A iniciativa desenvolvida polo Centro de Innovación Experimental do Coñecemento (Ceiec) da Universidade Francisco de Vitoria, tomará protagonismo durante a Noite dos Investigadores de Madrid, o próximo 30 de setemebro.
Álvaro García Tejedor, director do centro, explica que está dirixido a mozos con discapacidades cognitivas, como a síndrome de Down, no que aprenderán a moverse pola rede de transportes do metro. "A través dunha trama divertida aprenderán a usar o billete, o mapa, facer transbordos, calcular traxectos... Desenvolvémolo xunto a Down Madrid e Best Buddies, que nos acompañarán xunto aos mozos e as súas familias nesta presentación. Neste encontro os mozos poderán xogar a Downtown e os pais, monitores e educadores coñecerán os beneficios que teñen os videoxogos como o desenvolvemento cognitivo ou a integración social".
Segundo García Tejedor, levan seis anos traballando nunha área das Ciencias da Computación coñecido como 'Serious games'. "Son un tipo de videoxogo cuxo obxectivo non só é o aspecto lúdico, senón que teñen outros fins como a educación, a integración, a concienciación, etc. Neste campo existen xogos como 'brain training', para desenvolver a capacidade mental, ou os 'exergaming', dirixidos ao exercicio físico".
O 'Downtown' é unha das propostas que a Francisco de Vitoria fai para a Noite Europa dos Investigadores, para a que abrirá as portas do Centro de Simulación Médica e do centro de investigación da escola Le Cordon Bleu. Así, a medicina, os videoxogos ou a gastronomía serán os protagonistas destas actividades, nas que os participantes poderán coñecer o último no campo da ciencia e a investigación nestes sectores da man de quen investigan a diario nestes ámbitos.
O Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) opina, no marco do Día Mundial do Alzhéimer, que se celebra hoxe, que “as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) son un aliado fantástico tanto para persoas que sofren esta enfermidade, como para os seus coidadores”. Así o afirmou Rosa Tejerina, xerente de proxectos do centro, quen estima que “as TIC poden axudar a retardar a perda de identidade”.
Segundo un estudo de Sanitas Residencial (1), o 78% dos pacientes entrevistados indican que coñeceron o seu diagnóstico antes dos dous anos, polo que se pode recorrer a tecnoloxías que axuden ao retardo da enfermidade, así como a garantir a autonomía persoal do enfermo, apoiar aos coidadores e facilitar o fluxo de información.
Para garantir a independencia do afectado, CENTAC aconsella o uso de tecnoloxía. “Gravar aos seus familiares e aqueles momentos máis significativos da vida do enfermo, pode axudarlle a lembrar a súa identidade”. Do mesmo xeito, asegura que instrumentos como os localizadores GPS permitirán á persoa enferma e á responsable de coidala unha maior liberdade de movemento. “Recursos como os detectores de presenza, as etiquetas RFID, os móbiles con sistemas de xeolocalización ou os dispositivos de apertura de portas, contribuirán en gran medida a promover a autonomía de todos os involucrados”, engade Tejerina. Ademais, destaca que o enfermo e os seus familiares poderán decidir que tecnoloxía usar e como facelo a medida que a enfermidade avance.
Da mesma maneira, as TIC tamén ofrecen múltiples solucións ás persoas encargadas de coidar aos pacientes. Tendo en conta os episodios de desorientación que pode sufrir o enfermo, existen sistemas de xeolocalización; ademais, cando modifique o seu comportamento, outros sistemas axudarán á estimulación cognitiva, o que promoverá o retardo da deterioración. “Todas estas tecnoloxías están a disposición da persoa encargada do coidado do enfermo e o familiar, e daranlle máis tranquilidade”, observa a xerente de Proxectos de CENTAC.
Doutra banda, o coidador conta tamén con teléfonos de atención, redes sociais, programas nos seus dispositivos móbiles e unha radio específica para entender mellor a enfermidade e apoialo nos episodios de soidade e angustia. “WhatsApp, Skype, HangUp, DUO e outras redes serán mecanismos efectivos para pedir consello e prepararse para o seguinte escenario”, engade. “Co asesoramento recibido, o coidador poderá ofrecer unha atención máis profesional”, conclúe Tejerina.
(1) Fonte: Informe “Consulta por unha atención do Alzhéimer centrada na persoa”. Sanitas Residencial.
O próximo 30 de setembro finaliza o prazo de propostas para participar na área expositiva do 7º Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade, que se celebrará en Zaragoza os días 14 e 15 de novembro.
Nesta sétima edición, CENTAC aposta por primeira vez por unha área expositiva, un espazo onde os visitantes ao congreso poidan coñecer de primeira man e interactuar coas tecnoloxías accesibles que se están desenvolvendo e comercializando no noso país.
Robótica, drons, impresión 3D, wearables, realidade virtual…, búscanse proxectos baseados nun alto contido hardware, con gran carga innovadora, acharse en fase funcional de prototipo e que mellore a calidade de vida de colectivos con discapacidade, limitacións ou maiores.
O Congreso Nacional CENTAC, o maior en España de tecnoloxías accesibles, ofrece un espazo único de networking ao contar coa presenza de todos os actores implicados neste sector: grandes empresas tecnolóxicas como IBM, Microsoft ou Dell, representantes da Administración, universidades, emprendedores e organizacións do terceiro sector. É unha oportunidade única para darse a coñecer.
A recepción de propostas xestiónase a través da web de CENTAC, enchendo o formulario.
‘Speaker's corner'
Se por outra banda, ou ademais, o que queres presentar é unha solución baseada en TIC que contribúa á transformación dixital da sociedade, que destaque pola súa accesibilidade e usabilidade e con incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas, opta a participar no Speaker's Corner. O prazo finaliza o 10 de outubro.
7º Congreso Nacional CENTAC
Esta edición virará ao redor da “Transformación Dixital Accesible”, entendéndoa como unha transformación da sociedade, como un cambio do noso modo de vida, dun novo sistema de traballo e produción, da nosa forma de acceso e utilización de servizos públicos e privados. É a transformación da educación, a sanidade, a cultura ou a comunicación. Todo iso, baseado en tecnoloxías presentes ou emerxentes que sen os criterios de accesibilidade e usabilidade van deixar a millóns de cidadáns fóra do círculo.
Con dúas salas de relatorios en paralelo a alto nivel sobre as tendencias tecnolóxicas máis innovadoras enfocadas á persoa; relatores da talla de Chema Alonso, o gurú da seguridade informática ou Silvia Leal, experta en Inno-liderado e Transformación Dixital; un speaker's corner con proxectos para a mellora da calidade de vida das persoas; e unha zona expositiva onde interactuar coa tecnoloxía; o 7º Congreso Nacional CENTAC é o lugar onde estar se estás interesado nas tecnoloxías ou traballas na contorna tecnolóxica.
O rexistro gratuíto está aberto.
A Escola de familias e discapacidade da Fundación MAPFRE organiza o vindeiro sábado 8 de outubro a súa VI Xornada presencial na cidade de Santiago de Compostela. Na xornada, Gonzalo Berzosa, Director da Escola de familias e discapacidade, impartirá a charla: “Conectados somos máis autónomos. A tecnoloxía ao servizo da seguridade, a iniciativa, a vida independente”.
O obxectivo da xornada é reflexionar sobre a necesidade de incorporar na vida cotiá das persoas con discapacidade o uso das tecnoloxías da comunicación.
Trataranse aspectos clave, tales como:
Xunto cos contidos que se ofrecen na súa web, a Escola ofrece ás familias, a través destas xornadas presenciais, un tempo e un espazo para vivir a experiencia de que non están soas, que poden compartir as súas dificultades, expresar os seus medos, coñecer as conquistas no ámbito da autonomía persoal doutras persoas con discapacidade e mirar ao futuro con esperanza e confianza.
A Xornada levarase a cabo no Parador “Hostal dos Reis Católicos” situado na Praza do Obradoiro, 1. Santiago de Compostela (A Coruña) de 9:00 a 14:00 horas.
Quen desexe asistir poderá inscribirse de maneira gratuíta a través da web oficial da Escola de familias e discapacidade.
Dende hoxe e até o 2 de outubro o programa Conectadas 2016 (unha iniciativa desenvolvida polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra) vai realizar 17 obradoiros espallados entre 12 concellos da provincia de Pontevedra: Campo Lameiro, Cuntis, A Estrada (catro obradoiros), Lalín, Meis, Mos, Ponteareas (dous), Pontecesures, Sanxenxo, Tomiño (outros dous), Vilaboa e Vila de Cruces. Os ditos obradoiros abranguen temáticas variadas, sendo as novas tecnoloxías un dos bloques fundamentais polo que teñen estas ferramentas de inclusivas e de recursos para a mellora social, comunicativa, formativa, cultural, persoal, etc.
Máis polo miúdo, as temáticas van dende actividades físicas (zumba, ioga, ximnasia de mantemento), artesanía e manualidades (traballos en tea, coiro, madeira e outros; costura creativa; iniciación á costura) ou a alimentación (conservación de alimentos, conservas artesanais; cociña e alimentación: hábitos saudábeis; tapas, petiscos e canapés), ou alfabetización dixital (fotografía e edición) e psicoloxía (risoterapia, mindfulness), entre outros.
As actividades mencionadas estanse a realizar ao longo de 60 concellos da provincia e son máis de 5.000 alumnas e alumnos os que se beneficiarán en total do programa. Os cursos teñen unha duración de 35 horas e precisan un mínimo de 15 persoas participantes, organizándose en grupos de entre 20 e 25 persoas como máximo e con preferencia ás mulleres. Só un 25% das prazas se reservan para homes, agás no caso dos cursos relacionados coa cociña e alimentación, onde a distribución de prazas está a ser mixta.
Cómpre engadir que o que persegue Conectadas 2016 é potenciar a participación e promoción das mulleres, mellorar a súa formación básica e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, así como o intercambio de experiencias. Faino mediante accións formativas e coa achega dos principios de: igualdade, corresponsabilidade e conciliación nos distintos eidos persoal, laboral e familiar.
Alén disto, Conectadas 2016 tamén quer contribuír á mellora da empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, reducindo a fenda dixital mediante o emprego da información e as novas tecnoloxías.
Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) terá lugar o vindeiro 28 de setembro dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital.
A xornada abordará a Internet das cousas (IoT nas súas siglas en inglés) coa participación de expertos na materia e desenvolverase na sede de Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia Gradiant, no Edificio CITEXVI, local 14, no Campus Universitario de Vigo.
Francisco Javier Rodríguez Martínez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense e membro da xunta de goberno do CPEIG, será o encargado da benvida institucional. A continuación intervirá Juan Manuel Corchado, director do primeiro master sobre IoT e catedrático da Universidade de Salamanca. Despois dun breve descanso, falará José Antonio Losas, CTO de Conexiona.
O último relator en intervir no faladoiro dixital será o Xefe de Servizos de Feiraco, o enxeñeiro agrónomo Rafael García Gabeiras. Unha mesa redonda pechará a xornada coa participación dos relatores e do público.
As persoas interesadas en acudir ao faladoiro dixital sobre Internet das cousas poden inscribirse xa de balde no enderezo eventos@cpeig.gal e tamén través da web www.profesionsdixitais.org, onde atoparán máis información do programa e dos relatores.
1 mes, 1 profesión dixital
A campaña 1 mes, 1 profesión dixital desenvolve a segunda edición durante o presente ano, abordando as oportunidades profesionais e boas prácticas. O obxectivo xeral é crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado entre o CPEIG e a Amtega.
O movemento maker é a última tendencia no mundo da tecnoloxía. Así o pensa Google e por ese motivo adicoulle o seu quinto evento anual TrendSpain, celebrado onte no Campus Madrid, o edificio co que conta a compañía na capital española. O movemento consiste en crear obxectos de forma artesanal pero utilizando a tecnoloxía ou técnicas tecnolóxicas como a impresión 3D, a robótica, o corte con láser ou a fresadora. As ferramentas son moi variadas. Algo que mostra o auxe deste fenómeno é a rápida multiplicación en todo o mundo de espazos nos que levar a cabo este tipo de proxectos a modo de laboratorios. Chámanse FabLabs e cada 18 meses duplícase o número destos espazos en todo o mundo, segundo César García, un dos ponentes da xornada.
Esta colaboración pon especial atención na promoción da vida independente vinculada á innovación tecnolóxica a favor da accesibilidade e a autonomía de ditas persoas.
Deste traballo conxunto destacamos Turismo Accesible para Todos. A aplicación TUR4all recolle as condicións de accesibilidade de establecementos turísticos de todo o territorio español (cada mes inclúense máis) e nela pódense atopar aloxamentos, bares, restaurantes, bodegas, oficinas de turismo, monumentos, museos e centros culturais, praias, espacios lúdicos, rutas urbanas… A aplicación permíteche planificar a túa viaxe, accedendo á información por provincias, tipo de establecemento e criterios de accesibilidade. Ademáis TUR4all está deseñada para personalizar a busca de establecementos turísticos segundo as túas necesidades.
Onte presentábase unha aplicación de balde para emprestar axuda a persoas con trastorno do espectro autista. A app móbil, chamada INEIP, foi levada a cabo pola empresa Dos Espacios de Vilagarcía de Arousa financiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes partindo da base que a asociación BATA leva desenvolvendo dende hai un ano de cara á orientación laboral das persoas con necesidades específicas. Indo á aplicación, cómpre dicir que é para dispositivos móbiles con sistema operativo Android e que tentará facer máis doada a tarefa dos orientadores laborais que traballan con autistas ou persoas con diversidades intelectuais permitindo a estes últimos atopar a súa verdadeira vocación.
A aplicación, Instrumento de Evaluación de Intereses Profesionais (INEIP), xa foi testada con catorce mozos de BATA e outra vintena de dous colexios de educación especial de Barcelona e Murcia. A aplicación xa está dispoñíbel de maneira gratuíta para todo tipo de colectivos que empresten apoio a persoas con autismo ou outras características.
O proxecto parte dunha aplicación máis rudimentaria para computador que BATA vén empregando dende 2006. A nova app mellóraa e optimízaa e está a traballar nunha versión mellorada máis encamiñada a persoas que xa atoparon emprego, para facilitarlles a adaptación ao seu posto de traballo.
Na presentación desta versión, dirixida por Fausto García (presidente de BATA), Ignacio Rey (coordinador do servizo de emprego da asociación), Santiago Paz e Víctor Barros (de Dos Espacios) púidose ver que mediante o uso de pictogramas e vídeos gravados (en empresas locais e en situacións reais) é posíbel dirixir e axudar ao usuario a través de dezaseis preguntas nas que terá que elixir entre distintas profesións dos sectores agroforestal, mecanización, servizos e administrativo. Con estes datos, fíxose saber, o sistema elabora un informe sobre o sector profesional que máis lle interesa á persoa en cuestión e as competencias que necesita para desenvolver ese traballo de maneira eficaz. O obxectivo é que os autistas "poidan tomar unha decisión consciente e informada sobre algo tan importante como a súa vida laboral", explica Ignacio Rey, que agarda que a aplicación "chegue a moitas persoas con autismo e necesitadas de apoio e lles sexa útil". Así, o servizo de emprego que el dirixe, asesora a uns 170 mozos e conseguiu inserir no mercado laboral a outros corenta. A maior parte mozos de entre 16 e 25 anos que remataron a ESO pero "que non son quen de seguir estudando e buscan acceder a outro tipo de formación ou a unha actividade remunerada", apunta Rey, que incide en que a aplicación ideada por BATA conta co respaldo da Asociación Española de Emprego con Apoio (AESE).
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe durante a inauguración de Galicia TIC 2016 que “a dixitalización do tecido empresarial galego é un reto inaprazable” e destacou o papel fundamental do sector tecnolóxico como elemento tractor e facilitador de este proceso.
Pereira lembrou que a Amtega vén colaborando estreitamente con sector TIC nos últimos anos no desenvolvemento das iniciativas recollidas nas Axendas Dixitais de Galicia, 2014.gal e ADG2020. No caso concreto da dixitalización empresarial, a Amtega está a desenvolver diferentes actuacións como o Programa Reacciona TIC, que en colaboración co Igape, ofrece un catálogo de servizos dixitais ás pemes co asesoramento de empresas TIC.
Proxectos TIC de referencia
A directora da Amtega sinalou que Galicia está hoxe en posición de poder afrontar os retos da transformación dixital tras o esforzo dos últimos anos para avanzar na converxencia con España e Europa na integración das TIC. Un esforzo, indicou, no que Galicia contou cunha Administración comprometida, que a situou entre as primeiras Comunidades en contar cunha estratexia tecnolóxica e coa capacidade dun sector tecnolóxico que conta con máis de 2.200 empresas e 14.000 profesionais.
Neste sentido, recalcou que os resultados dos proxectos e iniciativas de dixitalización da Administración, a Xustiza, a Educación postos en marcha nos últimos anos constitúen o mellor escaparate para sector tecnolóxico e contribúen a converter a Galicia nun polo tecnolóxico de referencia.
Finalmente, a responsable da estratexia tecnolóxica autonómica lembrou que o reto da Axenda Dixital de Galicia 2020 é consolidar a dixitalización de servizos públicos, empresas e sectores primarios con 14 plans xa en marcha. O principal obxectivo desta estratexia dixital é impulsar un crecemento, intelixente, sostible e integrador e cuxo orzamento previsto suporá que desde 2009 e ata 2020 Galicia terá investidos 3.000 millóns de euros entre capital público e privado na transformación dixital da Comunidade.