main content

main content
19/07/201608:07
Discapacitados usando nuevas tecnologías.
Santiago de Compostela

A Fundación ONCE e Citi lanzan un curso para apoiar o emprendemento dixital entre persoas con discapacidade

Medio cento de persoas participan na primeira edición

No marco da colaboración entre A Fundación ONCE, Citi e a súa fundación, hoxe comeza a I Edición dun curso online para promover o emprendemento dixital entre persoas con discapacidade no que participan medio cento de persoas.
 
Titulado "Creación de empresas dixitais", o curso consta de 80 horas lectivas nas que os alumnos coñecerán casos de éxito e fracaso de empresas startup e asistirán a módulos formativos, todos eles cun caso práctico que terán que desenvolver.
 
Os módulos previstos son os seguintes: Ecosistema emprendedor, Innovación no proceso de emprender, Plan de vendas e mercadotecnia, Plan de operacións, Estratexia empresarial e social (networking, redes sociais), Aspectos reguladores e legais, Plan financeiro e  Plan de continxencia.
 
Este curso de formación, que imparte Anova It Consulting coa Plataforma Accesible, é o colofón ao proxecto Emprende TIC, unha iniciativa con accións formativas de carácter colectivo e individual destinada a fomentar o emprendemento das persoas con discapacidade.
 
Entre as accións formativas individuais figuran algunhas relacionadas con deseños de interiores con 3D, comercio electrónico, ou Social Media & Community Manager, mentres que no apartado das colectivas hai cursos como o que comeza este luns e un máster en ciberseguridade.
 
Todas estas accións formativas están a beneficiar a persoas con discapacidade de Andalucía, Aragón, Castela e León, Castela a Mancha, Galicia, Valencia, Cataluña, Madrid, Estremadura, Euskadi, Canarias, Illas Baleares, Asturias, Navarra e Murcia.

18/07/201608:07
Encontro Desktop París
París

Reunión de evaluación do avance do proxecto europeo Desktop en Francia

A plataforma dixital "Mefacilyta" para persoas con discapacidade intelectual xa é multilingüe grazas ao proxecto europeo Desktop.

Expertos en tecnoloxía dixital e en educación de persoas con discapacidade intelectual reuníronse en París para avaliar o avance do programa Desktop (The Disabled Enhance their Skills Through Online Platforms), que se está desenvolvendo en oito países e está financiado pola Comisión Europea a través de Erasmus+.

Os pasados 29 e 30 de xuño de 2016 reuníronse doce delegados de Desktop de todos os países implicados, que valoraron positivamente o desenvolvemento do traballo do seis primeiros meses do proxecto, nos que a plataforma "Mefacilyta" pasou a ser multilingüe, ademais de seguir mellorando as distintas posibilidades que ofrece a ferramenta en canto á creación de apoios personalizados a cada tipo de usuario.

O proxecto durará até 2017 e conta entre os seus obxectivos coa creación dun Manual que permitirá a outras persoas do ámbito educativo da discapacidade intelectual acceder a esta ferramenta dixital en países de todo o mundo.

En Desktop participan as seguintes nove organizacións de oito países diferentes: Fundación Juan Ciudad (España), Fundación Vodafone España (España),  Hospitality Europa (Bélxica), Instituto das Irmas Hospitaleiras do Sacro Coraçao de Jesus (Portugal), Association Benoit Menni (Francia), SJOG Community Services Limited (Irlanda), Johannes Von Gott-Pflegezentrum (Alemaña), Barmherzigue Brüder gGmbH (Austria), Bonifraterska Fundacja Dobroczynna (Polonia).

18/07/201608:07
Presentación do informe.
Barcelona

Informe “Discapacidade, integración e o papel das TIC”

Presentado coa Federación de Municipios de Cataluña o Informe de Fundación Vodafone e Cocemfe Barcelona, realizado por o Observatorio da Discapacidade Física; ofrece información sobre como valoran e utilizan as TIC as persoas con discapacidade.

A Federación de Municipios de Cataluña presentaou en Barcelona o Informe “Discapacidade, Integración e o papel das TIC”, elaborado por a Fundación Vodafone e Cocemfe Barcelona. No acto participaron Lluïsa Moret, presidenta de l’Àmbit de Drets Socials e alcaldesa de Sant Boi de Llobregat; Pilar Díaz, directora do Observatorio da Discapacidade; e Joana Sánchez, manager de AAPP de Vodafone en Cataluña, ademáis de Àngels Pons, directora de GESOP.

Entre outras conclusións, o Informe pon de manifiesto que dúas de cada tres personas con discapacidade consideran que “o uso das novas tecnoloxías pode axudar a mellorar o seu benestar”;  ou que unha de cada catro persoas con discapacidade considera que Internet lle proporciona autonomía e independencia,

O estudio completo, elaborado cunha mostra de máis de mil persoas con discapacidade, está dispoñible en www.observatoridiscapacitat.org

Principais conclusións en formato accesible.

15/07/201610:07
Smart city
Santiago de Compostela

Fundación ONCE destaca a importancia da accesibilidade nas chamadas cidades intelixentes

Nun curso de verán da Universidade Politécnica sobre "Smart City inclusiva e accesible" que se desenvolve en La Granja.

Fundación ONCE destacou este mércores en La Granja (Segovia) a importancia de que as chamadas cidades intelixentes teñan en conta o factor da accesibilidade para que poidan responder á denominación de "Smart Cities" e converterse así en lugares habitables para todas as súas xentes.

Así o expuxeron Isabel Martínez Lozano, comisionada para Universidade, Mocidade e Plans Especiais de Fundación ONCE, e Jesús Hernández, director de Accesibilidade Universal e Innovaciónde a mesma entidade, no curso de verán "Smart City inclusiva e accesible", organizado pola Universidade Politécnica de Madrid no seu campus de La Granja (Segovia).

Na súa intervención, Martínez Lozano abordou o dereito que teñen todas as persoas a vivir e desenvolverse de forma cómoda e segura nas cidades e fixo un percorrido pola historia e a evolución das urbes en canto a accesibilidade se refíre.

A comisionada para Universidade, Mocidade e Plans Especiais de Fundación ONCE reflexionou deste xeito na conferencia "Cidades Intelixentes e o Dereito de Todos á Cidade: Evolución e camiño percorrido no X aniversario da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade".

Pola súa banda, Hernández abordou o aspecto da accesibilidade tamén como factor imprescindible para que as cidades sexan lugares humanos no seu relatorio titulado "Cidades Human City A+ con A de accesibilidade".

Para o director de Accesibilidade Universal e Innovación de Fundación ONCE, as cidades intelixentes han de ser humanas e, desde esta perspectiva, "sen exclusións", é dicir, lugares nos que todos os seus habitantes vivan en condicións de igualdade.

En xeral, os relatores deste curso, que se celebra até este xoves en La Granja, abordan aspectos relacionados coa accesibilidade como factor crave nas cidades intelixentes, tales como a implantación da accesibilidade na Administración municipal, boas prácticas de accesibilidade universal nas urbes intelixentes ou a certificación da xestión da accesibilidade universal.

15/07/201610:07
Logo Centac
Santiago de Compostela

A Trasformación Dixital Accesible protagonizará o 7º Congreso CENTAC

  • O congreso chega a Zaragoza despois de pasar por León, Sevilla, Madrid, Toledo, Málaga e Bilbao.
  • Un ano máis CENTAC fai unha chamada a ponentes dando a oportunidade de participar a todo aquel que teña proxectos TIC accesibles.

Os días 14 e 15 de novembro, o Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) celebrará o seu 7º Congreso Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade no Palacio de Congresos de Zaragoza.

Este ano estará dedicado á Transformación Dixital Accesible entendida como un cambio social. “Se a transformación dixital supón a introducción de tecnoloxía en tódolos procesos e servizos do sector público e privado, nós entendemos que é un proceso que afecta a toda a sociedade e por o tanto debe ser accesible”, declara Juan Carlos Ramiro, director de Accesibilidade de CENTAC.

O 7º Congreso Nacional de CENTAC ofrece unha oportunidade única de descubrir aos actores implicados no desenvolvemento das tecnoloxías accesibles no noso país, coñecer que produtos hai no mercado, e as tendencias máis innovadoras no IoT (Internet of things), Fintech, Smart City, tecnoloxías en mobilidade, fabricación personalizada, robótica, comercio electrónico, Big Data, etc.

 

Chamada á participación

Un ano máis, CENTAC da a posibilidade a que todo aquel que desesenvolva TIC’s accesibles teña a oportunidade de expor o seu traballo. Nesta edición ábrense dúas contornas para elo: speaker’s corner e unha zona expositiva.

Ata o 10 de octubro, poderanse presentar as solicitudes para participar no Speakers’ Corner. Búscanse solucións baseadas nas TIC que contribún á transformación dixital da sociedade, e que destaquen por a súa accesibilidade e usabilidade, con incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas.

Por outra parte, recibiranse propostas para participar na área expositiva ata o 30 de setembro. Búscanse produtos en fase de prototipo funcional ou superior, que inclúan unha compoñente hardware importante, cun grao de innovación alto: robótica, drons, impresión 3D, wearables, realidade virtual...

A participación é gratuíta, e os interesados deberán completar o formulario que corresponda que se atopa na web do CENTAC, describindo o proxecto, e demáis campos solicitados. 

 

Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade

Esta é a sétima edición dun congreso que CENTAC veñen organizando desde 2010 por toda España e que se situou como o máis importante destas características no noso país.

O seu obxectivo é impulsar e dar visibilidade ás tecnoloxías accesibles nos ámbitos empresarial, industrial e de servizos. Reunindo nunha cidade as tecnoloxías presentes ou emerxentes que inclúen ou deben incluír criterios de accesibilidade e usabilidade para xerar unha contorna de innovación e aprendizaxe.

1 mes 1 profesión dixital
Palacio de Congresos de Zaragoza

7º Congreso Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade

O 7º Congreso Nacional de CENTAC, que este ano estará adicado á Transformación Dixital Accesible entendida como un cambio social, ofrece unha oportunidade única de descubrir aos actores implicados no desenvolvemento das tecnoloxías accesibles no noso país, coñecer que produtos hai no mercado, e as tendencias máis innovadoras en IoT (Internet of things), Fintech, Smart City, tecnoloxías en movilidade, fabricación personalizada, robótica, comercio electrónico, Big Data, etc.

1 mes 1 profesión dixital
Fira Barcelona Gran Via

IoT Solutions World Congress 2016

IoT Solutions World Congress 2016, ofrece tres días de relatorios con máis 200 expertos en tecnoloxías de primeiro nivel. Estamos ante o congreso sobre o Internet das Cousas para a aplicación industrial máis importante do mundo. Máis de 200 dos expertos máis innovadores e influentes de IoT reuniranse para compartir coñecementos, visións e explicar como o Internet das Cousas está a afectar ás industrias de fabricación, saúde, servizos públicos, transporte e loxística, innovación, tecnoloxía...

Despois da súa primeira edición, o IoT Solutions World Congress consolidouse como o principal evento mundial neste sector. A segunda edición do IOTSWC está dedicado a unir aos provedores da internet of Things coa industria para axudar a aumentar a produtividade desta.

O IOTSWC16 ofrecerá un ambiente internacional con máis de 8.000 visitantes e centrarase nas aplicacións de IoT en seis áreas específicas: manufactura, saúde, servizos públicos, transporte e loxística, innovación e tecnoloxía. Están programados espazos durante tres días para que os asistentes ao congreso poidan escoitar aos usuarios finais, aos expertos de implementación, ás organizacións de normalización, a organismos gobernamentais e outras empresas do sector que se están dando conta do potencial do IoT Industrial.

Este evento é organizado por Fira Barcelona en colaboración de Industrial Internet Consortium, (a organización industrial IoT fundada por AT&T, Cisco, General Electric, IBM, e Intel) para reunir ás organizacións e a tecnoloxía co obxectivo de acelerar o crecemento, a adopción e o uso xeneralizado da IoT industrial.

14/07/201610:07
Persoa cega usando ordenador
Santiago de Compostela

Seis de cada dez persoas con discapacidade melloraron a sús calidade de vida coas novas tecnoloxías

Seis de cada dez persoas con discapacidade melloraron a súa calidade de vida grazas ás Novas Tecnoloxías, segundo se desprende do V Informe Tecnoloxía e Discapacidade presentado este martes, 12 de xuño, por Keysight Tecnhnologies e a Fundación Adecco. Esta análise baseouse nos últimos datos do INE e elaborouse con motivo da celebración do Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas, que se celebra este 15 de xullo, segundo informan ámbalas institucións.

En España, o 20% dos fogares ten algunha persoa con discapacidade entre os seus membros, o que suma máis de tres millóns de persoas, como detalla o informe. Entre as situacións analizadas destaca o problema da accesibilidade das persoas con discapacidade e a súa relación na dependencia deste colectivo. O 51,5% destas familias atopa barreiras de accesibilidade na súa vivenda, entre as que se atopan as escaleiras e os cuartos de baño.

Así mesmo, case un millón de persoas atopa diferentes dificultades para utilizar o transporte público e privado, como acceder a estacións, subir ou baixar do vehículo, orientarse ou comprender sinalizacións. As persoas con discapacidade consideran que moitas destas situacións poderían liquidarse fomentando a accesibilidade, a través de solucións tecnolóxicas que favorezan a independencia e autonomía de todas as persoas.

Doutra banda, o estudo resaltou o papel das Novas Tecnoloxías como "aliadas" da Accesibilidade Universal, como no deseño de melloras tecnolóxicas que fomenten a autonomía, independencia e a calidade de vida das persoas con discapacidade. Así, 6 de cada 10 persoas con discapacidade melloraron a súa calidade de vida grazas ás Novas Tecnoloxías, segundo detalla o informe.

Dentro das facilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, o estudo revela que tamén impacta de forma positiva na calidade de vida dos familiares e coidadores deste colectivo. Como se detalla, a Revolución Tecnolóxica tamén puido influír neste incremento do emprego das persoas con discapacidade pois permiten ás persoas con discapacidade desempeñar postos de traballo nos que hai anos estaban practicamente excluídos.

Segundo o informe, a contratación de persoas con discapacidade seguiu unha tendencia ascendente durante os últimos anos, alcanzándose en 2015 o máximo histórico, con 95.238 contratos, un 15% máis que en 2014 e un 56% máis que en 2012.

Outro aspecto destacado no informe é a aparición de aplicacións como Whatsapp que supuxeron un "avance fundamental" para liquidar as dificultades da comunicación telefónica instantánea nas persoas xordomudas.

Estas adaptacións mitigan as dificultades derivadas da mobilidade, a audición ou a visión reducidas, posibilitando que as persoas con discapacidade utilicen o seu potencial no ámbito laboral, en condicións normalizadas. Así, oito de cada 10 persoas con discapacidade cre que a dependencia podería reducirse a través da accesibilidade

Doutra banda, estas tecnoloxías tamén serviron para reforzar a desigualdade, por exemplo, un 52% dos enquisados segue atopando barreiras para utilizar as ferramentas tecnolóxicas convencionais. A maior parte destes obstáculos atópase no económico, segundo relata o informe, aínda que un 37% alude ás barreiras de tipo formativo e o descoñecemento da utilización destes aparellos.

14/07/201610:07
Apertura das Xornadas Penitenciarias Lucenses
Lugo

Os delitos informáticos contra menores, tema central das Xornadas Penitenciarias Lucenses

Onte tiña lugar a presentación da nova edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses, que este ano cumpren 30 anos, no salón de plenos. Ao acto acudían o voceiro municipal, Miguel Fernández, e a presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Paula Alvarellos, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, outros membros da entidade organizadora, como o vicepresidente, a secretaria e o tesoureiro, Manuel Saavedra, Nuria Moreno e Óscar Rancaño, amais dos directores das prisións de Bonxe e Monterroso. Desta volta as ditas xornadas abranguerán os delitos informáticos e a súa relación cos menores de idade, amais doutros temas como a suspensión da condena, a pena de violencia de xénero, as medidas alternativas á prisión ou a reforma do Código Penal. Cómpre engadir que o Concello colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 5.000 euros.

Ao longo do acto, Alvarellos fixo fincapé no “escandaloso crecemento” deste tipo de delitos, subliñando que o 81% dos menores están preocupados polo acoso, e o 19% dos cativos son suxeitos pasivos de delitos. “O destas edición, trátase, unha vez máis, dun tema de plena actualidade, onde o que pretendemos é dar voz á xente máis implicada na prevención, falando de delitos como o sexting, ociberbulling, o grooming, que é a suplantación da identidade dun adulto para conseguir contidos dun menor, ou sextorsión, dende o punto de vista, xurídico, preventivo e educativo, para o que se adicará un día a cada un”, segundo indicou a presidenta da asociación, quen agradeceu a colaboración do Concello, “que sempre axuda a difundir temas de interese actual”.

E indo ás XXX Xornadas Penitenciarias, que cada ano reúnen en Lugo a un cento de persoas, estas terán lugar por primeira vez ao longo de tres días, do 26 ao 28 de setembro, dende as 18:00 ás 21:30 horas o primeiro día, e a partir das 19:00 horas, o segundo e o terceiro no Salón de Actos do Pazo Provincial. Na xornada inaugural, logo da tradicional entrega das medallas Concepción Arenal terá lugar unha conferencia a cargo de José Antonio Vázquez Taín, Maxistrado do Xulgado do Penal nº2 da Coruña, co Decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo como moderador. O segundo día, será a quenda da Maxistrada do Xulgado de Menores nº1 de Lugo, Sara Pendás e dos Responsábeis do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, Gonzalo Sotelo, que centrarán as súas intervencións na prevención e loita contra os delitos informáticos, facendo especial referencia aos menores. O último día centrarase nas medidas de intervención eficaz para menores con risco, un relatorio a cargo do director de Alar Galicia, Fernando González.

14/07/201608:07
Logo AETG
Santiago de Compostela

Aínda estás a tempo! Convocatoria Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016

Se non o fixeches xa, aínda estás a tempo de participar nos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información convocados polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. A entrega dos mesmos terá lugar durante o transcurso da XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

As convocatorias abertas dos Premios COETG/AETG son:

  • Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2016.
  • Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2016. 
  • Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2016.
  • Premio INEO ao Produto ou Servizo máis innovador.

Máis información e acceso ás convocatorias na web www.aetg.gal.

A data de recepción de candidaturas remata para todos os premios o luns 18 de xullo ás 9.00 horas. As solicitudes enviaranse ós correos electrónicos administracion@aetg.gal e administracion@coetg.gal.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS