A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o xoves 28 de marzo o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria enviada ao Diario Oficial de Galicia e que sairá publicada previsiblemente o mércores 27 de marzo, con preto de 600 prazas en diversas localidades de Galicia
Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
Estes serán os lugares, días e horas de realización das probas, donde poderedes inscribirvos a partir do xoves 28 de marzo nas ligazóns que se habilitarán enriba do nome de cada localidade.
É importante resaltar que soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos os que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.
O obxectivo desta sesión é presentar FacturaScripts (presente no CDTIC virtual), un programa fácil, de software libre, accesible e potente, que permite levar ao día a contabilidade da empresa sen moito esforzo, xa que xera ao momento todo o necesario para que vostede se centre no seu negocio. Conforme fai as facturas ou albarás, dá de alta os clientes ou provedores, engade os produtos ao catálogo e xera os asentos contables. No mesmo proceso calcúlanse os prezos de custo ou asígnanse os de venda. Tamén é un excelente programa para facer orzamentos e permite, cun par de clics, convertelos en pedidos, albarás ou facturas, co que aforra tempo de xestión.
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza o día 3 de abril, en horario de 16.30 a 18.30, nas súas instalacións de Santiago a sesión demostradora “Xestiona o día a día da túa empresa con Facturascripts” (https://cdtic.xunta.gal/facturascripts2019).
O obxectivo desta xornada é presentar FacturaScripts, un programa fácil, accesible e potente, que permite levar ao día a contabilidade da empresa sen moito esforzo. Da man da consultora informática Ítaca Software Libre, explicarase ás persoas asistentes o funcionamento básico dos módulos de FacturaScripts e exporase un caso de xestión empresarial, ademais de realizar un exercicio de carácter práctico.
Para participar na xornada cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/) ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.
FacturaScripts é unha das ferramentas informáticas dispoñibles para as empresas no CDTIC Virtual e está deseñada para axudalas na planificación dos seus recursos empresariais e na administración da relación coa clientela.
Entre as funcionalidades máis destacadas desta aplicación atópanse a capacidade de engadir, segundo estamos a crear unha factura ou un albará, clientes á nosa lista, produtos ao noso catálogo e mesmo xerar asentos contables; a realización de cálculos automáticos de prezos e custos de venda; ou a capacidade de xerar orzamentos que posteriormente se poden converter en pedidos, albarás e/ou facturas. Trátase dunha ferramenta completamente accesible dende calquera dispositivo que teña un navegador web que conta tamén cun amplo catálogo de plugins e unha activa comunidade de colaboradores.
O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.
Xa vai quedando menos para o Carballo Interplay, o festival bergantiñán de contidos dixitais e webseries que se celebra a vindeira semana. Onte celebrouse no consistorio a presentación da sexta edición do festival, na que se fixo fincapé na relevancia do certame a nivel galego e estatal: é o máis importante da súa temática nos dous devanditos niveis. Tamén se destacou a calidade da sección oficial (con referenciais webseries procedentes de todo o mundo: 34) e máis os esforzos postos para conseguir un programa ateigado de actividades: encontros, obradoiros, relatorios e espectáculos nos que “aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet”.
Amais, púxose o foco no carácter accesible do Carballo Interplay, cuxas actividades son novamente de balde e de entrada libre para todos os seareiros (até completar aforo) agás a formación e a programación profesional, para as que hai que inscribirse previamente. O concelleiro de Promoción Económica da vila, Xosé Regueira, dixo que “grazas ao Interplay, o nome de Carballo é coñecido e recoñecido en moitos ámbitos e en moitas latitudes”. Pola súa banda, o alcalde da localidade, Evencio Ferreiro, abundou na capacidade do evento para conquistar ao público “de Carballo, de Galiza e de máis alá”. Amais, a directora do Interplay, Sonia Méndez, explicou que na sección oficial do festival o público poderá ver unha selección de 34 webseries de todo o mundo e que, no programa de actividades, contarase coa presenza (por primeira vez en Galicia) das cómicas arxentinas Malena Pichot e Charo López, “referentes no sector dos contidos dixitais e no feminismo”, que son quen de congregar a millóns de seguidoras e seguidores nas redes sociais e que ofrecerán no festival un espectáculo “de humor con trazas de musical fallido”, Hermostra, o venres 5 de abril no Pazo da Cultura de Carballo.
Pola súa banda, María Yáñez, responsable de actividades do Interplay, recordou que o festival pon o foco, “unha vez máis”, nas mulleres creadoras. Por este motivo, xuntará tres nomes de referencia no audiovisual dixital, Anabel Lorente, Lula Gómez e Rocío Quillahuaman, que falarán de até que punto a sororidade nas redes une e fai máis fortes a mulleres de todas as idades e de todo o mundo. Manuel Bartual e El Hematocrítico, a familia Prieto Flores ou David Sainz e Teresa Segura son algúns dos nomes propios que completan o programa desta edición. Yañez explicou, tamén, que na súa sexta edición o Interplay seguirá a apostar pola creación de series web en Galicia a través de dúas das súas iniciativas: o Campamento Kamikaze que se desenvolverá dende comezos de semana en Razo e o Premio a proxectos de webserie en galego, cuxos finalistas déronse a coñecer onte mesmo. A comedia Válgame Deus! dirixida por Rubén Rodríguez e protagonizada por David Perdomo; a serie futurista Amnesia das novísimas Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin; a resposta ás fake news que propón A mafia da verdade, de Cristina Moreira; e a historia do peculiar millenial Xan, de Lucía Estévez e Miguel Canalejo, competirán no pitching público que terá lugar o xoves 4 no auditorio da Casa da Cultura de Carballo, perante o xurado formado por Sandra Lesta, Nati Juncal, Enrique Lojo e Xosé Regueira.
Amais, polo Interplay pasarán Marcos López, creador dunha das canles máis populares do Youtube en galego, Telejaita; Miguel Silva Conde, gañador do premio Youtubeir@s 2018 con Aquel-e; Laura Cruxeiras, que triunfa nas redes facendo cancións, humor e reivindicación feminista co dúo Branca e Tinta; o artista coruñés Edu Fernández, a medio camiño entre a videocreación, a parodia e a seriedade de calquera youtubeiro profesional que se fixo viral en 2015 con Chica de la Coru; a crítica feminista e queer Olaxonmario; a xornalista da TVG Alba Mancebo; e mais a actriz e presentadora María Mera, moi activa nas redes sociais, nas que se converteu nunha verdadeira influencer da maternidade. Tamén compartirán as súas experiencias na rede as actrices Lucía Regueiro, María Vázquez e Iria Sobrado, entre outras.
Quen queira videoxogos, empregalos, desfrutalos, falar deles ou mesmo crealos, vai ter unha boa oportunidade para facer todo isto esta fin de semana, en Lugo, grazas ao encontro Ludus Gaming Festival, en palabras do Concello e Ebone, organizadores do evento, cita indispensable para os seareiros das aventuras gráficas, das consolas e do lecer dixital en calquera das súas manifestacións. Ludus Gaming Festival celebrarase na Casa do Deporte o venres, 29 de marzo, de 17:00 a 22:00 horas, o sábado 30 de marzo, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo, 31, de 11:00 a 20:00 horas.
A cita está enmarcada na programación do Concello para potenciar as novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ao mundo dixital, e está aberto tanto á mocidade como a público familiar que queira gozar co lecer dixital.A cita foi presentada a semana pasada pola edil de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, quen fixo fincapé en que se trata dunha xuntanza de balde e que un dos seus obxectivos fundamentais é poñer o foco (e salientar) o papel educativo, desenvolvedor e enriquecedor do videoxogo, que é algo máis que unha actividade lúdica, posto que formarnos neste eido (como programadores, deseñadores, artistas, guionistas, etc) introdúcenos en contornas de traballo moi innovadoras e ábrenos grandes oportunidades profesionais e de emprendemento. A isto cómpre engadir o potencial dos videoxogos e das súas metodoloxías como instrumentos de utilidade para todo tipo de contribucións formativas e de ensino: o que se coñece como gamificación.
O Concello prevé, esta fin de semana, a participación de internautas e video-xogadoras/es procedentes de toda España, uns 5.000 asistentes a este festival. En termos máis concretos, a cita contará con tres grandes áreas. Por unha banda, unha área formativa e lúdica, que busca poñer a disposición da veciñanza “unha serie de propostas formativas que permitan o acceso ao coñecemento de novas tecnoloxías dende unha perspectiva teórica-práctica, que satisfaga ademais o desexo de aprender e facilite a oportunidade de experimentar e probar in situ os elementos que compoñen unha aproximación á tecnoloxía e aos xogos”. A segunda área é a divulgativa, técnica e de demostración, que ten o obxectivo de fornecer ao público de datos relevantes sobre tendencias, produtos e recursos da tecnoloxía. A maiores, activarase un espazo libre (free zone) que configurará un emprazamento específico para o xogo de balde.
Estas son as oito zonas nas que se artellan as tres devanditas áreas: zona torneos (con catro torneos e co obxectivo de que participen até 1.500 xogadores e xogadoras), zona obradoiros (acollendo un taller de programación e de voo de drons e un obradoiro de robótica), zona free play (con máis de 20 postos de xogo para distintas videoconsolas: PS4, Xbox One ou Nintendo Wii), zona retro arcade (configurada en modo de xogo libre, asistida por monitores que orientarán aos asistentes, e contando con ata 6 postos retro con máis de 1.500 videoxogos arcade vintage), zona simulador e VR (onde o público poderá gozar de experiencias racing car con ata 4 simuladores e xogos de realidade virtual aumentada con outras 4 simuladores de realidade virtual), zona animación, zona filmoteca-visualización (organizarase nas xornadas de venres e sábado sesións-marathon nas que se poderán ver diferentes contidos audiovisuais relacionados con StarWars, Marvel ou Hero) e zona mainstage (un escenario acompañado dunha pantalla LED onde terán lugar algunhas das accións descritas anteriormente).
Asemade, haberá un área Food & Truck no exterior do pavillón (con servizo de comida) e unha ocioteca.
Respecto do programa, contará coa presenza de referenciais youtubers e videogamers. En concreto, formarán parte do evento ZormAn, con máis de 1,4 millóns de subscritores na súa canle, Álex Alguacil, campión do mundo de PES e Aidy García Cortés, que conta con máis de 19.000 seareiros en Twitter e é xogador do club Giants Gaming.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na apertura da xornada formativa Educación Dixital, dirixida ao profesorado de todos os niveis educativos e incluída dentro da estratexia Edudixital 2020. O lema da xornada, en conmemoración do 50 aniversario da chegada á Lúa, e en relación aos avances en materia educativa e o esforzo e traballo docente, foi Un pequeno paso é un gran paso.
A titular do departamento educativo da Xunta salientou a importancia da capacitación tecnolóxica do noso alumnado, en especial de fomentar as vocacións STEM entre as rapazas para rematar coa fenda dixital de xénero, un dos principais obxectivos da Consellería. Así mesmo, indicou que no contexto da educación dixital outro dos retos do seu departamento é o de axudarlle “ao noso alumnado, nativo dixital, a utilizar a tecnoloxía ao seu favor e a tirar proveito de todo o seu potencial, mellorando tamén a convivencia nos espazos virtuais nos que socializa con naturalidade, e nos que precisa ferramentas que o axuden a construír e protexer a súa identidade dixital”.
A conselleira explicou que é necesaria a colaboración de toda a comunidade educativa para acadar os devanditos obxectivos e, moi particularmente, a de docentes como os que participan hoxe na xornada, que axudan a descubrir, canalizar e potenciar o talento individual. Neste sentido Carmen Pomar salientou a importancia de xerar e motivar procesos de aprendizaxe no alumnado e promover un ambiente propicio na escola que permita formar a nenas e nenos “para un mundo laboral no que o 65% dos empregos que se van desempeñar aínda non existen”.
A xornada, que se celebra no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, mestura conferencias, obradoiros, aulas abertas e presentación de experiencias de centros de toda Galicia arredor do emprego das novas tecnoloxías no ensino. Organizada polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), ten como obxectivo reforzar as competencias profesionais docentes en relación coas tecnoloxías da información e a comunicación. Deste xeito, o evento permite que o profesorado actualice os seus coñecementos neste eido, comparta boas prácticas, experimente con novos dispositivos e metodoloxías e reflexione sobre as implicacións sociais e educativas do uso das novas ferramentas.
O evento conta coa participación de persoas divulgadoras, docentes e formadoras que presentarán boas prácticas e formas concretas de usar as TIC para apoiar e realzar o proceso de ensino-aprendizaxe e para empoderar ao alumnado. Deste xeito, o relatorio inicial, INSPIRA STEAM. Nunca permitas que a imaxinación limitada dos demais te limite, corre a cargo de Lorena Fernández; mentres que Juan Francisco Álvarez abordará o kit básico do docente competente dixitalmente e Pedro Cifuentes será o encargado da conferencia Sentido da marabilla, motor educativo do século XXI. Pola súa parte, Beatriz Calavia impartirá dúas charlas arredor dos ciberdelitos e da identidade e reputación dixital, na modalidade de ‘sala aberta’, un espazo para o debate e a reflexión onde os participantes poden compartir o seu punto de vista de xeito máis ou menos informal sobre un tema dado.
No referido aos obradoiros, Marco Vélez afondará na edición de vídeo e o chroma key, Pedro Cifuentes na narrativa gráfica en contextos dixitais e Andrea Doural amosará a posibilidade de vivenciar un xogo de fuga no terreo educativo a través da figura de María Victoria Moreno.
Canto ás experiencias de centro, presentarán as súas o CPI As Mirandas (Ares), o CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños), o CIFP Ferrolterra (Ferrol), os CPR Santa Xoana de Lestonnac e Sagrado Corazón (ambos de Ferrol), o IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela), o CPI Ramón Piñeiro (Láncara), o IES Ribadeo Dionisio Gamallo (Ribadeo), o CEIP Valle-Inclán (O Grove), o CEIP Noalla (Sanxenxo), o CEIP Frián-Teis (Vigo) e os IES do Castro e Álvaro Cunqueiro (ambos da cidade da oliveira).
A aceleradora de contidos dixitais Startups R Dico Challenge, impulsada polo operador galego e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ponse en marcha cos cinco proxectos selecccionados polo comité evaluador do programa (2 representantes de R e 2 da Amtega, coa colaboración e asesoramento da CRTVG, que mentorizará un dos retos).
As cinco iniciativas dan resposta aos retos lanzados a final de ano para ofrecer solucións en retransmisións de eventos deportivos, aplicacións para Android TV, contidos formativos innovadores e Big Data aplicado ao consumo televisivo. Entre os obxectivos principais da aceleradora están o rendibilizar a medio prazo as solucións que xurdan e axudarlles a atopar unha saída áxil e eficaz no mercado, mesmo con R como primeiro cliente.
En resposta ao reto 1, enriquecemento de retransmisións de eventos deportivos, o proxecto elixido foi Futboleando.Gol, de M International. O piloto, ‘mentorizado’ por Diego Rodríguez Devesa, responsable de contidos televisivos de R, propón un servizo de retransmisión automatizada en diferido de partidos de fútbol basee, integrado coa plataforma de distribución de contidos de R e do grupo Euskaltel.
Na contorna do reto 2, aplicacións para Android TV, foi seleccionado o proxecto Brain Games TV, promovido por Cuicui Studios e ‘mentorizado’ por Antonio Rato, responsable de televisión na área de Innovación de R e do grupo Euskaltel. A proposta é desenvolver unha aplicación de Android TV de xogos de Brain Training adaptados ao formato televisivo, integrada na plataforma de R.
Para o reto 3, contidos formativos e divulgativos innovadores, escolleuse o proxecto de Adiviña Producións, FVR- Fila de Realidade virtual. ‘Mentorizado’ por Leticia Sánchez, directora de Televisión do grupo Euskaltel, FVR contempla o desenvolvemento dun servizo viable de retransmisión en diferido de contidos culturais, especificamente teatrais, integrado na plataforma de contidos de R e baseado en tecnoloxías de realidade virtual en 180º.
No reto 4, Big Data aplicado ao consumo televisivo, o comité evaluador decidiuse pola proposta de Mario Pérez, Visualización Big Data, que ‘mentoriza’ Esther Medina, Xefa do servizo de Innovación na contorna dixital da CRTVG. O proxecto consiste na posta en marcha dun sistema de recolección e análise masivo de datos orientado á mellora da programación televisiva.
Finalmente, no apartado de reto aberto escolleuse FaceIDNN, promovido polo centro tecnolóxico Gradiant e ‘mentorizado’ por José Cadavid, responsable de Plataforma e Big Data do grupo Euskaltel. Neste caso, a idea é desenvolver un piloto dun sistema de retención/fidelización (onboarding) de novos clientes utilizando tecnoloxías de recoñecemento facial que eviten a suplantación de identidade (anti-spoofing) para confirmar automaticamente a identificación dos usuarios.
Os elixidos terán á súa disposición os seus respectivos mentores e poderán optar á axuda económica da Amtega para afrontar os gastos cotiáns durante o desenvolvemento das propostas. Tamén poderán utilizar en todo momento o espazo startups R habilitado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura con este fin, traballarán man a man con R, terán acceso á súa infraestrutura e modelo de negocio e beneficiaranse do uso das instalacións e a visibilidade derivada de camiñar á beira do operador galego durante este tempo.
Ademais, R converterase para eles nun potencial primeiro cliente e nun trampolín orientado a outras saídas comerciais ao mercado. Quen desenvolva o reto patrocinado pola CRTVG contarán, pola súa banda, cun mentor da entidade e cos seus medios e infraestruturas.
Esta primeira edición de startups R DiCo Challenge pecharase cunha xornada “Demo Day” a finais do verán, onde os cinco participantes mostrarán os avances conseguidos. Finalmente abrirase, para os proxectos, un período de saída progresiva da aceleradora.
O programa startups R_DiCo Challenge enmárcase no Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia (DICo Mindset), que ten entre os seus obxectivos establecer colaboracións entre empresas para abordar retos tecnolóxicos e definir novos contidos audiovisuais que poidan rendibilizarse noutros mercados, ademais de lograr a visibilidade necesaria para o sector.
A Fundación Vodafone España convoca a XIII Edición dos seus "Premios Vodafone á Innovación" co obxectivo de promover e desenvolver proxectos de innovación en TIC para mellorar a calidade de vida de sectores da poboación que se atopen nunha situación de vulnerabilidade ou nunha posición de risco de caer na exclusión social.
A finalidade da convocatoria é a de apoiar a aparición de servizos innovadores, especialmente dirixidos ao beneficio dos devanditos grupos, que poidan ter unha ampla repercusión polo seu interese, novidade e potencialidade na promoción da transformación dixital, así como a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas.
A Fundación Vodafone España convoca a XIII Edición dos seus "Premios Vodafone á Innovación" co obxectivo de promover e desenvolver proxectos de innovación en TIC para mellorar a calidade de vida de sectores da poboación que se atopen nunha situación de vulnerabilidade ou nunha posición de risco de caer na exclusión social.
A finalidade da convocatoria é a de apoiar a aparición de servizos innovadores, especialmente dirixidos ao beneficio dos devanditos grupos, que poidan ter unha ampla repercusión polo seu interese, novidade e potencialidade na promoción da transformación dixital, así como a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas.
Os premios clasificaranse nas seguintes categorías:
Poderanse presentar proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos en calquera soporte (app, web, plataforma...). Terán que terminar a súa fase de definición e estar listos para comezar a súa fase de execución, ou comezala xa na data de entrega.
Cada un dos premios están dotados con 15.000 euros e unha escultura conmemorativa.
Ademais, a categoría "Connecting for Good" será premiada con presenza no Mobile World Congress 2020.
A estes premios poden presentarse proxectos desenvolvidos en España desde o ano 2017 e ata a data da convocatoria e que non fosen premiados noutras convocatorias da Fundación Vodafone España.
O prazo para a presentación de proxectos estará aberto ata o 21 de xullo de 2019.
Bases desta edición, formulario para presentar candidaturas e instrucións.
Un xurado formado por personalidades da Administración, a investigación e a empresa valorará o carácter innovador da solución, o público obxectivo que se podería ver beneficiado e a súa posible escalabilidade a outros grupos vulnerables, e a súa sustentabilidade técnica e económica.
O fallo do xurado notificarase antes do 20 de setembro de 2019.
Microsoft anunciou unha nova edición do seu programa AI for Good, un concurso no que a compañía recoñece os proxectos máis interesantes baseados na intelixencia artificial dirixidos a lograr un mundo máis accesible e máis sustentable.
Os proxectos que participan neste concurso deben ir dirixidos a empoderar ás persoas con discapacidade ou a mellorar a sustentabilidade ambiental.
Desta forma, Microsoft busca nova tecnoloxía que axuda ás persoas con discapacidade e impulse a súa inclusión en todos os ámbitos: social, familiar e laboral.
En edicións anteriores destes premios foron premiadas iniciativas tan interesantes como Seeing AI, un programa que identifica os obxectos que captan as cámaras dos teléfonos móbiles para axudar a persoas con discapacidade visual.
Os que queiran participar nesta edición de AI for Good teñen de prazo ata o próximo 24 de abril para presentar os seus proxectos.
O xurado elixirá os máis destacables baseándose nun 50% na orixinalidade da idea, nun 20% na súa viabilidade e nun 30% na complexidade para a súa implantación.