Hoxe luns, 16 de decembro, PlayStation presentará aos medios de comunicación na sede de Autismo España o videoxogo Treasure Rangers, un divertido xogo de plataformas e aventuras no que unha cuadrilla de amigos deberá resolver, cada un coas súas destrezas, diferentes quebracabezas e misterios.
O xogador poñerase na pel de cada un dos protagonistas, en función do tipo de quebracabezas ou obstáculo: Lucy, a intelixente e deportista líder do grupo; Eric, un mozo con poderes relacionados coas plantas e a natureza; Roxy, unha inconformista de corazón rebelde e Randy, un mozo con autismo ao que lle encantan a música e os videoxogos e que demostrará que tamén é fundamental para superar as aventuras da simpática cuadrilla.
Treasure Rangers foi desenvolvido polo estudo vasco RELEVO e forma parte do programa PlayStation®Alianzas, unha área que engloba os proxectos desenvolvidos por estudos nacionais xa consolidados e que, en moitas ocasións, ven a luz tanto dentro como fóra das nosas fronteiras grazas ao apoio da compañía.
O evento de presentación a medios contará coa presenza de Amparo Rey, responsable de Comunicación e Relacións Institucionais de Autismo España; Jon Cortázar, director do estudo desarrollador RELEVO, e Roberto Yeste, director de Comunicación de SIE Iberia e responsable do programa PS Talents.
Treasure Rangers sairá mañá martes 17 de decembro, aínda que os asistentes poderán probar o xogo en primicia tras a presentación de hoxe.
Pódese ver o tráiler do videoxogo nesta ligazón de Youtube.
A ONCE puxo en marcha o programa Innova Emprendedores cuxo obxectivo é captar novo talento emprendedor en proxectos, moitos ligados á tecnoloxía, que busquen mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade visual.
Este programa, dirixido tanto a startups como a emprendedores particulares, quere premiar proxectos que se centren a mellorar a calidade de vida destas persoas desde unha perspectiva global, xa sexa a través da mellora do acceso ao emprego, ao lecer, á educación ou á cultura.
O programa elixirá un total de seis proxectos finalistas e dous gañadores, que terán o compromiso da ONCE para a súa implementación e para que se convertan nunha realidade.
Os emprendedores que estean interesados en participar neste novo programa teñen de prazo ata o próximo 31 de xaneiro para presentar as súas propostas.
A convocatoria está aberta tanto a empresas e particulares que xa teñan o seu produto no mercado, como aquelas que estean preto do lanzamento e que prevexan poder chegar ao público nun prazo inferior a un ano.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) quere contar coas achegas dos máis novos na elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030). Con este obxectivo a Axencia autonómica lanza dous concursos, un de debuxo para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, e outro de microrrelatos, dirixido a mozos e mozas de entre 11 e 18 anos, cuxas bases se publicarán mañá no espazo web amtega.xunta.gal/edg2030/concursos.
Os obxectivos dos certames son explorar a creatividade dos máis novos a través do debuxo ou a narración, estimular a reflexión sobre como a transformación dixital afectará a nosa Comunidade nos próximos 10 anos, así como sensibilizar sobre o impacto da dixitalización na nosa Comunidade e dar a coñecer o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
Baixo o nome “Captura a sociedade dixital!”, este concurso está orientado a que alumnos e alumnas de Educación Primaria, cunha idade comprendida entre os 5 e os 12 anos (ambas as dúas inclusive), combinen o seu talento creativo para o debuxo coa súa visión do futuro.
En concreto, os participantes deberán plasmar nun debuxo o impacto que consideran terá a dixitalización na sociedade galega no 2030: o uso das TIC, novos hábitos e necesidades que xorden pola transformación dixital, as oportunidades derivadas da aplicación das novas tendencias dixitais, etc.
“Viaxe ao 2030” é o título do concurso de microrrelatos para estudantes de ESO ou Bacharelato, cunha idade comprendida entre os 11 e os 18 anos (ambas as dúas inclusive), que deberán agudizar o seu enxeño e capacidade imaxinativa para describir o futuro.
A misión dos participantes neste certame será reflexionar sobre como esperan que a transformación dixital impacte na nosa vida diaria nos 10 próximos anos e expresalo a través dun microrrelato, describindo así a Galicia do 2030.
O persoal docente será o responsable de inscribir aos alumnos e alumnas interesados/as en participar a través dos formularios web correspondentes a cada concurso accesibles desde a web da Amtega. O período de inscrición estará aberto desde o día 16 de decembro ata o próximo 17 de xaneiro.
Os traballos, que poderán entregarse desde a apertura das inscricións ata o día 24 de xaneiro do 2020, enviaranse seguindo as instrucións recollidas nas bases e deberán cumprir coas características detalladas para cada un dos concursos.
Un xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as Tecnoloxías Dixitais será o encargado de preseleccionar as cinco obras finalistas por cada certame. Posteriormente, publicaranse no Facebook da Amtega para que calquera internauta que o desexe poida votar aqueles que consideren que mellor representan a Galicia do 2030 a través das tecnoloxías dixitais. Premiarase ás obras gañadoras que serán os 3 debuxos e os 3 microrrelatos que máis “gústame” obteñan.
Ambos concursos forman parte do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030, que arrincou no mes de xullo coa celebración do I Foro de debate profesional, no que participaron arredor de 200 axentes sociais e económicos da Comunidade, implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación.
Ademais, este mes de decembro constituíuse o Comité de expertos, integrado por 22 académicos de diferentes disciplinas das tres universidades galegas, que complementará a visión dos centros tecnolóxicos e empresas, e axentes económicos e sociais que están a participar no proceso de elaboración da EDG2030.
Grace Murray Hopper creou a primeira linguaxe complexa de computador. Margaret Hamilton codificou o software que fixo posible que o home chegase á Lúa. Radia Perlman está detrás dun dos descubrimentos esenciais para o funcionamento da internet. Son só tres das mulleres programadoras que marcaron a historia da tecnoloxía. Do mesmo xeito que elas, miles de mulleres en todo o mundo que escriben código desenvolvéronse, e desenvólvense a diario, nun sector totalmente dominado por homes.
Os obradoiros itinerantes da operadora R, os obradoiros Crea R, van recalar este sábado 14 de decembro en Santiago, e farano en colaboración con APD e Líbolis, achegando unha nova actividade divulgativa e participativa sobre robótica (para peques) e máis unha charla didáctica sobre Internet e as novas tecnoloxías (para adultos).
No taller, programado para a Cidade da Cultura, as nenas e nenos da cidade poderán potenciar a súa creatividade e facer voar o seu espírito emprendedor, ao tempo que adquiren nocións básicas sobre programación da man da escola de emprendemento xuvenil Líbolis. A sesión terá un formato didáctico á par que divertido, sendo o obxectivo contribuír a que as rapazas e rapaces saiban o doado que é pasaren de simples usuarios de tecnoloxías a facelas elas/eles mesmos. Entre as cousas concretas que poderán facer atópanse un coche de plastilina condutiva con luz propia, unha maqueta urbana na que se incluirá un semáforo programado por eles/as mesmos/as, ou mesmo unha barreira de acceso tamén dentro dunha maqueta. A cita será na Biblioteca e Arquivo de Galicia (salas I e II), na Cidade da Cultura (Monte Gaiás s/n, 15707 Santiago) onde se desenvolverá, de 11:00 h a 13:00 h este obradoiro para un máximo de 30 cativas/os. A sesión completarase cun recanto para os maiores: no mesmo edificio, as nais, os pais e as docentes poderán recibir consellos dun pedagogo especializado, que lles resolverá dúbidas sobre a educación dos que si naceron na era dixital; e sobre o bo uso que adolescentes e millennials poden facer de internet, das redes sociais e das novas tecnoloxías en xeral. “A través de casos prácticos e de dinámicas”, sinala R, “pais, titores, avós ou educadores atoparán respostas a inquietudes como, por exemplo, a que idade deben ter móbil os rapaces ou que límite de horas débeselle pór ao uso das pantallas”. Asemade, falarase da nova terminoloxía neste campo (cyberbulling, sexting, grooming...) e de como nos afecta a todas/volo cambio dixital.
Pilotando a sesión, pensada para un máximo de 40 persoas, contarase coa presenza dun experto de Sherpa Dixital, que tentará guindar luz a esas dúbidas dos adultos sobre a contorna dixital e a xente nova. Tanto as charlas coma os obradoiros Crea R están abertos ao público xeral, clientes e non clientes do operador galego. Son actividades de balde pero en ambos os dous casos o aforo é limitado. Para máis información creaR@mundo-r.net. A acción de Crea R en Santiago ponlle o broche final a un ano de actividade deste programa educativo abeirado á iniciativa DigiTalent de AMTEGA e que, dende o inicio da súa andaina, ten chegado xa a 40 localidades das catro provincias galegas. Ao longo do presente 2019 puideron desfrutar de Crea R arredor de 1.000 nenos e nenas e uns 400 adultos/as.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o vindeiro luns 16 de decembro, a xornada de presentación do proxecto ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).
Esta xornada celebrarase en Santiago de Compostela co obxectivo de crear un punto de encontro do ecosistema dixital e agrario de Galicia para que os axentes que participaron na iniciativa compartan cos asistentes os principais resultados, elementos innovadores e leccións aprendidas e se xere un debate e un intercambio de coñecemento sobre cuestións técnicas relevantes.
O programa contará coa presenza de representantes da DG Agri da Comisión Europea e do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), expertos no ámbito da Política Agraria Común (PAC), e co subdirector da Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, Higinio Gónzalez, experto en medios aéreos non tripulados.
A asistencia a esta xornadas é gratuíta, previa inscrición a través da seguinte ligazón: https://mediorural.xunta.gal/primare_civil_uavs/presentacion/
O proxecto Primare - Inspeccións Intelixentes Avanzadas, coliderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ten por obxectivo desenvolver solucións innovadoras para dispoñer de xeito automatizado de servizos de valor engadido para os axentes do sector agrogandeiro, e en particular, para a realización dos controis de campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC) mediante medios tecnolóxicos (en particular, mediante o uso de medios aéreos non tripulados, e outros sistemas tecnolóxicos).
Trátase do primeiro proxecto de compra pública de tecnoloxía innovadora (CPTi) no ámbito do sector primario posto en marcha a nivel estatal, que conta cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative“.
Esta mañá presentouse na sede do Instituto Tecnolóxico de Galicia, na Coruña, a iniciativa ITG Maker Drone, que sería, en palabras do centro tecnolóxico, a primeira liga intercolexial de drons do ámbito estatal. Na cita de hoxe participaron 30 alumnas e alumnos de catro centros locais que van participar na competición. Jorge Seoane, responsábel de I+D da área de sistemas aéreos non tripulados de ITG e coordinador da iniciativa, explicou aos rapaces (todos eles de 3º da ESO dos colexios coruñeses Fogar de Santa Margarida, Franciscanas, Liceo La Paz e Obradoiro) o reto que terán que resolver nos vindeiros meses.
A primeira fase de formación, dirixida tanto aos 9 profesores da materia de tecnoloxía que dirixirán o desafío, como ao alumnado, xa comezou e finalizará no mes de decembro. Entre os meses de xaneiro e abril de 2020, os alumnos e alumnas participantes terán que deseñar e desenvolver un sistema electromecánico que, axustado a un dron (cedido por ITG), permita recoller unha botella de auga de 330ml, un brick de cartón de 1l, unha rede de artes de pesca e un obxecto sorpresa para trasladalos a un colector de lixo. O peso total dos catro elementos non poderá exceder os 400gr. Ademais, o Instituto Tecnolóxico de Galicia asignará a cada centro un orzamento de 50 euros para a compra dos materiais complementarios que necesiten para a execución da súa idea.
“Trátase”, explica o centro TIC coruñés, “dun reto que promove a sensibilización polo coidado ambiental partindo de solucións creativas que se poidan desenvolver con ferramentas tecnolóxicas”. Ao seu abeiro, o ITG impartirá 3 obradoiros a cada un dos grupos participantes sobre mecánica e Impresión 3D; de compoñentes, sensores e programación, así como de bricolaxe e electrónica. O proxecto abrangue tamén formación para a pilotaxe destes drons que, cun peso máximo de 1.5 quilogramos, alcanzan unha velocidade máxima de 40km/h e teñen unha autonomía de voo de 15 min. En maio de 2020 terá lugar a xornada final, un evento no que se realizarán as demostracións das solucións deseñadas por cada un dos equipos participantes e no que un xurado formado por representantes do ámbito académico, institucional e empresarial, valorará os traballos presentados atendendo a criterios de funcionalidade, capacidade de innovación, peso mínimo, axuste orzamentario, destreza na pilotaxe e calidade da presentación dos resultados.
Hai anos coñecemos o proxecto do profesor de educación especial Andrés Collazos, chamábase Resetea e consistía nun reloxo que grazas á tecnoloxía facilitaba a xestión dos horarios e o tempo a nenos con trastorno do espectro autista (TEA) ou cunha discapacidade intelectual ou cognitiva.
Agora, Resetea converteuse en toda unha realidade da man de BJ Adaptaciones, que se aliou con Collazos para levar a súa idea ao mercado, non só español, senón en catro continentes diferentes.
Resetea é un reloxo que mediante sinais luminosos permite visualizar en calquera momento a tarefa que se está realizando, canto tempo queda para que conclúa e cales son as seguintes actividades que están previstas.
Os usuarios poderán programar secuencias con ata 12 actividades distintas, cada unha co seu tempo específico.
Para iso, só é necesario colocar diante da pantalla do reloxo unha lámina con pictogramas ou fotografías que representen a actividade que se vai a realizar, e será o propio Resetea o que irá indicando o transcurso do tempo.
Este reloxo está especialmente deseñado para nenos con TEA, para aqueles con unha discapacidade cognitiva ou intelectual, e tamén para as persoas maiores con demencia ou idade temperá.
Un total de 1.544 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel, entre os día 10 e 20 de decembro, grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT.
Así, os escolares de Educación Infantil de Marín, Celanova, Bande, Campo Lameiro e Xunqueira de Ambía serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará mañá, martes 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.
Nos seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Arzúa, Bande, Barreiros, Bearíz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, A Fonsagrada, Leiro, Marín, Muros, Narón, Negreira, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Ribeira, Riotorto, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 32 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un total 1544 nenos e nenas en 50 sesións
Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado maior de idade do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos, o alumnado con necesidades educativas especiais de Vilagarcía de Arousa e as persoas da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Barcala en Negreira.
O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu duodécimo aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos e nenas do mundo.
Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:
http://cemit.xunta.es/centros.
*Xúntase cadro cos horarios de conexión de cada aula
|
MARTES |
||
|
10:00 |
MARÍN |
CEIP Carballal |
|
10:30 |
CELANOVA |
Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón |
|
11:30 |
BANDE |
CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas |
|
12:30 |
CAMPO LAMEIRO |
CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO |
|
13:00 |
XUNQUEIRA DE AMBIA |
Colexio Padre Crespo |
|
MÉRCORES |
||
|
10:00 |
ORTIGUEIRA |
CEIP José Mª Lage |
|
11:00 |
BOIRO |
CEIP Santa Baia |
|
11:30 |
BOIRO |
CEIP Santa Baia |
|
12:30 |
BARREIROS |
CEIP San Cosme de Barreiros |
|
13:00 |
ORTIGUEIRA |
CEIP José Mª Lage |
|
|
|
|
|
XOVES |
||
|
10:00 |
CAÑIZA, A |
CEIP VALEIXE |
|
10:30 |
VALGA |
CRA de Valga |
|
11:00 |
VALGA |
CRA de Valga |
|
11:30 |
CAÑIZA, A - MELÓN |
COLEXIO QUINS DE MELÓN |
|
12:00 |
PONTEDEUME |
CPR Luis Vives |
|
|
||
|
VENRES |
||
|
10:00 |
NARÓN |
Concello Narón |
|
10:30 |
BETANZOS |
Centro PaiMenni |
|
11:00 |
BARREIROS |
CEIP San Miguel de Reinante |
|
11:30 |
NARÓN |
---------- |
|
12:00 |
ARZÚA |
CPR Nuestra señora del rosario |
|
13:00 |
CASTRELO DO MIÑO |
CEIP Astariz |
|
LUNS |
||
|
10:00 |
MUROS |
EEI DE MUROS |
|
10:30 |
RIBEIRA |
CEIP de Frións |
|
11:00 |
CAÑIZA, A |
CPI DA CAÑIZA |
|
11:30 |
RIBEIRA |
COLEXIO BAYÓN |
|
12:00 |
LEIRO |
Emilia Pardo Bazán |
|
12:30 |
BEARÍZ |
C.E.I.P Beariz |
|
|
||
|
MARTES |
||
|
10:00 |
CELANOVA |
Colexio Curros Enriquez |
|
10:30 |
XUNQUEIRA DE AMBIA |
Colexio Padre Crespo |
|
11:00 |
VILAGARCÍA |
VAGALUME |
|
11:30 |
ARZÚA |
CEIP Arzúa |
|
12:00 |
VILAGARCÍA |
COLEXIO DE EDUCACIÓN ESPECIAL |
|
12:30 |
VICEDO, O |
Colexio público de O Vicedo
|
|
13:00 |
VICEDO, O |
|
|
|
||
|
|
|
|
|
MÉRCORES |
||
|
10:30 |
FONSAGRADA, A |
CEIP Plurilingüe Santa María e Escola Infantil a Galiña Azul |
|
11:00 |
FISTERRA |
CPI Areouta e CPI Mar de Fóra |
|
11:30 |
CARBALLEDO |
CEIP XOSÉ LUÍS TABOADA - A BARRELA |
|
12:00 |
RIOTORTO |
Ceip de Riotorto |
|
12:30 |
FISTERRA |
Nosa Señora do Carme |
|
13:00 |
NEGREIRA |
EI ARO |
|
|
||
|
XOVES |
||
|
10:00 |
VIMIANZO |
CEIP SAN VICENZO |
|
10:30 |
CERCEDA |
CPI O Cruce |
|
11:00 |
ABEGONDO |
CEIP San Marcos |
|
11:30 |
CERCEDA |
CPI O Cruce |
|
12:00 |
SANTA COMBA |
CEIP Barrié de la Maza |
|
12:30 |
VIMIANZO |
CEIP DE BAÍÑAS |
|
13:00 |
CATOIRA |
C.P.I. Progreso Catoira |
|
VENRES |
||
|
11:00 |
QUIROGA |
CEIP DE QUIROGA |
|
11:30 |
CASTRO CALDELAS |
CPI Virxe dos Remedios |
|
12:00 |
NEGREIRA |
Centro persoas con discapacidade de Barcala |
Un equipo de alumnas e alumnos da Escola de Enxeñería Industrial e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo presentou esta semana, no marco do 13 Congreso de Traballos Colaborativos, a aplicación intelixente App&Down, coa que se busca aumentar a autonomía da persoas con síndrome de Down: dende axudarlles a xestionar o diñeiro ata guialas no uso do transporte público, entre outras cuestións. Inclúe unha interface instalable en calquera dispositivo móbil e que salienta pola súa sinxeleza e polo seu nivel de accesibilidade. Inclúe dous menús: un para xestionar a economía do usuario e outro para a planificación diaria.
Na vertente económica atópase unha ilustración cunha bolsa de diñeiro que serve de medidor do estado económico actual da usuario ou usuario, e na que se poden introducir de xeito simple as cantidades que se reciben e que se gastan. A vertente da xestión diaria é un calendario que axuda a recordar citas que se teñan planificadas para ese día, o medio de transporte que se debe coller (número de autobús, a que hora pasa e en que parada debe baixar) e até unha alarma espertador. A aplicación é configurable e flexible dependendo das necesidades dos usuarios, e tamén inclúe a posibilidade de ser controlada polos titores, que poderán acceder á súa planificación para achegar alarmas ou recordatorios.
No marco do Congreso de Traballos Colaborativos, no que se presentaron un total de 13 traballos, tamén se achegaron detalles dunha mesa adaptada para persoas con mobilidade reducida creada por un grupo de 10 alumnas e alumnos dos mesmos graos que os creadores de App&Down. Coordinado polos profesores José Luis González Cespón e José Antonio Alonso, o Congreso de Traballos Colaborativos é unha cita na que se presentan traballos realizados de xeito interdisciplinar entre estudantes de distintos centros e graos. Nesta ocasión o evento levouse a cabo no salón de actos da sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial e tivo un marcado carácter social. Nun plano máis concreto, déronse a coñecer contribucións como un proxecto de actividades de espazos en hospitais para nenos con cancro; unha app de axuda, detección e prevención do bullying ou outra para a determinación da capacidade de condución cando se toman medicamentos na que o condutor ou condutora poderá escanear o código QR de cada menciña para recibir, de seguido, unha mensaxe que lle indica se debe ou non conducir.