Os locais sociais da zona rural de Narón acollerán cursos de informática a partir do vindeiro mes de febreiro. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou esta semana que a iniciativa enmárcase na programación CeMIT Rural 2018 e que se vai desenvolve até o vindeiro mes de xuño. As sesións programadas impartiranse a grupos dun máximo de dez persoas, xa que se levarán aos locais sociais ese mesmo número de equipos portátiles, cedidos polo consistorio para realizar estes cursos. As persoas interesadas en anotarse poden facelo nos locais sociais de San Mateo, San Xiao, Doso, Castro, Pedroso, Sedes e O Val.
Segundo fixo saber, “esta acción formativa é unha demanda dos veciños e veciñas que o ano anterior xa foron alumnos e alumnas e nos indicaron o modelo de curso a impartir que sería de utilidade para eles”. Nas clases aprenderán: Informática básica, Redes sociais e o Manexo de móbil e whatsapp, cunha duración de 51 horas. Os cursos programados teñen unha duración, en conxunto, de 357 horas, para o primeiro semestre do ano e cunha previsión de continuar a partir do mes de setembro con máis accións formativas desta índole.
As clases desenvolveranse en tódolos grupos en horario de tarde, a razón de dous días á semana, sendo de hora e media cada unha das sesións.
A edil de Novas Tecnoloxías destacou que se trata dunha proposta “coa que continuamos achegando desde o Concello as novas tecnoloxías á zona rural e deste xeito evitamos que os residentes deses núcleos non teñan que desprazarse ata a zona urbana para asistir a este tipo de oferta formativa, facilitándolles ademais os medios para poder realizar os cursos, neste caso os ordenadores portátiles”.
A Fundación Vodafone España e a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) desenvolveron un proxecto para ensinar a persoas maiores con discapacidade auditiva a utilizar os teléfonos móbiles intelixentes.
Os smartphones e as novas tecnoloxías poden ser moi útiles para as persoas maiores, en especial aquelas que teñen unha discapacidade, pero en moitos casos é necesario aprender a utilizar estes dispositivos.
Por esta razón, estas dúas fundacións únense para ensinar a máis de 300 persoas maiores a utilizar estes dispositivos, como acceder con eles a Internet e as aplicacións máis útiles que poden supoñer unha mellora na súa calidade de vida.
Estes cursos realízanse a través de vídeos formativos que, ademais, están dispoñibles en lingua de signos para facelos máis accesibles.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartirá este 31 da xeneiro unha charla de balde no Centro de Estudos Profesionais (CEP) Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal (Lugar Cadreche, s/n. Posmarcos), sobre navegación en Internet e sobre os mellores instrumentos que as novas xeracións poden aplicar para tirar o máximo proveito da Rede, en positivo. A charla, organizada pola AMPA Cadreche, celebrarase ás 16:00 horas no propio colexio.
A xornada informativa, dirixida a alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria, pais, nais, titores e profesores, organízase con motivo do Día Europeo da Protección de Datos (efeméride que se conmemorou o pasado domingo 28 de xaneiro, promovida polo Consello de Europa, a Comisión Europea e todas as autoridades implicadas da Unión Europea). Estará impartida polo colexiado Gabriel Ferreiro, que fará fincapé nas posibilidades que se abren a través dun uso axeitado da Internet, posibilidades para “aprender, divertirse e comunicarse”, pero empregándoa con sentido común.
O colexiado avanza tamén que a navegación por Internet serve para comunicarse, a través de correo electrónico, mensaxes instantáneas, chats ou das redes sociais, e para expresarse de forma máis extensa empregando outros espazos destinados a ese fin como son os blogs. Tamén manifesta que se pode ter un tempo de lecer escoitando música, vendo películas, xogando a videoxogos ou lendo libros en liña ou descargando os seus arquivos, “pero sempre de maneira legal”. Tamén fai fincapé na importancia documental da Rede para facer os traballos escolares, empregando os buscadores para acceder a todo o coñecemento que se precise.
Gabriel Ferreiro, a xeito de avance do seu relatorio na Pobra, recomenda aos rapaces que teñan o control sobre o perfil para non expoñerse innecesariamente a riscos como o phishing (fraude), o correo lixo, os correos masivos, o software malicioso ou o ciberacoso, ciberbullying ou grooming ou acoso sexual. O experto argumenta que sempre se debe ter en conta esta frase: “Non fagas en internet nada que non farías na vida real”.
O colexiado engade igualmente que se debe ter coidado cos datos, fotos (sobre todo de menores), información persoal, da familia ou dos traballos, sempre pensando antes de publicar. Explica tamén que cando se interactúa na Rede, os rapaces deben empregar alcumes e nicks axeitados (non empregar nunca o nome real, nin a idade ou ano de nacemento) e tampouco usar a webcam, non citarse con alguén fóra da rede ou publicar fotos sen consentimento dos fotografados.
Nas redes sociais, Gabriel Ferreiro lembra que a idade mínima para ter un perfil é de 14 anos, excepto en redes sociais específicas para menores, como Blindworlds ou Chaval.es, e sempre coa vixilancia dos pais ou titores encargados de velar pola súa privacidade.
En situacións de ciberacoso, o experto destaca que se debe denunciar ao intimidador.
Este 2 de febreiro, na Casa de Cultura do Milladoiro, temos unha cita co espírito Maker. Ou sexa, que temos un convite para tirar abaixo os atrancos que nos separan da creación tecnolóxica coas nosas propias mans, a todos e cada un de nós e sen importar, para nada, a nosa formación na devandita materia. A cita Innovames vén da man do Concello de Ames, e trátase, como dixemos, dunha xornada de innovación e argalleira (Maker). Contarase coa presenza de grandes referentes da filosofía do Do it yourself aplicada ao software, á robótica, a proxectos científicos ou a calquera tipo de enxeño, tanto a nivel galego como estatal e internacional.
Pola mañá, de 09:00 a 14:00 horas, haberá unha xornada adicada a profesionais do sector. De seguido, pola tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas, desenvolveranse obradoiros para nenos/as, unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2018 e demostracións de experimentos científicos. Este é o segundo evento destas características que organiza o Concello de Ames, despois do Roteiro Maker feito en decembro de 2016. Para obter máis información ou inscribirse na xornada profesional e nos obradoiros hai que acceder á web innovames.gal. Segundo informa a organización, premendo na ligazón da dereita, baixo o apartado de descargas, poderemos obter o programa de Innovames.
O obxectivo deste encontro Maker é achegar as últimas tendencias no mundo da innovación a todos os públicos, “xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, onde se comparta coñecemento e xurdan sinerxías que dean lugar a proxectos innovadores”. Esta iniciativa está composta de conferencias e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual e a utilización de novos materiais. Todo isto, informa o Concello, conforma o groso dunha programación que se artella en dúas xeiras. Por unha banda, a matinal, que estará dirixida exclusivamente ao sector profesional. As 09:30 realizarase a presentación do evento. De seguido, de 10:00 a 10:30 horas, contarase coa presenza de Sonia Pazos Álvarez do INL, International Iberian Nanotechnology Laboratory, que ofrecerá un relatorio sobre as posibilidades que nos outorga a nanotecnoloxía en múltiples sectores e onde presentará todo o que se está a facer neste centro de referencia internacional. No programa matinal tamén destaca a presenza de diferentes representantes das empresas asentadas no polígono do Novo Milladoiro como NanoGap, Escenoset, Cartogalicia, CineMar films ou Zenit entre outras compañías locais, que ofrecerán a súa visión particular do estado da innovación dentro dos seus diferentes sectores.
Ademais, haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man exemplos da Galicia máis innovadora, coa presenza de makers galegos creadores de proxectos de innovación de referencia. Uns petiscos porán o punto final a unha sesión de networking que se dirixe a impulsar creación de sinerxías entre empresarios e argalleiros asistentes.
A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “coa creación de Innovames o Concello de Ames busca pór en valor os recursos e a capacidade de innovación da nosa Comunidade, fomentando a colaboración entre as empresas e inventores galegos, e dando a coñecer ao público xeral o capital Maker galego”.
Programa de tarde
O evento completarase cunha sesión de tarde que estará máis enfocada ao público familiar a través da programación de diferentes actividades e obradoiros orientados aos máis cativos. Celebraranse demostracións de ciencia e de realidade virtual, obradoiros de robótica e videoxogos, e habilitarase un espazo para programar aplicacións móbiles. A xeira de tarde comezará as 16:00 horas cun obradoiro de papirotrónica, dirixido a nenos e nenas de máis de 6 anos. De 18:00 a 20:00 haberá outros dous obradoiros de robótica e de programación de apps, que están dirixidos a nenos/as de máis de 8 anos.
Ademais, durante toda a tarde haberá unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2017 na que participarán as entidades 3D Limitless, MAKEROID, Arcade Pi, B.R.A.I.S., I.E.S. Sánchez Cantón, MINIMO, IOTLAB, PSICOVR, e SPAINLABS, así como demostracións de experimentos científicos.
Coas crianzas accedendo ás redes e aos dispositivos tecnolóxicos dende as idades máis temperás, faise máis necesario que nunca facer fincapé, nos colexios e nos fogares, na necesidade de protexer a súa información e a dos demais. Con este cometido, a Consellería de Cultura e Educacióne o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convocan o segundo Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos, un certame dirixido ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos que cursen quinto ou sexto de Primaria ou algún dos catro cursos de ESO. Segundo informan os organizadores, a iniciativa organízase con motivo do Día da Protección da Datos, que se conmemorou este 28 de xaneiro en toda Europa.
O obxectivo do concurso é “que a sociedade galega, en especial os máis novos, tomen conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, promovendo o coñecemento sobre os dereitos e responsabilidades nesta materia”. Os traballos presentaranos os propios centros educativos, a través do enderezo premioliterario@cpeig.gal, até as 15 horas do día 28 de febreiro de 2018.
Bases do certame
As obras que se presenten deberán ser inéditas e estar escritas en lingua galega. Os estudantes poderán presentar ao certame diversos xéneros, como o artigo xornalístico, exposición divulgativa (entrada de blog ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. O obxectivo dos traballos deberá ser responder a preguntas como Que é para ti a protección de datos?, Como afecta no teu día a día? ou Como podo protexer os meus datos?. Os textos de referencia serán Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).
A extensión dos traballos, que deberán presentarse en formato dixital en PDF, será de entre 1.000 e 2.000 palabras para as categorías de ESO, e de entre 800 e 1000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe.
Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tableta para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, o centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización. O fallo do xurado, composto por membros nomeados polas entidades convocantes, daranse a coñecer no mes de marzo.
Segundo lembran a Consellería e o CPEIG, a primeira edición participaron 40 escolares de toda Galicia, e os gañadores foron na categoría Eva Riveiro Formoso co traballo oinc, do Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela, e Gustavo López Leyenda, co traballo PISOTE, do CPI de Cova Terreña de Baiona. Ademais, recibiu o recoñecemento especial o Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela.
Este 2 de febreiro, na Casa de Cultura do Milladoiro, temos unha cita co espírito Maker. Ou sexa, que temos un convite para tirar abaixo os atrancos que nos separan da creación tecnolóxica coas nosas propias mans, a todos e cada un de nós e sen importar, para nada, a nosa formación na devandita materia. A cita Innovames vén da man do Concello de Ames, e trátase, como dixemos, dunha xornada de innovación e argalleira (Maker). Contarase coa presenza de grandes referentes da filosofía do Do it yourself aplicada ao software, á robótica, a proxectos científicos ou a calquera tipo de enxeño, tanto a nivel galego como estatal e internacional.
Pola mañá, de 09:00 a 14:00 horas, haberá unha xornada adicada a profesionais do sector. De seguido, pola tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas, desenvolveranse obradoiros para nenos/as, unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2018 e demostracións de experimentos científicos. Este é o segundo evento destas características que organiza o Concello de Ames, despois do Roteiro Maker feito en decembro de 2016. Para obter máis información ou inscribirse na xornada profesional e nos obradoiros hai que acceder á web innovames.gal. Segundo informa a organización, premendo na ligazón da dereita, baixo o apartado de descargas, poderemos obter o programa de Innovames.
O obxectivo deste encontro Maker é achegar as últimas tendencias no mundo da innovación a todos os públicos, “xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, onde se comparta coñecemento e xurdan sinerxías que dean lugar a proxectos innovadores”. Esta iniciativa está composta de conferencias e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual e a utilización de novos materiais. Todo isto, informa o Concello, conforma o groso dunha programación que se artella en dúas xeiras. Por unha banda, a matinal, que estará dirixida exclusivamente ao sector profesional. As 09:30 realizarase a presentación do evento. De seguido, de 10:00 a 10:30 horas, contarase coa presenza de Sonia Pazos Álvarez do INL, International Iberian Nanotechnology Laboratory, que ofrecerá un relatorio sobre as posibilidades que nos outorga a nanotecnoloxía en múltiples sectores e onde presentará todo o que se está a facer neste centro de referencia internacional. No programa matinal tamén destaca a presenza de diferentes representantes das empresas asentadas no polígono do Novo Milladoiro como NanoGap, Escenoset, Cartogalicia, CineMar films ou Zenit entre outras compañías locais, que ofrecerán a súa visión particular do estado da innovación dentro dos seus diferentes sectores.
Ademais, haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man exemplos da Galicia máis innovadora, coa presenza de makers galegos creadores de proxectos de innovación de referencia. Uns petiscos porán o punto final a unha sesión de networking que se dirixe a impulsar creación de sinerxías entre empresarios e argalleiros asistentes.
A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “coa creación de Innovames o Concello de Ames busca pór en valor os recursos e a capacidade de innovación da nosa Comunidade, fomentando a colaboración entre as empresas e inventores galegos, e dando a coñecer ao público xeral o capital Maker galego”.
Programa de tarde
O evento completarase cunha sesión de tarde que estará máis enfocada ao público familiar a través da programación de diferentes actividades e obradoiros orientados aos máis cativos. Celebraranse demostracións de ciencia e de realidade virtual, obradoiros de robótica e videoxogos, e habilitarase un espazo para programar aplicacións móbiles. A xeira de tarde comezará as 16:00 horas cun obradoiro de papirotrónica, dirixido a nenos e nenas de máis de 6 anos. De 18:00 a 20:00 haberá outros dous obradoiros de robótica e de programación de apps, que están dirixidos a nenos/as de máis de 8 anos.
Ademais, durante toda a tarde haberá unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2017 na que participarán as entidades 3D Limitless, MAKEROID, Arcade Pi, B.R.A.I.S., I.E.S. Sánchez Cantón, MINIMO, IOTLAB, PSICOVR, e SPAINLABS, así como demostracións de experimentos científicos.
Un total de 104 persoas con discapacidade conseguen inserirse laboralmente tras participar no programa de inserción ‘Participa coa dis-Capacidade', un proxecto co que se pretendeu potenciar o uso das TICS para a inserción sociolaboral.
Este programa desenvolveuse durante o ano 2017 e finalizou en decembro cuns resultados que superaron todas as expectativas marcadas pola área de emprego de COGAMI e da Fundación Vodafone España, con respecto ao número de insercións. Ambas as entidades tiñan como obxectivo alcanzar un 49% de ocupación laboral das 150 persoas participantes no programa. O resultado final foi superado, xa que o 69% das persoas participantes están a traballar agora: 22 na Coruña, 11 en Ferrol, 9 en Lugo, 12 en Ourense, 10 en Pontevedra, 18 en Santiago e 22 en Vigo.
Todas as persoas seleccionadas para formar parte en ‘Participa coa dis-Capacidade', compartían perfís similares: todas tiñan discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para o desenvolvemento da súa profesión habitual, carecían dun contrato laboral durante os seis meses anteriores ao programa e todas contaban con maiores dificultades de inserción por vivir no rural, por ter formación básica e por ser muller (por iso é polo que a metade de participantes deste programa sexan mulleres). Segundo o lugar de orixe, 24 dos participantes procedían da Coruña, outras 24 de Santiago Compostela, 18 de Ferrol, 18 de Lugo, 19 de Ourense, 22 de Pontevedra e 25 estaban en Vigo.
Sete orientadores laborais, situados nas oficinas que COGAMI ten abertas nas principais cidades galegas, son os que se encargaron de valorar e avaliar as capacidades de cada unha das persoas participantes no programa e a súa motivación. Tras as entrevistas personalizadas, trazaron un itinerario o máis axustado posible aos intereses e posibilidades de cada unha das persoas.
‘Participa coa dis-Capacidade', ademais de asesoramento, tamén ofreceu información, formación e capacitación en TICS baseado en soportes, equipamentos, tecnoloxías e software adaptados, co propósito de facilitar a súa comprensión e poder darlles uso para a busca de emprego e, finalmente, poder acceder ao comprado laboral.
Tras analizar as necesidades máis demandadas polas persoas participantes, impartiron 8 cursos sobre competencias informáticas nos que participaron 65 persoas e desenvolveron 7 talleres sobre redes sociais que contaron coa asistencia de 70 persoas. Tamén se realizaron 15 círculos de emprego para compartir experiencias e impartiuse formación sobre as ferramentas ou apps que se poden descargar nun Smartphone e que facilitan a busca de emprego.
Outra das xestións realizadas, foi a posibilidade de realizar prácticas en empresas ás que asistiron 35 persoas e asesoraron na elaboración dun curriculum 2.0 ou audiovisual desde a preparación do guión ata a presentación da súa gravación.
Un total de 176 usuarios novos descubriron en 2017 a oferta formativa e de lecer da aula de informática de Celanova, incluída na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) de Galicia. A cifra de novos usuarios permite alcanzar as 1.137 persoas que, nalgún momento, fixeron uso das instalacións "ou ou que é ou mesmo, un 21% da poboación total do Concello", matizaba a súa responsable, Laura Fernández.
En canto ás actividades desenvolvidas na aula, Fernández explicou que se desenvolveron un total de 85 iniciativas formativas, entre cursos, charlas, actividades externas con cesión de aula, seminarios e videoconferencias, entre outros, "que suman un total de 1.095,5 horas formativas de diversa temática e niveis destinados a diferentes colectivos dende os máis pequenos da casa, aos nosos maiores", explicaba a responsable.
Unha parte importante no día a día da aula está relacionada coa inclusión no Banco de Tempo, que permite compartir actividades formativas con outros centros galegos. Ademais da formación, ao longo do ano ofrécese un servizo de asesoramento e uso da ordenadores da aula para estudar, traballar ou pasar un intre de lecer. "Ao longo do ano foron un total de 1.062 horas ou tempo non que a aula estivo a disposición dous usuarios", concluía Fernández.