main content

main content
15/03/201908:03
Transformación dixital.
Santiago de Compostela

Mar Pereira presenta os datos do Hipersector TIC no parlamento

  • En 2017 as empresas tecnolóxicas e de contidos galegas exportaron bens por valor de 105 millóns de euros fronte aos 50,7 millóns de euros rexistrados en 2013
  • A directora da Amtega destacou no Parlamento a importancia das alianzas coas grandes empresas tecnolóxicas para impulsar a internacionalización dun sector integrado nun 82% por micropemes
  • Lembrou a sinatura en 2013 do Pacto Dixital para favorecer esta busca de mercados fóra da Comunidade e o desenvolvemento de proxectos tractores innovadores
  • O número de empresas do Hipersector TIC en Galicia rexistrou un crecemento sostido desde o ano 2013 de case un 10%
  • Mar Pereira subliñou o número de empresas e traballadores acadados no último ano, con máis de 23.300 empregados e 3.474 empresas rexistradas
  • Trátase do maior volume de emprego do últimos cinco anos e supón a incorporación ao sector de 1.335 traballadores novos no último ano

 

En 2017 as exportacións de bens do Hipersector TIC en Galicia supuxeron uns ingresos de máis de 105 millóns de euros, o dobre do rexistrado catro anos antes, en 2013 con 50,7 millóns de euros. Son parte dos datos expostos onte pola mañá no Parlamento de Galicia pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

A máxima responsable da política tecnolóxica da Xunta destacou que a Administración autonómica leva impulsando a dixitalización da Comunidade desde 2009 coas medidas e plans recollidos na súa Axenda Dixital nun marco de colaboración público-privada co sector tecnolóxico.

Neste sentido Pereira lembrou que a Xunta traballa directamente con máis de 100 provedores tecnolóxicos, entre os que hai empresas galegas, nacionais e multinacionais, desenvolvendo diferentes iniciativas de calado para a dixitalización dos servizos públicos, da economía e da inclusión e a capacitación dixital da sociedade.

 

Pacto Dixital

Destacou o papel da Administración como catalizador do sector e a importancia entre as sinerxias e a colaboración entre as empresas como elemento clave na busca de novos mercados e no crecemento do sector tecnolóxico galego. Neste sentido lembrou que en 2013 a Xunta asinou co Cluster TIC de Galicia e outras 13 empresas galegas, nacionais e multinacionais un Pacto Dixital para atraer investimento á Comunidade, impulsar a colaboración entre as grandes e pequenas empresas para favorecer a internacionalización destas últimas e o desenvolvemento de proxectos tractores para economía galega.

 

Cinco anos de crecemento

Pereira destacou a importancia desta colaboración para un hipersector tecnolóxico como o galego cun 82% de empresas de 2 ou menos empregados. A directora da Amtega referiuse na súa intervención ao último informe do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia, que recolle que o crecemento das exportacións no sector en Galicia, o dobre entre 2013 e 2017, así como o incremento de empresas e traballadores.

En 2018 o Hipersector TIC acadou os 23.308 traballadores, o que supuxo 1.335 traballadores no último ano. É a maior cifra de emprego rexistrada polo Hipersector TIC nos 5 últimos anos. O crecemento no emprego no último ano prodúcese, principalmente, no sector TIC que dá emprego a 18.163 traballadores e experimenta un incremento do 7,7% no último ano mentres que o sector Contidos conta con 5.145 traballadores/as e recupera a tendencia ascendente, cun aumento do 0,7% no último ano.

O Hipersector TIC conta actualmente con 3.474 empresas, rexistrando un aumento do 9,9% desde 2013. Estas cifras sitúan a Galicia como a quinta comunidade autónoma cunha maior cifra de empresas deste segmento, unicamente superada por Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana.

 

Incremento do valor engadido bruto e das exportacións de bens

O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumentou un 9,1% no último ano e supera xa os 1.300 millóns de euros. Isto representa un crecemento moi significativo, por primeira vez, nos últimos 6 anos e indica unha tendencia positiva que garda relación co incremento no número de empresas e traballadores/as.

É preciso salientar que este incremento produciuse tanto no sector TIC como no sector Contidos. O VEB do sector TIC achégase ao 1.100 millóns de euros, cun crecemento do 9,4% no último ano. No caso do sector Contidos supera os 211 millóns de euros, cun aumento do 7,6% no último ano.

A actividade económica que acada unha maior cifra de exportación, un ano máis, corresponde á fabricación de equipos de telecomunicacións, acadando o 44,5% das exportacións do Hipersector TIC en Galicia.

15/03/201908:03
Pantalla dun portátil.
Santiago de Compostela

O Hipersector TIC galego duplica o volume das exportacións en catro anos

  • En 2017 as empresas tecnolóxicas e de contidos galegas exportaron bens por valor de 105 millóns de euros fronte aos 50,7 millóns de euros rexistrados en 2013
  • O número de empresas do Hipersector TIC en Galicia rexistrou un crecemento sostido desde o ano 2013 de case un 10%
  • A Comunidade conta, a día de hoxe, con máis de 23.300 empregados e 3.474 empresas TIC e de contidos rexistradas
  • Trátase do maior volume de emprego dos últimos cinco anos e supón a incorporación ao sector de 1.335 traballadores novos no último ano
  • Galicia é a quinta comunidade autónoma cunha maior cifra de empresas deste segmento, só por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valenciana


En 2017 as exportacións de bens do Hipersector TIC en Galicia supuxeron uns ingresos de máis de 105 millóns de euros, o dobre do rexistrado catro anos antes, en 2013 con 50,7 millóns de euros. Son as cifras que sinala o Estudo sobre o Hipersector TIC de Galicia, que aglutina as empresas tecnolóxicas e de contidos da Comunidade, publicado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O informe indica que en 2018 o Hipersector TIC acadou os 23.308 traballadores, o que supuxo 1.335 novos traballadores no último ano. É a maior cifra de emprego rexistrada polo Hipersector TIC nos 5 últimos anos. O crecemento no emprego no último ano prodúcese, principalmente, no sector tecnolóxico que dá emprego a 18.163 traballadores e experimenta un incremento do 7,7% no último ano mentres que o sector de contidos conta con 5.145 traballadores e recupera a tendencia ascendente, cun aumento do 0,7% no último ano.

O Hipersector TIC galego conta actualmente con 3.474 empresas, rexistrando un aumento do 9,9% desde 2013. Estas cifras sitúan a Galicia como a quinta comunidade autónoma cunha maior cifra de empresas deste segmento, unicamente superada por Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana. Do total de empresas o 75,6% realizan actividades no sector TIC e o 24,4% no de Contidos.

 

Incremento do valor engadido bruto e das exportacións de bens
O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumentou un 9,1% no último ano e supera xa os 1.300 millóns de euros. Isto representa un crecemento moi significativo, por primeira vez, nos últimos 6 anos e indica unha tendencia positiva que garda relación co incremento no número de empresas e traballadores. 

É preciso salientar que este incremento produciuse tanto no sector TIC como no sector Contidos. O VEB do sector TIC achégase ao 1.100 millóns de euros, cun crecemento do 9,4% no último ano. No caso do sector Contidos supera os 211 millóns de euros, cun aumento do 7,6% no último ano.

A actividade económica que acada unha maior cifra de exportación, un ano máis, corresponde á fabricación de equipos de telecomunicacións, acadando o 44,5% das exportacións do Hipersector TIC en Galicia. 

 

Distribución do emprego por provincias e xénero
A análise provincial indica que A Coruña, cun 57,2%, e Pontevedra, cun 28,9%, son as que concentran un maior número de traballadores do Hipersector TIC. Nos últimos cinco anos, todas as provincias galegas experimentaron unha evolución positiva. Cabe salientar que dos 1.335 empregados incorporados ao Hipersector TIC no ano 2018, 836 creáronse na Coruña, o que representa un 62,6% dos novos traballadores. 

Respecto á actividade onde se rexistrou o maior incremento de traballadores no último ano, destaca o das “Actividades da tecnoloxía da información e do servizo informativo”, que aumentou un 17,4%, superando os 10.250 empregados. 

A análise do emprego segundo o xénero no Hipersector TIC indica que un 66,1% son homes fronte a un 33,9% de mulleres. Esta fenda de xénero faise máis patente no sector TIC, no que a porcentaxe de mulleres é do 31,6% mentres que no sector contidos, as mulleres representan o 41,9%. O crecemento durante o ano 2018 segundo o xénero foi do 6,8% no caso dos homes e do 4,7% para as mulleres.

14/03/201909:03
Participantes no acto.
Madrid

As administracións están obrigadas a implementar a normativa de accesibilidade de webs e apps do sector público

  • Así o puxo de relevo a profesora da Universidade de Granada Esperanza Alcaín, autora xunto á doctoranda María Asunción Arrufat dunha guía práctica sobre a aplicación da lexislación en materia de accesibilidade de webs e aplicacións móbiles do sector público.

 

A profesora titular de Dereito Civil da Universidade de Granada e patroa da Fundación Dereito e Discapacidade, Esperanza Alcaín, sinalaban o pasado luns que "as administracións non só están obrigadas a implementar a normativa en materia de accesibilidade de webs e aplicacións móbiles do sector público, senón que tamén teñen que esixir o seu cumprimento a toda a sociedade".

Así se manifestou esta experta durante a presentación dunha guía xurídica e técnica de orientación para o cumprimento do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, co que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva (UE) 2016/2102, do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, sobre a accesibilidade de webs e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público, que inclúe a Administración Xeral do Estado, administracións autonómicas e locais, as entidades públicas e privadas dependentes delas, as universidades públicas, a Administración de Xustiza, o Congreso dos Deputados, o Senado, o Consello de Estado, o Consello Económico e Social, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Constitucional, o Tribunal de Contas, o Defensor do Pobo e o Banco de España, entre outros.

A obra foi publicada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e pola Fundación Dereito e Discapacidade e foi elaborada pola profesora Esperanza Alcaín e por María Asunción Arrufat, doctoranda na Universidade de Granada e especialista en accesibilidade universal. O acto de presentación foi na sede de Servimedia, e contou coa participación, ademais das autoras da guía, do presidente do CERMI, Luís Cayo Pérez Bueno, e do director do Centro de Tiflotecnoloxía e Innovación da ONCE, (CTI), Guillermo Hermida. O encontro foi conducido polo director xeral da axencia de noticias, José Manuel González Huesa.

A profesora Esperanza Alcaín explicou que se propuxo elaborar a guía para facilitar o cumprimento da lexislación, "facilitando así que se poidan cumprir os prazos, porque non só contén información xurídica, senón tamén criterios técnicos para que as webs e apps sexan accesibles". Ademais, reclamou que se dea formación aos traballadores de todas as administracións para que se coñeza a normativa e que deste xeito se poida cumprir a accesibilidade das webs e tecnoloxías.

María Asunción Arrufat destacou como un dos avances máis importantes da lexislación o feito de que as administracións estean obrigadas a poñer en marcha unha canle a través do cal as persoas con discapacidade poidan solicitar información sobre os seus criterios de accesibilidade, pedir material accesible ou expor queixas e suxestións sobre accesibilidade das webs. "As persoas con discapacidade necesitan a accesibilidade, e iso é algo que se ten que garantir. Esta guía é próxima e sinxela para aplicarse", engadiu Arrufat.

 

"Morte social" se a accesibilidade das webs e das tecnoloxías non se cumpre

Pola súa banda, o presidente do CERMI comentou que "a transformación dixital é profundamente liberadora e emancipadora para as persoas con discapacidade, pero para iso, ten que estar concibida e aplicada en clave de accesibilidade universal", debido a que pola contra, aumenta a fenda dixital, conseguindo o efecto contrario. "En certa maneira, a exclusión das novas tecnoloxías é a morte social para as persoas con discapacidade, porque se nos priva dun ben fundamental na sociedade, tanto no presente como no futuro", aseverou.

Na súa opinión, a normativa actual introduce avances importantes, "a pesar de que queda camiño por percorrer". Entre estes aspectos positivos atópase o feito de que por primeira vez se estendan as obrigacións ás aplicacións móbiles, algo que só afectaba antes as páxinas webs e ás redes sociais. Así mesmo, subliña que coa nova Lei de Contratos do Sector Público, as administracións xa non poderán contratar servizos que non sexan accesibles. Agora, segundo expuxo Pérez Bueno, débese esixir que se cumpran os prazos "e cando se vulneren os dereitos, as persoas con discapacidade, as familias e as organizacións poden denunciar".

Por último, o director do CTI fixo tamén fincapé na relevancia de que as apps móbiles tamén estean incluídas nas obrigacións legais, porque segundo indicou, realízanse cada vez máis operacións a través de dispositivos móbiles. Ao seu xuízo, débese garantir a accesibilidade de todas as opcións, para que as persoas con discapacidade tamén poidan elixir libremente como queren conectarse en cada momento.

Guillermo Hermida fixo un chamamento para que cando se cre unha web ou unha app se teña en conta desde o principio o deseño para todas as persoas. "Hai que acabar con mitos como que a accesibilidade é cara, porque cando se fai desde o comezo, non é así. O caro é facer unha web non accesible e logo refacela para incluír criterios de accesibilidade", concluíu.

14/03/201908:03
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

Convocado o X Premio PFC e Mestrado en Enxeñaría Informática cunha dotación económica de 1.000 € para o gañador

  • Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta
  • Poderanse presentar traballos ata o 10 de maio e o premio entregarase no marco da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 28 de xuño en Santiago de Compostela

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a décima edición do Premio Proxecto Fin de Carreira e Mestrado en Enxeñaría Informática. O galardón quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados ou mestrados en Enxeñaría en Informática.

Tal e como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros en informática que presentaran nunha universidade galega o proxecto fin de carreira da Enxeñaría en Informática ou o traballo fin de Mestrado en Enxeñaría Informática nos anos 2017, 2018 e 2019. Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do proxecto, resumo e memoria completa do mesmo) ata o día 10 de maio ao seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal. As bases e o formulario para presentar a candidatura están xa dispoñibles no portal www.cpeig.gal.

Mediante a organización deste premio, o Colexio profesional busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes. Os tres finalistas terán dereito a un ano de colexiación gratuíta e a asistir de balde á "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia". O gañador ou gañadora recibirá, ademais, unha gratificación económica de 1.000 euros. Unha comisión experta, integrada por representantes do CPEIG e das tres universidades galegas, valorará os proxectos recibidos e seleccionará o traballo gañador.

 

Noite da Enxeñaría en Informática

A convocatoria realizada polo CPEIG insírese nos premios da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que o Colexio organizará o día 28 de xuño en Santiago de Compostela. Este evento anual, ademais de representar un punto de encontro entre todos os colexiados, conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector.

14/03/201908:03
Cartel do evento.
Redondela

Redondela acolle esta semana dúas charlas do CPEIG sobre Internet segura

Concello de Redondela (a través do Departamento de Ensino e de Novas Tecnoloxías) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) van organizar esta semana dúas charlas de balde sobre Internet segura e sobre as mellores maneiras que nais, pais, profesorado e escolares teñen de garantila no seu quefacer dixital diario. As sesións celebraranse o xoves, día 14, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira (Paseo Xunqueira, s/n) ás 20:00 horas, e o venres, día 15, no Auditorio do Multiusos Piñeiral do Crego (Camino do Piñeiral, 22. Chapela) ás 20:00 horas.

O vogal da xunta de goberno do CPEIG, Iván Luis Vázquez, será o experto enxeñeiro informático que impartirá as conferencias, destinadas principalmente “a promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, poñendo o foco na nenez e na mocidade”. A xeito de adianto do miolo da charla, Iván Luis Vázquez salienta a importancia da ciberseguridade, a privacidade e o uso seguro das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na contorna dos menores, co obxecto de protexer a súa reputación na contorna dixital, e polo tanto, na súa vida cotiá. “Os pais ou titores deben manter un diálogo aberto cos seus fillos, educándoos no uso seguro e positivo da tecnoloxía e actuando como referentes de comportamento dixital”, sinala, facendo fincapé na importancia de que a rapazada conte con supervisión para as súas experiencias en liña, sobre todo en idades temperás, co fin de axudar aos menores a “identificar que contidos non son os axeitados para eles, todo isto grazas ao apoio e indicacións dos seus pais ou titores”.

O CPEIG aproveitou a organización destas xornadas en Redondela para lembrar algunhas recomendacións que debemos ter en conta: 

  • Cómpre instalar un bo antivirus. É unha ferramenta imprescindible para un correcto funcionamento dos equipos cando estean conectados a Internet. E na era dos móbiles, as solucións de antivirus tamén deben exportarse a estes dispositivos para facer fronte ás continuas ameazas dirixidas aos usurarios. 
  • Debemos actualizar cada pouco os equipos. De forma habitual xorden ameazas e non hai máis remedio que instalar as actualizacións ou parches de seguridade en canto estean dispoñibles. É unha boa maneira de protexerse contra virus, ameazas e vulnerabilidades de última xeración, sinala o CPEIG 
  • Contrasinais e sistemas de protección seguros. Cada vez estamos rexistrados en máis páxinas e servizos. Debemos lembrar que os contrasinais teñen que ser distintos para cada un dos servizos. “É importante tamén usar claves complexas, que conteñan minúsculas, maiúsculas, números e letras”, explica o colexio, engadindo que “como método de axuda”, podemos usar un xestor de contrasinais para manexar todas as claves con máis comodidade.
  • Engadir controis parentais. Os máis pequenos tamén se conectan a Internet. Así que deben estar advertidos sobre as ameazas que poden atoparse en liña. Para o colexio, “é importante axudalos a distinguir entre páxinas e ofertas enganosas, das que non o son; os controis parentais poden resultar moi útiles para impedir que nenos e adolescentes accedan a sitios web non axeitados”. Tamén están indicados para limitar o tempo que pasan conectados á Rede. 
  • Usar as redes sociais con cabeza. Os usuarios de redes sociais deben ter coidado co que comparten nelas, xa que non é conveniente compartir información persoal, incluíndo imaxes privadas, enderezos postais ou números de teléfono, levando un control exhaustivo das amizades e en redes sociais.
14/03/201908:03
Participantes no Foro Tecnolóxico de Emprego.
Vigo

Comezou na UVigo o Foro Tecnolóxico de Emprego con máis de medio cento de empresas participantes

Xa está aquí a nova edición, a número 19, da gran cita galega da oferta e a demanda de profesionais da innovación. Estamos a falar do Foro Tecnolóxico de Emprego, en cuxa nova entrega van ter parte activa máis de medio cento de empresas, desde o 13 ata o 15 de marzo. Unha vez máis e como non podía ser doutro xeito tendo en conta que se trata dunha feira tecnolóxica, boa parte das firmas participantes (moitas delas galegas) son do sector das novas tecnoloxías ou de sectores lindeiros, por exemplo Indra, Marine Instrument, EDF Solar, Applus+, Ernst&Young, Televés, Everis, Altia, Deloitte, Quobis ou Imatia, entre outras.

A edición 2019 da cita, organizada polo alumnado das tres escolas de enxeñaría do Campus de Vigo, inaugurouse coa arela de ir alén das cifras de participación de anteriores anos, tanto no que se refire ás empresas e os profesionais que interveñen nela, como aos estudantes que a visitan, como ao alumnado implicado no equipo organizador (este ano composto por máis de 70 alumnas e alumnos). Segundo explican os impulsores do foro, facendo reconto, o curso pasado recolléronse arredor de 2.500 currículos e a expectativa, como dixemos, é superar esta cifra. Nesta edición participan 34 empresas con expositor propio, e a elas súmanse outras tantas na organización de diferentes charlas, conferencias, obradoiros, etc. Entre as novidades do programa, este ano apostouse nos encontros entre empresas e estudantes polo formato do recrutamento rápido, segundo explican os organizadores “o último en selección de persoal”, un formato no que as alumnas e alumnos “dispoñen unicamente de dous minutos para falar coa empresa e, ao rematar, pasar á seguinte”.

As actividades arrancaron a primeira hora da mañá con varias charlas formativas (como facer un bo currículo, como mellorar as habilidades de comunicación...) e ao mediodía abriron os postos das empresas, coincidindo coa inauguración, na que participaron o reitor Manuel J. Reigosa; os directores das tres escolas de enxeñaría do campus: Elena Alonso, directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía; Íñigo Cuiñas, da EE de Telecomunicación, e Juan Pardo, da EE Industrial, que fixeron fincapé na importancia deste tipo de eventos. Tamén participou Tomás Prado, co-impulsor do foro, que agradeceu o apoio recibido ao longo dos últimos meses.

13/03/201913:03
Un momento da formación.
Sarria

COGAMI forma en TIC a unha ducia de persoas de Sarria e a súa contorna

confederación COGAMI vén de iniciar un curso de alfabetización dixital na aula CeMIT de Sarria, deseñado para introducir no manexo das novas ferramentas aos colectivos locais con capacidades diversas e en risco de exclusión. A formación, que financia a Consellería de Política Social, consta de 100 horas lectivas que se imparten até o día 1 de abril, en horario de 16 a 21 horas, e artéllase nos seguintes módulos: Internet, Write e Cálculo.

O curso arrancou cunha ducia de persoas, 3 mulleres e 9 homes, con idades comprendidas entre os 41 e os 55 anos, que proceden dos concellos de Sarria, Láncara e O Incio. O obxectivo xeral desta acción formativa é, en palabras de COGAMI, “adquirir os coñecementos básicos que lles permitan adquirir habilidades necesarias para desenvolverse con soltura na sociedade actual das tecnoloxías”. O alumnado, ao rematar o curso, adquirirá competencias como coñecementos teórico-prácticos básicos sobre o mundo da informática e o ordenador ademais de lle poida sacar o máximo partido ao ordenador a nivel usuario e saiba manexarse en operacións como envío de correo electrónicos, traballo con imaxes, textos, etc. 

Segundo informa a confederación galega, boa parte das persoas que forman parte da actividade formativa teñen experiencia nos sectores da construción, o transporte e o forestal. A metade delas teñen certificado de discapacidade e a outra metade teñen o certificado de incapacidade permanente total para profesión habitual, “co que teñen que reciclarse e formarse para poder volver entrar no mercado laboral”, explica COGAMI, engadindo que este obradoiro insírese na súa estratexia para levarlle aos colectivos destrezas profesionais que lles permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora 99 persoas inscritas actualmente na comarca de Sarria.

1 mes 1 profesión dixital
Online

The North Codes

  • Gústanche os retos? Interésanche as novas tecnoloxías? Gustaríache aprender dunha forma divertida cos teus compañeiros de clase? Se a túa resposta é si... segue lendo!

 

The North Codes é unha iniciativa de DXC Technology que, por primeira vez, organizan en conxunto os centros DXC de Asturias e Santiago de Compostela. O obxectivo é que os mozos e mozas se acheguen á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería e ás matemáticas (STEM) dunha forma atractiva, divertida e fácil de desenvolver.

En que consiste?

The North Codes é un concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando a tecnoloxía Scratch.

Quen pode participar?

O concurso vai dirixido a estudantes que se atopen entre 5º curso de educación primaria e 4º curso de secundaria. Haberá dúas categorías: Junior (5º EP a 1º ESO) e Senior (2º a 4º ESO).

Que hai que facer?

Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto ata o 20 de maio de 2019, que será a data límite de entrega. Os xuíces de DXC avaliarán todos os traballos recibidos en base á creatividade, orixinalidade, precisión e méritos técnicos, e boas prácticas de programación.

Por que participar?

Aprender informática desta forma é moi fácil e divertido; e axuda a desenvolver capacidades de gran utilidade para o futuro. Ademais, haberá premios fantásticos para os gañadores e moitas sorpresas!

Visita thenorthcodes.com para coñecer todos os detalles!

13/03/201912:03
The North Code.
Santiago de Compostela

The North Codes

  • Gústanche os retos? Interésanche as novas tecnoloxías? Gustaríache aprender dunha forma divertida cos teus compañeiros de clase? Se a túa resposta é si... segue lendo!

The North Codes é unha iniciativa de DXC Technology que, por primeira vez, organizan en conxunto os centros DXC de Asturias e Santiago de Compostela. O obxectivo é que os mozos e mozas se acheguen á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería e ás matemáticas (STEM) dunha forma atractiva, divertida e fácil de desenvolver.

En que consiste?

The North Codes é un concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando a tecnoloxía Scratch.

Quen pode participar?

O concurso vai dirixido a estudantes que se atopen entre 5º curso de educación primaria e 4º curso de secundaria. Haberá dúas categorías: Junior (5º EP a 1º ESO) e Senior (2º a 4º ESO).

Que hai que facer?

Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto ata o 20 de maio de 2019, que será a data límite de entrega. Os xuíces de DXC avaliarán todos os traballos recibidos en base á creatividade, orixinalidade, precisión e méritos técnicos, e boas prácticas de programación.

Por que participar?

Aprender informática desta forma é moi fácil e divertido; e axuda a desenvolver capacidades de gran utilidade para o futuro. Ademais, haberá premios fantásticos para os gañadores e moitas sorpresas!

Visita thenorthcodes.com para coñecer todos os detalles!

13/03/2019De 10:30 a 12:00 h.
1 mes 1 profesión dixital
Online

Que saben Google e Facebook de ti? Descobre como protexer a túa privacidade e seguridade na internet.

Todo o que facemos na internet deixa un rastro; xa sexa simplemente navegando, publicando un comentario, compartindo unha foto, etc. E toda esa información persoal resulta moito máis valiosa do que pensamos, non só para os departamentos de publicidade de calquera empresa senón para todo tipo de ciberdelincuentes malintencionados. 

Neste curso aprenderás como evitar que se faga un uso indebido da túa información persoal, como protexerte de todo tipo de ciberameazas e que precaucións tomar para non perder o control dos teus datos en ningún momento.

Contidos:

  • Descobre o teu rastro na internet.
  • Protexe a túa privacidade online.
  • Coñece as principais ciberameazas
  • Descobre como evitar posibles casos de ameazas na Rede.

Navega de forma segura e responsable!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS