main content

main content
17/05/2018De 17:00 a 18:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Aplicacións móbiles para o teu día a día

Hai unha ampla variedade de utilidades e aplicacións para teléfonos intelixentes que poden facilitarnos as nosas vidas.

Para que poidas coñecer aquelas que serán as túas compañeiras inseparables, participa nesta actividade e coñece:

  • Aplicacións para as túas viaxes, lecer e tempo libre.
  • Aplicacións para coidar a túa saúde.
  • Aplicacións para levar unha alimentación máis saudable.
  • Aplicacións para o teu fogar.

O teu móbil será o teu compañeiro inseparable para gozar dunha vida máis activa!

17/05/2018De 11:30 a 13:00 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

A administración electrónica desde o teu teléfono ou tableta

Os dispositivos móbiles vanse incorporando ás nosas vidas tamén para poder beneficiarnos dos recursos que ofrece a Administración Electrónica.

Neste curso falaremos de como realizar paso a paso os trámites que che poden ser de utilidade na túa vida desde a comodidade do teu teléfono móbil, entre eles:

  • Concepto de Administración electrónica e tipos de trámites online
  • Diferentes formas de acreditarse a través de Internet e os seus requisitos
  • Solicitude paso a paso de trámites a través de aplicacións móbiles: cita médica, solicitude de borrador da renda, etc.
  • Uso do novo DNI 3.0 co teu teléfono móbil

Participa e anímate a realizar trámites a través de Internet!

11/05/201814:05
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o polígono industrial de Culleredo, convidado pola Asociación de Empresarios deste Concello.
Culleredo

A Xunta destina 3,4 millóns de euros para despregar a conexión ultrarrápida a internet para chegar a 130 polígonos este ano

  • O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o parque empresarial de Culleredo da man da Asociación de Empresarios deste concello
  • Este ano o Plan de banda larga ultrarrápida chegará aos polígonos industriais de Cerceda, Curtis-Teixeiro, As Pontes e As Somozas

 

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o polígono industrial de Culleredo, convidado pola Asociación de Empresarios deste Concello. Se trata dunha das 22 áreas empresariais da provincia que se incorporaron o ano pasado á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga ultrarrápida da Xunta e o operador R, e que contempla, para 2018, a súa implantación en outros catro parque empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez; e As Somozas.

Rodeiro lembrou que grazas a este proxecto, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Megas antes do remate do presente ano. As empresas dos polígonos beneficiadas desta actuación do plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 megas de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Ademais, a operadora R pon á disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir.

Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.

O plan xa completou o despregamento en 51 polígonos e este ano chegará aos 30 restantes. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso. A Amtega aporta unha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

11/05/201813:05
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do obradoiro ‘Confianza e seguridade das mulleres na Rede’.
Arcade

A Xunta colabora no marco do programa Atenea para a capacitación das mulleres para aumentar a seguridade na internet

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do obradoiro ‘Confianza e seguridade das mulleres na Rede’ na Asociación de Mariscadoras Virxe do Carme de Arcade

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do ‘Obradoiro sobre confianza e seguridade das mulleres na rede’ da Asociación de Mariscadores Virxe do Carme de Arcade, que pretende capacitar ás mulleres para un uso responsable e seguro en Internet.

Susana López Abella indicou que os talleres teñen como finalidade promover a participación das mulleres na Sociedade da Información, aumentando a súa confianza e seguridade no uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación tendo en conta os posibles riscos que poden atoparse na Internet e incluíndo unha serie de recomendacións e consellos para previlos.

As novas tecnoloxías poden achegar á sociedade no seu conxunto, á poboación en xeral e ás mulleres en particular, múltiples oportunidades e beneficios. Non obstante, tamén xorden novos riscos. Como en moitos outros ámbitos, as mulleres presentan maior vulnerabilidade a algúns destes riscos: as fendas dixitais de xénero poden dificultar o acceso ao emprego, á formación ou á información en xeral, ou aparecer novos riscos de sufrir violencia de xénero.

As sesións desenvolveranse seguindo unha metodoloxía participativa transversalizando o enfoque de xénero en todo o proceso. Realizaranse diferentes actividades co propósito de que as participantes consigan descubrir conceptos básicos sobre a seguridade na rede. Propiciarase a realización de casos prácticos que faciliten a aprendizaxe mediante a reflexión grupal.

11/05/201810:05
Fotograma do vídeo de Héctor Cabrera
Santiago de Compostela

A tecnoloxía para facer máis visible a túa discapacidade

Hai discapacidades que non son visibles e que poden complicar a situación das persoas que as padecen. É o caso de Héctor Cabrera, un atleta paralímpico que sofre a síndrome de Stargardt que lle fai ver a vida ?a través dunha botella de Coca-Cola?.

Hai discapacidades que non son visibles e que poden complicar a situación das persoas que as padecen. É o caso de Héctor Cabrera, un atleta paralímpico que sofre a síndrome de Stargardt que lle fai ver a vida ?a través dunha botella de Coca-Cola?.

Precisamente para tratar de facer máis visible a súa discapacidade, Héctor decidiu servirse da tecnoloxía para mover a través de redes sociais un vídeo no que trata de mostrar como ve el o mundo debido á súa discapacidade, unha enfermidade dexenerativa que lle levou a ter só un 5% de visión.

Para iso creou unha canle de YouTube no que está dispoñible o vídeo que mostra como é un día habitual na vida deste lanzador de xavelina, que foi diploma en Río 2016 e medallista europeo e mundial.

No vídeo, Héctor mostra como se levanta e prepárase para ir á universidade, cos obstáculos que ten que superar para, por exemplo, coller un autobús. Tras a universidade, chegan as horas de adestramento e a volta a casa, todo visto, como di el mesmo, ?a través dunha botella de Coca-Cola?.

En moitas ocasións a tecnoloxía ofrece posibilidades para mellorar a calidade de vida de persoas con discapacidade, noutras, con todo, permite cousas tan básicas e importantes como aumenta a visibilidade dunha enfermidade.

10/05/201811:05
Serradoiro.
Santiago de Compostela

A Xunta organiza unha xornada formativa sobre a xestión online a través da Sede Electrónica para o Sector Madereiro

  • A Amtega e a Consellería do Medio rural queren facilitar ás empresas do sector da madeira e particulares a tramitación electrónica relativa aos aproveitamentos madereiros e leñosos
  • Terá lugar o 15 de maio no Centro Demostrador TIC e retransmitirase a través de videoconferencia a 23 aulas da Rede CeMIT

 

A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ofrecen aos empresarios do sector da madeira unha xornada formativa para facilitarlles a xestións online a través da sede electrónica da Xunta, tras a publicación no DOG o pasado xoves, 26 de abril da Orde pola que se regulan os aproveitamentos madereiros e leñosos, que recolle a presentación telemática obrigatoria, para todas as persoas xurídicas e aos seus representantes, así como ás entidades sen personalidade xurídica.

A xornada celebrarase o martes, 15 de maio, baixo o nome “Tramitación electrónica en aproveitamentos madeireiros e leñosos - Faite dixit@l e tramita nun clic”. Haberá dúas sesións, unha de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, e outra de tarde, de 16.00 a 18.00 horas, nas instalacións do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela, que serán retransmitidas por videoconferencia en 23 aulas da Rede CeMIT.

Cada ano tramítanse en Galicia milleiros de solicitudes de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos por empresas e particulares, que coa tramitación online poden realizar estar xestións en calquera momento e sen desprazamentos. Cabe destacar que, aínda que a obrigatoriedade da xestión online non abrangue aos particulares, si lles pode resultar interesante a xornada para realizar trámites como a declaración responsable, que lles permite realizar o aproveitamento forestal desde o mesmo intre da súa presentación, polo que a presentación electrónica ten unha utilidade inmediata.

O enfoque da xornada será práctico e estruturarase nos seguintes puntos:

  1. Identificación de procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final.
  2.  Aplicación de formularios CORWEB na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
  3.  Presentación na Sede Electrónica con distintos medios sinatura electrónica.
  4.  Rolda de preguntas.

 

Aulas CeMIT participantes na xornada

As persoas interesadas en seguir esta xornada poden achegarse á aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela ou ben a calquera das aulas CeMIT das seguintes localidades, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia á mencionada xornada e así achegar esta formación por toda Galicia:

Xornada de mañá (de 10.00 a 12.00 horas):

 

Provincia

Concello

Dirección del Aula CeMIT

URL GoogleMaps

1

A Coruña

Santiago de Compostela

Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo, 15703

https://goo.gl/maps/wiSyPDCdSc72

2

A Coruña

Fisterra

Rúa da Cerca, 7, 15155

https://goo.gl/maps/Xg4BTWvpjZ52

3

A Coruña

Ortigueira

Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n, 15330

https://goo.gl/maps/sWZtiSE2XYN2

4

A Coruña

San Sadurniño

Avda. Marqués de Figueroa, nº 11, 15560

https://goo.gl/maps/5nWodzYhEFF2

5

A Coruña

Vimianzo

Rúa A Braña, S/N, 15129

https://goo.gl/maps/vmjV2GGZLwD2

6

Lugo

Carballedo

Praza V. Portomeñe s/n – A Barrela, 27520

https://goo.gl/maps/DzmH1XQJJny

7

Lugo

Lugo

Praza de Castiñeiro, s/n, 27004 Lugo (Lugo)

https://goo.gl/maps/meigEeHxq8Q2

8

Lugo

Sarria

Casa da Cultura. Rúa Marqués de Ugena s/n, 27600

https://goo.gl/maps/6tnk3Y2iVXQ2

9

Ourense

Bande

Casa do Concello, 1º andar - Rúa San Roque, 2, 32840

https://goo.gl/maps/LHQJvZBenn72

10

Ourense

Carballiño

Praza Maior 1, 32500

https://goo.gl/maps/DTZz5bnopXT2

11

Pontevedra

A Cañiza

Progreso s/n, 36880

https://goo.gl/maps/Gkf9avjXant

12

Pontevedra

Redondela

Paseo do Pexegueiro nº6, 36693

https://goo.gl/maps/eUxSaZhyHS52

Xornada de tarde (de 16.00 a 18.00 horas):

 

Provincia

Concello

Dirección del Aula CeMIT

URL GoogleMaps

1

A Coruña

Santiago de Compostela

Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo, 15703

https://goo.gl/maps/wiSyPDCdSc72

2

A Coruña

Betanzos

R/ Emilio Romai, 1, 15300

https://goo.gl/maps/fXAoEfWik652

3

A Coruña

Ortigueira

Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n, 15330

https://goo.gl/maps/sWZtiSE2XYN2

4

A Coruña

Ribeira

Rúa 1 Cubeliño, s/n baixo, 15960

https://goo.gl/maps/zFfNZg54xBK2

5

A Coruña

Santa Comba

Centro Multiusos. Rúa Curros Enríquez, s/n, 15840

https://goo.gl/maps/GBnUuWv7hFA2

6

Lugo

Guitiriz

Rúa do Concello, s/n, 27300

https://goo.gl/maps/RTUE85u5hF42

7

Lugo

Riotorto

Circunvalación s/n, 27744

https://goo.gl/maps/DxMbz1NPC452

8

Lugo

O Vicedo

Cidade de Mondoñedo 23, 27860

https://goo.gl/maps/2h133zcmAvE2

9

Ourense

Celanova

Parque das Triguerizas, s/n, 32800

https://goo.gl/maps/i93W2UaWPKt

10

Ourense

Vilar de Santos

Rua Celanova, 77, 32650

https://goo.gl/maps/zHs1gNcHtGF2

11

Ourense

Xunqueira de Ambia

Colexio Padre Crespo s/n, 32792

https://goo.gl/maps/ghc3GMPAPKq

12

Pontevedra

Cuntis

Casa do Médico - Circunvalación Don Aurelio, 65, 36670

https://goo.gl/maps/c82dzLwcWht

13

Pontevedra

Valga

Ferreirós nº 1, 36645

https://goo.gl/maps/rhdduvVDzsL2

14

Pontevedra

Vilanova de Arousa

Rúa O Cruceiro nº4, 36620

https://goo.gl/maps/X7Vu3T1SqRn

En total, ofrécense máis de 360 prazas, das que 50, (25 de mañá e 25 de tarde), están dispoñibles presencialmente na aula CeMIT no CDTIC en Santiago de Compostela e o resto para seguir por videoconferencia.

 

Inscrición á xornada

A asistencia ás sesións é de balde ata completar o aforo de cada aula, sendo recomendable a inscrición previa para garantir a reserva de praza.

No caso de asistir presencialmente nas instalación do CDTIC en Santiago de Compostela pode inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/e-madeira) ou mesmo por correo no enderezo cdtic@xunta.gal.

No caso de seguir a xornada por videoconferencia nalgunha das aulas CeMIT, a inscrición poderá realizarse tanto na web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/buscador), como contactando co responsable da aula CeMIT á que acudirá, ou ben enviado un correo a cemit@xunta.gal. Pódense consultar os datos de contacto das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/centros.

09/05/201816:05
Xornada “Dixitalización da Empresa Galega. Onde nos atopamos e cara onde imos?
Santiago de Compostela

Mar Pereira destaca entre as prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020 as iniciativas innovadoras en sectores estratéxicos da economía

  • A ADG está a desenvolver plans para impulsar Galicia como destino turístico intelixente, mellorar a accesibilidade do patrimonio cultural galego ou modernizar sectores agrario e da pesca
  • A directora da Amtega clausurou hoxe a Xornada “Dixitalización da Empresa Galega. Onde nos atopamos e cara onde imos?"

 

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou como obxectivos principais da Axenda Dixital de Galicia 2020 consolidar a dixitalización dos servizos públicos, dinamizar a economía e promover a inclusión dixital da sociedade nun clima de confianza no uso dos servizos dixitais. A responsable autonómica clausurou hoxe a Xornada Dixitalización da Empresa Galega. Onde nos atopamos e cara onde imos?", organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

A directora sinalou que no actual contexto de transformación dixital a ADG 2020 busca conseguir que as empresas integren a tecnoloxía nas decisións estratéxicas e operativas de negocio e tamén desenvolve iniciativas tecnolóxicas e innovadoras en sectores chave da economía galega. Neste sentido, destacou os plans como o Smart Turismo, orientado a impulsar Galicia como destino turístico intelixente, a Memoria Dixital para mellorar a accesibilidade e a conservación do patrimonio cultural galego, o Primare para promover a modernización de sectores como o agrario ou o da pesca ou o Dico Mindset para favorecer innovación e a competitividade non ámbito dos contidos dixitais.

 

Servizos dixitais nun clima de confianza

Por outra banda, Pereira lembrou que se está a traballar nun novo modelo de relación da cidadanía coa administración pública, máis áxil e máis proactivo. Para que estes avances sexan inclusivos, lembrou que se puxo en marcha un Plan en colaboración con máis de 700 aliados dixitais para facilitar a todo o mundo as habilidades dixitais necesarias no contexto dixital actual.

Por último, destacou que dinamizar o uso os servizos dixitais require da confianza dos usuarios. Na Administración autonómica leva anos traballando para reforzar este ámbito, cun Plan de Seguridade, que agora adapta ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), que entra en vigor o 25 de maio).

09/05/201814:05
O Centro de Emprendemento do Gaiás acolle unha xornada sobre emprego e inclusión da man de Acción contra el Hambre.
Santiago de Compostela

O Centro de Emprendemento do Gaiás acolle unha xornada sobre emprego e inclusión da man de Acción contra el Hambre

  • A ONG, que conta coa súa sede en Galicia no Viveiro de empresas do Gaiás, presenta resultados e experiencias en primeira persoa do seu ‘Vives Proxecto’
  • Como resultado desta iniciativa 112 persoas atoparon un emprego e outras 22 crearon o seu propio negocio desde o seu arranque en 2016
  • A xornada enmárcase na programación do Centro de Emprendemento do Gaiás, destinada a promover o talento e crear cultura emprendedora en Galicia

 

A Cidade da Cultura acolleu hoxe a xornada ‘Cultivando o emprego, semente para a inclusión’, promovida pola entidade Acción contra el Hambre. Concibido como un encontro dinámico e participativo, o evento afondou no impacto das iniciativas de emprendemento e procura de emprego na inclusión social, analizando experiencias en primeira persoa do ‘Vives Proxecto’ (Vives Proyecto), desenvolvido en Galicia por esta ONG para apoiar a persoas desempregadas ou en situación de inestabilidade laboral.

Durante a xornada foi presentado un balance desta iniciativa, como resultado da cal 112 persoas accederon a un posto de traballo e outras 22 crearon o seu propio negocio en Galicia desde 2016. Esta liña de intervención de Acción contra el Hambre apoiou ata a data a 571 persoas en situación de desemprego ou inestabilidade laboral na mellora das súas competencias para a procura de emprego ou o emprendemento.

O acto contou coa participación da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, os concelleiros de Benestar de Teo e Vilagarcía de Arousa, Ignacio Iglesias e Tania García; e a representante do programa Woman Emprende da USC, Eva López, entre outras personalidades. Na apertura da xornada interveu tamén a responsable do Centro de Emprendemento do Gaiás, Berta Álvarez-Buylla.

 

Apoio ao emprendemento e á inserción sociolaboral

Acción contra el Hambre, que conta coa súa sede en Galicia no Viveiro de empresas do Gaiás, organiza esta xornada tras dous anos de presenza na comunidade, co obxectivo de dar a coñecer os programas que está a desenvolver e os seus resultados, así como compartir experiencias e impresión e analizar posibilidades de transferencia.

Concretamente no programa ‘Vives Emprega’ (Vives Emplea) -destinado a mellorar competencias profesionais e capacidades na procura activa de emprego- participaron 335 persoas, das que un 40% atópase xa traballando. No campo do autoemprego, a ONG desenvolve os programas ‘Vives Emprende’ e ‘Anima Galicia’, cos que apoia as persoas emprendedoras para pór en marcha os seus negocios. Das 236 persoas que teñen participado no programa en Galicia, 22 teñen xa a súa empresa en marcha.

O programa da xornada ‘Cultivando o emprego, semente para a inclusión’ incluíu varias mesas redondas sobre temas como a responsabilidade social empresarial na inclusión sociolaboral ou emprendemento feminino. Tamén se programaron cinco obradoiros simultáneos, destinados aos participantes do ‘Vives Proxecto’, dirixidos a complementar a súa formación en aspectos como networking, habilidades para a inserción sociolaboral, procesos de selección de persoal ou estratexias de diferenciación no mercado laboral. En total, máis dun cento de persoas participaron neste encontro no Gaiás.

 

Cidade da Cultura e o emprendemento

O emprendemento é, xunto coa tecnoloxía e a cultura, un dos tres eixos de acción nos que opera a Cidade da Cultura. Con iniciativas coma esta, o Centro de Emprendemento do Gaiás continúa a consolidarse como o maior de Galicia tanto por número de empresas e emprendedores residentes como por cantidade de programación. Neste sentido, o Gaiás desenvolve unha ampla programación anual que ten por obxecto estimular o talento e crear cultura emprendedora en Galicia, xa sexa a través de accións formativas ou eventos, como os Premios Gaiás Sixto Seco, que nos vindeiros meses convocarán a súa sexta edición para recoñecer e apoiar os mellores proxectos do ámbito cultural.

O Gaiás acolle tamén o 24 e 25 de maio unha nova edición das xornadas de innovación educativa inquEDU, así como a Maker Faire Galicia, a maior feira de inventores do mundo, que o ano pasado na súa primeira edición congregou a máis de 10.000 visitantes. No que vai de ano, cerca dun milleiro de persoas participaron xa nas distintas accións formativas e eventos do CEM, citas como Atlantic Emprende + Gaiás, encontros destinados a emprendedores, profesionais, estudantes e empresas do sector musical que reuniron no complexo a uns 300 asistentes, ou CreaGaiás, xornada destinada ao emprendemento nas industrias creativas e culturais.

09/05/201812:05
Galiciencia.
Ourense

Até 150 investigadores noveis participan esta semana na Galiciencia

Hoxe comeza a Galiciencia na Tecnópole de Ourense, a feira científica da mocidade galega, co engadido extra de ser a primeira edición de primavera (polo que só pasaron seis meses dende a anterior edición) e de vir acompañada dun chamamento xeral a atopar respostas tecnolóxicas para o reto do cambio climático. Pero hai máis engadidos extra: por exemplo a previsión de recibir máis de 2.000 visitas até este 11 de maio e un programa de actividades que abrangue 77 proxectos expostos e a participación de máis de 150 investigadoras/es noveis procedentes de 30 colexios e institutos distintos. 

Entre os enxeños que poderemos ver atópanse solucións para depósitos de móbiles nas escolas, unha banda de rock formada por robots ou un sistema innovador que alerta de condicións de risco extremo para previr incendios.

Durante os días 9, 10 e 11 de maio a entidade organizadora, Tecnópole, acollerá no seu recinto a carpa na que os 50 equipos de secundaria e FP mostrarán ao público os seus proxectos científicos e de innovación en stands individuais. A eles súmanse, fóra de concurso, 27 traballos de primaria.

Todos eles recibirán a visita de grupos escolares procedentes de 36 centros de toda Galicia, aos que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, xa que a feira é de entrada libre para particulares e familias polas tardes. No evento, que conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), os participantes competirán por situarse entre os tres finalistas e conseguir apoio económico para participar na maior feira científica a nivel estatal (a Exporecerca), na feira anual de ciencia que ten lugar cada ano na primavera en Bilbao (a Zientzia Azoka) e no programa de actividades organizados polos Museos Científicos Coruñeses con motivo da Semana da Ciencia. Respecto da devandita temática principal da feira, haberá concursos (xa en desenvolvemento) e obradoiros. Segundo informa a organización, a través de experimentos interactivos, os participantes “coñecerán en profundidade conceptos coma o quecemento global e o efecto invernadoiro e tomarán conciencia sobre o xeito no que a acción humana inflúe sobre eles”. Este será tamén o alicerce temático do espectáculo científico que poderá seguirse este 10 de maio en streaming (retransmisión en directo por Internet) desde calquera centro escolar ou desde a casa.

Por outra banda, tamén estará a disposición dos visitantes a mostra Mulleres que cambiaron o mundo, que forma parte do proxecto Ciencia e Tecnoloxía en feminino, no que participan 17 parques membros da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE). O seu obxectivo principal é “fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as mozas presentando modelos femininos que reforcen os estereotipos positivos sobre as mulleres en ámbitos científicos-técnicos”.

09/05/201810:05
Unha das etiquetas de Navilens que utiliza TMB.
Santiago de Compostela

Navilens permite orientarse a persoas cegas coa cámara do móbil

  • Son moitos os sistemas deseñados para guiar a persoas cegas polos interiores dos edificios ou na rúa, como dispositivos con sónar ou a través de conexións wifi ou bluetooth.
  • Con todo, unha das máis efectivas que probamos é a desenvolvida por Navilens que utiliza a cámara do teléfono e un sistema de etiquetas de códigos BIDI.

 

Navilens funciona dunha forma sinxela para o usuario, xa que a través da cámara detecta con impresionante facilidade os códigos BIDI situados en lugar relevantes e guía ao seu usuario ata alí.

A clave da aplicación está precisamente na facilidade coa que detecta estas etiquetas aínda que estean a moita distancia. Cun varrido da cámara, o usuario recibirá unha lista das distintas opcións e o sistema guiarao ata o punto ao que queira ir.

Para o guiado, Navilens utiliza comandos sinxelos para facilitar a orientación dos usuarios con discapacidade visual, aínda que hai que ter coidado con obstáculos que aparezan no camiño para non chocar con eles.

O sistema funciona de forma moi fluída e sinxela, e só fai falta esperar a que cada vez estea dispoñible en máis lugares relevantes, aínda que aos poucos vanse sumando máis entidades que incorporan as etiquetas nas súas instalacións para guiar aos usuarios, como a rede de Transporte Metropolitano de Barcelona (TMB).

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS