main content

main content
08/07/201609:45
1 mes 1 profesión dixital
Edif. CINC Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n. Santiago de Compostela

Faladoiro Dixital ao redor da Creatividade Dixital

A campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), nace co obxectivo de crear conciencia por parte da mocidade, universitarios/as, profesionais TIC e da cidadanía en xeral da necesidade de adquirir novas competencias e habilidades dixitais. Nesta ocasión aboradaráse o tema da Creatividade Dixital.

27/06/201610:06
I concurso de Scratch “Aprendo Programando” do CPETIG
Santiago de Compostela

O CPETIG entrega os premios do I concurso de programación en Scratch

  • Máis de 250 alumnos de 20 centros iniciáronse na programación participando neste novidoso concurso.
  • O obxectivo deste concurso foi ofrecer un estímulo tanto a profesores como a alumnos para achegarse á programación da man de Scratch e buscar a superación tanto a nivel persoal coma colectivo.
  • O CPI Plurilingüe Virxe da Cela e o IES de Brión acadan os primeiros premios na categoría primaria e secundaria respectivamente.

Co obxectivo de ofrecer un estímulo tanto a profesores como a alumnos para achegarse á programación da man de Scratch e buscar a superación tanto a nivel persoal coma colectivo, o CPETIG convocou para o período escolar 2014-2016 un concurso de programación en Scratch baixo a temática “O Camiño de Santiago” do que o sábado, a partir das 12.00 horas tivo lugar o acto de entrega de premios no salón de actos de El Corte Inglés en Santiago de Compostela.

O concurso contou co apoio de El Corte Inglés, Fundación Barrié, Coremain e Gadis.

Nesta edición presentáronse medio cento de proxectos levados a cabo por grupos compostos por ata 8 alumnos e un profesor pertencentes a distintos centros de ensinanza primaria e secundaria de Galicia.

Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto CAMIÑO PREGUNTÓN do CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA, grupo VIRTUALKIDS e o segundo premio foi para o proxecto PASENIÑO, PASENIÑO FAISE O CAMIÑO do CEIP PLURILINGÜE VILAR DE BARRIO, grupo GALOPÍNS.

En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o proxecto ANDANDO O CAMIÑO do IES DE BRIÓN, grupo CAMIÑANTES e o segundo premio foi para o proxecto AVENTURAS DO CAMIÑO do IES CARLOS CASARES, grupo SCRATCHERS EN VIANA.

27/06/201609:06
A aplicación permite realizar un seguimento constante da enfermidade.
Santiago de Compostela

Diana, a ‘app’ que te acompaña na loita contra o cancro de mama

A aplicación proporciona ás pacientes información cotexada sobre este tipo de tumor e axúdaas a realizar un seguimento da súa enfermidade

"Cando as mulleres chegan á consulta co diagnóstico dun cancro de mama, a pesar de ser unha enfermidade con moito impacto social, teñen un gran descoñecemento do que significa esta patoloxía". Noelia Martínez, oncóloga no Hospital Ramón y Cajal de Madrid, salienta a necesidade de que as pacientes teñan información cotexada e accesible.

A ese problema dá solución Diana, a nova app presentada este mércores en Madrid, que serve para axudar tanto ás pacientes como aos seus familiares e coidadores na loita contra esta enfermidade. Este tipo de tumor é o máis frecuente en mulleres occidentais, e afecta a unha de cada oito mulleres en España, segundo datos da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A aplicación, desenvolvida por Roche España en colaboración con varios grupos de investigación, especialistas e pacientes, está avalada pola Federación Española de Cancro de Mama (FECMA) e pode descargarse para iOS e Android desde hai unha semana.

"Un paciente informado afronta moito mellor a enfermidade e por iso a información non pode vir de calquera sitio, moitas das cousas que atopamos en Google non están contrastadas", recalca David Marín, responsable da área de cancro de mama de Roche. Diana, desde o peto das pacientes axúdalles a levar hábitos saudables alá onde vaian, márcalles obxectivos diarios de exercicio, da hidratación que deben ter, a alimentación e mesmo o descanso. Ademais, permítelles introducir valores relacionados co seu estado de ánimo como ansiedade, dor ou cansazo. As pacientes poden engadir información sobre o estadio da enfermidade no que se atopan ou os seus historiais clínicos. Con todos eses datos, Diana elabora unha gráfica de seguimento da enfermidade que logo as usuarias poderán ensinar ao médico. "Queremos que a app vaia evolucionando e mellore conforme ás necesidades das pacientes, pero en ningún momento búscase que substitúa ao oncólogo", concreta Martínez, aínda que si cre que é unha ferramenta moi útil para liquidar moitas dúbidas que, por falta de tempo, non se poden solucionar na consulta.

Esta aplicación dá resposta a moitas das preguntas que se adoitan facer as enfermas de cancro de mama. "As dúbidas e os medos son tantos cando sofres esta enfermidade que era moi necesaria unha app como Diana, deseñada por profesionais para proporcionar unha información fiable e completa", opina Josefa Madrid, representante da FECMA. A aplicación tamén permite facer anotacións polo que as usuarias poden facerse a súa propia "folla de ruta" sobre as preguntas que necesitan realizar ao seu doutor cando vaian á consulta. Conta, ademais, cun calendario no que apuntar citas médicas ou cando ha de tomarse a súa medicación, así como un apartado sobre pequenos consellos de beleza chamado O Espello de Diana. Esta aplicación pode ter utilidade tanto para as pacientes que acaban de empezar o seu tratamento como para as que levan bastante tempo con el para que sentan un pouco máis acompañadas na súa loita contra o cancro.

24/06/201610:06
A directora da Amtega, Mar Pereira, xunto co presidente de ATA Galicia, Rafael Granados Guillén, e Álvaro Viqueira Verea Técnico ATA, durante a xuntanza que mantiveron esta semana para formaliza a adhesión ao Plan
Santiago de Compostela

A Asociación de Traballadores por Conta Propia de Galicia adhírese ao Plan de Inclusión Dixital da Amtega

ATA Galicia, únese á rede de aliad@s dixitais do Plan para realizar actividades de alfabetización, formación e capacitación dixital dirixidas aos autónomos galegos

A Asociación de Traballadores por Conta Propia (ATA Galicia) vén de adherirse como aliado dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, e comprométese a participar xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) na realización actividades dirixidas aos traballadores por conta propia para acadar a súa integración e aproveitamento da sociedade dixital.

Ao longo deste ano, deseñaranse e poranse en marcha diversas iniciativas formativas para acadar a alfabetización e capacitación dixital dos traballadores por conta propia, e lograr que poidan sacar o máximo aproveitamento que ofrecen as TIC no seu ámbito de traballo. En paralelo, ATA Galicia participará xunto coa Amtega nas xornadas de difusión de novas tendencias tecnolóxicas que se impulsen para a mellora da calidade de vida da cidadanía, así como na participación e colaboración con outros aliados dixitais para o desenvolvemento de proxectos de inclusión dixital.

 

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 – Aliad@s Dixitais

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia para impulsar un novo modelo de inclusión dixital, que integre as accións para a alfabetización dixital con outras de capacitación dixital e de innovación social dixital participativa.

Esta estratexia estase a levar a cabo grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital, que permitir sumar capacidades, recursos e iniciativas para incrementar o alcance das medidas.

O pasado 29 de abril, publicouse a Resolución que permite que todas as entidades, empresas, asociacións, etc. interesadas en participar neste eido poden adherise coma aliados dixitais a través dun proceso telemático na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

ATA Galicia

A Asociación de traballadores por conta propia, forma parte da Federación Nacional de Traballadores Autónomos ATA que leva dúas décadas defendendo e representando ao traballador autónomo e no ámbito nacional está integrada por máis de 450.000 autónomos.

En Galicia están presentes en A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e tamén en Ponteareas e Baio onde prestan apoio e servizos de asesoría xurídica, formación continua, acordos con bancos, caixas e compañías de telefonía móbil, prevención de riscos laborais e outros servizos de apoio que se precisen aos traballadores por conta propia e facendo especial fincapé nos colectivos máis vulnerables (mozos e mozas, mulleres e inmigrantes) que deciden incorporarse ao mundo laboral a través da súa propia iniciativa. http://www.ata.es/.

06/07/201610:00
1 mes 1 profesión dixital
Centro La Molinera, Rúa do Bebedoiro 1, Ourense.

Formación en Canvas para a Innovación Social Dixital (Edición Ourense)

Desde o Plan de formación continua do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ponse en marcha unha nova actividade formativa : "Innovación Social Dixital desde unha análise de ferramentas Canvas".

Os participantes aprenderán a utilizar una serie de ferramentas que lles permitirán definir os seus proxectos de innovación social dixital, encontrar solucións aos problemas e traballar de forma colaborativa. 

Formulario de inscrición

04/07/201610:00
1 mes 1 profesión dixital
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), Rúa Airas Nunes S/N, Conxo, Santiago de Compostela.

Formación en Canvas para a Innovación Social Dixital (Edición Santiago)

Desde o Plan de formación continua do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ponse en marcha unha nova actividade formativa : "Innovación Social Dixital desde unha análise de ferramentas Canvas".

Os participantes aprenderán a utilizar una serie de ferramentas que lles permitirán definir os seus proxectos de innovación social dixital, encontrar solucións aos problemas e traballar de forma colaborativa.

Formulario de inscrición

1 mes 1 profesión dixital
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Campus A Xunqueira s/n, 36005, Pontevedra

Cive 2016 - IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación

Os obxectivos do congreso serán os seguintes:

  • Fomentar e facilitar a relación entre académicos nacionais e internacionais que traballan en Games Studies e sobre todo no deseño e desenvolvemento de produtos de entretemento interactivo de educación e formación.
  • Establecer lazos entre as entidades de formación que prestan especial atención aos estudos de deseño e desenvolvemento de videoxogos e os axentes da industria.
  • Permitir que mozos ou non tan novos interesados na creación de produtos interactivos de entretemento poidan participar nun Game Jam de 3 días para que ao finalizar o mesmo poidan presentar o proxecto que realizaron.
1 mes 1 profesión dixital
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago

V Congreso de Software Libre e Foro Libre para a Educación

A quinta edición do Congreso de Software Libre e Foro Libre para a Educación é un evento de Igaciencia que bota luz sobre as moitas posibilidades que se abren coa interacción entre o ensino e a informática aberta e que este ano terá dous piares fundamentais: a arela de compartir a máxima cantidade de experiencias e a de amosar, para estender o seu espírito, o miolo das máis salientables aventuras educativo-tecnolóxicas da nosa terra. Celebrarase os días 30 de xuño e 1 de xullo no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago. Organiza a Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) e colaboran a axencia AMTEGA e o propio CNTG.

1 mes 1 profesión dixital
Online

III Certame Premio Innova eVIA 2016

A Plataforma de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente, eVIA, lanza o III Certame Premio Innova eVIA 2016 dirixido a entidades españolas que aposten pola innovación tecnolóxica, e en especial a PEMES e emprendedores.

Tralas exitosas convocatorias de 2014 e 2015, o obxectivo principal do certame para este ano mantívose invariable: premiar o esforzo e a excelencia científica e innovadora das solucións e servizos no ámbito das tecnoloxías aplicadas á Saúde e a Vida Activa e Independente.

A Terceira Edición do Certame PREMIO INNOVA eVIA mantén as dúas categorías de premios: Categoria Innova PEME e Categoria Innova eVIA Proxecto.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto desde o 13 de Xuño até o vindeiro mércores 14 de setembro de 2016 ás 24:00 horas.

22/06/201609:06
Proxecto “Comunícome con ritmo”.
Santiago de Compostela

Coñece o proxecto “Comunícome con ritmo” a través da nova videomemoria

Con el apoyo de Fundación Vodafone España y Confederación ASPACE, ASPACE Barcelona y Fundació El Maresme ponen música y ritmo a las inquietudes de las personas con parálisis cerebral.

O proxecto "Comunícome con ritmo" premiado no V Concurso Nacional de Proxectos en Tecnoloxías de Apoio e Comunicación (2015), contou cun gran número de persoas que utilizan sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

Partindo da súa motivación pola música, o proxecto consiste en que a partir dunha canción que eles elixen, adaptan a letra para explicar cuestións que lles son propias. Desta maneira, a música e a forma en que se interprete convértense nun medio ideal para expresarse.

O obxectivo do proxecto foi facer protagonistas aos nenos e nenas aumentando a súa autoestima e creatividade, facéndolles vivir novas experiencias fomentando as habilidades de comunicación. Contou con 169 participantes.

Coñece as súas experiencias destes meses a través da videomemoria: https://www.youtube.com/watch?v=10sSbRLT77w

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS