main content

main content
12/02/201812:02
Presentanción do estudo.
Lalín

O Concello de Lalín pescuda a presenza de adicións relacionadas coa Internet entre a mocidade local

O Concello de Lalín vén de presentar as conclusións dun completo estudo sobre hábitos de dependencia entre a mocidade local, facendo fincapé na sobre-presenza de Internet e dos aparellos ligados a Internet. Os datos obtidos, relevantes dende calquera punto de vista (e de gran interese non só para Lalín, senón para todo conxunto dos concellos da nosa terra), foron dados a coñecer onte polo concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, quen sinalou que o informe puxo o foco en rastrexar a presenza de condutas aditivas, en relación ás novas tecnoloxías e tamén a substancias estupefacientes. 

Realizouse no marco o programa municipal de prevención das adiccións que se desenvolveu o ano pasado e que terá continuidade no actual en colaboración co Concello de Silleda. Entre as principais conclusións que achega, figura a constatación dunha importante porcentaxe de adolescentes consumindo Internet máis de catro horas ao día (o 25%). Ademais, o 42,3% considera que o uso da Rede algunha vez restou rendemento no ámbito académico e un 37% sufriu sensación de ansiedade cando tentou conectarse e non foi capaz. 

Este estudo, do que xa foron presentados os resultados relativos ao consumo de drogas, busca, segundo Casares, “ser un espello da realidade lalinense no referente aos trastornos aditivos e servir como base para que as persoas que se encarguen de traballar sobre a prevención teñan un marco de referencia”.

O informe sobre Internet baséase nas enquisas que cubriron anonimamente alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO dos IES Laxeiro, Aller Ulloa e Sagrado Corazón, cun rango de idade comprendido entre os 13 e os 16 anos. Destes, o 52,6% foron mulleres e o 47,4% homes. Como dato introdutorio, segundo a análise do informe, o 58% recoñece as adicións como condutas repetitivas daniñas, pero só o 14,9% recoñece que presenta algunha na actualidade. Pola contra, o 60,5% asegura que alguén do seu círculo de familiares e de amigos padece algunha adicción.

Segundo fixo saber o edil, entre as condutas aditivas máis frecuentes na adolescencia figuran os comportamentos fóra de control relacionados coas novas tecnoloxías, a Internet, aos xogos e ás compras. Casares sinalou que o uso de Internet “pode ser problemático cando o número de horas de conexión afecta ao correcto desenvolvemento da vida cotiá, causando, por exemplo, estados de somnolencia, alteracións no estado de ánimo, redución das horas adicadas ao estudo, etc”.

Segundo se desprende do estudo, o 42,3% dos enquisados emprega Internet unha media de entre 2 e 4 horas diarias, mais o 25,1% afirma realizar un consumo medio da Rede maior de 4 horas ao día. O 90% úsano principalmente para o servizos de mensaxes instantáneas e redes sociais, afirmando o 100% que dispón dun dispositivo móbil de última xeración propio. A día de hoxe, o informe sinala que a rede social máis empregada polos adolescentes lalinenses é o Instagram. 

Na investigación tamén se afirma que o 77% dos participantes realiza un uso de Internet persoal e o 20,9% recoñece ficar sempre conectado máis tempo do que tiña planificado. En relación aos usos, o 85% nunca deixou de facer plans cos amigos e familiares para usar Internet, pero o 36,7% refire enfadarse cando alguén o interrompe mentres usa o móbil ou outro dispositivo. Así mesmo, o 42,3% considera que o uso de internet algunha vez restou rendemento de xeito negativo no ámbito académico e un 37% sufriu sensación de ansiedade ou preocupación cando tentou conectarse e non foi quen. 

No informe tamén que se fai saber que o 40% dos participantes fan un uso de xogos por Internet. O edil, se ben recoñeceu que o xogo en si “é unha actividade normal e positiva na vida de calquera adolescente, que lle permite un desenvolvemento físico, psicolóxico e social”, pode converterse nun problema cando se converte en recorrente e hai diñeiro en liña de por medio. “As condutas de risco ante o xogo”, sinalou, “xorden en primeiro lugar pola dependencia que esta actividade pode crear”, e neste senso o 37% dos participantes refiren molestarse se os interrompen mentres están xogando. Ademais, do 40% que participa en xogos online soamente un 9% dos estudantes enquisados refire ter realizado apostas nalgunha ocasión. 
 

Compras
O 19% dos participantes utiliza o comercio electrónico no seu uso habitual de Internet. O 46,9% dos participantes sentiu algunha vez a necesidade de mercar algo que non precisase e un 7% sempre sinte a necesidade de ir de compras aínda que non precise nada.

Como conclusión, e aínda que os casos de risco son puntuais, o estudo sinala que “se debe prestar especial atención a este tipo de adicións de conduta, especialmente ás redes sociais e aos comportamentos abusivos relacionadas co uso de Internet”.

Nicolás González Casares fixo fincapé en que o estudo aporta datos reais da sociedade lalinense e que servirá como a base sobre a que pivotará o programa de prevención de condutas aditivas, que se iniciou o ano pasado con estudios e diversos obradoiros incluídos no programa Mocidade Activa e que terán continuidade este ano en colaboración co Concello de Silleda.

12/02/201812:02
Neno visto desde atrás.
Santiago de Compostela

UNICEF Galicia advirte do incremento do ciberacoso e o sexting na nosa terra

A Facultade de Educación de Santiago acubillou este 8 de febreiro unha xornada de UNICEF Galicia sobre novas tecnoloxías, sobre fenda dixital na mocidade e sobre os riscos derivados de converter as novas tecnoloxías en armas e instrumentos dos acosadores. O encontro, que serviu para presentar informe da dita ONG Os nenos e nenas da fenda dixital en España 2018, puxo o foco na necesidade de mobilizarnos (familias, colexios, pais, nais, institucións, organizacións internautas de pé) contra as prácticas de intimidación e violencia derivadas dun mal uso das novas ferramentas da comunicación. Prácticas como o sexting, o grooming ou o ciberacoso, hábitos que, segundo UNICEF Galicia, están cada vez máis estendidas entre os nosos adolescentes, con especial risco para os nenos das comunidades xitana, inmigrante e LGTBI.

Segundo se fixo saber no acto de hoxe, en España, “o 95% dos nenos entre 10 e 15 anos usa Internet, pero aínda hai 300.000 nenos e adolescentes que non empregou un computador e 140.000 que non tivo un só contacto na Rede”. As consecuencias disto son, evidentemente, unha situación discriminatoria con respecto a aquelas crianzas que, por razóns xeográficas ou económicas ou sociais, non teñen oportunidade de convivir na Sociedade do Coñecemento. En palabras de Cristina Junquera, responsable de Incidencia Política e Estudos de UNICEF en España, “nun mundo onde todo é dixital, estar fóra do TIC é unha forma máis de exclusión”. Na súa opinión, un déficit nas capacidades, habilidades e competencias dixitais sobre o uso destas tecnoloxías “é un motivo de desigualdade e pode levar á exclusión no futuro”.

No informe tamén se indica que entre as comunidades que máis atrancos ten para tirar proveito das novas ferramentas áchase a comunidade xitana. Así, malia ser frecuente que os nenos deste colectivo teñan móbiles, “a maioría non sempre dispón de tarifa de datos para conectarse”, sinálase no estudo, reflectindo que dun estudo da Fundación Secretariado Xitano extráese que o 22% dos mozos xitanos non teñen Internet en casa por motivos económicos.

A respecto de todo o devandito, Natalia Gómez Fidalgo, técnica de Intervención Social da Fundación Secretariado Xitano, explicou na xornada celebrada este 8 de febreiro que “a pobreza é sen dúbida unha das barreiras para acceder a Internet, e outro atranco sería o uso que se fai das TIC. Ou sexa, o mal emprego que se fai destas ferramentas. 

O encontro tamén contou coa presenza da presidenta do Consello de Participación Infantil de Castrelo de Miño, Edita Pousada, que trasladou as recomendacións dun grupo de crianzas galegas para facer un bo uso do TIC e, asemade, puxo o foco no caldo de cultivo para a violencia que se crea arredor do anonimato e a viralidade inherentes ás redes sociais. Segundo fixo saber, “os riscos en liña son o elemento máis subliñado e alarmante cando se aborda a relación entre nenos e redes sociais en Internet. A maioría de nós sentiuse violentado por actitudes en redes sociais de carácter agresivo tanto cara á nosa persoa como cara a terceiros. Todos coñecemos a algunha persoa, persoal ou virtualmente, que sufrise eses ataques”.

Outro dos especialistas presentes na xornada foi Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social da USC, Universidade de Santiago de Compostela, quen lembrou unha cifra certamente preocupante: arestora, aproximadamente 1 de cada 5 adolescentes galegos presenta un uso problemático da Internet. Entre os hábitos que meirande inquietude xeran está sen dúbida o sexting, unha práctica relativamente frecuente na nosa terra, ou o feito de que ao redor de 20.000 menores galegos combinasen con persoas que coñeceron por Internet, “o cal constitúe un caldo de cultivo especialmente perigoso para a nova forma de pederastia coñecida como grooming”, explicou. 

Pola cita de Compostela tamén pasou Fernando Gil, xefe do Departamento de Sociedade da Información da axencia AMTEGA, quen sinalou que é dos obxectivos da axencia “dotar á cidadanía das competencias e recursos para participar activamente no desenvolvemento da Sociedade da Información”. Con este fin, dixo, “puxemos libros dixitais a disposición de máis de 12.000 mozas e mozos que estudan en Galicia no presente curso, abordando a aprendizaxe cos mesmos elementos cos que desenvolven a súa vida fóra das aulas”.

12/02/201812:02
Pantallazo da app.
Santiago de Compostela

Presentan app para estudantes con discapacidade auditiva

"Breaking Sound Barriers" funcionará nos sistema IOS e Android, con algunhas limitacións, polo que requirirán dun servidor para o seu aloxamento

A compañía Telefónica presentou o xoves a aplicación gratuíta "Breaking Sound Barriers" que permite a estudantes con discapacidade auditiva comprender o discurso do profesor a través de subtítulos e imaxes simultáneas nas pantallas dos seus celulares.

nova tecnoloxía, dispoñible en varios idiomas, concede aos alumnos a opción de repoñer os seus apuntamentos, facer preguntas e dar respostas, acceder a foros e xestionar os seus deberes co recoñecemento de voz.

Así mesmo, funcionará nos sistema IOS vía web e Android, con algunhas limitacións, polo que require dun servidor para o seu aloxamento. 

En colaboración coa Fundación Adecco e Ericsson, "Breaking Sound Barriers" foi desenvolvida por mozos que integran o programa Talentum da compañía.

Pola súa banda, o director da Fundación, Francisco Mesonero, expresou que senten "moi satisfeitos" por contribuír en proxectos que melloran a calidade de vida das persoas con algunha discapacidade.

Así mesmo, a responsable do programa de Telefónica e experta en Transformación Dixital, Rosalía O'Donnell, destacou o compromiso que manteñen coas iniciativas en materia de transformación dixital mediante modelos innovadores.

12/02/201812:02
Logo dos premios.
Santiago de Compostela

Convocados os 'premios cermi.es 2018', que recoñecen o esforzo en favor dunha sociedade máis inclusiva para a discapacidade

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) convocou os 'Premios cermi.es 2018', que anualmente concede esta entidade co fin de recoñecer o traballo en favor das persoas con discapacidade e as súas familias, co fin de lograr unha sociedade máis inclusiva.

As persoas, entidades, organizacións ou institucións que desexen participar nestes galardóns deben enviar a súa candidatura á sede do CERMI Estatal (Rúa Recoletos, 1, Baixo, Madrid) ou ao correo electrónico cermi@cermi.es ata o 15 de xullo de 2018, utilizando o formulario que aparece xunto ás bases dos galardóns na web do Cermi (www.cermi.es). O fallo do xurado coñecerase na segunda quincena do mes de setembro deste ano.

Nesta ocasión, o Comité Executivo do Cermi Estatal estableceu doce categorías dentro dos galardóns: Inclusión Laboral; Investigación Social e Científica; Acción social; Accesibilidade Universal-Fundación Vodafone; Acción Cultural Inclusiva; Fundación CERMI Mulleres - Acción en beneficio das mulleres con discapacidade; Medios de Comunicación e Imaxe social da Discapacidade; Mellor Acción Autonómica e/ou Local; Responsabilidade Social Empresarial/Discapacidade; Activista-Traxectoria Asociativa; Mellor práctica de cooperación asociativa na esfera do Terceiro Sector da discapacidade, e Institucional.

O fallo dos Premios realizarao un xurado integrado por representantes do CERMI, asistidos por profesionais relevantes da comunicación e a responsabilidade social corporativa de acreditada traxectoria, quen se constituirá en Comité Técnico Asesor. Formará parte do xurado unha persoa representante da axencia de noticias Servimedia como apoio operativo. Actuará como secretaria do xurado, con voz e voto, a directora executiva do CERMI.

O xurado dirimirá cada premio por maioría simple para cada unha das categorías, e ás persoas ou organizacións gañadoras faráselles entrega dunha escultura representativa, obra dun prestixioso artista.

12/02/201812:02
Fotograma do vídeo 'Love Story'.
Santiago de Compostela

Movistar e os Corpos de Seguridade lanzan unha campaña sobre a suplantación dixital de identidade

  • Aproveitando o Día da internet Segura, Movistar, a Policía Nacional e a Garda Civil queren contribuír á concienciación dos mozos a través dunha campaña sobre a suplantación da identidade na internet

 

Hai anos que Movistar deu un paso á fronte para contribuír á seguridade dixital con controis parentais, clasificación por idade dos diferentes contidos na televisión, sensibilización a través da plataforma Dialogando.com. Ademais, mostrou o seu apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sendo participe de numerosas iniciativas como na Alianza para Protexer Mellor aos Menores Online.

Con Love “Story”, que conta a historia de amor de dous mozos que se coñecen a través de Internet ata que se atopan en persoa cun desenlace impactante, a compañía súmase ao Día da internet Segura.

A iniciativa de sensibilización desenvólvese a través de redes sociais, SMS, webs, tendas, plataformas educativas e colexios, e conta co apoio da Garda Civil e a Policía Nacional, quen se fará eco nas súas canles de comunicación e nas súas accións de prevención nos colexios. A Policía Nacional, dentro do marco de actuación do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas”, realiza actividades preventivas dirixidas á comunidade educativa (pais, profesores e alumnos).

Tras a experiencia adquirida nestes 10 anos de implementación do citado Plan, a Policía Nacional desenvolveu coa colaboración de Telefónica o Programa Ciberexperto para dotar a nenos e mozos de coñecementos e ferramentas para unha maior seguridade na contorna dixital.

12/02/201812:02
Participantes do programa Ciberexperto. Autor: Paco Rodríguez.
Santiago de Compostela

A Policía Nacional entrega os carnés de «ciberexpertos» a 47 escolares composteláns

  • Os nenos recibiron formación sobre como estar seguros na Rede

 

Hai poucas augas tan perigosas como as dos océanos da internet. Neses mares é fácil zozobrar se non se coñecen ben os riscos e se saben interpretar os mapas nos que se marcan correntes e baixos perigosos nos que é fácil encallar como son o grooming, o sexting, o ciberacoso, a suplantación de identidade, os contidos inapropiados ou as tecnoadiccións. Para ofrecer esa necesaria formación aos nenos, a Policía Nacional creou o programa Ciberexperto, no que acaban de licenciarse 47 escolares composteláns que onte recibiron os carnés que os recoñecen como avezados capitáns da Rede.

O acto de entrega dos diplomas tivo lugar no colexio Ramón Cabanillas e contou coa presenza do comisario de Santiago, Félix García, así como doutros membros do corpo. Pola consellería de Educación acudiron Indalecio Cabana e Carmen Ares Casal.

Todos os alumnos cursan sexto de primaria e son agora a punta de lanza contra delitos na internet nos que os máis pequenos adoitan ser vítimas. A formación que lles deu a policía sensibilizounos do perigoso que pode resultar para eles e para outros ter comportamentos inadecuados, como o acoso a compañeiros a través da Rede ou o sexting, que consiste en enviar de forma voluntaria fotos de contido sexual a noivos ou amigos. Tamén o grooming, no que adultos se fan pasar por menores para lograr que lles envíen imaxes e ameazalos despois se non aceptan manter un encontro con eles. Coñecer o perigo é o primeiro paso para evitalo.

12/02/201808:02
Software libre.
Santiago de Compostela

A Amtega publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións JAVA

  • O obxectivo deste arquetipo é ser a base sobre a que se constrúan novos produtos software na Amtega, promovendo a estandarización e a reutilización, e facilitando a publicación como software libre das novas solucións que o empreguen
  • A liberación como software libre deste arquetipo facilita a súa reutilización por parte doutras administracións, e de calquera outra entidade ou particular, así como a colaboración para a súa mellora
  • Esta liberación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións empregando a tecnoloxía Java Spring Web. O código fonte, liberado baixo unha licenza de software, está dispoñible no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-spw/).

Con esta nova liberación búscase poñer a disposición dos desenvolvedores, tanto particulares, empresas ou outras administracións o esqueleto común das aplicacións que se desenvolven na Amtega, co fin de que poida servir como guía para a realización de aplicacións baseadas nesta tecnoloxía, favorecendo a reutilización e fomentando a estandarización das mesmas. Así mesmo, permitirá tamén que o traballo de liberación das novas solucións que se desenvolvan tomando como base este arquetipo sexa moito máis áxil e sinxelo.

O código fonte liberado non só inclúe o esqueleto para o desenvolvemento de aplicacións, senón que tamén se liberan varios compoñentes transversais que se empregan dentro da Amtega e que poden ser reutilizados en moitos casos de uso, como poden ser sistemas de autenticación de usuario, sistemas de configuración ou un sistema de plugins.

 

Arquetipo de aplicacións Java Spring Web

Spring é un framework, ou entorno de traballo, para o desenvolvemento de aplicacións web usando a linguaxe de programación Java. O Arquetipo pódese entender como un esqueleto base común para a realización de aplicacións, que inclúe xa unha base a partir da cal se poden desenvolver funcionalidades máis específicas.

Este arquetipo xurde como un obxectivo interno de homoxeneizar e estandarizar todos os desenvolvemento realizados con esta tecnoloxía, cumprindo tamén cos estándares Java da AMTEGA, o que facilita tamén o traballo aos provedores tecnolóxicos, e fomentar tamén na comunidade o desenvolvemento e reutilización de compoñentes transversais.

Esta liberación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia e contou coa participación da Oficina de Software Libre da Amtega, quen elaborou un informe técnico que garante a viabilidade xurídica da liberación e as condicións nas que se pode realizar. O Arquetipo publícase cunha licenza libre ASLv2 (Apache Software License version 2) e tamén baixo a EUPL (European Union Public License).

12/02/201808:02
Una persona utiliza un móvil del que salen iconos y la palabra 'Apps'.
Santiago de Compostela

Fundación Orange ofrece la biblioteca de Soyvisual para el desarrollo de apps

Fundación Orange ha decidido poner la biblioteca de recursos de su aplicación Soyvisual a disposición de cualquier desarrollador de aplicaciones que quiera hacer uso del catálogo de láminas e imágenes especialmente diseñadas para estimular el desarrollo del lenguaje y ayudar a personas con necesidades a comprender el mundo y comunicarse.

La fundación pone estos recursos a disposición de los desarrolladores a través de interfaz de programación (API) que permite que otras aplicaciones pueda consultar automáticamente este catálogo y utilizar dichas imágenes “al vuelo”.

Para poder acceder a esta biblioteca de recursos, los desarrolladores deberán presentar una solicitud y cumplir con las condiciones de uso.

La única restricción al uso de estas imágenes es que la aplicación que las utilice no puede tener un fin comercial, y que se debe de respetar la licencia Creative Commons, que implica que se debe citar la fuente.

12/02/201808:02
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

As nosas universidades conmemoran con xuntanzas virtuais e charlas de divulgación o Día das Mulleres e Nenas na Ciencia

O 11 de febreiro conmemórase un festexo mundial de especial significado, o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, unha celebración relevante por dous grandes motivos: en parte porque implica defender o coñecemento igualitario e a equidade nas oportunidades, en parte porque leva implícito a arela de conseguir mellor ciencia, mellor tecnoloxía e, polo tanto, un mundo mellor para todas e todos (o coñecemento e a investigación precisan das mulleres para acadar as pólas máis altas da excelencia e a solidariedade). Entre as entidades galegas que están a pechar fileiras arredor deste evento están a Universidade de Santiago, que prepara (entre outras cousas) unha Editatona, e máis a Universidade da Coruña, que ten un amplo programa de relatorios de divulgación e e de reivindicación da muller desenvolvedora de ciencia e tecnoloxías. 

A primeira das accións programadas pola USC busca recuperar as científicas pioneiras que se formaron nas aulas e laboratorios das facultades de ciencias experimentais dos campus composteláns e recoñece o seu empeño “por seguir a súa vocación científica”. Deste xeito, no marco dun acordo co Concello compostelán, durante este mes e o seguinte os institutos de educación secundaria da cidade acollerán a exposición Mulleres no laboratorio: as primeiras científicas da USC elaborada pola investigadora da USC Xoana Pintos Barral. 

Tamén conmemorando o día marcado polas Nacións Unidas, o ciclo Reactiva a túa Química,que organiza regularmente a Facultade de Química, adica a esta temática a súa sesión do vindeiro mércores 14. Será a doutora en Historia das Ciencias e das Técnicas pola USC Xoana Pintos, autora do traballo As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960, a encargada de pronunciar a conferencia, que leva por título Non só Marie Curie. Será ás 13.00 horas na Aula Magna do centro. 

Ademais, a Oficina de Igualdade de Xénero e a Biblioteca Universitaria da USC teñen previsto para o 20 de febreiro a Editatona Investigadoras na USC: as pioneiras. Esta actividade, coa que colaboran Galipedia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT-Gal), consiste nunha reunión virtual para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el, neste caso as mulleres na ciencia, biografías de científicas e as súas achegas. A editatona celebrarase o 20 de febreiro de 2018 de 9 a 14 horas na Biblioteca Concepción Arenal.
 

Universidade da Coruña
Pola que respecta ás contribucións da Universidade da Coruña comezarán mañá, sábado, os actos de celebración do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Así, a Oficina para a Igualdade de Xénero e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural organizan dous ciclos de microcharlas, un en Ferrol e outro na Coruña, coa finalidade de visualizar a vida e as achegas de mulleres destacadas na ciencia e na tecnoloxía, incluídas as achegas a prol do progreso das ferramentas dixitais e da información. 

O 10 de febreiro, na Libraría Lea de Ferrol, de 12.00 a 13 horas, falarán Ana Tarrío Tobar e María José Souto Salorio (María Wonenburguer, matemática galega e universal ), Sara Fernández Basanta e Carla Freijomil Vázquez (co relatorio Florence Nightingale, a dama da lámpada) e María Carreiro Otero (coa conferencia Milagros Rey Hombre, unha arquitecta pioneira). O 12 de febreiro, a Domus da Coruña acollerá, a partir das 19.00 horas, a primeira edición das Xornadas de Neurocientíficas, organizada polo grupo de investigación Neurocom, e as facultades de Ciencias da Saúde e Fisioterapia da UDC. Participan Mónica Folgueira (Avances e retos da neuroanatomía no século XXI), Rosa Señarís (O teu cerebro, o teu metabolismo) e María del Mar Castellanos (Muller, cerebro, ciencia e o meu gran de area). Culminará a xornada cunha esa redonda, As mulleres na ciencia, moderada por Fernanda Tabarés e coa participación de Carme Adán.

O 16 de febreiro, no espazo Normal, de 19.00 a 21.00 horas, falarán Ana M. González Tizón (Nettie Stevens, seguindo o seu propio camiño), Érika García Cardesín (Mary Anning, as pegadas da vida), Laura Pita García (Bárbara Mcclintock e os xenes saltaricos), Carolina Núñez Puente (Charlotte Perkins Gilman, unha escritora feminista na época vitoriana) e Nieves Rodríguez Brisaboa (Informática, sociedade e mulleres).

17/02/201809:00 a 14:30h
1 mes 1 profesión dixital
Auditorio de Ferrol

FIRST LEGO League Galicia

FIRST LEGO League é un programa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía entre mozos de 10 a 16 anos, a través dun desafío que os equipos deben resolver.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS