main content

main content
07/12/201808:12
Neno usando a aplicación Xmas Time.
A Coruña

Unha aplicación móbil galega permite que os nenos falen con Santa Claus

Coa proximidade do Nadal cobra peso a aplicación móbil Xmas Time, creada pola compañía coruñesa Cunningo, e que permite que os nenos poidan vivir unha experiencia real falando con Santa Claus a través dos seus dispositivos móbiles por videoconferencia.

Esta curiosa aplicación móbil establece unha comunicación en vídeo entre os pequenos e os seus familiares, que asumen o papel de Santa mantendo unha conversa en vivo con eles, de xeito que poden ver en todo momento a súa reacción. Para non rematar coa maxia do Nadal os pícaros non saben que detrás do Santa Claus virtual están os seus proxenitores ou outros familiares, xa que a aplicación móbil modifica a voz con catro efectos diferentes, de xeito que o que escoitan é a misteriosa e máxica voz de Santa.
Xmas Time consegue así que falar con Papá Noel non sexa unha actividade limitada a centros comerciais en época de Nadal, senón que poida achegarse ao ámbito doméstico dun xeito participativo e divertido, que como incentivo moi especial ten que as videochamadas quedan gravadas, de xeito que estes recordos poden gardarse para a posteridade.

Esta aplicación móbil galega pode descargase de balde para iPhone e iPad, pero o seu uso é de pagamento, con tarifas que parten dos 2,29 euros por quince minutos até 7,99 euros por un uso ilimitado desta ferramenta que está dispoñible en 13 idiomas e que na súa versión de proba conseguiu superar as 80.000 descargas.

Tamén está a prepararse unha nova aplicación móbil que ofrecerá unha experiencia semellante de cara á Noite de Reis, que permitirá aos pequenos manter unha videochamada co seu paxe favorito mentres os país procuran negociar con eles unha carta de agasallos reducida.

07/12/201808:12
Cartel da iniciativa.
A Coruña

O emprendemento tecnolóxico feminino centrará un encontro na Coruña

A Fundación Mujeres está a organizar o XVIII Encontro de Emprendedoras e Empresarias, sesión no que buscan intercambiar e compartir ilusións e proxectos emprendedores no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio da Coruña o vindeiro día 20 en horario de mañá.

Baixo o lema de TIC, TIC. A tecnoloxía no emprendemento liderado por mulleres queren que emprendedoras e empresarias poidan xuntarse para intercambiar experiencias e coñecementos sobre o rol das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no seu proceso de emprendemento, potenciando a visibilidade das referentes femininas no emprendemento tecnolóxico, sen esquecer os retos pendentes en relación á fenda dixital e de sexo, centrándose tanto na identificación das posibilidades de negocio que abre a innovación tecnolóxica para as mulleres como no protagonismo que xa ten a tecnoloxía na realidade empresarial no noso día a día.

O encontro botará a andar un panel de mulleres presentando nun minuto cadanseu proxecto, pasando a un panel de emprendedoras ao que seguirá un panel de empresarias que falarán das oportunidades tecnolóxicas para xestionar o seu éxito. Pechará a xornada un debate sobre as TIC no emprendemento liderado por mulleres. As persoas interesadas en acudir a esta actividade poden inscribirse en liña.

07/12/201808:12
Momento da actividade.
Santiago de Compostela

Os Superheroes da reciclaxe recrutarán en decembro a máis de 2.000 escolares para conciencialos no tratamento dos aparellos eléctricos e electrónicos

  • A Consellería de Medio Ambiente vén de poñer en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe deste tipo de residuos, que só no mes de decembro visitará 56 centros escolares
  • A través das personaxes do Bolechas explicaráselles a necesidade de implicarse na reciclaxe, reparación e reutilización deste tipo de materiais
  • Tamén se programan actividades, como teatro, ou materiais divulgativos como unidades didácticas, adhesivos, folletos e unha web interactiva para traballar coa cativada a importancia do tratamento destes aparellos

 

Co obxectivo de sensibilizar á comunidade escolar na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), os Superheroes da reciclaxe recrutarán ao longo deste mes a máis de 2.300 escolares para conciencialos no da importancia de dar un tratamento axeitado a este tipo de refugallos.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha unha campaña de sensibilización para reciclar os RAEE), que no mes de decembro visitará máis de 50 centros educativos de educación infantil e primaria, que se elevarán a 350 ao longo do actual curso escolar.

Na seguinte táboa indícanse as xornadas e colexios nos que acollerán esta campaña:

Xornada
Centros educativos
Día 10

CEIP Plurilingüe de Centieiras (Fene)

CEIP San Isidro (Neda)
CRA de Oroso (Oroso)

CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Cangas)

CEIP A Rúa (Cangas)
Día 11
CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña)

CEIP de Bormoio-Agualada (Coristanco)

CEIP Manuel Mato Vizoso (Vilalba)

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (O Carballiño)

CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro (O Carballiño)

Día 12

CEIP Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín)

EEI de Vilalba (Vilalba)
CPI da Cañiza (A Cañiza)
EEI A Marisma (Redondela)
Día 13
CEIP de Cespón (Boiro)
CPI Dr. López Suárez (Friol)

CPI Plurilingüe Laureano Prieto (A Gudiña)

CEIP Bibei (Viana do Bolo)
CEIP Cabada Vázquez (A Estrada)
CEP de Sabarís (Baiona)
Día 14
EEI de Lañas (A Baña)
CPI A Xunqueira (Fene)
CEIP Albeiros (Lugo)
CEIP O Castiñeiro (Laza)
CEIP de Oímbra (Oímbra)

CEP Carlos Casares (Salvaterra de Miño)

Día 17

CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo)

CEIP de Ponzos (Ferrol)
CEIP Campomaior (Ordes)

EEI Bispo Teodomiro (Santiago de Compostela)

CEIP Vistahermosa (Ourense)
CPI do Toural (Vilaboa)
Día 18
CEIP Curros Enríquez (A Coruña)
EEI de Sabaxáns (Brión)

CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol)

CEIP Plurilingüe Albino Núñez (Ourense)

CEIP de Noalla-Telleiro (Sanxenxo)
Día 19

CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)

CPR Plurilingüe La Salle (Ferrol)
CPI Tino Grandío (Guntín)

CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal (Vigo)

CEIP Nosa Señora da Piedade (Vila de Cruces)

Esta mesma semana (o luns 3, martes 4 e mércores 5) tamén visitaron os seguintes centros: CEIP A Cristina (Carballo), CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro), CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade), CEIP do Carballal (Marín), CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro), EEI San Roque (Viveiro), CEIP Padre Feijoo (Allariz), CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas (Bande), CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), CEIP Santa María (A Fonsagrada), CEIP de Cervo (Cervo), CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo), CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares (Vigo).

Para acadar que as novas xeracións de galegos teñan coñecemento da importancia da reciclaxe dos residuos e, concretamente, dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, trasladaráselle dunha maneira amena e moi didáctica a través das personaxes dos Bolechas, pautas e coñecementos para o correcto tratamentos dos residuos.

Os Bolechas -personaxes moi coñecidos para a cativada galega desde hai case dúas décadas- converteranse nos Electrecos, nos superheroes da reciclaxe de RAEE; polo que Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e, como non, Ecochispa serán os encargados de recrutar superheroes da reciclaxe.

Contarán cunha gran variedade de materiais de todo tipo: contos, teatro, audiovisuais, xogos, unidades didácticas, cadernos de exercicios, adhesivos, folletos etc....co obxectivo de formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.

Xunto coas visitas presenciais, pose en marcha unha área virtual (www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas) con material informativo e didáctico, así como xogos e actividades para que todos os centros educativos da comunidade poidan traballar este tema.

 

Divertirse e aprender

Todas as propostas dos Electrecos van destinadas a ensinar, dunha forma didáctica pero divertida, como se deben tratar os RAEE. Trátase de que, mediante unha información adecuada e amena, a través do xogo, a experimentación e o traballo en equipo, as nenas e os nenos se convertan nos maiores defensores do planeta a través do correcto tratamento dos RAEE.

Unha ambiciosa acción destinada a xestionar mellor un tipo de residuos en aumento na nosa contorna, pero tamén para insistir na importancia da correcta xestión de todo tipo de residuos, nas boas prácticas de consumo e na responsabilidade que temos como individuos e como sociedade na sustentabilidade medioambiental.

Esta iniciativa -que conta coa colaboración e apoio de RAEE: Ambilamp, Ecoasimelec, Ecofimática, Ecolec, Ecolum, Eco-Raee´s, Ecotic, y Erp-, está enmarcada dentro da campaña ‘Oqueseenchufarecíclase’, que ten por obxectivo concienciar á sociedade galega na necesidade de mellorar as prácticas de reciclaxe e tratamento deste tipo de residuos.

07/12/201808:12
Exemplo de aula STEM vista desde arriba.
Santiago de Compostela

Dez centros de Galicia incorporarán Espazos Maker onde o alumnado poderá desenvolver proxectos STEM propios

  • A creación destes espazos é unha das accións pioneiras da Consellería de Educación para o fomento das competencias STEM entre o alumnado
  • Forma parte do paquete de actuacións do Edudixital 2020, dotado cun millón de euros

 

Un total de dez centros escolares de toda Galicia incorporan por primeira vez neste curso Espazos Maker, unha acción da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para fomentar as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o alumnado.

Trátase do IES Sofía Casanova (Ferrol), CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), IES Monte das Moas (A Coruña), IES Isaac Díaz Pardo (Sada), IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela), IES de Porto do Son (Porto do Son); IES A Xunqueira II (Pontevedra), IES República Oriental do Uruguai (Vigo) e IES Primeiro de Marzo (Baiona), tal como se pode ver no portal da Consellería no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26512 .

Os Espazos Maker foron concibidos como zonas específicas dentro dos centros escolares, dotadas cos medios tecnolóxicos necesarios para que o alumnado poida materializar a súa creatividade a través de proxectos propios de experimentación, isto é, “aprender facendo”.

Cada un destes centros recibe unha achega de 2.000 euros por parte da Consellería para poñer en marcha o seu Espazo Maker, así como unha dotación de material específico que inclúe un equipo de procesado audiovisual (con estación de procesado, pantalla grande e dúas tabletas), equipamento audiovisual (cámara dixital de foto e vídeo con obxectivos intercambiables e trípode, trípode de alta estabilidade, gravador de audio, cascos auriculares, sistema de gravación completo, equipo multifunción color tamaño A3 e escáner 3D), e mobiliario metálico (composto por carro para desprazar pequena equipación e banco de traballo ou superficie fixa de traballo para maquinaria).

A dotación complétase con pequena maquinaria e ferramenta como trade eléctrico de gran potencia, trade de batería, mini trade de bricolaxe, lixadora delta e set completo de lixas de diferente grao e para materiais distintos, caladora con set completo de follas de corte, sistemas de aspiración de seco e húmido semiprofesional, cortadora-fresadora CNC, conxunto de ferramenta manual, soldador de estaño, conxunto de coitelos de precisión pistolas de pegamento termofusible e de aire e máquina de coser.

Enmarcada na Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, esta acción é unha das medidas novidosas no ámbito STEM deseñadas pola Consellería e que inclúe tamén a posta en marcha, por primeira vez neste curso, do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxías, o STEMbach (con 200 alumnos de 15 centros); e o primeiro campamento científico-tecnolóxico en inglés, a STEMweek (que se desenvolveu entre agosto e setembro).
Estas tres novas medidas –o STEMbach, os Espazos Maker e a STEMweek– súmanse ás xa desenvoltas no curso pasado como a Semana STEM e a ampliación de Robótica en Primaria (con kits que chegan xa a 159 centros públicos) , ou os Clubs de Ciencia.

En total, todas estas iniciativas implican un investimento por parte da Consellería de preto dun millón de euros.

07/12/201807:12
Nenos nunha aula CeMIT nunha videoconferencia con Papá Noel.
Santiago de Compostela

A rede CeMIT conectará a preto de 1.500 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

  • Alumnado de entre 3 e 7 anos de 32 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 10 e 20 de decembro
  • Por undécimo ano consecutivo a rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia

 

Entre os días 10 e 20 de decembro 1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Así, os escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade. 
 

Por toda Galicia
Nos seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Arzúa, Bande, Bearíz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Cerceda, Ferrol, Fisterra, Leiro, Narón, Negreira, Ourense, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un total de 48 sesións

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado maior de idade do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e o alumnado con necesidades educativas especiais de Vilagarcía de Arousa

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu undécimo aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar un por un e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.
 

A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. 

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.

 

 

LUNS
10 DECEMBRO

 

10:00

MUROS

EEI DE MUROS

10:30

CELANOVA

SAGRADO CORAZÓN

11:00

MARÍN

EEI O GRUPO

12:30

BARREIROS

C.E.I.P. San Cosme

 

MARTES
11 DECEMBRO

 

10:00

VALGA

CRA VALGA

10:30

CASTRELO DE MIÑO

CEIP CASTRELO MIÑO

11:00

BOIRO

CEIP SANTA BAIA

11:30

BOIRO

CEIP SANTA BAIA

12:00

VALGA

CRA VALGA

 

 

MÉRCORES
12 DECEMBRO

 

10:30

BARREIROS

C.E.I.P. San Miguel

11:00

ARZÚA

CEIP ARZÚA

11:30

BANDE

CAS BANDE

 

 

XOVES
13 DECEMBRO

 

10:00

PONTEDEUME

CPI ATOCHA

10:30

PONTEDEUME

CPI ATOCHA

11:00

SARREAUS

CPI de Sarreaus

11:30

BETANZOS

PAI MENI - Ed. Especial

12:00

XUNQUEIRA DE AMBIA

Colegio Padre Crespo

 

VENRES
14 DECEMBRO

 

10:30

NEGREIRA

FUNDACION DISCAPACITADOS PSIQUICOS VAL DE BARCALA

11:00

CELANOVA

CURROS ENRÍQUEZ

11:30

BETANZOS

Escola Infantil Municipal

12:00

FERROL

CEIP Recimil

12:30

ARZÚA

NOSA SRA. ROSARIO

13:00

NEGREIRA

CEIP O COTO

 

LUNS
17 DECEMBRO

 

10:00

ORTIGUEIRA

CEIP José Mª Lage

10:30

SANTA COMBA

CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada

11:00

FISTERRA

MAR DE FORA / AREOUTA

11:30

ORTIGUEIRA

CEIP José Mª Lage

12:00

FISTERRA

NOSA SEÑORA DO CARME

12:30

LEIRO

C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán

 

MARTES
18 DECEMBRO

 

10:00

OURENSE

CEIP As Mercedes

10:30

CAÑIZA, A

CPI DA CAÑIZA

11:00

ABEGONDO

CEIP SAN MARCOS

11:30

CAÑIZA, A

CEIP DE VALEIXE

12:00

CERCEDA

CPI O CRUCE

12:30

VILAGARCÍA

CPR SAN FRANCISCO

13:00

VILAGARCÍA

CEE VILAGARCIA - disc. Funcional

 

MÉRCORES
19 DECEMBRO

 

10:30

CERCEDA

CPI O CRUCE

11:00

VIMIANZO

CEIP SAN VICENZO

11:30

VICEDO, O

CEIP O VICEDO

12:00

VIMIANZO

CEIP SAN VICENZO

12:30

CATOIRA

CPI PROGRESO DE CATOIRA

13:00

VICEDO, O

CEIP O VICEDO

 

XOVES
20 DECEMBRO

 

10:00

NARÓN

A SOLAINA

10:30

NARÓN

A SOLAINA

11:00

BEARÍZ

CEIP de BEARÍZ

11:30

CARBALLEDO

CEIP XOSE LUIS TABOADA

12:00

CASTRO CALDELAS

CEIP VIRXE DOS REMEDIOS

12:30

QUIROGA

CEIP DE QUIROGA

05/12/201809:12
Pantallazo de StorySign.
Santiago de Compostela

Huawei aposta pola tecnoloxía para ler contos a nenos en lingua de signos

Un dos momentos máis especiais para moitos pais e nenos é contar un conto antes de deitarse, con todo, iso é máis complicado no caso de que os pequenos teñan discapacidade auditiva.

Nestes casos, a tecnoloxía e a intelixencia artificial ofrece solucións como a aplicación desenvolvida por Huawei que traduce contos infantís a lingua de signos.

A aplicación chámase StorySign e está dispoñible en 10 linguas de signos diferentes. Cada unha delas conta no seu lanzamento cun conto preparado para que o avatar Star o narre en lingua de signos.

Huawei aproveitou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade para lanzar esta aplicación que, no caso da Lingua de Signos Española, vén preparado no lanzamento para interpretar o conto "Onde está Spot?", de Eric Hill.

Os pequenos terán que apuntar cun móbil ou tableta ao texto do conto e Star encargarase de interpretar o que está escrito en lingua de signos. Para iso, é necesario que teñan o conto físico para poder traducilo a LSE.

A aplicación StorySign está dispoñible na Play Store de Google e na tenda de aplicacións de Huawei, AppGallery. Para a súa elaboración, a compañía contou coa colaboración de organizacións como a Unión Europea de Xordos ou a Asociación Británica de Xordos.

05/12/201809:12
Mapcesible.
Madrid

Mapcesible. Fai visible o accesible!

Terá ascensor o museo?, contarán con baño adaptado no restaurante?, haberá rampla de acceso á praia?? estas e outras moitas preguntas son as que se cuestionan miles de persoas cada día antes de saír de casa. Ante esta realidade nace Mapcesible, a App colaborativa de accesibilidade impulsada por Fundación Telefónica que conta co apoio de COCEMFE e o apoio técnico de ILUNION. Dispoñible para descarga gratuíta en:

  • A app colabrativa onde calquera persoa pode mapear a accesibilidade en España.

 

Baixo o lema Fai visible o accesible, Mapcesible nace co obxectivo de ser unha plataforma colaborativa onde calquera persoa, teña ou non mobilidade reducida, poida mapear a accesibilidade dos lugares que visita ou consultar as valoracións para planificar os seus desprazamentos diarios. Deste xeito é posible localizar a golpe de vista os puntos accesibles en España facilitando, grazas á tecnoloxía, o día a día das persoas con mobilidade reducida.

Esta plataforma colaborativa ofrece información de puntos accesibles incluíndo cinemas, teatros, restaurantes, aloxamentos, ou espazos públicos como praias, prazas de parking, ou polideportivos. Ademais dos lugares subidos polos propios usuarios da App, incorporáronse bases de datos de organismos oficiais como o Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente e Concellos, utilizando diferentes tecnoloxías como big data, intelixencia artificial ou xeolocalización para o beneficio da sociedade.

Conscientes de que a accesibilidade é un problema de todos, Voluntarios Telefónica identificou un problema onde a tecnoloxía podía ter un papel clave. Foi a través de Willy e o Centro Lescer, onde se estaban realizando talleres de rehabilitación para persoas que perderan mobilidade por diversas enfermidades. Alí mostráronlles a semente da App e rapidamente uniron forzas para xuntos para crear algo grande, Mapcesible.

A partir de aí foron máis de 700 os voluntarios Telefónica os que quixeron sumarse ao reto e mapear, durante as súas vacacións e tempo libre, a accesibilidade de diferentes lugares do noso país.

Actualmente a plataforma conta con máis de 3.500 puntos accesibles incluíndo cinemas, teatros, restaurantes, aloxamentos, ou espazos públicos como praias, prazas de parking, ou polideportivos. Ademais dos lugares subidos polos propios usuarios da App, incorporáronse 14 datasets de organismos oficiais como o Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente e Concellos, aproveitando o esforzo destas entidades por publicar esta información e poñéndoa aos usuarios na palma da súa man.

Outra das claves de Mapcesible é que está aberto a toda a sociedade, permitindo así que calquera persoa se converta en voluntario dixital e poida colaborar coa accesibilidade mapeando novos lugares, logrando sensibilizar á sociedade de que a accesibilidade é cousa de todos.

Os usuarios terán que rexistrarse co seu email e responder a unha serie de preguntas sinxelas que permitirán definir dunha maneira rápida como de accesible é un lugar, valorando así de maneira colaborativa a accesibilidade de calquera lugar de España.

Contouse co apoio técnico e a consultoría de ILUNION, Tecnoloxía e accesibilidade, para fixar as preguntas e os aspectos que han de valorar en cada tipo de establecemento.

Mapcesible xa está dispoñible en dispositivos móbiles para as dúas grandes plataformas máis estendidas (iOS e Android) e vía web desde calquera dispositivo.

Colabora mapeando a accesibilidade dos lugares que visites por toda España e axuda a miles de persoas con mobilidade reducida. Clic a clic, entre todos podemos facer a súa vida máis fácil.

 

"A accesibilidade é cousa de todos"

Mapcesible presentouse o mércores 14 de novembro no Espazo Fundación Telefónica. O evento foi conducido pola nosa embaixadora, Teresa Perales, quen destacou a importancia de aplicacións como esta porque "a accesibilidade é cousa de todos".

José María Sanz-Magallón, director da Fundación Telefónica, foi o encargado de dar a benvida a este evento: "Mapcesible é un proxecto que nos fai especial ilusión presentar. Reflicte a nosa filosofía: a tecnoloxía axuda a construír un mundo mellor". Despois, tivo lugar unha mesa redonda na que participaron Carolina García Delgado de Voluntarios Telefónica, Willy Ruiz do Centro Lescer e Anxo Queiruga, presidente da COCEMFE. A mensaxe clave de todos os relatores foi a necesidade de concienciar á sociedade sobre a importancia da accesibilidade.

05/12/201809:12
Presentación do servizo SVIsual.
Madrid

As persoas xordas poderán contactar co 091 a través do servizo SVIsual

  • Cando se reciba a chamada en SVIsual saberase de forma inmediata que se trata dunha emerxencia e traducirá as súas mensaxes á Policía Nacional.

 

O director xeral da Policía, Francisco Pardo Piqueras, participou na presentación dun novo proxecto de colaboración coa Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE). Xunto á presidenta desta institución, Concha Díaz Robledo, e a subdirectora Xeral de Coordinación e Ordenación da Dirección Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade, Mercedes Jaraba.

Pardo anunciou que a partir de agora "as persoas xordas poderán chamar ao 091 en casos de emerxencia a través do servizo SVIsual". Esta plataforma é o primeiro servizo de videointerpretación en lingua de signos que existe en España.

A súa función é facilitar que as persoas xordas poidan poñerse en contacto con terceiros a través dos seus teléfonos móbiles, tabletas ou ordenadores a través da figura do videointérprete de lingua de signos.

Para iso, introduciuse na plataforma un acceso específico que o usuario poderá utilizar para chamar ao 091, de tal modo, que de forma inmediata saberase que se trata dunha emerxencia destinada á Policía, e comunicarase aos Centros Intelixentes de Mando, Comunicación e Control da Policía Nacional, que unha persoa xorda necesita axuda policial.

Neses momentos, comezará o proceso da videointerpretación das mensaxes dos interlocutores.

 

Acordos para mellorar a seguridade, protección e accesibilidade das persoas con discapacidade

Este servizo de conexión de SVIsual constitúe unha das múltiples accións que a Policía Nacional leva a cabo para mellorar a seguridade, protección, accesibilidade das persoas con discapacidade.

De feito, no ano 2015, a Dirección Xeral da Policía e a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) asinaron un acordo de colaboración para mellorar a protección e seguridade do colectivo de persoas xordas a través dunha correcta accesibilidade ao servizo policial. Neste sentido, a Policía Nacional e a CNSE puxeron a disposición das persoas xordas a utilización da plataforma de videointerpretación de lingua de signos SVIsual, tanto nas oficinas de denuncias como nas oficinas de expedición do DNI de 19 comisarías de Policía, de forma presencial.

Desde a Policía Nacional tamén se procedeu, mediante acordos coa Fundación ONCE, á instalación de bucles magnéticos en 121 dependencias policiais de diferentes puntos de España.

 

CNSE

CNSE é unha organización sen ánimo de lucro que atende os intereses das persoas xordas e con discapacidade auditiva e das súas familias en España. Desde a súa creación, en 1936, a CNSE desenvolveu un labor de reivindicación e incidencia política para lograr a plena cidadanía das persoas xordas; así como do desenvolvemento de programas de atención e prestación de servizos a través das súas federacións. Hoxe a CNSE está integrada por 18 federacións de persoas xordas, que á súa vez manteñen afiliadas a máis de 120 asociacións provinciais e locais de todo o Estado. Con todo, a CNSE atende calquera necesidade relacionada co colectivo de persoas xordas, estean ou non afiliadas ao seu movemento asociativo.

1 mes 1 profesión dixital
Online

V Edición dos Premios Discapnet ás tecnoloxías accesibles: convocatoria e presentación de candidaturas

Teñen como obxectivo recoñecer as mellores iniciativas e accións no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) aplicadas á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, así como ás empresas, entidades ou organizacións que desenvolvesen un labor continuado no campo da accesibilidade TIC.

05/12/201808:12
Presentación dos premios.
Madrid

A Fundación ONCE convoca a V edición dos Premios Discapnet ás tecnoloxías accesibles

A Fundación ONCE convocou a V edición dos Premios Discapnet ás Tecnoloxías Accesibles, uns galardóns que recoñecen as mellores iniciativas e accións no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) aplicadas á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, así como ás empresas, entidades ou organizacións que desenvolvesen un labor continuado no campo da accesibilidade tecnolóxica.

Na súa V edición, os premios introducen por primeira vez unha dotación económica para os traballos galardoados en todas as categorías e tratan de fomentar, ademais, a participación de candidaturas procedentes de países non hispanofalantes.

 

Categorías

Como na edición anterior, os galardóns estrutúranse en tres categorías: a primeira delas, a A, premiará ao mellor produto ou servizo baseado en tecnoloxías para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade que xa estea dispoñible.

Na categoría B, o galardón será para a persoa, empresa, entidade ou organización que máis destacase pola súa traxectoria continuada en materia de mellora da accesibilidade á tecnoloxía.

Finalmente, o apartado C recoñecerá ao mellor proxecto de emprendemento con impacto social para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través das TIC.

Os interesados en presentar os traballos poden facelo ata o 15 de marzo de 2019 cubrindo o formulario correspondente á categoría á que concorran, dispoñible na seguinte dirección web dos Premios Discapnet.

Ademais, todas as candidaturas deberán achegar un resumo do proxecto en español e en inglés. En canto á dotación dos premios, este ano será por primeira vez económica en todas as categorías.

Desta forma, os galardoados nos apartados A e B recibirán 5.000 euros, mentres que o traballo premiado no C contará con 20.000 euros.

Neste último caso, o diñeiro haberá de destinarse integramente ao desenvolvemento do proxecto galardoado.

Así mesmo, a cada persoa ou entidade premiada entregaráselle unha obra orixinal "dun prestixioso artista con discapacidade" designado pola Fundación ONCE.

 

Bases

As bases completas daIV edición dos Premios Discapnet poden consultarse no seguinte http://premios.discapnet.es/.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS