main content

main content
08/10/201908:10
Moza traballando nun experimento científico.
Santiago de Compostela

25 novos centros docentes incorpóranse á comunidade de Biblioteca Creativa

Consellería de Educación publicou este 7 de outubro a relación dos novos centros que se incorporan ao programa Biblioteca Creativa, en concreto 25 centros. Deste xeito, un total de 79 escolas de infantil e primaria da nosa terra estarán adheridas ao longo do curso 2019/20 a esta iniciativa, que ten como finalidade estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe da programación.

Segundo informa Educación, as dúas ducias de centros públicos acabados de incorporar recibirán os materiais precisos para a construción dun mínimo de catro Escornabots (robots galegos construídos sobre o hardware libre Arduino, a plataforma de enxeños intelixentes máis estendida a nivel docente e profesional), así como outros materiais tecnolóxicos de apoio. Educación salienta que a presenza dos Escornabots e as ligazóns destes con Arduino facilitarán a colaboración coa ampla comunidade de usuarios e desenvolvedores vencellados á placa libre, fornecedora dunha inxente base de documentación que ten un elevado potencial para os proxectos que se realicen nas bibliotecas. E todo isto, engade a Consellería, co engadido extra de tratarse tecnoloxías libres (o software, o hardware e o deseño do Escornabot). O programa realízase en colaboración cos integrantes do proxecto Escornabot, integrado en Bricolabs, asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres. 

Os centros que se suman este curso ao programa son os seguintes: CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña), CEIP Plurilingüe Graxal (Cambre), CEIP da Barqueira (Cerdido), CEIP Sofía Casanova (Culleredo), CEIP de Pazos (Ferrol), CPI Virxe da Cela (Monfero), CEIP Juana de Vega (Oleiros), CRA de Rianxo (Rianxo), CEIP Lamas de Abade (Santiago), CEIP Labarta Pose (Zas), CPI Luís Diaz Moreno (Baralla), CEIP de Foz número 1 (Foz), CEP Luís Tobío (Viveiro), CEIP Vistahermosa (Ourense), CEIP Plurilingüe Montemogos (Bueu), CEIP Antonio Palacios (O Porriño), CEIP Plurilingüe da Ribeira (O Porriño), CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), CRA María Zambrano (O Rosal), CEIP Alfonso Rodríguez Castelao (Vigo), CEIP Escultor Acuña (Vigo), CEIP O Sello (Vigo), CEIP Seis do Nadal (Vigo), CEIP Virxe do Rocío (Vigo) e CEIP de Cerdeiriñas (Vila de Cruces). 

Continuaciónb

Pola súa banda os 54 centros que renovan a súa participación recibirán unha asignación para ampliar o proxecto, ben sexa coa dotación dun recuncho creativo ao abeiro da biblioteca con recursos de robótica e impresión 3D; coa adquisición de materiais que faciliten a investigación, a experimentación e a creación de forma creativa, ou ben a través da formación do alumnado con obradoiros de creación audiovisual ou outros ámbitos.

Plan LÍA

Biblioteca Creativa é un programa enmarcado no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares da Consellería, que ten entre os seus obxectivos facilitar recursos e oportunidades para a incorporación de metodoloxías activas e para a integración nos centros das tecnoloxías emerxentes. Neste sentido, un dos desafíos do Plan é “o de crear nas bibliotecas un centro creativo de aprendizaxes no que o alumnado poda experimentar e investigar con todo tipo de ferramentas e recursos”.

07/10/201918:10
Tableta mostrando gráficos.
Monforte de Lemos

Monforte de Lemos acolle o obradoiro de comercio e banca electrónica impulsado pola Xunta e a Unión de Consumidores de Galicia

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, visitaron hoxe a actividade, que se prolongará durante catro sesións
  • A iniciativa impartirase nun total de 8 concellos

 

A “Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica” impulsada pola Xunta e a Unión de Consumidores de Galicia chega hoxe a Monforte de Lemos. Terá unha duración total de 8 horas, repartidas en catro sesións.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, achegáronse hoxe ata a aula CEMIT do concello para visitar ás participantes. En total, a iniciativa chegará durante os meses de setembro, outubro e novembro a oito concellos. Programáronse sesións, ademais de en Monforte de Lemos, na Estrada, Ordes, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Boiro, Monterroso e Moaña.

A escola sobre comercio e banca electrónica é unha aposta pola formación en novas tecnoloxías entre as mulleres do rural galego con fin de diminuír a fenda dixital, e por fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto onde estas transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día.

Así, durante o obradoiro, as participantes adquirirán coñecementos e habilidades relacionadas coa banca e o comercio electrónico, coñecerán os seus dereitos como persoas consumidoras, así como as ferramentas necesarias para exercer estes dereitos.

1 mes 1 profesión dixital
Pazo da Cultura de Pontevedra - Rúa de Alexandre Bóveda, s/n

Girl STEM (Pontevedra)

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), continúan a traballar para reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

O obxectivo do programa Girl STEM consiste en orientar e empoderar ás rapazas con charlas inspiradoras destas directivas e investigadoras que lles falarán do seu traballo, para animar ás máis novas a escoller, se o desexan, titulacións STEM. Este programa forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, especialmente nas rapazas.

1 mes 1 profesión dixital
Sede Afundación Lugo - Praza Maior, 16

Girl STEM (Lugo)

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), continúan a traballar para reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

O obxectivo do programa Girl STEM consiste en orientar e empoderar ás rapazas con charlas inspiradoras destas directivas e investigadoras que lles falarán do seu traballo, para animar ás máis novas a escoller, se o desexan, titulacións STEM. Este programa forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, especialmente nas rapazas.

1 mes 1 profesión dixital
Sede Afundación Ourense - Av. Pontevedra, 9

Girl STEM (Ourense)

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), continúan a traballar para reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

O obxectivo do programa Girl STEM consiste en orientar e empoderar ás rapazas con charlas inspiradoras destas directivas e investigadoras que lles falarán do seu traballo, para animar ás máis novas a escoller, se o desexan, titulacións STEM. Este programa forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, especialmente nas rapazas.

07/10/201908:10
Montserrat Guardia.
A Coruña

Montserrat Guardia de Alastria defende a vocación tecnolóxica femenina

Montserrat Guardia, directora xeral do Consorcio Alastria Blockchain, explicou a súa visión sobre a presenza das mulleres nas carreiras STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) no marco do programa GIRL STEM: derrubando estereotipos, que impulsa a Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a AMTEGA.

Nun encontro con case 300 rapazas e rapaces dos centros IES Monelos, IES Mugardos, IES Rafael Dieste (A Coruña), CPI Camiño de Santiago (O Pino) e IES Isaac Díaz Pardo (Sada), Guardia apuntou algunhas claves necesarias para que as rapazas escollan libremente una carreira científica ou tecnolóxica, que son ámbitos nos que a presenza feminina tan só representa un 25% do total de estudantes, segundo o informe presentado o pasado mes pola Asociación Española para a Dixitalización, DigitalEs. «As mulleres non podemos deixar que os comentarios e opinións de outras persoas acerca das nosas capacidades, nos inflúan á hora de decidir cal é a nosa vocación», explicou a poñente a un auditorio de rapaces e rapazas de 14 anos que participaron na sesión comentando como enfocan os seus futuros e que nalgún caso manifestaron querer cursar estudios influídos pola opinión de familia e amigos.

Ante estas respostas, a poñente non dubidou en aconsellar que «hai que valorar as opinións que nos dan, pero debemos pensar se o que a xente espera de nós é o que nós queremos de verdade». Montserrat Guardia cre que é necesaria unha maior comprensión cara o papel que pode ter a muller en profesións técnicas e considera que as mulleres deben escoller libremente, sen ataduras sociais ou culturais. «Na miña época era raro estudar Enxeñería de Telecomunicacións. Estaba convencida de que a decisión tiña que ser miña, non dos meus pais nin das miñas amigas».

E engadiu que «o poder de decisión e acción non é unha capacidade masculina ou feminina, é unha capacidade de persoas» e apuntou que, no seu caso persoal tivo a sorte de que as súas parellas apoiaron sempre as decisións e postos de alta responsabilidade, algo que para ela foi fundamental «rodearse de xente que te apoia e evitar a quen non valora os teus desexos e capacidades». 

Sobre as carreiras STEM, a directiva de Alastria apuntou que todas as comodidades e avances que melloran o noso día a día baséanse en cálculos matemáticos e operacións de enxeñería que non vemos pero que nos axudan a vivir nun mundo mellor; e dirixíndose ás mozas e mozos do auditorio afirmou «se vos gusta experimentar, cambiar e mellorar a vosa realidade, tedes corazón de enxeñeiras e enxeñeiros». Respecto da discriminación positiva, Guardia cre máis nas persoas que na segregación por xénero: «Necesitamos persoas que saiban traballar en equipo e os equipos teñen que ser inclusivos e representativos de toda unha sociedade para realmente facer achegas valiosas e desenvolver unha tecnoloxía ao servizo da humanidade».

04/10/201919:10
Cristina Pichel, acudiu á celebración desta fase do campionato.º
Lalín

O primeiro torneo autonómico do videoxogo League of Legends comeza no espazo xove de Lalín

  • Nesta fase participan catro equipos formados por cinco persoas cada un
  • Pasarán á final do campionato os dous mellores grupos
     

O Espazo xove de Lalín acolle hoxe a primeira competición dentro torneo autonómico do videoxogo League of Legends (LOL). A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acudiu á celebración desta fase do campionato na que participan catro equipos formados por cinco persoas cada un. A Xunta de Galicia procura con esta iniciativa promover o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos.

Este proxecto pioneiro en Galicia, que está destinado a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, terá lugar nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación da xuventude da zona e da contorna próxima. Así, esta fin de semana, ademais da sesión celebrada en Lalín, tamén se celebrará outra en Noia, que terá lugar o sábado.

Da capital dezá clasificaranse para a final dous dos catro equipos participantes, mentres que da localidade coruñesa será tan só un. Cada equipo está conformado por cinco mozos/as, dos cales unha persoa actúa como capitán. Cómpre indicar que antes do inicio de cada unha das competicións organizarase unha dinámica formativa centrada no coñecemento e uso responsable dos videoxogos.

Tras esta fase inicial nos diferentes Espazos Xove, os 16 equipos clasificados participarán nunha fase final, cuxa data e lugar de celebración será determinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. En todo caso, esta última fase terá lugar en fin de semana e os gastos de manutención e aloxamento correrán a cargo da Xunta de Galicia.

04/10/201913:10
Nia Cosplay.
Málaga

A Fundación ONCE reúne ás youtubers Nia Cosplay e Ely Shuri nunha demostración de videoxogos inclusivos

  • No Congreso de Tecnoloxía e Turismo que se celebra en Málaga do 23 ao 25 de outubro

 

A Fundación ONCE reúne ás youtubers Nia Cosplay (@LisRudy) e Ely Shuri (@elyshuri) no "Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade" que se celebra do 23 ao 25 de outubro en Málaga, onde realizarán unha demostración de videoxogos inclusivos.
 
A demostración terá lugar o mércores, 23 de outubro, ás 17.30 horas e tamén contará coa participación de Enrique García, técnico da dirección de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE. Na sesión xogará xunto con Ely Shuri e outras dúas persoas con discapacidade unhas partidas ao videoxogo Fornite, co obxectivo de demostrar a inclusión do colectivo neste sector. 
 
A xornada concluirá co sorteo entre as persoas rexistradas dunha XBOX ONE X e algunhas copias do videoxogo FIFA 20 e Anthem para calquera plataforma.
 
Esta sesión estará patrocinada por EVAD formación, o maior centro de Andalucía adicado en exclusiva á formación en videoxogos, unha nova escola cunha ampla oferta formativa para todas as idades e niveis: desde obradoiros e cursos introductorios ata masters ou cursos de expertos. 
 
O mesmo mércores, 23 de outubro, ás 13.30 horas, terá lugar unha mesa redonda coa presenza de Pablo Pérez, analista de normativa e certificación accesibilidade de Electronics Arts (EA); José María Moreno, director xeral da Asociación Española de Videoxogos (AEVI); Juan Aguado, investigador da Universidade de Alcalá de Henares, e Carlos de la Iglesia, director de Comunicación e Desenvolvemento Corporativo de Microsoft España. Nela os participantes analizarán os retos e oportunidades que os videoxogos supoñen para as persoas con discapacidade e para a propia industria.

Congreso Tecnoloxía e Turismo

Por segundo ano consecutivo, o Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade, organizado pola Fundación ONCE, terá lugar no Palacio de Feiras e Congresos da capital malagueña. Nesta terceira edición mostrará como a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos e servizos melloran a vida de todas as persoas.
 
O Congreso estará aberto a propostas relacionadas coas Tecnoloxías e Servizos de Acceso á Información e a Comunicación, a interacción persoa máquina, o fogar dixital e a vida independente, a robótica para a autonomía persoal, as "smart city", a realidade aumentada, o turismo para todas as persoas, a accesibilidade nos seus distintos aspectos e as regulacións e normas relativas ao turismo. 
 
Expón unha gran diversidade de temas, materias e proxectos de toda índole no campo da tecnoloxía e o turismo para favorecer a integración e inclusión das persoas con discapacidade.
 
O seu obxectivo é mostrar o que a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos ou servizos poden facer polas persoas. "As persoas, os dereitos, a innovación e os produtos e servizos que se ofrecen son elementos que se deben ter en conta neste século XXI para poder atender as necesidades individuais dentro dunha oferta global".
 
Máis información sobre TTD-Congress 2019.
04/10/201912:10
Imaxe comercial do V-Multi Tracker mostrando un neno montando en patinete.
Santiago de Compostela

Un pequeno dispositivo para ter localizados a nenos, persoas maiores ou con discapacidade

Vodafone ampliou a súa oferta de produtos conectados, a familia V by Vodafone, co localizador intelixente V-Multi Tracker, un pequeno dispositivo con tecnoloxía de xeolocalización pensado para manter localizados obxectos importantes, mascotas e tamén persoas que poidan ser vulnerables ou necesiten atención especial, como pode ser un neno ou algunhas persoas con discapacidade ou persoas maiores.

Trátase dun pequeno dispositivo redondo de só 20 gramos de peso que se pode colocar en case calquera lugar e que envía o sinal da súa localización, tanto en interiores como en exteriores, para axudar en caso de emerxencia ou para evitar situacións perigosas.

V-Multi Tracker incorpora unha tarxeta V-Sim para que o dispositivo poida enviar a súa localización sen necesidade dunha rede wifi ou o uso de tecnoloxía bluetooth.

Este novo produto de V by Vodafone esta formado polo Multi Tracker, a aplicación móbil Trackisafe para xestionar o seu uso e a app V by Vodafone para xestionar a subscrición mensual do servizo.

A combinación da app Trackisafe e o dispositivo localizador permite aos usuarios moitas opcións para incrementar a seguridade, como avisos de emerxencia cun botón SOS incorporado ao Multi Tracker ou avisos de proximidade por se o dispositivo se afastase da persoa que ten o smartphone coa aplicación.

Esta app tamén permite establecer zonas de seguridade que farán que o usuario reciba unha alerta se o localizador sae destas áreas; ou avisos de movemento e velocidade, para alertar se o dispositivo está a moverse ou se supera unha velocidade definida.

Este tipo de dispositivos teñen a vantaxe de que manteñen un control sobre as persoas que necesitan atención dunha maneira menos intrusiva que outros modelos, permitindo unha maior tranquilidade para os usuarios sen invadir a privacidade como fan outros produtos que incorporan cámaras ou outra tecnoloxía.

No fondo, estes dispositivos fomentan a autonomía de moitas persoas maiores ou con discapacidade mentres que ofrecen unha maior tranquilidade aos familiares ou ás persoas que lles asisten.

04/10/201911:10
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

O 23 de outubro celébrase a novena edición de Iuristicgal da man do CPETIG

Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia preparou para este outono un completo programa de actividades arredor das novas tecnoloxías e as súas vertentes máis directamente relacionadas coa ciberseguridade, a investigación policial, a avogacía e o dereito. Así, ao Curso de tratamento e análise de evidencias dixitais que se celebra estes días na Cidade da Cultura, cómpre engadir a preparación da novena entrega dun clásico dos nosos eventos tecnolóxicos: a Xornada de Informática Xudicial, Iuristicgal19, que se celebra o 23 de outubro, tamén na Cidade da Cultura e, do mesmo xeito có devandito curso, organizada polo CPETIG en colaboración coa axencia autonómica AMTEGA.

A xornada, convocada baixo o título Intelixencia artificial e xustiza, vai dirixida a profesionais da xustiza, maxistrados, secretarios xudiciais, fiscais, avogados, peritos e xuristas en xeral. Ten como obxectivo, en palabras do CPETIG, “informar e concienciar dos importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial e incrementar a efectividade e a eficiencia da administración xudicial mediante as novas ferramentas electrónicas e forenses avanzadas.”
A edición deste ano terá “carácter condensado”, con dous relatorios e unha mesa redonda que se desenvolverán en sesión de mañá, e será inaugurada pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, acompañada polo presidente do CPETIG, Marcos Mata.
Intervirán como relatores Moisés Barrio, letrado do Consello de Estado e autor do libro Dereito dos robots, que presentará o relatorio A Intelixencia Artificial ante o Dereito; e Eloy Velasco, maxistrado da Sala de Apelación da Audiencia Nacional, que exporá Evolución da proba electrónica no ámbito xudicial: o presente e as perspectivas de futuro.

A xornada completarase cunha mesa redonda sobre As vantaxes e os perigos das novas ferramentas tecnolóxicas para a defensa dos nosos dereitos, moderada por Víctor Salgado, director técnico da xornada.
Como novidade, este ano o acceso a Iuristicgal é de balde, previa reserva da praza. Para recadar máis información e formalizar as inscricións cómpre visitar a web http://iuristicgal.cpetig.gal.

Oportunidade

Segundo informa o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, a novena edición de Iuristicgal será unha oportunidade para actualizar os nosos coñecementos sobre o cada vez máis rico e complexo escenario onde conflúen novas tecnoloxías, dereito e investigación policial. “Considerando a complexidade técnica e casuística destas tecnoloxías así como a innovadora lexislación aplicable, a xornada pretende dar resposta á necesidade de formación dos profesionais da xustiza, profesionais forenses e xuristas en xeral”, sinala o CPETIG, engadindo que un dos grandes piares do encontro é “favorecer que se coñeza esta lexislación e a nova realidade tecnolóxica que a orixina, así como as novas ferramentas dispoñibles para interpretala correctamente e aplicala ao caso concreto”.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS