Breakout tecnolóxico é unha actividade na que se enfronta aos participantes a unha serie de probas de maneira consecutiva. Han de resolver unha proba para conseguir unha pista que lles permita pasar á seguinte, e así sucesivamente, ata chegar a obter o resultado final que se buscaba: unha chave para abrir unha porta e escapar dun confinamento, ou un código que desactiva unha bomba…
Algunhas das probas do breakout tecnolóxico resólvanse por medio de videoxogos, deseño 3D, robótica ou realidade aumentada.
Para permitir que todos/as os/as participantes teñan os coñecemento precisos para poder sacar adiante as probas, antes de afrontar o breakout realizarase unha formación sobre as tecnoloxías involucradas posteriormente no mesmo.
Breakout Tecnolóxico é unha actividade conxunta, na que participan os pais e nais coas fillas e fillos. A idade das nenas/os será a partir de 8 anos. Cada equipo será dun máximo de 3 persoas.
A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.
O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.
A aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece formación gratuíta para obter o certificado profesional para soporte de tecnoloxía da información. O curso, orientado a mulleres ou colectivos vulnerables, vaise impartir de forma telemática na aula CeMIT entre os meses de setembro e novembro en horario de mañá.
Trátase dunha actividade formativa organizada en cinco módulos que se organizan do seguinte xeito: Aspectos básicos da asistencia técnica; Os bits e bytes das redes informáticas; Sistemas operativos: converterse nun usuario avanzado; Administración de sistemas e servizos de infraestrutura de IT; e Seguridade Informática: defensa contra artes escuras dixitais.
Toda a información sobre esta actividade formativa na Aula CeMIT do Concello de Boiro está dispoñible de xeito presencial no primeiro andar do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.
O obradoiro de programación con Micro:Bit é unha actividade conxunta, na que participen os pais e nais coas fillas e fillos. A idade das nenas/os será entre 7 e 12 anos (máximo dous nenos por grupo).
BBC micro: bit é unha pequena tarxeta electrónica programable de 4×5 cm lanzada pola BBC británica no ano 2015 co obxectivo de que máis dun millón de nenos/as e mozos ingleses aprendesen a programar dunha forma fácil e divertida. No ano 2016 a Fundación Educativa Micro: Bit integrada por empresas como Amazon, Microsoft, Cisco ou Samsung, asumen este proxecto co propósito de promocionar a aprendizaxe da programación e a robótica entre os mozos a nivel mundial.
O obxectivo do obradoiro é iniciarse na construción de circuítos electrónicos que incorporan distintos compoñentes e controlar o seu funcionamento usando unha ferramenta de programación visual como MakeCode.
MakeCode é un sinxelo editor gráfico en liña moi potente que nos posibilita introducirnos no mundo da programación de forma intuitiva a través da linguaxe de programación visual ou de bloques, co que aprendemos a pensar como un programador.
Propoñémonos atopar metodoloxías que potencien nas nenas e nenos as capacidades reflexivas, críticas e creativas, co obxectivo de que desfruten da tecnoloxía en familia de forma lúdica, fornecendo a súa vez o vínculo familiar.
A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.
O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.
A aula CeMIT de Ortigueira e a Biblioteca Municipal acollerán do 16 ao 20 de agosto un curso gratuíto de tecnoloxía e patrimonio dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos. As persoas interesadas poderán anotarse até este venres 13 de agosto.
As temáticas a abordar serán, entre outras, as seguintes: robótica, videoxogos, deseño e impresión 3D. A idea do Concello é achegar á mocidade unha aposta pola formación divertida e creativa, usando diferentes tecnoloxías e aprender máis sobre o patrimonio de Ortigueira. “Unha forma atractiva de que a mocidade se implique co patrimonio, coñecendo nova tecnoloxía de utilidade para o seu estudo”, sinalou o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras.
A formación gratuíta conta cun máximo de 12 prazas e as persoas interesadas en participar nela poderán apuntarse na aula CeMIT de Ortigueira ou chamando ao teléfono 981 40 25 33.
Durante os días 10 e 11 de novembro celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o evento de ciberseguridade de referencia en Galicia. Se a situación o permite desenvolverase presencialmente, aínda que tamén será retransmitido por internet.
É un evento promovido e organizado polo nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal; unha iniciativa impulsada para contribuír ao seu obxectivo de favorecer unha contorna dixital segura e impulsar a industria de ciberseguridade galega.
O evento terá o privilexio de contar coa participación do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptológico Nacional (CCN). Ademais, contará coa presenza e participación das principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da Comunidade, e con axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.
O 10 de novembro contará con actividades destinadas ao tecido empresarial galego e á cidadanía, mentres que o último día reservarase para accións dirixidas á Administración Pública.
Está previsto desenvolver actividades como charlas divulgativas, paneis de debate, talleres prácticos e retos co fin de concienciar e informar da situación actual da ciberseguridade, o seu elevado nivel de importancia, os mecanismos existentes para o impulso do emprendimiento no sector e a realidade do mercado laboral nesta área.
Proximamente, na web de CIBER.gal publicaranse as entidades participantes, o programa detallado e os relatores cos que contaremos no evento.
Nesta edición, Indra ofrecerá asesoramento pedagóxico para orientar o itinerario formativo cara ás tecnoloxías máis disruptivas e demandadas; impartirá masterclass e mentoría da man de expertos voluntarios da compañía.
Ademais, facilitará prácticas na empresa e incorporará ás mulleres bolseiras que máis se axusten aos perfís demandados.
Toda a información está dispoñible na Web Oficial do Programa RADIA.
Un total de 50 mulleres con discapacidade foron seleccionadas para participar na segunda convocatoria do Programa RADIA, edición Indra 21/22, impulsada pola Fundación ONCE, a Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCS) e Fundación CEOE para mellorar a inclusión de persoas con discapacidade en contornas da economía dixital.
A iniciativa pretende así ofrecer oportunidades de emprego ás mulleres con discapacidade, que constitúen o grupo que menos opcións ten de desenvolvemento profesional nos ámbitos tecnolóxicos.
Na súa segunda edición, o programa conta co apoio de Indra, unha das principais empresas globais de tecnoloxía e consultoría, que se incorpora ao proxecto no marco do seu compromiso coa diversidade e co fomento das vocacións STEM.
As 50 mulleres que participarán nesta iniciativa teñen a oportunidade de desenvolver a súa carreira profesional nun campo laboral tecnolóxico mediante este proceso de formación gratuíto, que comezará o próximo mes de setembro e finalizará en xuño de 2022. Proceden de Madrid (11), Cataluña (8), Andalucía (6), Comunidade Valenciana (6), Galicia (6), Canarias (4), Castela e León (2), Estremadura (2), Murcia (2), Cantabria (1), País Vasco (1) e Melilla (1).
Na súa formación, Indra ofrecerá asesoramento pedagóxico para orientar o itinerario formativo cara ás tecnoloxías máis disruptivas e demandadas; impartirá masterclass e mentoría da man de expertos voluntarios da compañía, facilitará as prácticas na empresa e contribuirá a mellorar a empregabilidade das mulleres bolseiras, incorporando a aquelas que máis se axusten aos perfís que necesita.
Esta colaboración faise grazas a unha doazón realizada pola compañía tecnolóxica no marco da Lei de Medidas Alternativas.
O programa está aberto a mulleres con titulación universitaria de todo o territorio español, de todas as idades e de distintas disciplinas de formación e carreiras profesionais.
Está deseñado para alumnas como Ana Marín, licenciada en dereito, que asegura que a súa experiencia en RADIA permitiulle 'dar un xiro de 180 graos' á súa carreira profesional, formándose en competencias que antes de participar no programa 'cría exclusivas para enxeñeiros ou expertos no sector'. E tamén está pensado para alumnas como Carlota Ponce, enxeñeira aeroespacial, que declara que o programa achegaoulle 'ferramentas e ideas tecnolóxicas para traballar no seu sector e que este sexa máis seguro, máis eficaz e máis fiable'.
Como na súa primeira edición, a aprendizaxe dividirase en tres fases que combinan formación presencial e virtual, sobre os asuntos máis candentes da transformación dixital, como a intelixencia artificial, fintech, esport, comercio electrónico, ciberseguridade, biotecnoloxía, blockchain ou green tech. Ademais, contará con titorías e contidos inspiradores con mentoras de diferentes empresas e prácticas en compañías tecnolóxicas.
A primeira das tres fases da formación será a denominada Brain Storm, cuxa finalidade é que as alumnas adquiran coñecementos e habilidades tecnolóxicas para traballar en empregos da economía dixital ao longo das súas 13 semanas de duración. Terminado este período, comezará o titulado Mentor Women, que en 12 semanas pretende orientar ás beneficiarias para que poidan decidir cal será a certificación profesional que realizarán nesta fase, que contará con sesións de mentoría para axudalas a medrar na aprendizaxe dixital. Finalmente chegará Real Work, unha etapa de 13 semanas na que as alumnas poderán realizar prácticas remuneradas nunha contorna real, aplicando os coñecementos adquiridos para que aumenten as súas experiencias e aprendizaxe.
O Programa RADIA WOMEN'S DIGITAL INCLUSION toma o seu nome de Radia Perlman, a creadora dun dos protocolos de comunicación máis utilizados do mundo que fai que as redes funcionen correctamente, sexan estables, robustas e seguras.
Actualmente, só una de cada seis especialistas TIC que hai no mercado laboral son mulleres. A este dato únese ademais a circunstancia da discapacidade, que dificulta a inclusión das mulleres no ámbito da educación superior e o emprego. Por iso o propósito do programa é ofrecer formación e traballo que inclúa a máis mulleres con discapacidade no sector dixital, recoñecendo tanto o valor das súas contribucións, como o seu talento, algo esencial para construír unha sociedade dixital inclusiva, competitiva e dinámica.
Desde esta perspectiva, RADIA establece unha serie de pasos encamiñados a aumentar o número de universitarias con discapacidade sentadas en postos de traballo baseados no manexo de tecnoloxía dixital.
ParkinsAI é un proxecto desenvolvido por un equipo de investigadores do Massachusetts Institute of Technology (MIT) que aplica a tecnoloxía ao coidado de persoas con párkinson, ofrecendo un monitorado constante dos síntomas da enfermidade.
O proxecto busca conxugar este monitorado permanente co uso da telemedicina para mellorar a atención dos pacientes, prevendo os momentos nos que os síntomas da enfermidade son máis severos e axustando os medicamentos a cada momento.
Este control continuo do paciente realízase mediante un reloxo intelixente capaz de medir a severidade dos tremores asociados ao párkinson.
O obxectivo de ParkinsAI é crear un modelo de coidado dinámico e adaptativo que se axuste ás necesidades de cada paciente de forma remota usando tecnoloxía sinxela como un reloxo intelixente.
Ademais, o sistema permitiría solicitar moita información sobre a enfermidade que axudará ao desenvolvemento de modelos para mellorar o seu tratamento.
O Concello de Narón vai ofrecer a través da Deputación da Coruña un obradoiro do proxecto Cuidadanas enmarcado no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural e que se leva a cabo en colaboración coa Fundación Mujeres. O obradoiro porá o foco en loitar contra a fenda dixital deste colectivo.
En termos máis xenéricos, a iniciativa ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, polo que se dirixe a mulleres que de xeito non profesional coiden ou coidasen a persoas en situación de dependencia. As edís de Benestar Social, Catalina García, e Igualdade, Mar Gómez, deron a coñecer a convocatoria, anunciando que é de balde e que se será preciso para que se imparta cubrir alomenos oito prazas, tendo preferencia persoas de Narón.
O curso desenvolverase os xoves, entre o 23 de setembro e o 25 de novembro entre as 10.30 e as 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa San Vicente, 1). Entre os contidos que se abordarán inclúense os seguinets: Saúde e autocoidado, Quen coida de min; Xestión do tempo, O teu tempo, o teu lecer; Escoita activa, Se me escoito, escóitote; Dixitalizadas, Manexando o móbil e Prevención do acoso na rúa.
Coa finalidade de mellorar os coñecementos dixitais das mulleres a través do programa Digitalizadas (Fundación Mujeres) impartirase un obradoiro de uso de teléfonos móbiles para que desenvolvan as súas competencias tecnolóxicas e reducir deste xeito a fenda dixital de xénero. Neste último abordaranse temas como o uso do móbil intelixente, a xestión do correo electrónico e seguridade nas redes. As persoas interesadas en acudir poden informarse chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).
O Concello de Tomiño vai organizar actividades formativas para facilitar á veciñanza o uso das aplicacións médicas PassCOVID e SERGAS Móbil, a primeira centrada en achegar información e servizos contra a pandemia, e a segunda centrada en facilitar á veciñanza todos os trámites relacionados coa súa saúde e a atención médica. O obxectivo: conseguir que os cidadáns xestionen de xeito rápido, áxil e cómodo todo tipo de cuestións sanitarias con presenza nas novas tecnoloxías.
As accións formativas van vir da man da aula CeMIT local, que organiza nesta primeira metade de agosto cursos de balde sobre as ditas ferramentas para dispositivos.“Queremos que as veciñas e veciños teñan acceso á sanidade non só de forma presencial ou telefónica, senón tamén dixital, o que ten unha morea de beneficios para a veciñanza”, destacou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, engadindo que outro dos obxectivos é evitar, na medida do posible, que a cidadanía teña que acudir ao seu centro de saúde para realizar trámites e servizos que poden levar a cabo de xeito doado coa axuda das novas ferramentas. Por exemplo a activación da Chave365, un servizo indispensable para obter o certificado de vacinación da COVID-19 e cuxa obtención, grazas a estes cursos, pode ser axilizada.
A aula CeMIT organizará varias quendas deste curso de 2 horas de duración na que as persoas participantes poderán adaptar os horarios ás súas necesidades sempre que coincidan co horario de apertura da aula, de luns a venres de 09.30 a 13.30 horas e os martes tamén de tarde de 16.30 a 20.30 horas. Para inscribirse só é preciso anotarse presencialmente nas instalacións da aula CeMIT, situada no Campo da Feira; chamando ao teléfono 986 62 33 04 ou enviando un correo electrónico a cemit.tomino@xuntal.gal.
A aula CeMIT de San Sadurniño vai achegar á cidadanía, no que resta de ano, unha completa axenda de cursos sobre temas moi diversos relacionados coas TIC, ademais de “solucionar dúbidas ou outras necesidades que lles poidan xurdir ás persoas usuarias da Internet”. Por exemplo, o uso dos aplicativos en liña para obter a Chave365, descargar os certificados de vacinación e utilizar a ferramenta SERGAS Móbil. Por esta razón, de cara ao mes de agosto e principios de setembro, o servizo organiza varios cursos específicos por videoconferencia que se verán reforzados con sesións presenciais nas distintas parroquias para axudar á veciñanza a facer todos estes trámites.
O curso por videoconferencia abordará catro temas principais: como acceder ao certificado de vacinación contra a COVID-19, que é a Chave365 e cal é o procedemento de descarga e instalación da aplicación SERGAS Móbil, así como a información que contén e as xestións que se poden facer con ela. A maiores tamén se mostrará que son os códigos QR e como podemos lelos co móbil. Esta acción formativa impartirase todos os mércores de 10.00 a 11.30h desde o 4 de agosto até o 1 de setembro. Porén, a responsable da aula, Carmen Suárez, tamén programou sesións presenciais nos locais sociais das sete parroquias, que se desenvolverán con cita previa e de maneira individual entre as 10 e as 13.00h nas seguintes datas e lugares:
As reservas para o curso por videoconferencia e as solicitudes de cita previa para a atención presencial nos locais hai que facelas no 616 016 793 ou no correo cemit.sansadurnino@xunta.gal.