main content

main content
23/09/202114:09
Logo Codix.
Santiago de Compostela

A Amtega convoca preto de 800 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

  • Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
  • Debido a súa alta demanda, se duplican tanto o número de prazas como as quendas de realización con respecto á edición realizada no primeiro semestre.
  • Os exames presenciais celebraranse os días 3, 4 e 5 de novembro nas aulas CeMIT de 44 concellos de toda Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) oferta un total de 786 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición a estas probas remata o xoves 30 de setembro e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

As probas presenciais celebraranse os días 3, 4 e 5 de novembro en 96 quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 44 concellos, que suman un total de 786 prazas dispoñibles:

Abegondo, Ames, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Narón, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Barreiros, Burela, Carballedo, A Fonsagrada, Guitiríz, Lugo, Monterroso e O Vicedo na provincia de Lugo; Bande, O Barco, A Bola, Castro Caldelas, Celanova e Leiro na provincia de Ourense; e Campo Lameiro, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.

Entre as persoas inscritas provisionalmente realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan máis solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo

Máis de 1.500 prazas programadas para o ano 2021

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2021, que terá a súa continuación no próximo ano con novas convocatorias semestrais de cursos de teleformación titorizada con exame final e de probas presenciais na modalidade autoformativa

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 10.600 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (3.024 en cursos de teleformación titorizada e 7.590 en probas presenciais de acceso libre) e 4.565 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia despois de superar as probas convocadas nas aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as máis de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.

Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 3, 4 e 5 de novembro de acordo co seguinte calendario:

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10:00

10

Ames

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10:00

7

Cerceda

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10:00

6

Coruña, A

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10:00

10

Porto do Son

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10:00

5

Ribeira

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10:00

8

Carballedo

Lugo

Mércores, 3 de novembro

10:00

3

Lugo

Lugo

Mércores, 3 de novembro

10:00

8

Bola, A

Ourense

Mércores, 3 de novembro

10:00

6

Celanova

Ourense

Mércores, 3 de novembro

10:00

9

Campo Lameiro

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10:00

7

Lalín

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10:00

12

Moaña

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10:00

7

Poio

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10:00

5

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10:00

9

Valga

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10:00

6

Vigo

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10:00

8

Vilagarcía Arousa

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10:00

10

 

 

 

 

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Fonsagrada, A

Lugo

Mércores, 3 de novembro

12:00

10

Lugo

Lugo

Mércores, 3 de novembro

12:00

8

Bande

Ourense

Mércores, 3 de novembro

12:00

6

Barco, O

Ourense

Mércores, 3 de novembro

12:00

6

Bola, A

Ourense

Mércores, 3 de novembro

12:00

6

Cuntis

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

12:00

8

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

12:00

12

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

12:00

9

Vilagarcía Arousa

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

12:00

10

 

 

 

 

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Abegondo

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10:00

10

Ames

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10:00

7

Brión

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10:00

10

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10:00

10

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10:00

8

Porto do Son

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10:00

5

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10:00

8

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10:00

9

Barreiros

Lugo

Xoves, 4 de novembro

10:00

6

Carballedo

Lugo

Xoves, 4 de novembro

10:00

3

Guitiríz

Lugo

Xoves, 4 de novembro

10:00

14

Bola, A

Ourense

Xoves, 4 de novembro

10:00

6

Lalín

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10:00

12

Moaña

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10:00

7

Poio

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10:00

5

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10:00

9

Vigo

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10:00

8

 

 

 

 

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

12:00

9

Burela

Lugo

Xoves, 4 de novembro

12:00

5

Bande

Ourense

Xoves, 4 de novembro

12:00

6

Barco, O

Ourense

Xoves, 4 de novembro

12:00

6

Bola, A

Ourense

Xoves, 4 de novembro

12:00

6

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12:00

8

Lalín

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12:00

12

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12:00

12

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12:00

9

Valga

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12:00

6

 

 

 

 

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16:00

10

Fisterra

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16:00

6

Ortigueira

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16:00

7

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16:00

8

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16:00

12

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16:00

9

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 4 de novembro

16:00

4

Bola, A

Ourense

Xoves, 4 de novembro

16:00

6

Castro Caldelas

Ourense

Xoves, 4 de novembro

16:00

8

Celanova

Ourense

Xoves, 4 de novembro

16:00

9

Leiro

Ourense

Xoves, 4 de novembro

16:00

4

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

16:00

18

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

16:00

8

Moaña

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

16:00

7

 

 

 

 

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10:00

7

Boiro

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10:00

10

Brión

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10:00

10

Cerceda

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10:00

6

Fisterra

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10:00

6

Narón

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10:00

9

Oroso

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10:00

10

Ortigueira

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10:00

7

Carballedo

Lugo

Venres, 5 de novembro

10:00

3

Guitiríz

Lugo

Venres, 5 de novembro

10:00

14

Monterroso

Lugo

Venres, 5 de novembro

10:00

11

Celanova

Ourense

Venres, 5 de novembro

10:00

9

Estrada, A

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10:00

10

Moaña

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10:00

7

Poio

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10:00

5

Pontevedra

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10:00

12

Tomiño

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10:00

9

Vigo

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10:00

8

 

 

 

 

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Boiro

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12:00

10

Narón

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12:00

9

Oroso

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12:00

10

Santa Comba

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12:00

12

Vimianzo

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12:00

5

Monterroso

Lugo

Venres, 5 de novembro

12:00

11

Cuntis

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

12:00

8

Guarda, A

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

12:00

6

Marín

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

12:00

10

Tomiño

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

12:00

9

23/09/202110:09
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

Unha conferencia no Centro GaiásTech abordará o concepto de xemelgo dixital

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a AMTEGA organizan o vindeiro venres un espazo de networking e debate chamado tres14.pm que celebrarase de xeito presencial, para un grupo máximo quince profesionais do sector das TIC ou outras persoas interesadas na materia, no Centro GaiásTech situado na Cidade da Cultura en Santiago (Monte Gaiás, s/n. Edificio CEM) ás 15:00 horas. Ademais, poderase seguir en streaming onde os participantes interactuarán co relator a través do chat.

Este programa difundirase desde o centro GaiasTech, recentemente inaugurado, e que se configura como o elemento central e coordinador do ecosistema dixital de Galicia e da súa relación co resto da economía galega na procura dunha competitividade duradeira e xerando espazos de integración e inclusión dixital e de desenvolvemento persoal do noso talento dixital. O programa conta con espazos de networking, de debate, opinión e coñecemento, invitando a expertos en distintas materias para que realicen unha exposición seguindo un programa específico no que reflectirán, en catorce minutos, tres principios sobre dita temática de cara a establecer un coloquio posterior cos participantes. O relator desta xornada será Manuel Meijide, director da compañía ILUX Visual Technologies. Impartirá unha conferencia titulada O xemelgo dixital como impulsor da transformación dixital na industria. Meijide explica que un Xemelgo Dixital (Digital Twin) é unha representación dixital dun contorno ou proceso físico, réplicas virtuais que se empregan para simular a realidade e o seu comportamento en determinadas circunstancias. Sinala tamén que, máis alá dun mero modelo tridimensional, o xemelgo dixital combina unha representación co Big Data, Cloud Computing, IoT, Machine Learning ou Intelixencia Artificial para conseguir unha copia completa e en tempo real dun determinado contorno ou proceso físico cunhas características e estado concretos.

A través desta copia virtual, Meijide sinala que é posible unha análise exhaustiva da información, así como experimentar sen correr riscos, algo moi beneficioso por exemplo en procesos de fabricación. Ademais, dado que o xemelgo dixital simula o comportamento do seu homólogo físico, este último pódese monitorizar, analizar, automatizar e mesmo predicir o seu comportamento, en definitiva, mellorar. Asegura que «os xemelgos manexan, monitorizan e tratan información masiva e integran multitude de sistemas, conectando diferentes tipos de datos para crear unha única visualización para xestionar todo o proxecto representado». Meijide destaca que os xemelgos dixitais son de aplicación en multitude de sectores e todo tipo de empresas. O seu ámbito de aplicación asóciase á transformación dixital da empresa, xa que con eles é posible realizar un control dos sistemas para reducir as incidencias, previr tempos de inactividade, planificar tarefas e diferentes escenarios e probalos mediante simulacións ou acelerar procesos, todo isto en tempo real. Este programa forma parte dunha ampla axenda que a AMTEGA está a promover desde o centro GaiásTech, onde a tecnoloxía convertese no vector do cambio das nosas organizacións que poden dar respostas innovadoras e cun alto valor engadido ás demandas da nosa sociedade.

22/09/202113:09
Cartel da iniciativa.
Rianxo

A xira Girl STEAM de AGASOL e AMTEGA recala en Rianxo co inicio de outubro

AGASOL (Asociación Galega de empresas de Software Libre) e a axencia autonómica AMTEGA seguen estes primeiros días do outono coa súa xira de divulgación tecnolóxica nos concellos (un total de dezaoito nesta edición) destinada a fomentas novas vocacións tecnolóxicas entre a rapazada poñendo o foco nas nenas e nas mozas. Trátase da nova xira do proxecto Girl STEAM, derrubando estereotipos, que chegará con dous obradoiros á Aula de Informática do Auditorio de Rianxo, o 1 e o 2 de outubro.

O obxectivo deste proxecto é motivar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade, especialmente entre as rapazas, para que aposten por carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e polas profesións do ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Os contidos dos obradoiros son os que citamos de seguido, adaptados ás idades e características de cada grupo e facendo fincapé en cuestións como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía, o uso creativo das novas ferramentas, a colaboración e traballo en equipo e as oportunidades de desenvolvemento real que abren os recursos dixitais.

  • Tarxeta micro:bit: para aprender a programar de xeito doado e divertido
  • Maching learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial
  • Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar, é ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
  • Circuítos en papel: crearase un circuíto eléctrico co obxectivo de facer brillar un LED nun papel ou tela, incluíndo asemade diferentes sensores e actuadores e preparando o terreo para elaborar cómics, postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...

Desenvolveranse dous talleres na ​​​​​​​Aula de Informática (Auditorio de Rianxo) cos seguintes horarios: 

  • Venres 1 de outubro de 17 a 20 h, para a rapazada de 8 a 11 anos
  • Sábado 2 de outubro de 10.30 a 13.30 h, para a rapazada de 12 a 15 anos

As prazas son limitadas, e a inscrición de balde no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.

22/09/202108:09
Presentación de Talentos Inclusivos.
A Coruña

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña recibe do CPEIG o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino polo seu proxecto ‘Talentos Inclusivos’

  • A iniciativa pretende fomentar as vocacións TIC entre estudantes de secundaria e bacharelato, dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional e facilitar o seu día a día mediante solucións innovadoras
  • Será homenaxeado na “XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” que se celebrará o 29 de outubro no Hotel Oca Puerta del Camino en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino da “XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” ao Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña polo seu proxecto ‘Talentos Inclusivos’ destinado a fomentar as vocacións TIC entre a mocidade, á vez que da visibilidade ás persoas con diversidade funcional e contribúe a facilitar o seu día a día mediante solucións tecnolóxicas innovadoras. 

A gala máis importante da informática en Galicia celebrarase o vindeiro 29 de outubro no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela, cun encontro presencial e virtual que reunirá ás empresas máis destacadas do sector TIC en Galicia. Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

Co Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino, a organización colexial pretende amosar a capacidade da enxeñaría en informática para mellorar a calidade de vida en distintos ámbitos e colectivos sociais, implicando á poboación más nova en iniciativas como a galardoada na presente edición. 

‘Talentos Inclusivos’ é un proxecto colaborativo posto en marcha polo CITIC xunto con ASPACE Coruña, co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

O obxectivo do proxecto é dobre: fomentar as vocacións TIC entre estudantes de secundaria e bacharelato e, á súa vez, dar visibilidade á diversidade funcional, facilitando ademais o día a día das persoas con parálise funcional. Para iso, creáronse grupos de traballo colaborativos formados por usuarios e usuarias de ASPACE Coruña e estudantes de secundaria e bacharelato de diferentes centros educativos da provincia da Coruña, apoiados polo seu profesorado da materia de tecnoloxía e por persoal investigador do CITIC. 

Así, os usuarios e usuarias de ASPACE Coruña propuxeron diferentes retos tecnolóxicos que foron resoltos polo alumnado dos centros educativos. Durante todo o curso académico, máis dun centenar de estudantes implicáronse na iniciativa para dar solución a problemas cos que adoitan atoparse as persoas con parálise cerebral.

Algúns dos desenvolvementos tecnolóxicos foron un robot e un dron controlados coa man ou a cabeza, un sistema anticolisión para cadeiras de rodas, xoguetes infantís adaptados e produtos de apoio con impresión 3D.

O investigador principal do proxecto e subdirector do CITIC, Javier Pereira, afirma que “o proxecto Talentos Inclusivos proporciona coñecemento científico en beneficio da sociedade, que é un dos obxectivos co que o CITIC foi creado”. Tamén destacou a “gran implicación dos estudantes no proxecto”, así como “a súa capacidade de empatizar coas persoas con parálise cerebral para tentar axudar e propoñer solucións”.

