main content

main content
17/10/201912:10
Presentación do congreso.
Málaga

Málaga será a capital internacional do turismo e a tecnoloxía para todas as persoas

  • Grazas ao Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo da Fundación ONCE que se celebrará no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga.

 

Málaga converterase en capital internacional do turismo e a tecnoloxía durante o Congreso da Fundación ONCE, que terá lugar a próxima semana na capital malagueña do 23 ao 25 de outubro e que contará coa participación de case un milleiro de expertos procedentes de Europa, Asia, África e América.

III Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade, organizado pola Fundación ONCE, foi presentado o mércores no Concello Málaga, o seu alcalde, Francisco de la Torre, e o director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández.

Na súa intervención, de la Torre puxo de manifesto o nivel dos relatorios que se debaterán neste encontro e que demostran "a ambición do Congreso". "Un Congreso que conta co apoio da cidade para conseguir un turismo para todas as persoas. Esperamos conseguir un turismo accesible, sustentable e de inclusión".

Pola súa banda, Hernández expuxo a importancia que teñen as novas tecnoloxías para que as persoas con discapacidade poidan gozar de todos os dereitos fundamentais establecidos por Nacións Unidas na súa convención, entre os que figura o dereito ao lecer e ao goce da cultura. "Non debemos esquecer o forte impacto que isto ten para as economías locais, posto que as persoas con discapacidade gastan un 30% máis que as persoas sen discapacidade", afirmou. Neste sentido, proseguiu Hernández, "quixemos traer a Málaga a grandes referentes internacionais, tanto do ámbito da tecnoloxía como do turismo e a accesibilidade, para coñecer de primeira man as súas experiencias, o que fai que contemos con récord de participación, con case mil asistentes".

O acto contou tamén coa presenza de Gema del Corral, concelleira de Accesibilidade; Rosa Sánchez, concelleira de Turismo e Promoción da Cidade; Susana Carillo, concelleira de Innovación; José Miguel Luque, director da ONCE en Málaga, e Leonor Basallote, vicepresidenta do Consello Territorial da ONCE en Andalucía.

Málaga, capital internacional do turismo e a tecnoloxía grazas ao Congreso

O Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo celebrarase no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga e fará posible que Málaga poida ser a capital internacional do turismo e a tecnoloxía, grazas ao evento.

Constará de conferencias, mesas redondas e demostracións nas que se abordarán temas como a importancia da accesibilidade para que as cidades sexan intelixentes, o reto da innovación nos transportes ou a necesidade de contar con ferramentas inclusivas tamén no lecer dos videoxogos.

A conferencia inaugural do evento correrá a cargo de Ricardo Chavarriaga, profesor e principal investigador da Ecole Polytechnique Fédérale de Lausana, en Suíza, que disertará sobre a Interacción Cerebro-Computador (Brain Computer Interaction en inglés), unha tecnoloxía que se basea na adquisición de ondas cerebrais para daquela ser procesadas e interpretadas por unha máquina ou computador.

Ademais, o congreso acollerá tamén na súa primeira xornada unha conferencia motivacional de "O Langui" sobre como a tecnoloxía impacta no día a día das persoas con discapacidade, principalmente no goce do seu tempo de lecer, e unha análise de como o deseño para todos está presente na industria do videoxogo.

Pola tarde haberá unha demostración de videoxogos inclusivos, amenizados por Nia Cosplay, na que youtubers sen discapacidade como BMG e Ely Shuri xogarán unha partida de Fornite xunto a "gamers" con discapacidade.

Durante a segunda xornada, os especialistas debaterán sobre a mobilidade dos pasaxeiros no futuro e achega do avance da normalización no sector turístico. Igualmente, haberá tempo para disertar sobre a xestión inclusiva de emerxencias e a accesibilidade nas Smart cities e para ver demostracións de robots que melloran a calidade de vida das persoas con discapacidade e aplicacións que facilitan a navegación e mobilidade.

Por último, o encontro finalizará o venres 25 con mesas que abordarán aspectos tales como o modelo formativo actual na Universidade, a importancia de que o Blochchain sexa tamén unha ferramenta útil para as persoas con discapacidade ou "O Camiño de Santiago para todos", unha estratexia da Fundación ONCE para facilitar a peregrinación a todos os afeccionados a este tipo de turismo.

Máis información do Congreso nesta ligazón TTD-Congress 2019.

17/10/201911:10
Un home en cadeira de rodas por unha lesión na medula espinal xunto á súa muller e o seu fillo.
Brown

Tecnoloxía de IA para que persoas con discapacidade recuperen a mobilidade

Unha das causas máis frecuentes en persoas con discapacidade física son lesións na medula espinal que cortan a conexión entre o cerebro e distintos músculos do corpo. Agora, un equipo da universidade estadounidense de Brown está a estudar como a tecnoloxía pode axudar a recuperar esa conexión e, polo tanto, a mobilidade.

O equipo de investigadores está a ver como aproveitar a tecnoloxía de intelixencia artificial de Intel para lograr unha conexión entre os extremos da parte danada da medula espinal para recuperar a conexión neuronal e poder enviar de novo sinais de movemento desde o cerebro aos músculos.

A idea sería crear unha especie de baipás intelixente formado por dúas guías de eléctrodos situados a ambos os dous lados da lesión para tratar de que os nervios danados volvan poder comunicar en tempo real.

A utilización desta tecnoloxía seguramente non ofrecerá unha solución inmediata, pero si que facilitará o estudo sobre estas conexións da medula espinal que permitan avanzar en novos tratamentos.

17/10/201908:10
Momento da formación.
Ribeira

A comunidade do Centro Amicos iníciase nos beneficios da robótica

Centro de Educación Especial Amicos, con sedes en Ribeira e Boiro, está a desenvolver unha iniciativa formativa e divulgativa para ofrecer aos usuarios un novo modelo de vida a través dos beneficios que proporcionan as tecnoloxías, ao tempo que se fomentan valores e coñecementos propios da sociedade actual coma o traballo en equipo, a xeneralización dos robots, as tabletas ou a Realidade Virtual, entre outros recursos, servizos e tecnoloxías. O programa Meet and Code, desenvolvido ao abeiro de TICneate, conta con financiamento da Unión Europea.

O que se busca coas actividades de Meet and Code é iniciar ás usuarias e usuarios de Amicos no mundo da robótica mediante diversas actividades como, por exemplo, a identificación de material, desenvolvemento de videoxogos, creación de trebellos intelixentes, información sobre os beneficios da robótica ou comprobación dos seus usos.

 Así, na xornada de hoxe celebrouse unha demostración a cargo de We Robots, polo que os usuarios do centro tiveron a oportunidade de manexar enxeños tecnolóxicos, deseñar a través de impresora 3D, trazar circuítos, etcétera.

Desde Amicos sinalan que a participación activa do alumnado neste programa “facilita a súa motivación para avanzar no uso da tecnoloxía no día a día”. Ao longo deste curso, continuaranse desenvolvendo diferentes actividades centradas na Realidade Virtual, dispositivos electrónicos, uso de aplicacións e redes sociais, así como seguir progresando no eido da robótica.

17/10/201908:10
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

Fernando Suárez, Isidro Fernández e Mar Pereira clausuran este xoves Cybersec@Gal

Esta semana estase a desenvolver na Coruña, Santiago e Vigo o encontro Cybersec@Gal o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital, impulsado pola Cátedra R en Ciberseguridade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG. A finalidade dos encontros é afianzar o papel referente de Galicia en materia de tecnoloxías e servizos para garantir a protección dixital. O evento, logo de varias actividades formativas nas escolas de Informática e Telecomunicacións da UDC e a da UVigo, clausurarase este xoves 17 na Cidade da Cultura (Auditorio Neira Vilas) cunha sesión que durará toda a mañá: de 9.30 a 14.00 horas.

Na sesión porase o foco nas empresas e, para isto, contarase coa presenza de expertos estatais e internacionais afondando nas claves da ciberseguridade dende “múltiples perspectivas”, informa a operadora R, engadindo que na cuarta e derradeira xornada dos encontros está previsto que participen o director de Empresas de R e do Grupo Euskaltel, Isidro Fernández de la Calle, Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Catro xornadas de debate e formación

Cybersec@Gal achegou estes días catro xornadas de obradoiros, ciber-desafíos e charlas, nas que se falou de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital. O foro foi dirixido, por unha banda, a estudantes e recentemente licenciados e, pola outra, ao ecosistema empresarial (este xoves), da man de expertos estatais e internacionais que exporán diversos aspectos no terreo da seguridade TIC. Na xornada de clausura deste xoves entregaranse un total de seis premios valorados en 2.600 euros en total: un premio á Tese de Doutoramento en Ciberseguridade (700 euros), dous premios á Tese fin de Mestrado en Ciberseguridade na UDC e a UVigo (400 euros cada un), dous premios á Tese de Fin de Grao en Ciberseguridade na UDC e a UVigo (300 euros cada un) e un premio reto Gradiant - Hijos de Rivera (500 euros).

17/10/201908:10
Cartel do evento.
As Pontes

GIMP e Raspberry Pi centrarán un novo obradoiro de Amigus

As actividades argalleiras da Asociación Amigus (os obradoiros Amigus Labs) van ter continuidade este 26 de outubro, logo da inauguración oficial, este día 12, do Amigus Labs Centro de Arte e Creación Dixital, así como do Fab Lab As Pontes (na praza do Hospital das Pontes, no número 14). Na sesión do 26 achegárasenos a ferramentas abertas de gran utilidade, tanto para o noso lecer como para ámbitos máis de tipo profesional.

Na nova cita, os participantes mergullaranse nas funcionalidades e potencialidades do software e o software libre para a edición e retoque de imaxes cos programas GIMP (a ferramenta libre de edición de imaxes dixitais con feitura de mapa de bits, tanto debuxos como de fotografías) e Raspberry Pi (un computador miúdo que se conecta a un televisor e un teclado e que pode ser utilizado para cunha manchea de cousas: follas de cálculo, procesadores de texto, editores gráficos, xogos, vídeos de alta definición, etc). O obradoiro desenvolverase en horario de 11:00 a 14:00 horas. Para asistir ao taller é obrigatorio que nos rexistremos na páxina do evento http://www.amiguslabs.org/amigus-labs-gimp-e-raspberry-pi/. A asociación recoméndanos que acudamos cun ordenador portátil co GIMP xa instalado, aínda que teremos a opción de usar os equipos de demostración con Raspberry PI. A inscrición é de balde e o prazo remata o 25 de outubro (prazas limitadas).

17/10/201908:10
Cartel do evento.
A Coruña

A UDC reúne a expertos internacionais en tecnoloxía e analítica de datos no congreso Big Data Coruña 2019

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) acollerá os vindeiros días 21 e 22 de outubro a quinta edición do evento internacional Big Data, avalado polo éxito de participación das pasadas edicións.

Big Data Coruña 2019 reunirá a expertos en tecnoloxía e analítica de datos de nivel internacional en dúas xornadas que afondarán nos novos retos aos que se enfronta esta disciplina na actualidade. Os seus contidos, ademais de resultar de interese para a comunidade académica (a Facultade de Informática imparte desde este curso o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos), tamén serán atractivos para empresas e organizacións, pois actualmente Big Data é un dos campos que máis interese esperta, tanto pola súa aplicación como pola súa posta en valor nunha ampla variedade de ámbitos.

O evento está organizado pola profesora Amparo Alonso, presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e investigadora no CITIC; Bertha Guijarro, coordinadora do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos e investigadora no CITIC; e David Martínez, investigador da área de Big Data da University College London e director da área de investigación de DataSpartan. Colaboran na organización a Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC, o CITIC e a Facultade de Informática. A asistencia é libre previa inscrición antes do venres, 18 de outubro.

16/10/201916:10
Mans tecleando nun portátil.
Santiago de Compostela

Preto do 89% dos fogares galegos ten contratado internet, un 7,5% máis que hai un ano

  • É o maior crecemento rexistrado desde 2016 e reduce a diferencia coa media estatal a 2,6 puntos
  • O maior incremento prodúcese nos núcleos de menos de 10.000 habitantes, nos que, por primeira vez, supérase a porcentaxe do 80% de fogares conectados
  • En canto ao uso da rede, medra 15 puntos na franxa de idade entre os 55 e os 64 anos
  • Nas vilas de entre 20.000 e 100.000 habitantes a media galega supera á estatal na contratación a Internet e de banda larga
  • A principal tecnoloxía de acceso a Internet nos fogares galegos é unha conexión móbil de banda larga a través dun dispositivo de man, coa que conta o 83,1% dos fogares

 

Preto do 89% dos fogares galegos ten contratado Internet, o que supón un incremento do 7,5% con respecto ao ano 2018, superior ao crecemento do conxunto do Estado (5,8%) e o maior rexistrado desde 2016. O crecemento máis importante prodúcese nos concellos galegos con menor poboación, os de menos de 10.000 habitantes, nos que os fogares conectados pasan dun 74,6% a un 81,2%. Nos espazos urbanos o crecemento na contratación de Internet e da banda larga é superior á do conxunto do estado.

Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2019 e analizados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega),

As cifras confirman que os galegos por debaixo dos 34 anos superan a media estatal no uso habitual de Internet, pero especialmente en relación ás compras online, de modo que os mozos galegos superan en 6 puntos porcentuais ao conxunto dos españois. Ao mesmo tempo estanse a producir incrementos significativos do uso das TIC entre a poboación de maior idade.

Uso das TIC

O 84% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 4,5%, con respecto ao ano anterior. Entre a poboación máis nova, por debaixo dos 35 anos, o uso de Internet é practicamente universal. Cómpre destacar o crecemento no grupo de idade de 55 aos 64 anos, onde o uso da Rede medra 15 puntos porcentuais respecto ao ano 2018.

Ademais dos usos tradicionais, como a mensaxería instantánea ou o correo electrónico, un dos usos de Internet máis estendidos entre os internautas galegos é a banca electrónica, que utiliza o 64,6% dos internautas na nosa comunidade, catro puntos máis que a media estatal. Salientar tamén o importante uso da nube como sistema de almacenamento de ficheiros con fins privados, que practica un 46,2% dos galegos que utiliza Internet converxendo co conxunto do Estado. 

Tipo de conexión e hábitat

Segundo a información que ofrece o INE, a maior parte das vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia, un 83,1% emprega unha conexión móbil de banda larga a través dun dispositivo de man. Trátase da principal tecnoloxía de acceso, por diante da conexión por ADSL, cable ou fibra, que utiliza o 76,2% dos fogares. No conxunto de España as posicións invírtense.

Respecto aos datos relativos ao tamaño do hábitat, é salientable que nos concellos con poboación maior de 20.000 habitantes, a media galega iguala ou supera á estatal na contratación a Internet e a banda larga.

Especificamente nas vilas galegas de 20.000 a 50.000 habitantes rexístrase un forte ritmo de crecemento dos indicadores relacionados coa contratación de Internet e de banda larga. Neste tipo de concellos a conexión a Internet de banda larga medrou máis dun 8,5%, situándose no 94,1%, superando o valor da media estatal en 2,5 puntos porcentuais.

16/10/201912:10
Presentación da iniciativa.
Santiago de Compostela

Alumnado de 50 centros educativos galegos mellorarán durante dous cursos as súas competencias dixitais a través de Digicraft

  • A conselleira de Educación e a directora da Amtega participaron na presentación desta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone
  • Carmen Pomar defendeu o uso “seguro e crítico” da tecnoloxía nas aulas e a necesidade de incorporar contido humanístico para fomentar a comunicación, a capacidade lingüística, o espírito emprendedor, o traballo en equipo e a toma de decisións
  • Mar Pereira enmarcou esta iniciativa no Plan de Promoción do Talento Dixital para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos
 
O alumnado de 50 centros educativos de toda Galicia participará durante dous cursos académicos no proxecto Digicraft, que ten como obxectivo a mellora das competencias dixitais dos máis novos. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a directora da Amtega, Mar Pereira, abordaron esta mañá cos docentes e directores dos colexios participantes esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone España. No acto de apertura participou, tamén, o presidente e CEO de Vodafone España, Antonio Coimbra.
 
A conselleira de Educación salientou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que está facendo unha aposta “seria e global” polo uso “seguro e crítico” da tecnoloxía nas aulas desde a etapa de infantil, e sempre “coidando incorporar contido humanístico á revolución tecnolóxica que vivimos”. Nesta liña enmárcase o proxecto Digicraft no teu cole xa que -en palabras da conselleira- “fai unha aproximación diferente que trata de achegar os estudantes ao mundo dixital converténdoos en creadores, non como consumidores”. Así, ademais do reforzo de competencias dixitais nas aulas, esta iniciativa vai permitir tamén “outras como a comunicación, aprender a aprender, desenvolver a iniciativa ou o espírito emprendedor, fomentar o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade lingüística oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma”, sinalou Carmen Pomar.
 
Pola súa parte a directora da Amtega dixo que esta iniciativa vén complementar a estratexia de Galicia para avanzar na transformación dixital das aulas e na capacitación dixital dos galegos. Neste sentido, lembrou que a día de hoxe a iniciativa Abalar permite que máis de 120.000 rapaces estuden en aulas dixitais e que neste curso 27.000 alumnos estén a desenvolver a súa actividade académica nunha contorna exclusivamente dixital. Mar Pereira destacou tamén a importancia de espertar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos con propostas como o Digicraft, enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital, DigTalent, ao que está adherido Vodafone e agradeceu que a Fundación Vodafone escollese Galicia como a primeira comunidade na que desenvolver esta iniciativa.

Obxectivos

O proxecto Digicraft no teu cole ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude, a través dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas do que se beneficiarán máis de 3.800 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Ao seu abeiro traballaranse nas cinco áreas competenciais que definen a competencia dixital, en concreto a información e alfabetización informacional, a comunicación e colaboración, a creación de contidos dixitais, a seguridade e a resolución de problemas. Dentro delas abordaranse asuntos como a procura e filtrado de datos, a participación cidadá en liña, a xestión da identidade dixital, os dereitos de autor e licenzas, a programación, a protección de datos persoais e a privacidade ou a identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas, entre outros aspectos.
 
Abordar estas áreas supón, pola súa transversalidade, traballar, ademais da dixital, as competencias en comunicación lingüística, de aprender a aprender o sentido da Iniciativa e espírito emprendedor. Neste sentido, as actividades reforzan o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade de comunicación oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma, entre outras.
 
En cada curso académico trabállanse dous itinerarios de 14 horas de duración (un total de 1 h/semana durante 28 semanas lectivas). Estes itinerarios están compostos por unha serie de actividades que van aumentando gradualmente en nivel de dificultade. As actividades combinan o mundo dixital e a tecnoloxía co xogo, o aprender facendo e o desenvolvemento de habilidades motoras.
 
Cada actividade conta cunha guía didáctica na que se explica que competencias (dixitais e xerais) se traballan, os obxectivos que se queren lograr, o material necesario e os pasos para seguir para realizala. Dado que traballa parte das competencias definidas no currículo de primaria, Digicraft no teu cole pódese impartir tanto en horario lectivo como fóra del.

Formación e equipamento

Uns 100 docentes dos 50 centros seleccionados recibirán formación específica para impartir o programa nas aulas. Ademais, dotarase os colexios de 600 tabletas e 100 kits tecnolóxicos instant dixital skills. Estes kits contan con placas de programación básica axeitadas para nenos, materiais para visualizar elementos en realidade aumentada de forma sinxela e manexable; pirámides holográficas que permiten a visualización de hologramas e algúns outros materiais tales como barallas de cartas e taboleiros.
 
Así mesmo facilitaráselles aos centros acceso aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades recollidas no programa.

Centros seleccionados

Os centros seleccionados, que participarán na iniciativa ao longo dos cursos 2019/20 e 2020/21, son os reflectidos na seguinte táboa:
Provincia
Concello
Centro

A Coruña

A Baña

CPI de San Vicente

A Coruña

A Coruña

CEE Nuestra Señora de Lourdes

A Coruña

A Coruña

CPR Calasanz

A Coruña

A Coruña

CPR Plurilingüe Karbo

A Coruña

Ames

CEIP de Barouta

A Coruña

Ames

CPR Alca

A Coruña

Bergondo

CPI Cruz do Sar

A Coruña

Betanzos

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

A Coruña

Carballo

CEIP Xesús San Luis Romero

A Coruña

Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

A Coruña

Ferrol

CEIP de Pazos

A Coruña

Ferrol

CPR Tirso de Molina

A Coruña

Melide

CEIP Mestre Pastor Barral

A Coruña

Moeche

CEIP San Ramón

A Coruña

Monfero

CEIP Plurilingüe Virxe da Cela

A Coruña

Oroso

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

A Coruña

Porto do Son

CEIP de Campanario

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios

Lugo

Begonte

CEIP Virxe do Corpiño

Lugo

Burela

CEIP Plurilingüe Vista Alegre

Lugo

Cervo

CEIP de Cervo

Lugo
Foz

CEIP Número 1 de Foz

Lugo

Foz

CPR Nuestra Señora del Pilar

Lugo
Lugo

CEIP Rosalía de Castro

Ourense

Cualedro

CEIP Vicente Risco

Ourense

O Barco

CEIP Condesa de Fenosa

Ourense

Ourense

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño

Ourense

Ourense

CPR Divina Pastora Franciscanas

Ourense

Ourense

CPR Santo Ángel

Ourense
Toén

CEIP Saco e Arce

Ourense

Vilamartín de Valdeorras

CEIP Xosé Manuel Folla Respino

Pontevedra

A Estrada

CEIP do Foxo

Pontevedra

Baiona

CEIP Fontes

Pontevedra

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe La Encarnación

Pontevedra

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe San Fermín

Pontevedra
Cambados

CEIP Corvillón

Pontevedra

Lalín

CEIP Manuel Rivero

Pontevedra

Moaña

CEIP de Domaio

Pontevedra

Moaña

CEIP de Quintela Moaña

Pontevedra

Nigrán

CEIP da Cruz

Pontevedra

O Porriño

CEIP Antonio Palacios

Pontevedra

Poio

CEIP Espedregada
Pontevedra

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe de Nantes

Pontevedra

Silleda

CEIP Ramón de Valenzuela

Pontevedra
Tomiño

CEIP Plurilingüe de Tebra

Pontevedra
Tui

CEIP Plurilingüe Número 1

Pontevedra
Vigo

CEIP Plurilingüe Valadares

Pontevedra

Vila de Cruces

CEIP Nosa Señora da Piedade

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

CEIP O Piñeiriño
Pontevedra

Vilanova de Arousa

CEIP Plurilingüe Xulio Camba

16/10/201908:10
Logo GPUL School.
A Coruña

GPUL achega unha proposta formativa para iniciarnos nas tecnoloxías libres

grupo GPUL, Grupo de Usuarios e Programadores de Linux con centro de actividades na FIC da Coruña, vén de pór en marcha este outono a GPUL School, unha iniciativa que pretende achegar aos membros máis noveis da comunidade universitaria, así como a calquera outra persoa interesada, ás tecnoloxías libres, co obxectivo de que “lles sexan de utilidade na súa vida profesional”.

O programa ten xa varias actividades previstas, todas elas compartindo a arela común de introducir á xente nova no software libre ao mesmo tempo que se achega un punto firme de reflexión, diversión e liberdade de pensamento. Trátase das seguintes actividades obradoiros: Impresión 3D para dummies, Como facer a túa primeira aplicación Android en Java, LaTex: de cero a Infinity e OK Google! Que opinas de pagar para que unha multinacional te espíe na túa casa?

Quen queira máis información sobre GPUL School e a súa liña de traballo, pode visualizala na web do proxecto. Tamén podemos coñecer mellor ao colectivo GPUL a través da sección Comunidade da iniciativa Coruña Dixital, que é o punto de conexión, posto en marcha polo Concello, de todas as contribucións ao software libre e ás tecnoloxías participativas e maker das comunidades de usuarios e desenvolvedores locais.

16/10/201907:10
Foto dos responsables de DomusVi e do CITIC.
A Coruña

DomusVi e o CITIC fixan novas liñas de colaboración en envellecemento activo

responsable de I+D+i da rede de residencias de maiores DomusVi, Roberto González Novas, visitou os días pasados as instalacións do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña, o CITIC. Durante a visita, González puido coñecer as capacidades de investigación e de transferencia tecnolóxica que ten o centro para abordar proxectos no ámbito da saúde, do envellecemento activo e da discapacidade mediante o desenvolvemento de solucións innovadoras. A estadía serviu para establecer novas liñas de colaboración e comezar a traballar en futuros proxectos que permitan mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas.

A experiencia tivo precedentes directos no traballo conxunto do CITIC e DomusVi levado a cabo ao abeiro do proxecto Geria-TIC, que ten o obxectivo de aplicar as novas tecnoloxías e o medicamento participativo para favorecer o empoderamento das persoas maiores e o envellecemento activo.

DomusVi é a maior rede de centros e servizos de atención ás persoas, onde ademais de ofrecer atención especializada a persoas maiores e de saúde mental, apóstase pola importancia de impulsar con actividades avanzadas a calidade de vida nas persoas maiores e evitar, deste xeito, a deterioración asociada á idade e previr patoloxías derivadas do sedentarismo.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS