita asociación AGASOL. As actividades introducirán aos asistentes nos seguintes contidos tecnolóxicos:

  • MakeyMakey: MakeyMakey é un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
  • Scratch: Scratch é unha linguaxe de programación creado polo MIT e especialmente deseñada para que todo o mundo poida iniciarse no mundo da programación.
  • Circuítos en papel: Aprenderase á rapazada a facer funcionar un circuíto eléctrico cun só LED e que este brille nun papel.

Tamén se introducirá aos participantes en proxectos máis avanzados que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucren ou uso de diferentes sensores e actuadores. Poderán elaborar postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...

As inscricións ábrense este 27 de xullo. Pódense formalizar ben na aula CEMIT de Ribeira ou vía web.

27/07/202108:07
Exemplo de pictogramas.
Vigo

AtlantTIC achega unha aplicación que libera o Camiño de Santiago de barreiras comunicativas: PictoXacobeo

Grupo de Tecnoloxías da Información do centro AtlantTIC (Universidade de Vigo) desenvolveu unha aplicación móbil para liberar de barreiras o Camiño de Santiago con respecto ás persoas con necesidades comunicativas especiais (trastornos da fala, comprensión lectora e escritora, dificultades da linguaxe, etc). Estamos a falar de PictoXacobeo, unha ferramenta para Android desenvolvida polo dito grupo coa colaboración da Xunta a través dunha achega de case 4.000 euros do programa O teu Xacobeo.

PictoXacobeo, explica a Universidade de Vigo, é unha solución tecnolóxica de inclusión e participación social que permite seleccionar pictogramas e crear frases, facilitando a comunicación entre os peregrinos. Segundo se indica, a principal vantaxe desta aplicación é “a posibilidade de que persoas con dificultades para comunicarse poidan facelo sen dificultade nun escenario específico coma é o Camiño de Santiago e, máis concretamente, nos albergues, no locais de restauración, nas tendas e nas igrexas”, salienta Enrique Costa, investigador responsable deste proxecto, quen fai fincapé en que, ademais, ao estar dispoñible nos seis idiomas máis usados no Camiño (español, inglés, francés, alemán, italiano e portugués), o usuario pode ver a configuración dos pictogramas no seu idioma e ao mesmo tempo xerar a mensaxe noutra lingua, de xeito que estaría en disposición de comunicarse sen problema coas persoas locais ou con outros peregrinos/as que falen outro idioma.  “Até o de agora existían nas tendas de aplicacións móbiles varias apps centradas na comunicación usando pictogramas, pero ningunha centrada no que é a comunicación dos peregrinos, cos diferentes perfís que se poden atopar durante o Camiño”, salienta Costa, responsable dun equipo de traballo do que tamén formaron parte Francisco de Arriba, Silvia García Méndez e Francisco Javier González Castaño, investigadores da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, adscritos ao dito centro AtlantTIC.

Segundo indican, a orixe do proxecto estivo nunha lectura na prensa, na que se daba conta dunha iniciativa para habilitar unha guía do Camiño de Santiago de lectura doada con pictogramas, así como de sinalizar todos os albergues públicos con este tipo de sinalizacións gráficas, de cara a incrementar a súa accesibilidade. Os investigadores de AtlantTIC quixeron ampliar este proxecto para que tamén fose posible a comunicación integral dos usuarios ao longo de todo o proxecto.

20/07/202115:07
Nodos.
Santiago de Compostela

A Axenda Dixital 2020 acelerou o uso de internet e da administración electrónica en Galicia por riba da media española e europea

  • A directora da Amtega, Mar Pereira, presentou hoxe o balance do período 2015-2020 da Axenda Dixital de Galicia 2020 no pleno do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga)
  • O investimento no impulso da dixitalización galega achegouse aos 1.600 millóns de euros nos cinco anos de vixencia da Axenda
  • No pleno de hoxe deuse conta da nova Estratexia Galicia Dixital 2030, que toma o relevo coa visión de situar a Galicia como rexión intelixente de referencia en Europa e que implicará o maior investimento da historia na transformación tecnolóxica, con máis de 4.000 millóns de euros públicos e privados

Ao redor de 1.600 millóns de euros foron investidos no período 2015-2020 nas actuacións que desenvolven as liñas estratéxicas da Axenda Dixital de Galicia 2020, dos que máis de 540 corresponden á mobilización de capital privado, segundo se puxo de manifesto hoxe durante a celebración do pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga) .

A sesión tivo lugar esta mañá en Santiago, presidida pola directora da Amtega, Mar Pereira, que deu conta das medidas desenvolvidas durante os seis anos de desenvolvemento da Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), impulsada desde este departamento autonómico. Ademais, informou do Plan de Traballo do Osimga para o próximo ano e fixo balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, baseado nos últimos datos do Observatorio.

A Axenda Dixital Galicia 2020 logrou os seus obxectivos dunha maior dixitalización da sociedade, un maior impacto socioeconómico e a creación de oportunidades. Neste sentido, en todo o período 2015-2020 a interacción das persoas de Galicia coa Administración por medios electrónicos foi superior á media de España e da Unión Europea. As xestións en liña representan xa o 78 % das interaccións coas administracións en Galicia.

Rexistrouse tamén un incremento significativo no uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), sobre todo nos grupos de maior idade. A evolución das persoas que declara ter usado internet nos últimos 3 meses foi tamén superior á media estatal e europea. O 84 por cento das persoas de Galicia usa habitualmente internet e o obxectivo fixado polo Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 logrouse con dous anos de adianto.
Ao mesmo tempo, o uso das TIC por parte das empresas galegas converxeu coa media estatal e mellorouse o acceso da poboación galega a redes ultrarrápidas de telecomunicacións. Un 99,94% da poboación ten acceso a cobertura 4G e un 72,2% da poboación conta con acceso a redes de máis de 100 Mbps.

En canto ao impacto socioeconómico, a Axenda Dixital de Galicia 2020 logrou un aforro estimado de 37 millóns de euros na Rede dixital de emerxencias de Galicia. Tamén rexistráronse aforros significativos nos custos de mantemento e adquisición de sistemas e infraestruturas e na xestión de bases de datos e servidores de aplicacións. A tasa de emprego no sector TIC con respecto ao total de persoas ocupadas en Galicia non parou de medrar dende 2010, ata acadar o 1,9% en 2020.

O sector tecnolóxico galego xoga un importante papel na implantación e desenvolvemento destas accións, como referente de múltiples avances en novas tecnoloxías dixitais. En Galicia o número de empresas do Hipersector TIC ascende a 3.830, que deron emprego no ano 2020 a máis de 24.300 persoas, o que representa un crecemento do 17,4% no período 2015-2020 e confirman ao Hipersector TIC como un dos sectores económicos máis resilientes e tractor dos restantes sectores produtivos.

Posta en marcha da nova Estratexia Dixital de Galicia 2030

A directora da Amtega deu conta dos avances na aplicación da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030), que toma o relevo da Axenda Dixital e determina un punto de inflexión no futuro dixital da nosa comunidade. A nova Estratexia, presentada no Pleno de 2019, conta con 7 eixes estratéxicos que dan resposta aos novos retos globais e un eixe transversal co que se promoverá a especialización tecnolóxica en Galicia.
Durante esta década producirase o maior investimento da historia na transformación dixital de Galicia, con máis de 4.000 millóns de euros, dos que 2.450 millóns corresponderán a actuacións financiadas con fondos públicos.

A inauguración do centro GaiásTech como centro coordinador dos nodos tecnolóxicos de colaboración público-privada, a posta en marcha das plataformas web Dixiterrae e Gaiastech ou a presentación da Estratexia de Intelixencia Artificial de Galicia o pasado mes de xuño son algunhas das actuacións que se enmarcan dentro da EDG2030. Na actualidade, estase a elaborar a Estratexia Galega de Ciberseguridade como un dos piares sobre os que pivota a Estratexia Dixital de Galicia e que estará aliñada coa Estratexia Nacional de Ciberseguridade de 2019 e coa Estratexia Europea a través dos nodos tecnolóxicos desenvolvidos pola Amtega.

Cumprimento dos compromisos do Osimga na anualidade 2020

Entre os principais compromisos adquiridos no anterior Pleno do Osimga, cabe salientar a realización de dous estudos novidosos: “Talento Dixital: Estudo sobre a Traxectoria profesional dos perfís STEM de Galicia” (http://www.osimga.gal/es/informes/talento-digital-estudio-de-la-trayectoria-profesional-de-los-perfiles-stem-de-galicia) e o “Informe sobre o impacto da pandemia provocada pola COVID19 nas empresas TIC de Galicia” (http://www.osimga.gal/gl/informes/impacto-da-covid-no-sector-tic).

O estudo sobre a traxectoria laboral das persoas tituladas en graos universitarios STEM en Galicia encádrase no marco da Estratexia Dixital de Galicia 2030, que establece a especialización tecnolóxica e o impulso ao talento dixital como un dos piares sobre os que pivota o futuro dixital de Galicia.

No estudo do impacto da COVID19 no sector TIC de Galicia constátase que o sector TIC foi un dos máis resilientes na contorna provocada pola COVID-19 e configurouse como un sector estratéxico para dar resposta ás necesidades de aumento da dixitalización xurdidas a raíz da pandemia do coronavirus.

No ano 2020 o OSIMGA tamén deu continuidade os Diagnósticos sobre a evolución do equipamento e uso das TIC nos distintos ámbitos de observación e renovouse a cooperación co IGE e o INE para os próximos catro anos a través de dous convenios de colaboración con estas entidades.

Novas liñas de estudo: Competencias Dixitais, ‘Rapaciñ@s dixitais’ e Tecnoloxías Disruptivas

No Pleno do Osimga tamén se presentaron as principais novidades do Plan de Traballo do Observatorio, onde se destacan os novos informes e liñas de traballo para contribuír a cumprir coas liñas estratéxicas da Estratexia Galicia Dixital 2030.

O primeiro informe tratará sobre o grao de Competencias Dixitais da cidadanía galega. Este informe ten como obxectivo coñecer a situación de partida e determinar as habilidades dixitais da cidadanía galega, analizándoas segundo os distintos perfís socio-demográficos.

O segundo informe novidoso para a próxima anualidade é “Rapaciñ@s dixitais”. Este estudo avaliará o grao de acceso aos recursos dixitais e o uso das tecnoloxías por parte das nenas e nenos galegos de 5 a 15 anos.

Ademais, no próximo ano realizarase unha análise específica das tecnoloxías disruptivas do sector TIC de Galicia.. O seu obxectivo é identificar o grao de adopción nas empresas TIC da intelixencia artificial, aprendizaxe automática a través de big data, robots de servicio, chatbot… e tamén coñecer a incorporación de perfís especializados nestes campos.

20/07/202114:07
Dous traballadores usando cadanseu portátil.
Santiago de Compostela

A Xunta apoia con 2 M€ o emprego dunhas 430 persoas en máis de 400 empresas pequenas de nova creación e de base tecnolóxica

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases coas que a Xunta apoiará o fomento e a consolidación do emprego en pequenas empresas de nova creación e artella incentivos para as iniciativas empresariais de base tecnolóxica
  • As axudas poden superar os 200.000 euros no caso das empresas radicadas no rural, que xeren máis postos e que permitan a inserción laboral de colectivos prioritarios como mulleres, maiores de 45 anos ou emigrantes retornados
  • O Goberno galego persegue fornecer o emprego estable, a conciliación laboral, a formación e o impulso da contratación de persoal cualificado

O apoio á consolidación de emprego nas pequenas empresas e o impulso ás iniciativas empresariais con base tecnolóxica constitúen os eixos da convocatoria de axudas que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia co obxectivo fomentar e favorecer o emprego estable. Estes apoios, que suman un orzamento de 2 millóns de euros, aspiran a chegar a máis de 400 empresas (pequenas de nova creación e firmas tecnolóxicas) e colaborar co emprego de 430 persoas traballadoras.

Estas axudas constan de dúas vías de actuación. Dunha banda están os apoios destinados ás pequenas empresas de nova creación que conforman o primeiro dos programas e, doutra, os destinados a favorecer o desenvolvemento de iniciativas de emprego con base tecnolóxica que permitan aproveitar o potencial formativo de galegas e galegos, que sustentan o segundo dos programas.

A Xunta destina, ao primeiro dos programas, 1,5 millóns de euros co obxecto de apoiar a creación de emprego estable en pequenas empresas de nova creación (de 2.000 a 9.000 euros por posto ata un máximo de 10), a formación (3.000 euros por empresa), o inicio da actividade (de 2.000 a 9.000 euros por posto ata un máximo de 10) e a conciliación (apoio máximo de 3.000 euros para cubrir os custos das escolas infantís para fillos menores de tres anos dos promotores). Sumando estas catro axudas, que son complementarias, a contía máxima poderá acadar os 186.000 euros. Este programa pretende chegar a unhas 400 empresas e arredor de 390 traballadores.

O segundo dos programas, dotado con medio millón de euros, está dirixido a incentivar ás empresas previamente cualificadas no correspondente rexistro como iniciativas de emprego de base tecnolóxica. Neste caso, estímase que os apoios poidan acadar a unha vintena de firmas e uns 40 traballadoras ou traballadores. Trátase neste caso de aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e con coñecementos tecnolóxicos coa finalidade de impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego.

A creación directa de emprego estable nas iniciativas de base tecnolóxica recibirá inxeccións de 6.000 ata 22.500 euros por posto creado, dependendo as contías da idade, sexo ou titulación das persoas contratadas. Prevense ademais apoios para a contratación de persoal técnico de alta cualificación (máximo de 18.000 euros para todas as contratacións) e para a posta en marcha do proxecto empresarial (ata 24.000 euros segundo os postos estables creados no primeiro ano de actividade). Ao igual que no primeiro programa, todas estas axudas son complementarias entre si, polo que unha mesma empresa poderá acceder a unha cantidade máxima de 64.500 euros.

En ambos os dous programas, os impulsos incrementaranse nun 25% se a persoa incorporada pertence a colectivos con dificultade de inserción laboral como mulleres, traballadores maiores de 45 anos, emigrantes retornados... Este aumento aplicarase tamén no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural.

As empresas interesadas poderán solicitar estas axudas ata o 20 de agosto, no caso das pequenas empresas de nova creación ata o 30 de setembro para as empresas de base tecnolóxica.

A consolidación dun emprego de calidade, estable e que insira na empresa os valores da conciliación laboral e da formación continua forman parte das políticas activas de emprego da Xunta, onde os colectivos máis vulnerables teñen a debida cabida e apoio. O Goberno autonómico presta deste xeito unha especial atención, tamén, ao emprego da Galicia do mañá, o emprego de base tecnolóxica, no que quere ser unha aposta pola innovación e a creación de postos de traballo de alta cualificación.

20/07/202109:07
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

Agasol e a Amtega percorrerán case unha vintena de concellos galegos para incentivar as vocacións STEAM entre a rapazada

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) desenvolverá, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o programa Girl STEAM, que procura motivar as vocacións tecnolóxicas e científicas entre a rapazada guiado por unha rede de profesionais de recoñecido prestixio.

As xornadas celebraranse nos meses de xullo, agosto e setembro a través de obradoiros formativos prácticos presenciais en 18 concellos galegos. En cada concello faranse dúas quendas por idades, unha para a rapazada de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos. O programa iníciase o 19 de xullo en Guitiriz.

aforo máximo por quenda será de 10 persoas e terán lugar, sempre que sexa posible, nas aulas CeMIT da Xunta. Os lugares e as datas de celebración dos obradoiros de Girl STEAM están dispoñibles na web CeMIT, desde onde se poderá reservar praza. Agasol tamén difundirá información sobre as xornadas desde a súa web e redes sociais.

En que consiste o programa

Nestes obradoiros tomarase contacto coa tecnoloxía de forma inspiradora e creativa, creando circuítos en papel, programando os seus propios videoxogos con scratch (unha linguaxe de programación creada polo MIT para persoas que se inician neste ámbito) ou creando cómics interactivos coa makey makey (un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch) e outros inventos. Os obradoiros adaptaranse ao público e ás características técnicas de cada aula.

Desta forma, as nenas e nenos participantes poderán facer funcionar un circuíto eléctrico cun só LED e que este brille nun papel. Ademais, terán a posibilidade de realizar outro tipo de proxectos, máis avanzados, que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucran ou uso de diferentes sensores e actuadores, así como a elaboración de postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva, entre outras actividades.

Empoderar á rapazas nos eidos STEAM

De xeito transversal, Agasol e a Amtega buscan motivar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade, especialmente entre as rapazas, para que aposten por carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e polas profesións do ámbito TIC. Este ano, como novidade, engádese o A de artes, xa que se considera que a creatividade e as artes forman parte do desenvolvemento social e económico actual.

Ademais, no desenvolvemento dos obradoiros búscase trasladar mensaxes e elementos transversais como:

  • A igualdade.
  • O sentido crítico ante a tecnoloxía.
  • O uso creativo da tecnoloxía, máis aló do mero uso e consumo.
  • A colaboración e o traballo en equipo.

En 2020, realizáronse e divulgáronse seis conversas gravadas con mulleres referentes a nivel internacional nos eidos científicos e tecnolóxicos, que achegaron a súa experiencia ás máis novas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS