O espírito creativo, argalleiro e maker non se vai de ferias este verán, de feito as vacacións estivais semellan un bo caldo de cultivo para crear novos enxeños e confraternidades arredor das tecnoloxías libres. Así o entenden pola banda das Pontes, onde a Asociación Amigus vén de convocar un campamento tecnolóxico en colaboración con Ciencia Kids.
Será unha experiencia para mergullar á rapazada nas vertentes máis enriquecedoras da ciencia e tecnoloxía, a desenvolver entre o 26 e o 30 de agosto no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes en horario de 9:00 a 14:00. Está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos, e ten un prezo de inscrición de 50 €. O programa contará con obradoiros participativos e innovadores adaptados á devandita franxa de idade, todos eles co obxectivo de proporcionar ás mozas e mozos participantes unha base de pensamento lóxico dedutivo e espertar o seu interese pola investigación, “favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade”, en palabras de Amigus. Tamén haberá actividades interactivas onde se farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poderán levar a cabo e que terán a finalidade de fomentar “o traballo en equipo, a elaboración de hipóteses e a experimentación con materiais”, para despois desenvolver pensamentos que boten luz sobre o acontecido nas ditas actividades e así reflexionar sobre os resultados.
Un ano máis, haberá notable presenza galega no palmarés do festival de audiovisual eMove, cuarta edición. Trátase, para empezar, dos vídeos Maruxa, do CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra), que gañou na categoría de primeiro ciclo de Primaria, Mais eu non son eu, do IES de Brión (A Coruña), que se proclamou campión na modalidade de primeiro ciclo da ESO, e máis Back:ground, do IES de Cacheiras (Teo), que foi o mellor vídeo da categoría de segundo ciclo da ESO. Todos os vídeos están dispoñibles nas redes, en YouTube e en Vimeo, onde están a ser obxecto dunha chea de reproducións.
Ademais, o CEIP do Carballal tamén obtivo premio (na sección primeiro ciclo de Primaria) pola súa reportaxe sobre As praias de Marín, e o IES de Cacheiras co documental Espazos abertos, na categoría de Bacharelato e ciclos formativos. A esta importante presenza galega cómpre engadir o papel despregado polas rapazas e rapaces do IES Agra de Orzán, que conseguiron o primeiro premio das reportaxes (modalidade Bacharelato e ciclos) coa súa reportaxe Hoxe dicimos basta.
Na sección de spots, o IES de Cacheiras logrou outro recoñecemento coa peza anti-violencia de xénero Non prescindas de ti (modalidade de Bacharelato e ciclos).
O certame eMove, tamén coñecido como Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais, está impulsado pola Federación de Academias e Produtoras e na última edición competiron centros educativos de toda España. Dende a organización deste certame salientaron “o alto nivel de calidade audiovisual das pezas participantes. Un gran traballo o dos estudantes que participaron, que fixeron que a tarefa de elixir os gañadores sexa máis complicada ca nunca”. Tanto os centros da nosa terra como os do resto do ámbito estatal recibirán cadanseus galardóns o vindeiro 19 de outubro en Kinépolis (Madrid).
O Concello de San Sadurniño segue adiante cos seus obradoiros de Chanfaina Lab, o proxecto de creatividade e dinamización socio-rural materializado a través das novas tecnoloxías e os seus diferentes dispositivos e linguaxes. Estes días o concello atópase nun punto de inflexión: está na súa recta final o quinto encontro audiovisual e participativo Chanfaina Lab (no que participaron preto de tres ducias de realizadoras e realizadores) e atópase a piques de arrancar a seguinte edición. A convocatoria en curso (por pouco tempo) chega á súa recta final da man do fotoxornalista Gabriel Tizón, que achegou “unha peza audiovisual que vén reflectir a esencia do encontro a través de instantáneas do que non se ve, o que está detrás das cámaras”, en palabras da organización.
Segundo engaden dende o Goberno local, o autor compuxo unha pequena montaxe de clausura que salta a Youtube (con nome de Soñadores) a pouco máis dun mes do arranque dun novo Chanfaina que trae “numerosas novidades”. A principal será a súa duración da súa quenda oficial, do 3 ao 8 de setembro, ampliando a oferta de obradoiros pola semana que se veñen sumar á actividade do sábado e o domingo reservada para as rodaxes.
O vídeo achegado por Tizón serve como antesala do seu obradoiro en Chanfaina Lab, Editar coa mirada, que se celebra este sábado 3 de agosto no local social da Seara, en Ferreira. Trátase dun taller para amantes da fotografía en xeral no que, segundo o autor, “insistirase no valor da mirada, o resultado de fotografar como pensamos e a edición final”. A sesión durará desde as 10.00h. até as 20.00h, “nun entorno tranquilo e de natureza”. A asistencia está limitada a 20 prazas cun prezo por persoa de 85€, incluído o xantar. As inscricións hai que facelas a través de info@gabrieltizon.com.
Como dixemos, o último vídeo do Chanfaina 2018 dá o chimpo á Rede cando xa comezou a conta atrás da edición 2019. Segundo informa o Concello, a totalidade dos detalles sobre esta nova convocatoria está practicamente pechada”, con 32 nomes confirmados de aquí e de acolá que acudirán á cita para mostraren outros puntos de vista de San Sadurniño, sexan documentais, ficticios ou experimentais”. As datas serán as seguintes: do 3 ao 8 de setembro. Serán seis días dos que catro están reservados para obradoiros e outros dous para rodaxes. O martes 3 (de 16 a 20.00h) a realizadora e por dúas veces chanfaineiraSandra Sánchez ofrecerá un obradoiro sobre técnicas de montaxe audiovisual. O mércores 4 tocará un obradoiro sobre videoxogos e animación 3D dentro do programa TechKids que desenvolven a AMTEGA e o Colexio profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Esta sesión desenvolverase entre as 10 e as 14.00h., ao igual que a do xoves 5, cando a rapazada de 12 a 18 anos poderá entrar en contacto coa creación de apps para dispositivos Android.
O venres 6 achegarase un curso acelerado sobre fotografía 3D impartido polo experto Anxo Santomil (de 10 a 14.00h) e, a partir do serán, está previsto darlle a benvida aos creadores e creadoras que participarán no VI Chanfaina Lab gravando as súas curtas tanto na xornada do sábado coma na do domingo.
Málaga volve acoller este ano o Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade organizado pola Fundacion ONCE e que terá lugar na cidade andaluza do 23 ao 25 de outubro no Palacio de Feiras e Congresos de Malaga. Baixo o lema "Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade", mostrará como a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos e servizos melloran a vida de todas as persoas.
Exporá unha gran diversidade de temas, materias e proxectos de toda índole no campo da tecnoloxía e turismo para favorecer a integración e inclusión das persoas con discapacidade.
Os nenos a partir de 14 anos poderán adestrarse no mundo da animación, efectos visuais, videoxogos ou realidade virtual.
Explicaranse tamén cales son os perfís profesionais que se demandan en cada un destes sectores e a formación e estudos que se deben ter para poder traballar en empresas deste sector. Ademais, relatarase dunha maneira visual e didáctica as experiencias doutros profesionais, algún deles galegos, que pensaban que desde Galicia non era posible traballar nestes sectores e que se converteron a día de hoxe en profesionais recoñecidos destas industrias.
Con esta experiencia, búscase que os rapaces vexan os gráficos 3D desde un punto de vista máis amplo, que lles permita converter a súa creatividade, conxuntamente co coñecemento da técnica e a tecnoloxía, na súa profesión, con gran futuro e gran demanda de profesionais especializados.
Nestas xornadas de verán impartirase un taller de “Robótica para tod@”, mesturando algoritmos e linguaxes co funcionamento de distintos robots. A actividade iniciará ás nenas e nenos de 9 a 16 anos na programación dun xeito entretido. A bondade máis importante da robótica é a de separar ao alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot.
Usarán o MBOT, un robot comercial que dispón das ferramentas precisas para facer que a programación sexa unha actividade divertida, xa que presenta os resultados dun xeito diferente. A actividade consistirá en superar mini retos. A resolución de cada reto instruirá ao alumno nun algoritmo distinto de programación. Os participantes iniciaranse na programación por bloques, aprendendo o ciclo da vida do software, os condicionais, as variables e os algoritmos. Coñecerán tamén as partes do robot e a función que desenvolven, condutividade e circuítos eléctricos cando constRúan o control remoto do MBot, ademais de debuxar, recortar e pegar o control do robot.
Nestas xornadas de difusión tecnolóxica sobre robótica programarase a actividade MBot Segueliñas, onde se fará que o robot siga a liña dun circuíto, onde os alumnos competirán para ver que fai ir máis rápido ao robot. Aprenderán o ciclo da vida do software e os condicionais. Tamén se xogará con MBot radiocontrol, e facendo uso do makey makey os rapaces construirán un mando a distancia que controlará o MBot coma se fose un coche de radiocontrol. Aprenderán eventos, electricidade e comunicación wireless. Finalmente terase o MBot Labirinto, onde os participantes construirán un pequeno labirinto e tentarán que o MBot o percorra ata atopar a saída. Aprenderán algoritmos e bucles.
No taller de drons os rapaces aprenderán conceptos básicos de teoremas de pitágoras e trigonometría, ademais de adquirir habilidades cognitivas visuais. Os nenos e nenas de 9 a 16 anos aprenderán a integrar a programación co mundo dos drons. A actividade constará de dous retos. No primeiro deles, os rapaces e rapazas iniciaranse no mundo dos drons creando un circuíto onde adestrarán as súas habilidades na pilotaxe destas aeronaves.
Comezarán coñecendo que é un dron, por que voa, que partes ten, e despois pilotaranos. Unha vez iniciados na pilotaxe, probarán unhas gafas FPV para sentir a velocidade vendo o que ve un coche teledirixido con cámara incluída. Para os máis habilidosos que cheguen a dominar dron e coche, probarán a pilotaxe FPV nun dron.
Na segunda parte da actividade, programarán un dron, é dicir, desde un ordenador e por medio dunha programación por bloques, converterán o dron nunha aeronave non tripulada e autónoma. Por medio da programación en Scratch, empregando un dron especial chamado “Tello”, executarán un programa feito polo CPEIG.
Nestas xornadas de verán impartirase un taller de “Robótica para tod@”, mesturando algoritmos e linguaxes co funcionamento de distintos robots. A actividade iniciará ás nenas e nenos de 9 a 16 anos na programación dun xeito entretido. A bondade máis importante da robótica é a de separar ao alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot.
Usarán o MBOT, un robot comercial que dispón das ferramentas precisas para facer que a programación sexa unha actividade divertida, xa que presenta os resultados dun xeito diferente. A actividade consistirá en superar mini retos. A resolución de cada reto instruirá ao alumno nun algoritmo distinto de programación. Os participantes iniciaranse na programación por bloques, aprendendo o ciclo da vida do software, os condicionais, as variables e os algoritmos. Coñecerán tamén as partes do robot e a función que desenvolven, condutividade e circuítos eléctricos cando constRúan o control remoto do MBot, ademais de debuxar, recortar e pegar o control do robot.
Nestas xornadas de difusión tecnolóxica sobre robótica programarase a actividade MBot Segueliñas, onde se fará que o robot siga a liña dun circuíto, onde os alumnos competirán para ver que fai ir máis rápido ao robot. Aprenderán o ciclo da vida do software e os condicionais. Tamén se xogará con MBot radiocontrol, e facendo uso do makey makey os rapaces construirán un mando a distancia que controlará o MBot coma se fose un coche de radiocontrol. Aprenderán eventos, electricidade e comunicación wireless. Finalmente terase o MBot Labirinto, onde os participantes construirán un pequeno labirinto e tentarán que o MBot o percorra ata atopar a saída. Aprenderán algoritmos e bucles.
Os rapaces e rapazas de 12 a 18 anos poderán asistir a un obradoiro sobre como crear unha App, onde aprenderán a desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles. Empregarase a App Inventor, unha contorna de desenvolvemento de software creado por Google Labs para elaborar aplicacións para Android. O usuario, dun xeito visual e a partires dun conxunto de ferramentas, irá enlazando unha serie de bloques para crear a aplicación. Google App Inventor destaca por dous grandes factores: a simplicidade de uso e Google Play, factores que permitirán crear un gran número de apps e a maiores poder distribuílas gratuitamente.
A actividade iniciará ás nenas e nenos na programación no sistema operativo Android. Unha vez rematada a sesión, os alumnos terán creada a súa conta e os seus proxectos de app, gardados na nube. Ademais de iniciarse na programación e facilitar eses primeiros pasos, os alumnos poderán seguir na súa casa mellorando a súa App e publicala cando o consideren.
Na primeira parte da actividade, os nenos crearán unha app onde se comunique vía Whatsapp a súa situación mediante xeolocalización wifi ou gps. Na segunda parte, cada quen poderá deseñar e comezar a programar unha app que solucione unha inquedanza propia. Recoméndase que os nenos leven un móbil ou tablet con sistema operativo Android para poder ver en funcionamento nun dispositivo a súa creación.