Ante o éxito da primeira edición, o proxecto ‘Talentos Inclusivos’ terá unha nova convocatoria no recentemente iniciado curso académico. 

Sobre o CITIC

O CITIC é un Centro de Investigación de Galicia que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicado ás TIC. Impulsado pola Universidade da Coruña, no ano 2016 a Xunta de Galicia recoñece ao CITIC como Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019 pola súa traxectoria científica. En 2019 renova esta acreditación e pasa a denominarse Centro de Investigación de Galicia. A actividade científica do CITIC estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñería de Datos, Computación de Altas Prestacións, e Servizos e Redes Intelixentes, ademais dunha área de investigación transversal a todas elas, a de Ciberseguridade. Un dos obxectivos do CITIC pasa por poñer ao alcance da sociedade os resultados das súas investigacións, polo que no centro promóvense accións de ciencia cidadá e actividades divulgativas que potencien as vocacións científicas e garantan a renovación do talento no ámbito das TIC.

Máis información sobre o proxecto.

21/09/202107:09
Zeltia Lado participando no webinario.
Santiago de Compostela

Preto de 900 traballadores fórmanse en comercio electrónico a través do programa da Xunta 'Autónomos Dixitais'

  • A directora de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago de Compostela nun webinario no que ofreceu información sobre a iniciativa autonómica dirixida a brindar ás persoas autónomas os coñecementos precisos para reactivar os seus negocios
  • A Xunta incide desta maneira na importancia de formar ás novas traballadoras e traballadores poñéndoos no centro dun campo dixital que lles abre a porta ao emprendemento
  • Lado destacou a importancia de seguir facilitando a adaptación e incorporación á transformación dixital das persoas traballadoras galegas e lembrou a aposta do Goberno galego por unha formación “sen fronteiras” que permita ter unha visión global do mercado

Un comercio máis accesible, dixitalizado e con oportunidades para a reactivación económica das autónomas e autónomos son os eixos sobre os que xiran os cursos de formación do programa Autónomos Dixitais da Xunta no que están a participar na actualidade preto de 900 persoas.

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe nun webinario en Santiago de Compostela no que ofreceu información sobre esta iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, coa que se pretende facilitar a un total de 1.125 autónomos e autónomas os coñecementos precisos para reactivar os seus negocios nun contexto onde, por mor da pandemia, moitos establecementos puideron sobrevivir á coxuntura económica grazas ao comercio en liña.

A directora xeral explicou que este programa consta dun curso de iniciación, Fundamentos para crear un proxecto e-commerce, de 50 horas de duración, e outro curso de Especialista en e-commerce, tamén de 50 horas de sesións. Ambos son cursos dixitais onde se pode recibir a formación a distancia, facilitando deste xeito o seu acceso e, tamén, a debida conciliación das persoas interesadas. Do que se trata é de ofrecer formación en comercio dixital a aqueles autónomos que vaian iniciar a súa actividade económica ou de por a súa disposición unha nova ferramenta a todos aqueles que queiran dar unha segunda oportunidade a súa situación laboral.

A segunda edición de Autónomos Dixitais foi presentada en maio pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, con catro perfís aos que vai dirixida: mulleres; colectivo emprendedor entre persoas entre 31 e 44 anos e autónomos que tiveron que pechar o seu negocio como consecuencia da covid-19; e as persoas traballadoras autónomas maiores de 45 anos. Cada perfil consta dos dous cursos gratuítos en formato dixital.

“O noso obxectivo é acercar solucións e ferramentas de formación efectivas, que permitan dar unha resposta ás necesidades inmediatas, e ofrecer unha formación sen fronteiras que permita ter unha visión global do mercado”, apuntou Lado.

A formación continua e a capacitación laboral son dúas vías de traballo nas que incide deste xeito o Executivo galego, cunha aposta dobre na que cabe o comercio presencial, no cal se quere coidar e incentivar a compra, recalcou Lado, mais tamén cunha clara vocación de dotar ás novas e novos autónomos dunha ventá dixital para poder reemprender ou impulsar o seu negocio, colocando así, declarou Lago, “as persoas” no centro das políticas de emprego en Galicia.

20/09/202109:09
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

GaliciaTIC 2021 avaliará en outubro os principais desafíos do sector no contexto post-COVID

En outubro vaise celebrar a nova edición dun dos grandes e máis veteranos encontros tecnolóxicos do ámbito galego e estatal: GaliciaTIC. Será os días 6 e 7 de outubro, novamente da man da asociación empresarial Ineo. A temática central será a seguinte: Galicia en clave dixital. Do mesmo xeito que o ano pasado, marcado tamén pola COVID, a organización combinará a posibilidade de asistencia virtual coa física, esta última durante a mañá do mércores día 6.

O programa incluirá, entre outras cousas, unha mesa Ineo virtual o xoves 7 de outubro ás 13:00h, onde os socios poderán explicar os seus produtos e servizos tecnolóxicos. Haberá relatorios, mesas de debate, conferencias, webinars, demostracións virtuais (showrooms) e un espazo para o networking.

As actividades darán comezo o día 6 de outubro cunha mesa inaugural onde se abordarán os principais desafíos do sector das novas tecnoloxías, “especialmente nun momento que non foi planificado e que obrigou ás compañías, organizacións e traballadores a abordar situacións novas no contexto dun futuro incerto”. A mesa será moderada por Miguel Merino (Universidade de Vigo) e contará coa presenza de Mar Pereira, directora de AMTEGA, Carlos Suárez Rey (EDISA), Fernando Vázquez (Imatia), Luis Álvarez Sestelo (presidente de Ineo) e Fernando Guldris (director do IGAPE).

20/09/202109:09
Cartel da iniciativa.
A Coruña

O CITIC celebrará o IV Congreso XoveTIC o 7 e 8 de outubro

O CITIC celebra os próximos 7 e 8 de outubro a cuarta edición do Congreso XoveTIC, un evento científico destinado ao persoal investigador júnior. Presentaranse un total de 60 traballos no ámbito das TIC e tamén terán lugar dúas conferencias plenarias, ofrecidas pola directora da Área de Tecnoloxía da UPF Barcelona School of Management, Ana Freire, e o membro do Comité Asesor de Directores do INESC TEC de Porto e profesor da Universidade do Minho, Rui Carlos Oliveira.

A inscrición ao congreso é gratuíta e pode formalizarse na páxina web xovetic.citic.udc.es.

Este evento científico está destinado ao persoal investigador júnior (predoutoral e posdoutoral) para presentar comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Ademais, tamén están previstas conferencias plenarias e obradoiros de formación. Segundo explica o CITIC, o XoveTIC é “un congreso xenuíno que se diferencia da maioría dos eventos análogos que se celebran en España no ámbito das novas tecnoloxías, nos cales se reúnen investigadores sénior con anos de experiencia”. Pola contra, o XoveTIC preséntase como “o punto de partida de novas investigacións e proxectos que impliquen cambios disruptivos na sociedade e na tecnoloxía tal e como actualmente as coñecemos”.

16/09/202112:09
Cartel da iniciativa.
Sada

En Sada a cidadanía poderá formarse estes meses en eAdministración, facturas electrónicas e ofimática

Concello de Sada presentou o seu programa formativo-tecnolóxico para estes meses de setembro e outubro, unha axenda de aprendizaxe dixital que inclúe media ducia de cursos abeirados á iniciativa A volta coas TIC. Desenvolverase na aula CeMIT de Sada, de xeito presencial.

Os cursos en cuestión son os que citamos a continuación:

  • Curso de iniciación ao procesador de textos Writer.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: aprender como crear documentos, similar ou Microsoft Word.
    • Data e horario: 15:30 – 17:30 de 22/09/2021 a 6/10/2021 (mércores e xoves).
  • Curso avanzado ao procesador de textos LibreOffice Writer.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: Aprender como sacar proveito das ferramentas que nos permitirán dar un toque especial aos nosos documentos ou ser moito máis produtivos.
    • Data e horario: 9:00 – 11:30 de 20/09/2021 a 11/10/2021 (luns, martes e venres).
  • Curso de iniciación á folla de calculo Calc.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: Aprender a crear follas de cálculo, similar a Microsoft Excel.
    • Data e horario: 18:00 – 20:00 de 22/09/2021 a 6/10/2021 (mércores e xoves).
  • Curso avanzado á folla de calculo Calc.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: aprenderemos como tirar o máximo proveito da ferramenta de ofimática Calc facendo uso das funcións intermedio e avanzada que LibreOffice Calc pon en xogo.
    • Data e horario: 09:00 – 11:30 de 15 /10/2021 a 8 /11/2021 (luns, martes e venres).
  • Curso de Administración Electrónica: eAdministración.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: Este curso presta especial atención ao certificado dixital, a sinatura electrónica e o DNI electrónico, especificando os seus usos, requisitos, etc. Abordaranse as posibilidades que ofrece a Administración Electrónica e o acceso práctico aos servizos públicos electrónicos: sedes electrónicas, canles de información, publicacións oficiais, etc.
    • Data e horario da primeira edición: 12:00 – 14:00 de 20/09/2021 a 28/09/2021 (luns, martes e venres). Data e horario da segunda edición: 12:00 – 14:00 de 15 /10/2021 a 25 /10/2021 (luns, martes e venres).
  • Curso de Factura Electrónica: Factura-e e FACe.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: Este curso presta especial atención ao proceso de elaboración e presentación da factura electrónica a través do programa Factura-e e no punto xeral de entrada de facturas electrónicas FACe.
    • Primeira edición: 12:00 – 14:00 de 1/10 /2021 a 11/10/2021 luns, martes e venres. Segunda edición: 12:00 – 14:00 de 26/10 /2021 a 8/11/2021 luns, martes e venres.
16/09/202111:09
Demostración da aplicación informática de atención á diversidade.
A Coruña

Premiado na UDC un proxecto de tecnoloxía inclusiva impulsado dende o CITIC

Un proxecto tecnolóxico con vontade de inclusión social dirixido por persoal investigador do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña vén de ser galardoado na segunda edición dos Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da UDC.

Trátase do proxecto TFG para o desenvolvemento de aplicacións informáticas de apoio á diversidade, dirixido polo subdirector do CITIC Javier Pereira Loureiro e os docentes da Facultade de Informática e persoal investigador do CITIC, Adriana Dapena Janeiro, Paula Castro Castro e Óscar Fresnedo Arias. En concreto, recibiron o segundo premio da modalidade Atención á Diversidade, dotado cunha contía de 400 euros.

O xurado dos premios, convocados polo Vicerreitorado de Internacionalización e Cooperación e o Vicerreitorado de Planificación Académica e Innovación Docente, fixo pública a listaxe definitiva de proxectos premiados o pasado 10 de setembro. En total, outorgáronse seis premios, dous por cada liña temática de participación: sustentabilidade, atención á diversidade e redución das desigualdades. Amais da contribución dos investigadores de CITIC, resultaron recoñecidas as seguintes propostas:

  • Economía con ciencia e conciencia: fomentando o desenvolvemento sostible, a cargo de Laura Varela Candamio (600 €).
  • Taller de reciclaxe e consumo responsable. María José Abad López e Ana Isabel Ares Pernas (400 €)
  • Práctica de curtametraxes de Ficción Audiovisual coa Asociación Down Coruña. Teresa Nozal Cantarero e Sandra Martínez Costa (600 €).
  • Historias de vida, territorio e vulnerabilidade. Cartografía emocional do dereito ao hábitat na cidade da Coruña. De Laura Cruz López (600 €).
  • Asesoría xurídica a familias, colectivos e persoas en risco de pobreza ou exclusión social. De Carmen Garcimartín Montero, Xosé Manuel Carril Vázquez e Rocío Quintáns Eiras (400 euros).

 

16/09/202108:09
Cartel da iniciativa.
As Pontes

Amigus móstranos nun hackathon como converter a nosa casa nun fogar dixital

O vindeiro 2 de outubro a Asociación Amigus vai organizar unha nova e interesante xornada maker para seguir introducindo a pequenos e maiores nas posibilidades creativas das tecnoloxías libres, abertas e participativas. Trátase dun novo obradoiro dos Amigus Labs centrado desta volta na domótica e na Internet das Cousas (IoT), empregando software e hardware libre. A cita, que vén con formato de hackathon, conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

Segundo informan dende Amigus, “son moitas as solucións e produtos actuais que buscan facernos a vida máis fácil na nosa casa conectando todo a Internet, dende as luces e a aspiradora até a lavadora, pasando pola neveira ou o cepillo de dentes, e neste obradoiro aprenderemos como unificar e habilitar todos os nosos dispositivos con home assistant, desde a instalación e configuración básica ata as integracións e configuracións máis complexas para facer que a nosa casa pense por nós”. A cita tamén dirixida a resolver as dúbidas que poidamos ter en materia de compatibilidade, “xa que no noso día a día corremos o risco de acabar con ducias de servizos e aplicacións de fabricantes diferentes”.

A duración do hackathon será de 10:30 a 19:00 horas. Temos toda a información reunida na web dos Amigus Labs, a través da cal é posible formalizar o rexistro. Para calquera dúbida, enviar un correo á conta amigus@amigus.org.

A persoa encargada de impartir os contidos será Javier Vila, enxeñeiro full-stack en Santander UK pero tamén maker no seu tempo libre.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS