En comunicación, poden facer os novos recursos dixitais o que nós, coas nosas limitacións, non estamos en capacidade de ofrecer? E, aínda máis, pode a nosa comunidade investigadora, as nosas empresas e entidades aproveitar ese ámbito tecnolóxico que expande a fala, rompendo barreiras idiomáticas e de formatos? Responder a estas e outras preguntas está entre os obxectivos da xornada As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega, que terá lugar o vindeiro 16 de outubro de 2018 en Santiago de Compostela e que virá da man da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.
Segundo informa o CCG, as sesións centraranse no papel que poden xogar as tecnoloxías lingüísticas como ferramentas facilitadoras para a comunicación entre persoas, con especial interese en dous eidos concretos: o da transcrición automática de voz a texto e o da tecnoloxía do procesado de linguaxe natural. A inscrición é gratuíta e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Respecto do programa de relatorios, darán comezo sobre as 9.45 horas coa intervención de Lourdes Lorenzo, do Departamento de Tradución e Lingüística da UVigo, quen falará sobre A accesibilidade aos contidos audiovisuais en Galicia (o estado da cuestión). Máis tarde, ás 10.30 horas, será a quenda de Francisco Armero Real, director da Área de Accesibilidade de TVE, quen mostrará os traballos actuais da RTVE en materia de accesibilidade. Os relatorios proseguirán logo con Belén Ruiz Mezcúa (directora do Centro Español do Subtitulado e a Audiodescrición), quen falará sobre a evolución do subtitulado nas canles de TV estatais dende 2011. Sobre as 12.30 horas será a quenda de Pablo Romero-Fresco, director de GALMA (Observatorio Galego de Accesibilidade Aos Medios), quen fará unha análise sobre o subtitulado en directo a nivel nacional e internacional. As sesións de mañá rematan con Arantza del Pozo, directora do Departamento de Tecnoloxías da Fala e da Linguaxe Natural de Vicomtech, que fará un percorrido por casos de éxito no ámbito da subtitulación automática.
Pola tarde, José Ramón Pichel, de Imaxin Software, abrirá a sesión de intervencións cun relatorio sobre As tecnoloxías da linguaxe como facilitadoras de medios en galego. Máis tarde, ás 17.30 horas, será a quenda de Pedro J. Moreno, investigador de Google, quen achegará unha reflexión (vía videoconferencia) sobre Desenvolvemento de sistemas de recoñecemento de fala multilingües (o porqué de que Google desenvolva tecnoloxía en galego).
Ás 18.30 horas falará Carmen García Mateo, directora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia da UVigo, achegando unha panorámica sobre as ferramentas de tecnoloxías da fala en galego.
A información da que hoxe dispoñemos non é nada comparada coa que teremos nun prazo de cinco anos. Isto guinda unha serie de desafíos relevantes, sobre todo porque o chamado Big Data (o coñecemento a gran escala) achega oportunidades de valor para resolver calquera problema social, económico ou científico que se nos propoña. A cuestión está no seguinte: cales están a ser e cales serán as mellores metodoloxías para tratar, xestionar e analizar a información? Responder a este tipo de preguntas é un dos grandes obxectivos de Big Data Coruña 2018, que se celebra esta semana, os días 4 e 5 de outubro, na Facultade de Informática (FIC).
O evento, que vai pola súa cuarta edición, xuntará expertos en tecnoloxía e analítica de datos en dúas xornadas que abordarán os novos retos aos que se enfronta esta disciplina.
Este encontro está organizado pola investigadora do CITIC Amparo Alonso-Betanzos, que é tamén presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial e Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC; e David Martínez, investigador da área Big Data da University College London (UCL) e director da área de investigación de Spartan Data.
As xornadas contan coa colaboración do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, a Xunta de Galicia, a Rede Española de Big Data e Análise de Datos Escalables e a Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC.
Segundo lembra o CITIC, Big Data Coruña 2018 servirá de punto de encontro entre a comunidade académica, pero tamén para empresas e organizacións interesadas na información a gran escala, un ámbito de investigación que é tendencia tanto pola súa aplicación como pola súa posta en valor nunha ampla variedade de ámbitos.
Trátase dunha iniciativa S.T.R.E.A.M. (Science, Technology, Robotics, Engineering, Arts & Maths), que ensinará aos máis novos a deseñar Apps, programar robots ou crear os seus propios xogos e trátase dunha colaboración inspirada na nova serie da canle Disney XD 'Big Hero 6, a serie'.
Queres marcar a diferenza?
Innovación, desenvolvemento do talento, talleres e workshops con mozos proactivos dispostos a impactar.
Catro sesións, prazas limitadas, e GRATIS. Empezamos o 25 de Outubro cun evento en grao sumo disruptivo, cheo de sorpresas, presentamos Talentum Youth 2018/19, nova xente, novos mozos, moitas ganas de impactar.
Ás 17.30h esperámoste en Abanca Obra Social (Cervantes 19, Santiago de Compostela), contamos con Alexandra Touza de https://www.ponlecaraalturismo.com/ exemplo de muller emprendedora, unha dinámica brainstorming sobre desenvolvemento rural e acabaremos ao rededor dunha cervexa para dar a oportunidade de Networking.
Contamos con profesionais como Javier Rivas Cao, Dani Diéguez, Lucía Riveiro, Alberto Ferreiro e Manuel Paderne.
Imaxínaste poder crear todo o que soñas? Os soños ao principio parecen imposibles, logo improbables, e logo, cando nos comprometemos vólvense inevitables.
Queres marcar a diferenza?
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca o Curso Superior de Administración Electrónica.
O curso, que se inaugurará o 16 de outubro, ten por obxecto afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a Administración electrónica para que as persoas a que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito, completando a súa formación no dereito da informática.
A formación celebrarse ata o 27 de novembro en horario de mañá e tarde (das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas).
O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.
O vindeiro 20 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura o IV Scratch Day, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos que deben asistir acompañados polos seus pais ou nais. Nesta edición, a rapazada aprenderá a programación dun videoxogo no ordenador.
O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Asemade, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital.
O CPETIG concibe esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e as nais neste ámbito, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.
A sesión estará dedicada á programación de videoxogos, sendo preciso que os asistentes leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones.
A formación do Scratch Day será impartida pola Asociación Programamos, dedicada a promover o desenvolvemento do pensamento computacional en todas as etapas escolares, a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles.
Dende o pasado sábado está en vigor o regulamento eIDAS, norma que recoñece o uso transfronteirizo de sistemas de identificación electrónica (eID) para que os cidadáns e negocios europeos poidan acceder a servizos en liña incluso dende outros países da Unión Europea. Deste xeito, poderiamos facer uso do DNIe para crear unha conta bancaria de xeito remoto, matricularnos nunha escola ou acceder aos nosos rexistros médicos sen ter que persoarnos para a nosa identificación, valéndonos de sistemas de identificación electrónicos.
Os países da Unión deberán aceptar como identificador os documentos electrónicos (DNIe ou pasaporte electrónico) dos diferentes países, procedemento que terían completado en Alemaña e Italia, e que estaría a piques de completarse en Luxemburgo, España, Croacia e Letonia, mentres que países como Bélxica, Portugal ou Reino Unido aínda están nunha fase máis temperá deste proxecto. Dende a Comisión Europea aseguran que esta medida podería chegar a aforrar a empresas e administracións europeas máis de 11.000 millóns de euros ao ano.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe a seguir impulsando un ecosistema de emprendemento baseado na innovación e na diferenciación.
Durante a entrega dos Premios TheHop: Programa de emprendemento colaborativo Estrella Galicia S.A., Feijóo referiuse, a modo de exemplo, ao ecosistema de innovación que conforman as startups ou as aceleradoras de empresas, e destacou a inauguración onte da terceira convocatoria da Business Factory Auto; unha aceleradora específica para o sector da automoción na que colabora ademais da Xunta, PSA, CEAGA ou a Zona Franca de Vigo.
Sobre este punto, o responsable do Executivo autonómico precisou que, desde que se puxo en marcha fai máis de dous anos, deu lugar á creación de 22 novas empresas, moitas das cales están xa cubrindo ocos na cadea de valor desta industria estratéxica en Galicia, cunha facturación de 10 millóns de euros e máis de 150 empregos creados.
“E o mesmo ocorre en toda a nosa rede de aceleradoras”, dixo, subliñando que, nestes últimos cinco anos, apoiáronse a máis de 900 proxectos como os que hoxe foron premiados neste acto.
Ademais da Business Factory Auto, Feijóo recordou que a Xunta, desde a Axencia Galega de Innovación, colabora con outras impulsadas por entidades ou empresas como Telefónica, Vodafone, o Consorcio Zona Franca, Tecnópole ou a Fundación Kaertor y Janssen.
Feijóo concluíu destacando a traxectoria de Estrella Galicia, “unha empresa que representa –dixo- a esencia da gran empresa galega: familiar, coa súa cuarta xeración no Consello de Administración; centenaria; exportadora, presente en máis de 50 países; en continuo crecemento e innovadora”.