main content

main content
10/02/202210:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Descobre o buscador da internet que non deixa rastro: DuckDuckGo

Canso de que che rastrexen? Así reza a pantalla de inicio da web DuckDuckGo.com e é que nos últimos tempos, cada vez imos sendo máis conscientes acerca da exposición dos nosos datos e información na internet e do que isto implica. Froito diso están a aparecer numerosas iniciativas que propoñen unha maior privacidade cara aos seus usuarios.

Este é o caso de DuckDuckGo, unha aplicación móbil e buscador que ten como calidade principal protexer a información do usuario á hora de buscar na internet e evitar que as súas procuras poidan ser rastrexadas ou se lles poida facer un seguimento.

Analizaremos como funciona e cales son as súas diferenzas e semellanzas co seu homónimo de referencia neste campo, o coñecedísimo Google.

07/02/202210:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Como usar PayPal para pagar online con tranquilidade

Internet é un lugar no cal, do mesmo xeito que na vida real, é posible que atopemos estafas e perigos á hora de facer compras ou realizar transaccións económicas. Esta contorna propiciou a aparición de plataformas como PayPal, que achegan unha maior garantía e seguridade aos usuarios á hora de efectuar os seus pagos, permitindo denunciar casos fraudulentos ou pedir unha devolución do diñeiro se algo lles fixese sospeitar.

Neste seminario achegarémonos a PayPal, e farémolo a través dunha guía que nos permitirá facer uso desta plataforma de forma consciente e sentir así a tranquilidade de operar de forma segura a través de internet.

03/02/202210:30 h
1 mes 1 profesión dixital

Signal: coñece unha das apps de mensaxería máis seguras

Nos últimos anos as aplicacións de mensaxería convertéronse nunha ferramenta fundamental do noso día a día que non pode faltar nos nosos dispositivos móbiles. Ademais da famosísima Whatsapp, contamos cun gran abanico de alternativas gratuítas que podemos descargar para dar mellor resposta ás nosas necesidades.

Neste seminario achegarémonos a Signal, a app de mensaxería de referencia para aquelas persoas que priman a privacidade nas súas conversacións. Coñeceremos como funciona e cales son as particularidades que fan desta aplicación unha das máis seguras para o usuario á hora de comunicarse.

01/02/202217:00 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Google Maps desde cero: moito máis que un GPS (II)

O noso teléfono móbil converteuse no noso mellor guía cando temos que desprazarnos a algunha parte. Grazas a Google Maps podemos chegar comodamente a sitios que non coñecemos e ter localizada información de interese como restaurantes, aloxamentos, farmacias, etc. Cun pouco de planificación podemos tamén crear nosas propios roteiros personalizados para non perdernos nada polo camiño. Descobre no teu móbil como sacar todo o rendemento da app de xeolocalización máis potente.

1 mes 1 profesión dixital
Online

Día da internet Segura 2022

O 8 de febreiro de 2022 celébrase en todo o mundo o Día da internet Segura ou Safer Internet Day #SID2022, baixo o lema nesta edición 'Xuntos por unha Internet mellor (Together for a better internet)'. Trátase dun evento promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, que se celebra cada mes de febreiro co obxectivo de promover un uso seguro e positivo da tecnoloxía, especialmente entre nenos e novos.

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) celebra como cada ano o #DíaDeInternetSegura cun evento que terá lugar o martes 8 de febreiro no Auditorio Cidade de León. Desta maneira, retoman a organización desta xornada en formato presencial, cun completo programa de actividades que tamén se retransmitirán en directo.

27/01/202208:01
Nena facendo un experimento químico. Foto de Santi Alvite.
Santiago de Compostela

A USC e o Concello de Santiago volven celebrar o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia

Universidade de Santiago e o Concello volven unir forzas para conmemorar o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, que se celebra o día 11 de febreiro. En virtude desta celebración, a USC comunicou que abrirá a todos os centros de primaria galegos a inscrición en modalidade virtual no programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole. Trátase dunha acción destinada a mostrar e reivindicar o labor de referentes nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e na que ata o momento só podían participar os centros públicos de Santiago.

Na súa sexta edición, o programa ofrece once obradoiros en liña de temática variada arredor da física, as matemáticas, a computación, a química ou a óptica que achegan “de forma divertida estas disciplinas ao alumnado de primaria”, e amosan as contribucións das mulleres nestas áreas. Impartidos por investigadoras e docentes da USC e o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), compleméntanse con outra documentación tamén disponible na web da actividade que inclúe referencias a contos e relatos de mulleres que contribuíron ao avance da ciencia e a tecnoloxía.

Encina Calvo, profesora da área de Física Aplicada da USC e Eva Aguayo, responsable da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da universidade, coordinan este programa que busca “sementar nos centros de ensino o xerme para que a elección de titulacións deixe de reproducir o nesgo presente nos roles tradicionais de xénero”, en palabras das organizadoras. A proposta didáctica deste ano componse dos cursos Coas mates pódense gardar segredos, impartido por Elena Vázquez Abal, profesora da Área de Xeometría e Topoloxía da USC; Física Divertida, da man das profesoras Mª José Pérez Comuñas e Encina Calvo Iglesias, da Área de Física Aplicada da USC; O pensamento computacional sen tecnoloxía e A enxeñaría e a ciencia, ambos os dous impartidos pola profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora do CITIUS, Eva Cernadas; AstrónomAs, outro universo por coñecer, coa profesora de Astronomía da USC e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Josefina Ling Ling; Xogando coa luz, impartido polas profesoras e investigadoras Maite Flores, María Aymerich e Carmen Bao da Área de Óptica da USC; Luz, cor e sombra, coas docentes Elena López Lago e Dolores Mouriz Cereijo da mesma área; A maxia que hai detrás da Física, con María José Gómez Calero, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías; Só facemos química cando imos ao laboratorio?, coas docentes Mª Raquel Domínguez González do Departamento de Química Analítica e Ana Mª García Deibe do Departamento de Química Inorgánica da USC; e Computando cunha soa man, con Cecilia Grela, Natalia Costas Lago e M. José Rodríguez Malmierca, investigadoras do CESGA.

28/02/202215:00 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

VI Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informátca de Galicia (CPEIG) convocan o “VI Concurso literario infantl e xuvenil sobre a protección de datos”. Ambas as dúas institucións consideran de moita importancia que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

O concurso está aberto a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO, ambos inclusive. Terán que redactar un escrito en galego que pode ser do xénero literario artigo periodístco, exposición divulgatva (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto e que versará sobre o tema da protección de datos.

Haberá un premio por cada categoría.

26/01/202213:01
Mans tecleando sobre un portátil.
Santiago de Compostela

O CPEIG celebra o Día da Protección de Datos con ciberconsellos e cunha nova edición do seu concurso literario

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), con motivo do Día Europeo da Protección de Datos que se celebra este venres 28 de xaneiro, ofrece á sociedade unha serie de “ciberconsellos para facer un uso seguro da tecnoloxía”. Fernando Suárez, presidente do CPEIG, considera “de vital importancia” que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos.

Estas recomendacións, explica o consello, pretenden axudar a todos os usuarios a crear unha primeira e esencial barreira de protección fronte a ciberameazas, con consellos xerais sobre como evitar riscos cando se empregan as tecnoloxías: 

  • Non interactuar con arquivos adxuntos procedentes de correos sospeitosos.
  • Manter o sistema operativo actualizado (software, antivirus...) e non descargar aplicacións estrañas.
  • Non conectarse a redes públicas e, no seu lugar, empregar unha rede privada virtual (VPN).
  • Axustar a privacidade dos perfís en redes sociais.
  • Aplicar cautela á hora de conectar dispositivos extraíbles a un equipo cando proveñen de terceiros.
  • Avisar dos incidentes de seguridade.
  • Saber que ata os smartphones apagados poden ser rastrexados.
  • Manter todos os plugins e extensións do navegador actualizados.
  • Usar contrasinais complexos e únicos.
  • Eliminar documentación sensible dos dispositivos mediante ferramentas de borrado seguro.

Concurso Literario Infantil e Xuvenil

Seguindo o fío da dita celebración deste 28 de xaneiro, o CPEIG e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convocaron o VI Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos. Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO. Ambas as dúas institucións consideran “de moita importancia que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade”. Sinalan que “actualmente cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia da salvagarda da información, a comunicación e os sistemas”. Nas bases estipúlase que as e os estudantes poderán presentar ao certame diversos xéneros literarios como o artigo xornalístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto, todos obras inéditas escritas en lingua galega. Estes traballos deberán responder a preguntas como as seguintes: -Que é para ti a protección de datos? -Como afecta no teu día a día? -Como podo protexer os meus datos? Os textos de referencia serán o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos.

Os traballos deberán presentarse en formato dixital en PDF, cunha extensión de entre 1.000 e 2.000 palabras para as categorías de 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO, e de entre 800 e 1.000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe. O prazo para presentalos estará aberto ata as 15:00 horas do 28 de febreiro. Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tableta para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización. O fallo do xurado, composto por membros nomeados polas entidades convocantes, daranse a coñecer no mes de marzo. Pódense consultar as bases da convocatoria nas páxinas web das institucións convocantes, na do CPEIG e na da Xunta.

26/01/202212:01
Formación en COGAMI.
Santiago de Compostela

O programa de formación e empoderamento TIC de COGAMI logra unha taxa de inserción laboral do 31%

confederación COGAMI, formada por colectivos galegos de persoas con diversidades funcionais e cognitivas e presidida polo sonense Anxo Queiruga, vén de facer balance do traballo despregado pola entidade en 2021 en materia de emprego. Segundo se fai saber, COGAMI foi quen de formar a máis de 200 persoas ao longo do ano que vimos de despedir. Delas, logrou a inserción laboral o 31%. Unha parte importante das formacións impartidas puxeron o foco na alfabetización e na capacitación dixital, sendo este ámbito un elemento fundamental de empregabilidade e autonomía persoal.

No balance tamén se di que o perfil das persoas formadas é 60% do alumnado é muller e con idades comprendidas entre 40 e 50 anos e, en moitos casos, co certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual.

Plan de formación

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolve un plan de formación que ten por obxectivo “capacitar á persoa para que logre o seu desenvolvemento profesional”. Tendo como obxectivo final a inserción laboral, o programa formativo está adaptado ás necesidades e capacidades das persoas integrantes das asociacións de COGAMI, destinatarias desta formación, pero tamén contempla as demandas do tecido empresarial da zona. Ao longo de 2021, a área de Formación de COGAMI impartiu 21 cursos dos que 14 foron en formato presencial, sempre con todas as medidas de hixiene e seguridade de protección ante o COVID-19, e 7 foron en formato online. “Intentamos facer a formación presencial con medidas de prevención e seguridade máximas, aplicando os protocolos que en cada momento e cada centro lle correspondían”, apunta Paco Abuín, coordinador da área de Formación de COGAMI, quen engade que “programamos cursos a distancia en diferentes zonas de Galicia e, para aquelas persoas que carecían de equipos informáticos, cedémosllos dende CGOAMI xunto coa conexión a Internet”.

Máis mulleres ca homes

Foron un total de 218 persoas as formadas pola confederación en 2021, 129 mulleres e 89 homes, con idades comprendidas entre 40 e 50 anos e, en moitos casos, con certificado de incapacidade laboral para desenvolver a profesión habitual. De todas estas persoas, o 31% logrou inserirse laboralmente ao longo do ano tras pasar por esta formación.

“Podemos facer un balanzo moi positivo dos cursos impartidos durante o ano 2021”, apunta Paco Abuín, quen engade que “agora estamos á espera da aprobación da nova financiamento para darlle continuidade ao noso programa formativo”. Para poder desenvolver estes cursos, contouse co apoio financeiro da Administración Pública como a Consellería de Emprego e Igualdade, o Ministerio de Asuntos Sociais e o Fondo Social Europeo, e tamén por organismos sociais como a Fundación ONCE e Fundación La Caixa.

Clases teóricas e sesións prácticas

O plan de formación impartido contempla clases teóricas e tamén a realización de prácticas en empresas da zona, co obxectivo de “que o alumnado tome contacto co mercado laboral e co tecido empresarial da súa comarca, ademais de poder ter a posibilidade de poder rematar estas prácticas cunha oferta laboral da empresa na que as realizou”, explica COGAMI no seu balance, engadindo que durante 2021 foron 30 persoas as que realizaron prácticas en empresas que colaboran de xeito desinteresado coa confederación.

O programa formativo puxo o foco no urbano e no rural. Porén, fíxose especial fincapé nos núcleos pequenos por carecer estas áreas dos servizos que si teñen as cidades. “Intentamos facer o máximo número de cursos na zona rural de Galicia para que as persoas con discapacidade teñan as mesmas oportunidades de formación na súa propia contorna e non se teñan que desprazar a zonas urbanas”, engade Abuín. Os cursos que contemplou o programa formativo de COGAMI en 2021 e os concellos nos que se impartiron foron: Empregada/o de Gasolineira en Ferrol; obradoiros de Empoderamento da Muller con Discapacidade en Santiago e Lugo; Alfabetización Dixital de Adultos en Lugo; Competencias Clave en Ourense, Vigo e Vilalba; Carniceiro / Charcuteiro en Lugo; Auxiliar de Transporte Adaptado en Ferrol e Monforte de Lemos; Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais en Cabana de Bergantiños; Competencia Matemática en Vigo; Formación para Traballadores/as Incluye en A Coruña e Mozo de Almacén en Ferrol. Con respecto aos cursos en formato online foron sobre Tarefas Administrativas e Competencias Dixitais no que participou alumnado procedente de A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago.

COGAMI destinou 2.448 horas á formación de persoas co fin de dotalas de preparación para que acaden unha oportunidade laboral o antes posible.

25/01/202208:01
Cartel da iniciativa.
Boiro

A aula CeMIT de Boiro brinda á cidadanía formación online e presencial en febreiro

O Concello de Boiro vén de comunicar a ampliación da axenda de actividades previstas para a aula CeMIT local, o centro de capacitación tecnolóxica do concello ao servizo da cidadanía. En concreto, a aula ampliará durante o mes de febreiro os cursos de formación con xornadas en formato presencial e online. As inscricións están xa abertas e poden facerse directamente no Centro Social de Boiro, a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou WhatsApp 629 769 139.

En formación presencial no mes de febreiro vaise impartir un curso sobre editor de texto Writer, que será do 14 ao 17 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas; e outro sobre a folla de cálculo Calc, que será do 21 ao 24 de febreiro no mesmo horario. En formación online no mes de febreiro vaise impartir a clase maxistral Xestión de Eventos.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS