Finalmente entregáronse este luns os premios (cinco) da quinta edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC que convoca Uniemprende. Entre as ideas recoñecidas figura unha ferramenta TIC: un asistente persoal para persoas con problemas de memoria. Veu da man do estudante da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Ángel Rodríguez Cerdeira, que achegou para a súa proposta innovadora unha tecnoloxía directamente encamiñada a facilitar o día a día de persoas afectadas por doenzas como o alzheimer ou a demencia.
O sistema ideado por Rodríguez Cerdeira estaría integrado nun reloxo intelixente (smartwatch) e encargaríase de proporcionar ao usuario recordatorios sobre as cousas que ten que facer como, por exemplo, tomar os medicamentos; responder preguntas básicas que se lle realicen ou indicar o camiño de volta a casa.
Tamén se recoñeceu o empuxe innovador dun corrector adaptativo de astigmatismo (proxecto de Eva Acosta e Justo Arines, de Óptica e Optometría), un sistema de secado de sangue en matadoiros (de José Manuel Magide e Hiram Varela, da EPS de Lugo), un servizo de depuración-reutilización de augas residuais procedentes da acuicultura (o proxecto Greenaquaculture de Silvia Calaza Mosquera, Cristina Balagones Domínguez e Gregorio Rivadeneira Torres) e unha ferramenta para o fomento da creatividade fóra do contexto escolar (Creative Loading, das psicólogas educativas Noelia Villaverde e Sara Vidal).
Das 147 ideas aceptadas nesta edición, o 49 % foron presentadas por mulleres e o 51% por homes, na súa meirande parte estudantes. Por áreas de coñecemento, destaca a de ciencias xurídicas e sociais, que agrupa o 50% das ideas presentadas, seguida polas ensinanzas técnicas co 18%, as ciencias experimentais e da saúde cun 12% e finalmente ciencias humanas cun 8%.
A entrega de premios celebrouse este luns no Paraninfo da Universidade nun acto que presidiu o reitor Juan Viaño e no que tamén participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo Rey; a secretaria xeral de Emprego, Covandonga Toca Carús; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e o adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José Manuel Cotos Yáñez.
A Fundación Vodafone vén de formalizar a súa adhesión como aliado dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Como resultado desta alianza, ambas entidades puxeron en marcha este mes a segunda edición do proxecto “Aprende a usar o smartphone” para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles intelixentes.
A actividade, que se prolongará ata novembro, chegará a 19 aulas da Rede que ofertan preto de 300 prazas. Cada un dos centros CeMIT que participan nesta iniciativa disporá de diversos terminais telefónicos para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, os participantes recibirán unhas guías en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese este colectivo.
As aulas implicadas disporán, tamén, dunha serie de vídeo pílulas formativas breves e moi prácticas, que servirán de material de apoio audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.
As vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores son moitas en aspectos relacionados coa súa seguridade (xeolocalización, teleasistencia…); coa posibilidade de gozar novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV…); con novas posibilidades de relacionarse cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…); cun acceso máis rápido a información (noticias e prensa on-line…), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), en calquera lugar e a calquera hora.
Localidades e inscrición
As persoas interesadas en asistir aos cursos poden consultar as datas e formalizar a súa inscrición na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), onde tamén atoparán os datos de contacto de cada unha das aulas para resolver ás dúbidas que poidan xurdir.
As 19 localidades que ofertan estas actividades son: A Coruña, Cerceda, Ortigueira, As Pontes, Santa Comba, Sigüeiro - Oroso, Vimianzo, Barreiros, Carballedo, Sarria, Manzaneda, Verín, Xunqueira de Ambía, Cuntis, A Guarda, Ponteareas, O Porriño, Valga e Vigo.
Fundación Vodafone
A Fundación Vodafone España é unha institución sen ánimo de lucro que contribúe ao impulso da innovación e a utilización das TIC para mellorar a calidade de vida das persoas e, especialmente dos colectivos vulnerables. Participa en proxectos de innovación tecnolóxica nacionais e europeos, dirixidos a investigar novas aplicacións das comunicacións móbiles que faciliten a vida a persoas dependentes, maiores e enfermos crónicos.
Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliados Dixitais
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia da Xunta de Galicia para impulsar un novo modelo de inclusión dixital, que integra as accións para a alfabetización dixital con outras que permitan a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC, camiñando cara a innovación social dixital.
A Amtega está a desenvolver as iniciativas desta estratexia en colaboración cos axentes do ecosistema dixital, os aliados dixitais do Plan. O pasado 29 de abril, publicouse a Resolución que permite que todas as entidades, empresas, asociacións, etc interesadas en participar neste eido poidan adherise coma aliados dixitais a través dun proceso telemático na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), convoca unha nova edición do premio Mellor ProxectoTIC con Beneficios Sociais 2016, destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.
Preténdese con este premio distinguir ás iniciativas de innovación social de base tecnolóxica que desenvolvan solucións TIC no campo da accesibilidade e as tecnoloxías da información e a comunicación apoiando a igualdade de oportunidades, a inclusión dixital e/ou dean resposta ás demandas sociais dirixidas á mellora da saúde, da autonomía persoal e do benestar e a calidade de vida.
Deben estar especialmente destinados a potenciar o fomento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) accesibles, e diminuír a fenda dixital a través da accesibilidade das tecnoloxías, ou a poñer en marcha iniciativas empresariais ou sociais de desenvolvemento, fabricación ou servizos, que incorporen un elevado nivel do uso das TIC cuxos produtos e/ou servizos TIC melloren a calidade da vida das persoas con discapacidade, persoas maiores, persoas desempregadas, persoas dependentes, persoas con enfermidades crónicas, mulleres do rural..., e en xeral das persoas en risco de exclusión social e/ou dixital.
Estes premios buscan mostrar o recoñecemento público das boas prácticas na área das TICs, para que sean un factor de mellora continua da nosa actividade social. Asemade recoñécese a aplicación da tecnoloxía en proxectos con impacto social positivo.
O premio de Mellor proxecto TIC con beneficios sociais 2016 é un incentivo para recoñecer as accións emprendidas por empresas, entidades ou particulares para que as persoas e comunidades que integran a nosa sociedade poidan ser parte da sociedade da información e do coñecemento mediante o acceso, uso e apropiación das TIC.
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convocan unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016. Estas distincións foron instituídas coa finalidade de fomentar o apoio e a promoción do sector TIC en Galicia e a súa entrega terá lugar durante o trascurso da XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que terá lugar o vindeiro 30 de setembro de 2016 no Gran Hotel da Toxa, e que, este ano, estará adicada á Transformación dixital. O desafío 4.0.
As convocatorias abertas dos Premios COETG/AETG son:
Toda a información e acceso ás bases das convocatorias de todos os premios na web www.aetg.gal.
A data de recepción de candidaturas remata para todos os premios o luns 18 de xullo de 2016 ás 09:00 horas. As solicitudes enviaranse aos correos electrónicos administracion@aetg.gal e administracion@coetg.gal.
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebran hoxe en Santiago a xornada ColaboraTIC.gal, para difundir entre o sector empresarial o software libre e as posibilidades de colaboración e novas vías de financiamento para proxectos que empreguen tecnoloxías libres.
A directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente de Agasol, Xavier Castaño, inauguraron o encontro, que se se enmarca nas actividades do Plan de Software Libre impulsado pola Amtega en colaboración cos principais axentes do ecosistema galego do software libre como Agasol.
Durante a súa intervención, Mar Pereira lembrou que o fomento do uso do software libre e, en particular no sector empresarial, continúa a ser unha aposta da estratexia dixital do Goberno galego. As actuacións concretas neste eido recóllense no Plan anual de Software Libre, que vén desenvolvendo a Xunta desde 2010 cunha media de 100 actuacións anuais para o fomento do software libre na administración, na sociedade e no eido empresarial.
O resultado desas medidas é un incremento no uso das tecnoloxías libres como indican os últimos datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga). Oito de cada dez empresas de Galicia con 10 ou máis empregados empregan software libre, o que sitúa a Galicia por riba doutras Comunidades Autónomas como Madrid, Cataluña ou o País Vasco.
Nas microempresas mantense tamén a tendencia crecente, chegando ao 52,1% das micropemes galegas usan software libre. A principal barreira para á implantación do Software Libre nas microempresas é o descoñecemento de solucións e a falta de referencias sobre produtos libres, mentres que as empresas de 10 e máis traballadores, o principal barreira para usar software libre son as dúbidas sobre as problemáticas que poderían desencadearse coa migración a software libre.
A Amtega atendendo ás demandas do sector empresarial, continúa un ano máis desenvolvendo actuacións, como a xornada de hoxe para o fomento do software libre neste ámbito. Durante o 2016 reforzarase o Centro Demostrador TIC Virtual con dúas novas aplicacións á disposición das empresas como son a plataforma de comercio electrónico Prestashop e o xestor documental Alfresco. Tamén se incrementa a oferta de demostracións e formación en Software Libre e o asesoramento ás pemes en canto a solucións libres adaptadas ás súas necesidades a través da Oficina de Software Libre da Amtega.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe a I Xornada de Ciberseguridade de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG). A máxima responsable da política tecnolóxica autonómica destacou que o incremento da seguridade na rede é unha das prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020 para protexer os servizos públicos dixitais fronte a este tipo de ameazas e crear un clima de confianza para xeralizar o seu uso por parte de cidadáns e empresas.
Pereira sinalou que os ciberataques xeran un dobre prexuízo, o que causan directamente aos afectados e o clima de desconfianza que xeran na cidadanía respecto do uso de medios electrónicos. Neste sentido, a directora da Amtega afirmou que aínda que os ataques informáticos non se poden evitar ao 100%, si se poden poñer os medios para minimizar o máximo posible o seu impacto. Por iso, engadiu, a ciberseguridade é un aspecto imprescindible a ter en conta en calquera tipo de organización pública ou privada e tamén no ámbito persoal.
Seguridade na rede e confianza dixital, liñas estratéxicas da ADG2020
Mar Pereira lembrou que a Axenda Dixital de Galicia 2020 afonda e amplía ao traballo que vén realizando a Administración autonómica no relativo á seguridade TIC, a través da Política de Seguridade da Información da Xunta de Galicia e do Sector Público Autonómico e do Plan Director de Seguridade TIC da Amtega 2015-2020, aprobados ambos o pasado ano.
No marco deste Plan, a Amtega está a desenvolver una serie de actuacións, tanto técnicas e operativas como organizativas e formativas para as que conta cun investimento de máis de 11 millóns de euros en cinco anos.
As actuacións operativas en marcha permitiron aumentar as capacidades de prevención, detección e reposta ante incidentes de seguridade. Estas medidas permiten, tamén, unha mellor colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, achegando información de valor para axudar na investigación de posibles de delitos relacionados co ciberespazo.
A nivel organizativo, constituíronse órganos colexiados coa responsabilidade do goberno dos aspectos relacionados seguridade da información, con participación de tódalas consellerías da Xunta de Galicia, a Asesoría Xurídica e Amtega, xa que a seguridade da información non é un aspecto unicamente técnico e é necesario elevar esta cuestión a niveis directivos das organizacións. O Plan Director de Seguridade TIC inclúe tamén accións de formación e concienciación para usuarios dos sistemas de información.
Colaboración
Nun proceso de dixitalización intensivo, como o que se está a desenvolver a nivel mundial, as infraestruturas tecnolóxicas que garanten o funcionamento de servizos públicos convértense en infraestruturas críticas e a ciberseguridade nun elemento chave de seguridade nacional. Incrementar a seguridade require da acción conxunta dos diferentes Gobernos, dos corpos e forzas de seguridade, e tamén da colaboración estreita do sector tecnolóxico. protexer os servizos públicos dixitais fronte a este tipo de ameazas e crear un clima de confianza para xeralizar o seu uso por parte de cidadáns e empresas.
Os estudantes constrúen cousas para explicar as materias de ciencias e necesitan impresoras 3D, un torno e unha fresadora.
«Celso, teño 46 anos e encantoume haber ter un profe como ti». Isto escribiu un participante no Encontro InspiraTICs no que Celso Fernández, profesor de Tecnoloxía do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova , explicaba en que consiste Empoleirate na Ciencia. As súas ideas, esforzos e resultados valéronlle a Celso, e á súa compañeira Inma Fernández, levar o premio mellor dotado do terceiro Concurso Proxecta Innovación. Este premio está outorgado pola Plataforma Proxecta, o espazo de innovación educativa da a Fundación Amancio Ortega e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O xurado do galardón decidiu outorgarlle unha contía de 2.000 euros, que era a totalidade do importe solicitado, pero ademais, engadíuselle un plus: outros 2.000 dedicados exclusivamente a formación.
¿Que é Empoleirate na Ciencia? O intento dos profesores de ciencias de que os alumnos aprendan creando. «A primeira preguntan que fan os rapaces -recordaba Celso Fernández- é 'e isto para que serve?'»; a partir desa cuestión primordial xurdiu o programa. «Empoleirate» recorda que o espazo onde se sitúa o instituto era a zona dos novicios cando o magnífico edificio de Celanova que acolle o centro -e o Concello- era un mosteiro. E os novicios de agora aprenden construíndo: por exemplo, un rover. «O primeiro prototipo que fixemos -explicaba Fernández- non se deslizaba. Pero aprendimos». Así, aos poucos, van facendo cousas e agora necesitaban a axuda económica para comprar unha impresora 3D (teñen unha, feita por eles), unha fresadora e ata un torno. Pero tamén querían formación -aínda que non pediron diñeiro para iso- para non dar paus de cego e ser máis eficaces. Así avanzarán no seu proxecto: crear unha materia optativa de robótica en ESO e bacharelato; ofrecer unha base de datos libre coas súas creacións aos demais centros; realizar un programa de prácticas para os alumnos; e formar a outros profesores.
Videoxogos
O outro proxecto elixido -son tres na mesma categoría- é Xogamos aos oficios con Minecrat, ao que se destina 3.500 euros (o 30 % do importe solicitado), ao CEIP Ponche dous Brozos. Trátase de que toda a primaria realice un proxecto no que aprenderán Matemáticas, Ciencias, Historia e Lingua, pero grazas ao videoxogo Minecraft. Este centro é pioneiro no uso da gamificación, así que o reto, aínda que enorme, non lles parece inalcanzable. Iso si, comprométense a mantelo só si o resultado é mellor do que teñen agora.
Centro de Arte no Morrazo
A terceira pata do premio é para o IES As Barxas, de Moaña e o seuTransformando realidades. A Plataforma Proxecta fináncialles con 3.500 euros (novamente, o 30 % do importe) e o seu obxectivo é tan ambicioso como os anteriores. María José Soto, a profesora de Economía do centro, explicou en InspiraTICs que pretenden crear un centro de creación artística e involucrar a dez centros escolares da súa zona, O Morrazo. A fusión de arte e Tics é a esencia da idea, porque entenden que «cada materia ten algo de artístico, o talento», e por iso queren exploralo.
E si os tres proxectos anteriores teñen a consideración de gañadores, tamén hai tres accésit de 1.000 euros cada un. Son para a Canle de TV para a divulgación científica, do CPR Santa Teresa de Jesús de Ourense, que incluirá reportaxes, entrevistas e experimentos realizados polos alumnos, sobre todo de secundaria, para os seus compañeiros doutros cursos; PALE, do Escravas do Sacro Corazón de Jesús, da Coruña, que supón impulsar unha produtora audiovisual que montaron os alumnos para sacala do centro e, por suposto, dotar de vídeos ás diferentes materias do colexio; e Buscando a Val, do IES Faro dás Lúas de Vilanova, que consiste en crear unha ruta turística pola vila dedicada a Valle-Inclán.
Esta semana a operadora Telefónica presentou un novo e ambicioso proxecto anti-fenda dixital. Trátase do proxecto Movistar+ 5S, unha proposta que a compañía cualifica de “pioneira” e que ten como obxectivo achegar o lecer dixital aos dous millóns de persoas que teñen no ámbito estatal diversidade funcional sensorial. Máis polo miúdo, preténdese “ofrecer por vez primeira nunha televisión contidos cos tres sistemas de accesibilidade integrados nunha mesma ferramenta”. Estes tres sistemas son: audiodescrición, subtítulos para persoas xordas e lingua de signos.
O acto de presentación, celebrado este martes 14 (coa presenza da raíña Letizia e do presidente da operadora, José María Álvarez-Pallete), coincidiu de maneira significativa co Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Movistar+ 5S, informou a firma de telecomunicacións, mobilizará un investimento anual de máis de 1 millón de euros. “Permitirá aos ditos colectivos”, engadiuse, “gozar dos contidos de Movistar sen límites e acceder á cultura e ao lecer ao mesmo tempo que o resto da poboación”. O servizo será de balde e compatible cos sistemas operativos iOS e Android. Para accedermos a el só teremos que descargar a aplicación Movistar+ 5S. Logo teremos que elixir a modalidade de LSE dependendo das nosas características sensoriais.
Con Movistar+5S, as persoas xordas teñen a posibilidade de elixir os subtítulos/texto no seusmartphone ou tableta ou, tamén, visualizar na pantalla do seu dispositivo a imaxe dun intérprete de LSE sincronizada cos diálogos da película ou serie de TV. Pola súa banda, as persoas cegas poden escoitar a audiodescrición do filme a a través duns auriculares conectados ao dispositivo móbil.
Nesta primeira fase, o servizo lánzase con máis dun centenar de películas e series, entre os que se inclúen Mad Max, Oito apelidos cataláns, Os Minions 3, Zootropolis, Nación Secreta, Spotlight, Penny Dreadful, Outlander ou Better Call Saul. O obxectivo é incluír cada mes 35 estreas de cinema e 70 episodios de series. “Isto”, informou Telefónica, “representa unha importante ampliación da oferta de accesibilidade nas canles en directo de Movistar+, que xa viña ofrecendo o 95% dos seus contidos novos adaptados para as persoas xordas, do mesmo xeito que toda a publicidade”.
Segundo o último informe ConsumerLab de Ericsson, un tercio dos usuarios das novas tecnoloxías cre que no ano 2021 utilizará por o menos 5 dispositivos conectados ao mismo tempo.
A gran maioría de usuarios ten en mente a integración da súa rutina cotiá coa Internet das Cousas. A análise ConsumerLab de Ericsson apunta a que un terzo dos usuarios anticipa que terá polo menos cinco gadgets interconectados, mentres que o 43 por cento cre que os wearables poderían substituír aos smartphones a partir de 2020. O recente Mobile Report da marca tamén facía fincapé nesta tendencia.
Aínda que a integración dos dispositivos móbiles na vida cotiá é inmensa, case a metade dos usuarios enquisados cren que os wearables -aparellos e dispositivos electrónicos que se incorporan en algures do noso corpo- serán os seus substitutos no futuro próximo, manifestando a súa preferencia por dispositivos relacionados coa seguridade, especialmente polos botóns de pánico e localizadores persoais.
Doutra banda, seis de cada dez enquisados en ConsumerLab afirman que a utilidade dos wearables vai máis aló da saúde e o benestar.
Cales son os wearables máis desexados polo público?
Os wearables máis desexados no cinco mercados que abarca o estudo de Ericsson son, segundo a intención de compra, os seguintes: botón de pánico, (32%) smartwatch, (28%) localizador, (27%) autentificador de identidade, (25%) e purificador de auga (24%).
Por outra banda máis da metade dos consumidores (60%) cre que no próximos cinco anos será habitual o uso de pastillas dixeribles e chips subcutáneos, non só para monitorizar datos de saúde vitais, senón tamén para abrir portas, autenticar transaccións e identidade, ou para controlar obxectos.
Ademais, o estudo indica que actualmente un 25 por cento dos propietarios de reloxos intelixentes úsanos para controlar en remoto outros dispositivos dixitais do fogar e un 30 por cento usa procura por voz nos seus smartwatches.
Jasmeet Singh Sethi, experto sobre percepción de consumo de Ericsson ConsumerLab, apunta a que "hai signos visibles dunha menor dependencia dos smartphones por parte dos usuarios de smartwatches" e engade que "un 40 por cento deles interactúan menos cos seus teléfonos intelixentes".
"Aínda que os consumidores mostran un maior interese polos dispositivos relacionados coa seguridade, tamén vemos unha disposición cara á tecnoloxía wearable máis aló da xeración actual. En cinco anos, camiñar cun sensor dixerible que monitoriza a temperatura corporal e axusta automaticamente o termostato cando chegas a casa pode converterse en realidade", conclúe o especialista.
A Cátedra Tecnoloxía e Accesibilidade da UNED - Fundación Vodafone España desenvolve accións centradas en mellorar a vida e o acceso á educación superior principalmente ao colectivo de estudantes con discapacidade da universidade baseadas no uso e aplicación das TIC.
Os proxectos e traballos de investigación realizados neste ano, 2016, son: