O Concello da Coruña presentou onte o programa de actividades de xaneiro para o espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia: un completo feixe de accións creativas, divulgadoras e innovadoras que abranguen obradoiros, cinefórum, xogos e torneos de videoxogos. O contido e formatos dos diferentes puntos do programa, dado a coñecer onte pola concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, foi proposto pola propia mocidade usuaria do centro, que contribúe coa súa participación activa a converter o espazo de dinamización nun espazo autónomo.
A programación arrincou con dúas propostas de lecer: os xogos en grupo do 4 de xaneiro e unha sesión de cinema na tarde do día 5. O venres 11 haberá un obradoiro sobre xardinería e o sábado 12 un encontro no que realizar tatuaxes de henna, actividade que se repetirá tamén o sábado día 26. Na seguinte semana, o venres 18, haberá un taller sobre modelaxe e, por último, os rapaces e as rapazas poderán medir as súas habilidades cos videoxogos nun torneo de XBOX. O centro, que está localizado no cuarto andar do centro social da Sagrada Familia, “naceu dunha necesidade do barrio, da carencia de espazos e proxectos para a xente nova, e converteuse en poucos meses nun punto de encontro e referencia para varios colectivos”, explicou Delso. O espazo abre durante as tarde de martes a domingo, en horario de 17.00 a 21.00, mentres que os venres e sábados, días nos que se desenvolven os obradoiros, conta cun horario de apertura ampliado ata as 23.00 horas. Para máis información sobre o punto de encontro da mocidade na Sagrada Familia, pódese visitar o apartado de mocidade da web municipal.
SmartPEME, o programa de capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra, volve con novas actividades dirixidas a facilitar a dixitalización e a competitividade. Se onte dimos conta das 21 accións preparadas para a comarca de Vigo (nos centros SmartPEME de Ponteareas, Vigo e O Porriño), hoxe é a quenda de informar das actividades previstas para Pontevedra e a contorna de Lalín. Serán, en total, 14 obradoiros tecnolóxico-dixitais a desenvolver nas sedes de SmartPEME en Lalín e máis na cidade do Lérez (na sede da Deputación): sete actividades en cada unha das localidades.
As inscricións nos devanditos obradoiros pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”. As quendas para a cidade de Pontevedra son as seguintes: martes 8 de xaneiro, Google Calendar, moito máis que unha axenda, ás 19 horas. O xoves, 10 de xaneiro ás 18 horas, será a quenda de Crea unha páxina profesional con Wordpress. O curso Plugins de WordPress para mellorar a túa web impartirase o martes 15 ás 19 horas. O martes 22, ás 17 horas, terá lugar Marketing de contidos: como xerar unha estratexia efectiva. Esa mesma semana, o xoves 24 ás 19 horas, vaise impartir o obradoiro Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console. O curso Iniciación ao deseño gráfico chega o martes 29 ás 18 horas. Por último, o xoves 31 ás 19 horas, impartirase Social Media Listening: O que se din do teu negocio en Internet. A oficina SmartPEME de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
A primeira cita do mes na oficina SmartPeme de Lalín terá lugar este martes 8 de xaneiro, ás 19.00h, en concreto o curso Como promover o teu propio evento en redes sociais. A segunda cita será esa mesma semana, o 10 de xaneiro, cando a partir das 19.00h celebrarase Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas. O martes 15 de xaneiro, ás 17.00h, desenvolverase en Lalín o curso Xestiona o teu negocio dende o móbil e o xoves 17 de xaneiro, ás 19.00h Márketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva. O seguinte obradoiro será Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet, o xoves 24 de xaneiro ás 18.00h. Por último, o martes 29 de xaneiro ás 19.00h impartirase o curso Chatbots: A automatización da atención ao cliente e o xoves 31 de xaneiro, ás 17.00h, O márketing móbil e a súa importancia no sector turístico. A oficina SmartPEME de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal vai acoller un obradoiro de introdución ás novas tecnoloxías que, baixo o título Aul@ tecnolóxica de maiores, está dirixido ás persoas maiores de 55 anos co obxectivo de “integralas na sociedade facéndoas partícipes dela a través da formación en novas tecnoloxías”. O obradoiro porá o foco no uso de teléfonos móbiles, tabletas e ordenadores portátiles, cun “carácter eminentemente práctico” de cara á súa aplicación e aproveitamento na vida cotiá.
A actividade estará a cargo de Mar Torres Vilariño, voluntaria do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia. A actividade formativa Aul@ tecnolóxica de maiores comezará a súa andaina o martes 29 de xaneiro e seguirá o calendario escolar até rematar en xuño. O número máximo de participantes é de sete e precísase ter o carné de biblioteca. A actividade desenvolverase os martes de 18.00 a 19.30 horas e as sesións terán lugar nas salas de traballo en grupo do terceiro andar.
O período de inscrición abrirase o 9 de xaneiro ás 8:30 horas e prolongarase ata o remate da actividade. As persoas interesadas poderán obter máis información e anotarse chamando ao 881 999 401 ou acudindo directamente ao mostrador do andar baixo. Así mesmo, poden consultar a páxina web da Biblioteca e o Facebook.
A Fundación CERMI Mulleres comezou a desenvolver a aplicación para dispositivos móbiles "MeRespetas", concibida como ferramenta dixital ao servizo de nenas e adolescentes con discapacidade co fin de loitar contar o acoso escolar por razón ou motivos de discapacidade.
Ante o feito comprobado de que as nenas e adolescentes con discapacidade están máis expostas que o resto do alumnado para sufrir condutas de acoso escolar, resulta necesario dotalas de instrumentos dixitais, accesibles, usables e de fácil manexo, que lles permitan entender as situacións de acoso, reaccionar contra elas mediante a denuncia, así como actuar con prontitude para repelelas e previlas.
"MeRespetas", que estará dotada con todas as medidas de accesibilidade para poder ser usada sen exclusións, estará dispoñible nos próximos meses e poderase acceder a ela, gratuitamente, a través das plataformas dixitais máis estendidas.
Para o desenvolvemento desta aplicación, a Fundación CERMI Mulleres conta cunha axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional, do ano 2018, para proxectos tecnolóxicos que contribúan a unha mellor e maior inclusión educativa do alumnado con discapacidade.
Os Premios "SOMOS DIXITAL" impulsados pola Asociación "Somos Dixital", recoñecen a persoas que desde a acción profesional ou o voluntariado, desenvolven proxectos de empoderamento cidadán das tecnoloxías, de afloramiento do talento ou de traballo para a inclusión social utilizando as TIC como estratexia.
Estes premios teñen o interese de facer emerxer iniciativas e actividades que poden representar exemplo e modelo para o resto da cidadanía, así como incorporar os seus valores, aprendizaxes e estratexias á colectividade de profesionais TIC, dando repercusión pública e recoñecemento a estas iniciativas e ás persoas que os impulsan.
Os Premios "SOMOS DIXITAL" impulsados pola Asociación "Somos Dixital", recoñecen a persoas que desde a acción profesional ou o voluntariado, desenvolven proxectos de empoderamento cidadán das tecnoloxías, de afloramiento do talento ou de traballo para a inclusión social utilizando as TIC como estratexia.
Estes premios teñen o interese de facer emerxer iniciativas e actividades que poden representar exemplo e modelo para o resto da cidadanía, así como incorporar os seus valores, aprendizaxes e estratexias á colectividade de profesionais TIC, dando repercusión pública e recoñecemento a estas iniciativas e ás persoas que os impulsan.
Esta é a primeira convocatoria e que se espera sexa bianual, facendo coincidir a entrega dos Premios co Encontro de Dinamizadores e Dinamizadoras que ten esta mesma periodicidade, premiándose tanto as iniciativas ou programas realizados nos últimos dous anos como as traxectorias profesionais ou vitais das persoas propostas.
Os premios, concedidos a persoas impulsoras de proxectos ou a traxectorias profesionais e concédense en tres categorías :
Cidadanía dixital
A finalidade desta categoría é recoñecer o esforzo realizado por profesionais ou voluntarios no empoderamento e uso da tecnoloxía para o crecemento persoal e profesional dos cidadáns.
Reflectíndose en actuacións de participación cidadá, de mellora de calidade de vida da contorna (barrio, cidade...) ou da transformación nas formar de vivir, traballar ou relacionarse, contribuíndo con todo iso a crear sociedades máis participativas, comprometidas e democráticas.
Das candidaturas presentadas valoraranse, entre outros aspectos:
Detectando talento
A finalidade desta categoría é recoñecer as actuacións levadas a cabo por profesionais ou voluntarios que significasen o afloramiento do talento innovador e emprendedor mediante estratexias e/ou soporte TIC.
Das candidaturas presentadas valoraranse, entre outros aspectos:
Inclusión dixital
A finalidade desta categoría é recoñecer a achega de persoas cuxa traxectoria vital e profesional significou un labor destacado no campo da inclusión social a través das tecnoloxías da información e a comunicación.
Das candidaturas presentadas valoraranse, entre outros aspectos:
Aos premios pódense presentar persoas físicas que residan no territorio español.
As candidaturas, en cada unha das tres categorías, serán presentadas por persoas físicas, entidades sen ánimo de lucro ou institucións públicas, pero non os propios candidatos ou candidatas.
As candidaturas recóllense mediante un formulario web no que se debe incluír un documento coa seguinte información :
As candidaturas poderán enviarse ata o 28 de Febreiro de 2019
Os premios serán entregados en Puerto del Rosario, Forteventura, no marco do II Encontro de Dinamizadores de Telecentros, que terá lugar o 21 de Marzo de 2019.
O acto contará coa asistencia de representantes da Administración Pública, entidades e redes de Telecentros, organizacións socias e colaboradoras da Asociación.
Para as tres categorías, os premios consisten en:
O xurado está formado por distintos membros das redes asociadas, persoas representantes de redes convidadas e expertos en dinamización TIC.
SmartPEME, o programa de capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra, regresa este mes de xaneiro con novas actividades dirixidas a facilitar a dixitalización e a competitividade. Para a comarca de Vigo, estamos a falar de 21 accións formativas a desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Ponteareas, Vigo e O Porriño. A estas actividades cómpre engadir as previstas para as oficinas de Cambados, Pontevedra, Lalín, A Estrada e Barro, das que iremos dando conta os días vindeiros. As inscricións nos devanditos obradoiros pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.
As quendas en Vigo comezan este martes, 8 de xaneiro, con Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas. A seguinte acción será Crea unha páxina profesional con WordPress, o xoves 10. O curso Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva chegará a Vigo o xoves 17. O martes 22 Plugins de WordPress para mellorar a túa web. O xoves desa mesma semana será a quenda de Coñece as tendencias en economía dixital: Deseño 3D e robótica. A quenda de Social Media Listening: O que se din do teu negocio no Internet chegará o martes 29. E, para rematar, Chatbots: A automatización da atención ao cliente terá lugar o xoves 31. A oficina SmartPEME de Vigo, na sede da Deputación, atópase na Rúa Oporto, nº 3.
A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva, o martes 8 de xaneiro. O xoves 10 terá lugar Pasarelas de pago para o comercio electrónico. O martes da seguinte semana impartirase Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet. A seguinte será Social Media Listening: O que se din do teu negocio en Internet, o martes 22. A quenda de Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a presenza en liña será o xoves 24 de xaneiro. Por outra banda, o martes 29 terá lugar o obradoiro Chatbots: A automatización da atención ao cliente. E, xa por último, o xoves 31 Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
A oficina do Porriño acollerá os obradoiros que se inician o martes o día 8, co curso Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas. Pola súa banda, Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva chegará o xoves 10. O martes 15, impartirase Crea unha páxina profesional con WordPress. A acción Plugins de WordPress para mellorar a túa web terá lugar o martes 22. O xoves 24 de xaneiro, O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram. O martes 29 o curso Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a túa presenza en liña. E, por último, o xoves desa mesma semana terá lugar Google Calendar, moito máis que unha axenda. A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Dinahosting, a empresa compostelá especializada en dominios de Internet e servizos de hospedaxe web, comezou 2019 botando un cable a quen queira experimentar con tecnoloxías específicas para o aloxamento, ou sexa, a quen queira tirar proveito dun servidor de seu para facer probas ou ben como materia prima da que extraer pezas. Para estes profesionais e/ou usuarios, Dinahosting achégalles en réxime de compra un pequeno mercadiño cunha serie de servidores descatalogados.
Neste intre a empresa de Santiago ten dous tipos de aparellos dispoñibles para os usuarios. Por unha banda o Servidor Power Edge 860 por 100€ e, pola outra, o Servidor R200 por 200€. Segundo explica Dinahosting, as unidades son limitadas e, no caso de interesarnos cómpre bulir, sobre todo porque aos prezos nos que se ofrecen as existencias remataranse axiña. Para quen poida interesar, a empresa achega na súa web información sobre as características técnicas dos devanditos aparellos.
A confederación COGAMI, entidade envorcada en derrubar todo tipo de barreiras arredor dos colectivos con capacidades funcionais e cognitivas diversas, vén de facer balance do acadado en 2018 co seu programa de actividades para os profesionais da educación, moitas delas centradas (precisamente) en complementar a formación tecnolóxico-dixital dos participantes. Segundo fai saber no seu informe, a confederación forneceu adestramento TIC a 112 docentes, o que se viu complementado con accións de sensibilización para 208 educadores e 1.846 alumnas e alumnos dos centros de ensino.
Estas iniciativas de formación foron realizadas en 60 centros de A Coruña, Lugo e Vigo a través dun proxecto denominado Promoción da Educación Inclusiva e de Soporte á Atención ao Alumnado con Necesidades Específicas por Motivos da súa Discapacidade que financia a confederación estatal COCEMFE a través dos fondos que lle chegan do 0,7% do IRPF, coñecido como X Solidario.
Segundo informa COGAMI, o proxecto estableceu unha rede de titoras ou titores tecnolóxicos de apoio ao profesorado para a atención do alumnado con necesidades específicas, con apoio das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). O obxectivo foi “promover melloras na aprendizaxe e previr o fracaso e/ou abandono escolar nos ciclos formativos obrigatorios e non obrigatorios, grazas á introdución de metodoloxías e tecnoloxías inclusivas nos centros educativos que favorezan a autonomía persoal do alumnado”.
Esta rede de titorías encargáronse tamén de “motivar, sensibilizar, acompañar, informar e formar no manexo das tecnoloxías inclusivas ao profesorado que tiña nas súas aulas estudantes que requiren este tipo de soporte”. Ademais, tamén se impartiron contidos ao profesorado para mellorar o coñecemento sobre as tecnoloxías e dispositivos de apoio necesarios para casos concretos, así como as diferentes solucións de accesibilidade para dispositivos a través do software.
A Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial veñen de impulsar un nova edición, a terceira, do Coworking de Barro, un espazo para o traballo innovador e colaborativo do que abrollan, cada ano, importantes proxectos tecnolóxicos e/ou liderados por mulleres (máis da metade das iniciativas). A nova convocatoria foi dada a coñecer pola presidenta da entidade provincial, Carmela Silva, que lembrou que o Coworking de Barro serviu entre outras cousas para alentar a posta en marcha (xa) de 35 iniciativas novas de mercado. A nova edición comezará o 5 de febreiro e rematará a finais de xuño.
Tal e como sinalou Carmela Silva, “trátase dun proxecto dirixido ás emprendedoras e emprendedores que teñan un proxecto en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente”. Tamén lembrou que a través desta iniciativa, que conta cun orzamento de 800.000 euros, a Deputación de Pontevedra pretende “fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos de negocio que participen destes espazos de traballo colaborativo, nun período de cinco meses”.
Silva engadiu que as persoas que participen nesta nova edición terán acceso a 100 horas de formación, concretamente 45 horas de obradoiros formativos, 15 horas de dinámicas grupais, 20 horas de titorías individualizadas coa persoa mentora do proxecto, 10 horas de asesoramento experto e 10 horas de soporte e seguimento. O programa rematará cunha xornada de demostración, un DemoDay, no que as e os participantes presentarán individualmente os seus proxectos.
As emprendedoras e emprendedores tamén poderán acceder a outros servizos de emprendemento promovidos pola Deputación. De feito, en Barro poderán facer uso, de maneira gratuíta, do FabLab ou Laboratorio de Fabricación Dixital, onde se dispón dun completo equipamento de fabricación dixital (impresoras 3D, escáneres 3D, kits de Arduino, fresadora de madeira, soldadores de electrónica, material electrónico diverso, utillaxe, etc.) e no que se leva a cabo, regularmente, un completo programa de accións formativas específicas para familiarizar ás/aos profesionais con estas tecnoloxías.