O tecido empresarial galego precisará máis de 2.900 profesionais TIC en Galicia durante o período 2016-2018. Un 54% destes perfís dixitais serán demandados por empresas do sector TIC e o 46% restante por empresas dos restantes sectores produtivos. A empresas sinalan que xa no presente ano precisarían case a metade destes perfís, arredor de 1.400 profesionais TIC especializados nas novas tendencias dixitais, para cubrir as súas necesidades.
Esta é a principal conclusión do estudo “Novos Perfís Profesionais Dixitais nas Empresas de Galicia”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información (Osimga) adscrito a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O documento achega unha visión actualizada das oportunidades laborais vinculadas aos sector tecnolóxico e ás novas profesións que están a xurdir na era dixital en Galicia.
Proxección de futuro do mercado dixital en Galicia
Segundo o estudo as empresas TIC prognostican unha maior demanda de perfís vinculados ao ámbito da mobilidade, Big Data e Business Intelligence, á xestión administrativa e comercial, cloud ou e-commerce, mentres que nas empresas non TIC predomina a demanda de perfís profesionais relacionados coa xestión administrativa e comercial, seguido en segundo plano por aqueles do eido da mobilidade, Big Data, e-commerce ou marketing dixital.
Talento Dixital en Galicia
O informe sinala que a oferta de profesionais dixitais en Galicia non está a medrar ao mesmo ritmo que a demanda, tal e como se desprende da evolución do número de matriculados en carreiras do ámbito STEM (científico, tecnolóxico, en enxeñarías e matemáticas), que pasou de 5.750 en 2010 a 5.177 en 2015 (o 9,2% do total de alumnos/ as matriculados no Sistema Universitario Galego), como do número de titulados no ámbito STEM, que pasou de 776 en 2010 a 753 en 2014.
Como se desprende do “Estudio de Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos, en Enxeñarías e Matemáticos en Galicia”, elaborado recentemente pola consultora multinacional everis an NTT DATA Company en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), o interese da xuventude por os estudos no ámbito STEM ten unha vertente vocacional posto que en Galicia temos unha media dun 50% de alumnos matriculados en Bacharelato na rama científico-tecnolóxica e, aínda que estes datos se poden considerar positivos e alentadores, o certo é, que a maioría deses alumnos non chega a matricularse nunha carreira do ámbito científico-tecnolóxico. De feito, tan só un 7,5% dos titulados universitarios galegos correspóndese ao ámbito STEM.
O estudo pon de manifesto as dificultades que as empresas galegas experimentan á hora de encontrar profesionais TIC cos coñecementos e experiencia de interese para a súa organización. As empresas do Sector TIC galego son as que maiores problemas declaran, para máis do 70% delas resulta difícil ou moi difícil atopar perfís adecuados.
Os principais obstáculos sinalados polas empresas á hora de encontrar o persoal TIC axeitado son o descoñecemento en aplicacións, ferramentas e tecnoloxías de interese para a empresa; e a carencia de candidatos con experiencia na actividade sectorial que desenvolven. Ademais, a metade das empresas do sector TIC considera que existe unha carencia de candidatos formados en Galicia.
Tendencias dixitais e novos perfís profesionais
A elaboración deste estudo enmárcanse no establecido na Axenda Dixital de Galicia 2020, liderada pola Amtega, que asume entre os seus desafíos dar o paso da competencia ao talento TIC, coa finalidade de aumentar a capacidade produtiva das empresas a través de profesionais TIC que respondan ás necesidades tecnolóxicas actuais e futuras.
O progreso das tecnoloxías dixitais está cambiando a forma de deseñar, producir, comercializar e xerar valor a partir de produtos e servizos relacionados, abordar a transformación dixital é factor esencial para garantir un mellor posicionamento competitivo a medio e longo prazo. E neste contexto, espérase que a demanda de profesionais TIC aumente con gran rapidez nos próximos anos, tanto no sector TIC coma no resto de sectores.
Así, o Estudo identifica dous grandes ámbitos da economía dixital que se están a demandar e que se prevé vaian a solicitarse nos próximos anos novos perfís profesionais dixitais:
O Centro de Información á Muller (CIM) de Baiona ofrece desde onte un mellor servizo ás usuarias de nacionalidade estranxeira coa incorporación do servizo de teletradución que desde 2011 vén prestando a Xunta e que, ademais de en Baiona, co que contan outros 57 CIM, once ONG e centros de acollida de toda Galicia.
O sistema permite aos traballadores do centro acceder a un servizo telefónico de tradución simultánea en 51 idiomas que, mediante un terminal con mans libres, facilita un intérprete que medie na conversación.
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentou este servizo xunto ao alcalde, Anxo Rodal, e a edil de Igualdade, Camen Paredes.
O 10% das mulleres que acoden en busca de asesoramento ou atención psicolóxica ao CIM son estranxeiras, segundo revelou onte a súa directora Elena Otero, que asegurou que no que vai de ano o centro atendeu máis medio milleiro de consultas. A poboación foránea en Baiona supón o 4,6% dos 12.627 empadroados.
A semana pasada formalizouse un acordo na nosa terra para contribuír a tirar abaixo os atrancos das persoas con diversidades funcionais auditivas no camiño cara ás novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (as TIC). O convenio de colaboración foi asinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e diríxese, nas súas palabras, a mellorar a accesibilidade e crear canles de comunicación que garantan a igualdade de acceso por parte de todos os cidadáns e cidadás.
A iniciativa foi rubricada polo presidente da federación de concellos, Alfredo García e o presidente da FAXPG, Iker Sertucha. Este aproveitou a oportunidade para lembrarlle a García “as dificultades coas que a día de hoxe aínda se atopa unha gran maioría de persoas xordas á hora de acceder aos contidos dos medios audiovisuais e as canles dixitais, por non estaren adaptados ao colectivo”. A través desta iniciativa, ambas as dúas entidades compartirán accesos e información nas súas plataformas dixitais. Nun plano máis concreto e segundo fixeron saber García e Sertucha, “a FAXPG dará conta dos seus servizos e actividades a través da FEGAMP, garantindo a difusión do seu traballo entre as institucións públicas e privadas que atenden ao público, así como entre a cidadanía en xeral”. A maiores, con este acordo, a federación de municipios comprometeuse a que todos os seus medios de comunicación e de índole dixital sexan accesibles para as persoas xordas.
A Fundación ONCE lanzou a convocatoria de axudas 2106 a proxectos de emprendemento ou creación de empresas da economía social por parte de persoas con discapacidade. O seu obxectivo é fomentar o emprego, a mellora da empregabilidade e a inserción sociolaboral.
Esta axuda, que se ofrece a fondo perdido en calidade de Organismo Intermedio do Programa Operativo FSE de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 (POISES), poderá alcanzar até o 50 por cento dos gastos ligados á posta en marcha da actividade, sen superar os 18.000 euros como máximo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o próximo 30 de setembro e poderán acceder ás axudas quen iniciasen a actividade económica con anterioridade á presentación da solicitude, aínda que a data de inicio deberá ser posterior ao 31 de decembro de 2014.
Os interesados deberán de presentar un plan de empresa do proxecto, así como a documentación que acredite a capacidade do solicitante para proceder á achega de fondos que contribúan á súa posta en marcha.
Ademais, co fin de axudar e ofrecer o maior nivel de información, Fundación ONCE conta cun espazo específico na súa páxina web con toda a documentación.
Na pasada edición de 2015 Fundación ONCE apoiou un total de 101 proxectos, que supuxeron unha achega económica global de 801.650 euros. Desde a posta en marcha desta iniciativa en 1988, ofrecéronse axudas a 1.500 emprendedores.
De acordo cun estudo realizado sobre os emprendementos apoiados entre 2008 e 2014, o perfil do emprendedor é o dun home de entre 30 e 50 anos, con discapacidade física, con estudos e da contorna urbana. Ademais, a taxa de supervivencia das iniciativas postas en marcha é dun 71 por cento. Entre os factores que inflúen no seu éxito figura o nicho de mercado, a zona na que se implementan, a constancia e o trato que se ofrece.
A industria CTIM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) destaca por ser un sector maiormente masculino no que as mulleres tenden a estar pouco representadas e recibir soldos inferiores en comparación cos seus colegas homes, segundo pon de manifesto a rede social profesional LinkedIn, recentemente adquirida por Microsoft.
As mulleres buscan a realización persoal nos seus traballos e as compañías deben comunicar a súa vertente humana e cultural para atraer ao talento feminino, sostén a propia LinkedIn.
A nivel mundial, nos últimos 40 anos, a porcentaxe de mulleres no sector CTIM non fixo máis que triplicarse, pasando do 7% en 1970 ao 26% en 2011 (fonte: Oficina do censo de EEUU). Pero segundo os datos de LinkedIn en 2016, as mulleres só constitúen o 23% do talento CTIM en todo o mundo, que é un 3% menor que o que había fai 5 anos.
Os datos de LinkedIn mostran que a proporción de mulleres en CTIM redúcese a medida que crece o nivel de seniority. Por exemplo, para as posicións de niveis máis junior, as mulleres constitúen o 24% de profesionais en CTIM. En cambio, para cando as mulleres ascenden a niveis directivos, representan só o 17% dos profesionais no sector.
Así mesmo, as mulleres son máis propensas que os homes a querer deixar o seu traballo actual dentro do próximo ano. Máis dun cuarto das mulleres na industria CTIM vense na súa compañía durante 1 ano ou menos e, de feito, 2 de cada 5 mulleres en CTIM están a buscar traballo de forma activa.
A razón número un pola que homes e mulleres deixan os seus traballos no sector CTIM é a mesma: buscan mellores oportunidades de progresar na súa carreira. Con todo, as mulleres en CTIM son máis propensas que os homes a deixar o seu posto porque non son felices coa cultura do traballo do momento. Unha de cada tres mulleres cita a contorna de traballo como unha das principais razóns polas que se marcharon, en comparación con 1 un de cada 4 homes.
As razóns que empuxan ás mulleres a buscar un novo emprego adoitan estar relacionadas coa calidade da súa experiencia de traballo cotián. En comparación cos homes, máis mulleres en CTIM afrontan retos relacionados co seu xefe (25% de mulleres vs 21% dos homes) e con ter días frustrantes no traballo (19% de mulleres fronte ao 13% de homes).
Segundo a súa enquisa a 8.000 mulleres CTIM que recentemente cambiaron de traballo, LinkedIn descubriu que as mulleres neste sector tenden a conseguir menores aumentos salariais ao empezar nun novo posto de traballo. As mulleres teñen máis probabilidades de conseguir un aumento do 10% mentres que os homes teñen máis posibilidades de obter un aumento do 30%.
A Asociación Íntegro, colectivo de persoas con diversidade funcional das bisbarras de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, vén de pór en marcha un proxecto de busca de micromecenado na Rede (o que se coñece como crowdfunding: comunidade de pequenos “financiadores” dun proxecto social, cultural ou empresarial ou todas as cousas á vez) para impulsar a construción dun xardín terapéutico adaptado a disposición dos membros de Íntegro e, en xeral, dos colectivos de persoas con diversidade funcional da Costa de Morte. O proxecto está aberto á participación da cidadanía a través da páxina web da Fundación Develop, no apartado crowdfunding, proxectoXardín terapéutico adaptado da Asociación Íntegro.
Segundo informan dende o colectivo ao tratarse dun proxecto de micromecenado en liña a súa viabilidade “depende exclusivamente da colaboración solidaria e desinteresada da cidadanía”. Segundo explican, o crowdfunding é “unha metodoloxía de financiamento colectivo xestionado integramente dende unha páxina web que colabora facendo posible a realización de proxectos sociais singulares e moi innovadores”. No caso do xardín terapéutico de Íntegro, as persoas que desexen contribuír a facer realidade este proxecto poderán participar, até o vindeiro mes de setembro, con doazóns económicas (de 10 a 500 €, en función da capacidade de cadaquén) a través da devandita páxina web.
As Universidades de Murcia e Granada e a Fundación Autismo Diario desenvolverán proxectos dirixidos ao fomento do xogo, unha ferramenta para a creación de historias sociais animadas e a adaptación de contidos educativos para persoas con TEA.
A Fundación Orange fixo público o fallo da súa convocatoria solucións tecnolóxicas aplicadas ao autismo 2016 por o cal a Universidade de Murcia, a Universidade de Granada e a Fundación Autismo Diario foron seleccionadas para beneficiarse do apoio da Fundación Orange na realización dos seus proxectos.
El fallo foi realizado por un xurado integrado por representantes da Fundación Orange asesorado por profesionais del mundo do autismo e/ou do sector tecnolóxico aplicado ao autismo.
Este ano a convocatoria recibiu 96 propostas. Para a selección tivéronse en conta criterios como a adecuación á finalidade desta Convocatoria, a necesidade da tecnoloxía proposta para as persoas con autismo, a explotación gratuita dos resultados finais, o carácter novidoso e a vontade de chegar ao máximo número de usuarios en toda España.
Os proxectos que resultaron elexidos son:
Por motivos de confidencialidade cos proxectos recibidos, a Fundación Orange non dará información acerca do proceso de selección dos proxectos.
Máis información na Web Oficial da Fundación Orange.
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) incorporou á súa oferta de canles de atención e relación co público o servizo de vídeo-interpretación "SVIsual".
Así o materializaron mediante a firma dunha adenda ao convenio de colaboración o presidente do CERMI, Luis Cayo Pérez Bueno, e a presidenta da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), Concha Díaz, durante un acto celebrado esta mañá na sede do CERMI, no que se presentou este servizo, que foi posto en marcha pola Fundación CNSE
"Este acto ten dúas dimensións: por unha banda a incorporación dunha solución de accesibilidade demandada polas persoas xordas signantes á nosa entidade, o CERMI; e, por outro, un exemplo, para todas as organizacións sociais, de que deben non só reclamar, senón pór en práctica a accesibilidade", afirmou Luis Cayo Pérez.
Pola súa banda, Concha Díaz, manifestou que a través de "SVIsual" "garántese que calquera persoa xorda usuaria da lingua de signos poida contactar co CERMI Estatal recibindo unha atención completa". Ademais, a presidenta reiterou que o CERMI é "exemplar ao ser a primeira entidade social da discapacidade en aplicar as reivindicacións que se esixen ás administracións e empresas".
"SVIsual" é o primeiro servizo de vídeo-interpretación en lingua de signos española que existe no noso país. Está promovido pola Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación, en colaboración coa Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), e inscríbese no uso estratéxico das novas tecnoloxías ao servizo da comunicación para asegurar que as persoas xordas signantes teñan o mesmo acceso á información que o resto da cidadanía.
"SVIsual" permite a comunicación entre persoas xordas usuarias da lingua de signos española e oíntes en tempo real, a través dun vídeo-intérprete que realiza os labores de interpretación solicitada por cada usuario, establecendo unha comunicación fluída entre ambos os grazas a unha plataforma tecnolóxica que funciona como un centro de chamadas capaz de integrar simultaneamente audio e vídeo.
Coa inclusión de "Svisual" na súa carteira de servizos o CERMI amplía a súa oferta global de accesibilidade nas relacións cos seus distintos grupos de interese.
"Estamos enormemente compracidos e queremos agradecer á CNSE a realización desta tecnoloxía intelixente que, aínda que levada a cabo polo propio grupo de interese, debe estenderse ás administracións, empresas e calquera ONG, sobre todo se se trata dunha entidade social", aseverou Luis Cayo Pérez.
A empresa galega Balidea está a amosar unha importante vertente solidaria. Se hai uns días falamos en Código Cero dos seus desenvolvemento tecnolóxicos para a saúde cántabra e para o Concello de Terrassa (Catalunya), agora é a quenda de informar do seu apoio ao programa de acollida de nenas e nenos de Chernóbil levado a cabo pola Asociación Ledicia Cativa. Máis polo miúdo, este apoio materializouse nunha xornada de convivencia celebrada este sábado 30 de xullo na praia de Sabón, en Arteixo, ao abeiro das actividades do campus de verán da Escola de Fútbol Praia RA10, impulsada polo xogador Ramiro Amarelle.
O respaldo de Balidea con estas actividades ten a súa razón de ser na necesidade de botar unha man cun colectivo de nenas e nenos residentes en Rusia, Ucraína e nos países da contorna que, lonxe de ser testemuñas dunha diminución dos problemas derivados do accidente nuclear acontecido en 1986 (debido aos anos transcorridos), son vítimas dun incremento das doenzas oncolóxicas provocadas (aínda) pola radiación. Os nenos (arredor duns sesenta) que participan no programa de Ledicia Cativa proceden da rexión rusa de Briansk, unha das máis afectadas pola radiación de Chernóbil. Balidea convidounos por segundo ano consecutivo a participar nunha xornada de convivencia dentro do programa de actividades do campus de verán da Escola de Fútbol Playa de Ramiro Amarelle. Ademais, co engadido extra de acompañaren a súa xeira deportiva coa presenza da tecnoloxía Adestrapp de Balidea, que como lembraremos permite a gravación e visualización de imaxes deportivas que logo se poden ver ao detalle co fin de corrixir erros e mellorar as técnicas.
Case un cento de nenas e nenos de Ourense (de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos) participaron do Campamento Tecnolóxico ICC Kidsque se celebrou os días pasados na cidade (durante o mes de xullo). A actividade, desenvolvida en La Molinera, estivo moi centrada no lecer, pero facendo fincapé no uso das novas tecnoloxías tanto dende un punto de vista lúdico como tamén educativo. O acto de peche desta primeira edición do campamento celebrouse o pasado sábado 30 e xuntou non só aos nenos participante senón tamén aos monitores, ás familias e aos principais representantes das entidades implicadas na organización da actividade: o Concello e a Deputación de Ourense.
O seu obxectivo foi fomentar a vocación tecnolóxica, innovadora, científica e investigadora da rapazada. Os obradoiros incluídos no programa centráronse (por exemplo) en introducilos nos segredos do deseño de aparellos tecnolóxicos, na construción de robots, no manexo de impresoras 3D ou no desenvolvemento de videoxogos, entre outras cousas. Asemade, a achega de actividades abrangueu sesións sobre fotografía, técnicas stop-motion e vídeo-mapping. Segundo informou a organización, “unha das grandes finalidades do campamento foi fornecer ás familias un programa alternativo de actividades, obradoiros abertos á experimentación das nenas e dos nenos coas novas tecnoloxías e as artes dixitais”. E engadiron dende La Molinera: “A través destas experiencias sorprendentes e co xogo e a curiosidade como motores, os pequenos aprenden de forma interactiva e indagando en equipo á vez que se converten en artistas”.