main content

main content
29/11/201709:11
Os embaixadores CENTAC 2017 xunto ao director da entidade e o director xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade.

CENTAC nomea aos embaixadores das tecnoloxías accesibles de 2017

O Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) nomeou aos seus embaixadores de 2017, cos que destaca a persoas que contribuíron de forma altruísta ao impulso da accesibilidade e a usabilidade tecnolóxica.

Nesta ocasión, a entidade destacou a contribución de Marlon Molina, Darío Reques, Silvia Leal, Federico Traspaderne e Ronald Bunzl, nos que subliña a súa axuda activa para conseguir os obxectivos de CENTAC, como o apoio á mellora da sociedade grazas á tecnoloxía e os principios do deseño para todos e a accesibilidade universal.

Neste sentido, o director xeral do CENTAC, Juan Carlos Ramiro, afirma que “as persoas con discapacidade necesitan realidades que son posibles grazas á tecnoloxía, para iso a empresa ten que traballar na accesibilidade e usabilidade tecnolóxica, co que non só xerará beneficio social senon que tamén aumentará o seu beneficio económico”.

29/11/201709:11
Usuario en cadeira de rodas intelixente guiada por ondas cerebrais.

Handytronic desenvolve unha cadeira de rodas smart guiada por ondas cerebrais

O grupo galego Telecon, do que falamos recentemente para dar conta do seu acordo coa Universidade da Coruña arredor da marca Handytronic (centrada no desenvolvemento e distribución dun amplo e innovador catálogo de solucións de mobilidade para persoas dependentes ou con diversidades funcionais), vén de achegar unha importante novidade tecnolóxica ao abeiro desta marca de seu. Trátase dunha cadeira de rodas intelixente guiada por ondas cerebrais.

Segundo lembran dende Telecon, “empregar tecnoloxías que marquen un antes e un despois para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidades funcionais e promover o diagnóstico precoz da deterioración cognitiva é a razón de ser de Handytronic”. Agora, respecto da dita cadeira de rodas, o seguinte paso é obter unha solución comercial economicamente alcanzable para os usuarios potenciais.

O alicerce do proxecto é unha conxunción entre as máis avanzadas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), os últimos avances en Neurociencia e máis os recentes achados en materia de Intelixencia Artificial. O resultado dos traballos de Telecon-Handytronic é unha plataforma de encefalografía que é quen de captar os impulsos eléctricos do cerebro, interpretalos e transformalos en ordes. Estes impulsos, grazas a un software específico, actúan directamente sobre o sistema de guiado da cadeira de rodas.

Segundo informa Laura Montes, programadora xefa do proxecto, “a interface cerebro-computadora na que estamos a traballar permitiranos non só completar o desenvolvemento da cadeira de rodas, senón tamén, a medio prazo, acometer proxectos para a detección temperá da deterioración cognitiva”. Pola súa banda, Jacobo Penide, director xeral da firma, engade que “a vocación e o compromiso de Handytronic é facer a vida máis doada a aquelas persoas que teñen algún tipo de diversidade funcional”. Segundo fai saber, “a neurociencia e a intelixencia artificial proporciónannos as bases tecnolóxicas necesarias para desenvolver solucións non só efectivas, sen tamén sustentables desde un punto de vista económico”.

Respecto do prototipo no que traballa a día hoxe Handytronic, está integrado por unha cadeira de rodas motorizada, un casco con 14 electrodos, unha tableta cun software específico e máis un hardware de integración. Segundo explican Montes e Penide, a conexión entre o casco e o computador é unha conexión sen fíos, a través do protocolo Bluetooth. 

A medio prazo, e de face ao fornecemento dunha solución comercial, está prevista a substitución do casco por unha diadema ou parche, que, segundo engaden dende Handytronic, “resultará máis cómodo para o usuario”.

Os responsables da marca tamén fan saber, respecto da entrada en xogo da intelixencia artificial, que a inclusión desta na interface cerebro-computadora permite que “o software aprenda das rutinas mentais do usuario, adaptándose a el e reducindo así o tempo de adestramento necesario para o manexo da cadeira, posibilitando ao mesmo tempo que o sistema recoñeza diferentes usuarios, afacéndose a cada un deles”. 
Para quen queira ver o funcionamento do dispositivo, Handytronic ten un vídeo específico en Vimeo.

28/11/201710:11
Fotograma do vídeo.

A Fundación ONCE lanza #TúDecides, un vídeo que incide na importancia da actitude persoal á hora de buscar traballo

  • Trátase dun anuncio interactivo no que o espectador decide o final da historia 
 
A Fundación ONCE, co apoio do Fondo Social Europeo, lanzou #TúDecides, un vídeo interactivo que incide na importancia que ten a actitude persoal á hora de buscar traballo e que anima ás persoas novas con discapacidade que queren atopalo a acudir a Insere, a entidade para a formación e o emprego das persoas con discapacidade desta fundación. 
 
O anuncio mostra como una mesma moza con discapacidade se enfronta de dúas maneiras distintas á procura de emprego e deixa en mans do espectador o final da historia. 
 
Pon en valor tamén o traballo de Insere, a entidade dz Fundación ONCE para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, e do seu portal de emprego Por Talento.
 
#TúDecides enmárcase na campaña de comunicación impulsada pola Fundación ONCE o pasado mes de xuño para conmemorar o 60 aniversario da firma dos Tratados de Roma, que deron lugar á Unión Europea e cos que se creou o Fondo Social Europeo. 
 
Desde esta perspectiva, a campaña pretende poñer en valor o éxito da alianza entre a Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, que axudou a cambiar a vida das persoas con discapacidade. 
 
Así e segundo os datos oficiais, entre o ano 2000 e o ano 2016 a Fundación ONCE atendeu a máis de 253.380 persoas con discapacidade e máis de 88.300 melloraron o seu perfil de empregabilidade mediante cursos de formación. Neste mesmo período, creáronse 70.117 empregos e deuse apoio a 401 proxectos de emprendemento. 
 
#TúDecides pode verse na web ‘tudecides.fundaciononce.es' e distribuirase a través das redes sociais Twitter e Facebook.
24/11/201709:11
Momento da xornada Novo modelo de ocupación e emprego para persoas con discapacidade intelectual.

Conde avoga pola formación das persoas con discapacidade nos novos perfís profesionais para favorecer a súa inclusión social

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na xornada ‘Novo modelo de ocupación e emprego para persoas con discapacidade intelectual’ organizada por Fademga
  • Pon en valor o apoio da Xunta ás persoas con capacidades diferentes e reitera a importancia de que as empresas aposten polo “talento diverso” e lle dean visibilidade
  • Conde aposta pola formación dual deste colectivo e pola implicación do tecido empresarial neste eido
  • O Orzamento 2018 destina preto de 14 millóns de euros para seguir impulsando os centros especiais de emprego e o traballo na empresa

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avogou por crear un novo marco de oportunidades laborais para as persoas con capacidades diferentes poñendo énfase no emprego e na formación, na súa intervención en Santiago na xornada Novo modelo de ocupación e emprego para persoas con discapacidade intelectual, organizada por Fademga. Sinalou que a transformación que se está a rexistrar na industria grazas á dixitalización e as novas tecnoloxías está cambiando, polo que apostou por aproveitar este escenario para aumentar as posibilidades para o emprego inclusivo.

Explicou, ao respecto, a importancia da formación para a inserción laboral e para evitar que se abra unha fenda no mercado laboral pola aparición destes novos perfís profesionais vinculados ao desenvolvemento tecnolóxico. Neste contexto, o titular de Economía apostou pola formación dual, un modelo no que avanzou que está traballando a Xunta para incrementar a integración laboral das persoas con discapacidade e que require da implicación do tecido produtivo.

Conde sinalou que as persoas con capacidades diversas son un colectivo prioritario en todas as políticas de emprego da Xunta, xa que afirmou que no traballo se atopa unha das portas principais á inclusión social. Puxo en valor o apoio da Xunta a estas persoas e asegurou que a loita polo emprego inclusivo debe contar coa implicación de todos os axentes económicos e sociais, lembrando que as empresas deben contribuír a difundir a cultura da integración social e apostar polo “talento diverso” dándolle visibilidade.

O orzamento 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria destina preto de 14 millóns de euros para seguir impulsando a integración laboral das persoas con discapacidade, a través do impulso aos centros especiais de emprego, que xogan un papel fundamental á hora de formar e ofrecer unha primeira oportunidade laboral, e por medio de axudas ás empresas para a contratación destas persoas.

Por último, Conde agradeceu o labor intenso que desenvolven as entidades que traballan a favor do emprego inclusivo como é o caso de Fademga, que presta servizo a máis de 4.300 persoas, agrupa a 40 asociacións e conta cunha rede de 125 centros por toda Galicia, onde traballan case 1.300 profesionais co apoio de máis de 1.200 voluntarios. Fademga ofrece servizos de atención e coidados, de axuda ás familias e á vida independente das persoas con capacidades diferentes ou de apoio ao desenvolvemento profesional e social deste colectivo.

 

24/11/201709:11
A aplicación en funcionamento.

Unha alumna defende o seu TFG en lingua de signos a través de 'Facebook Live'

A estudante Ana Real Gijón, estudante do Grao en Enxeñería en Sistemas Audiovisuais e Multimedia da Universidade Rey Juan Carlos, defendeu o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) en lingua de signos a través de 'Facebook Live', grazas a unha aplicación que ela mesma desenvolveu.

A universidade explicou nun comunicado que Real desenvolveu unha aplicación web no seu TFG que permite a interpretación de contidos audiovisuais con lingua de signos en tempo real, a cal se pode utilizar desde calquera dispositivo móbil como 'smartphones', 'tablets' ou computadores portátiles.

Esta aplicación supoñería unha solución pioneira tanto para persoas xordas como para intérpretes de lingua de signos, porque os usuarios poden utilizala en redes sociais, 'streaming' en YouTube ou Facebook. Ademais, tamén se pode implantar en contornas profesionais, como na televisión

Neste sentido, Real explicou que esta aplicación "evita que un intérprete teña que desprazarse ata un estudo de televisión para levar a cabo a interpretación e poida realizarse desde calquera lugar cun simple dispositivo móbil ou computador que conte con webcam e Internet".

Desta maneira, redúcense substancialmente os custos de interpretación de contidos audiovisuais porque se poden beneficiar dela non só os usuarios finais, senón tamén as cadeas de televisión e produtoras.

"Consideramos que esta ferramenta pode impulsar a economía colaborativa axudando a crear unha nova bolsa de emprego para os intérpretes, onde poden participar en grandes ou medianos eventos que teñan lugar en calquera lugar do mundo", explicou o seu titor do TFG, Damián Ruiz Coll.

Para o deseño desta ferramenta utilizáronse follas de estilo CSS e linguaxe HTML. Unha vez programada a aplicación web en linguaxe JavaScript, pódese conectar a un estudo de televisión virtual na nube baseado na plataforma Xtreamr desenvolvida por Telefónica.

Por último, Real detallou que "o contido dun informativo de televisión é recibido no estudo virtual e enviado ao intérprete para a súa monitoraxe", mentres que "ao mesmo tempo, o sinal do intérprete chega ao estudo virtual para ser composta co sinal do evento", de modo que ambos os sinais poden ser distribuídos a través de distintas canles ou redes sociais en directo, como demostrou esta alumna durante a defensa do seu TFG.

24/11/201709:11
 Huawei Eco-Connect Europe 2017.

A aplicación EVA FACIAL MOUSE presentada en Berlín no anuncio do Huawei App Store en Europa

  • Huawei lanzará a súa propia tenda de apps en Europa no primeiro trimestre de 2018

A aplicación EVA Facial Mouse, aplicación gratuíta que permite aos propietarios controlar un dispositivo Android mediante o seguimento dos movementos da cabeza, foi presentada no evento Huawei Eco-Connect Europe 2017 celebrado no CityCube de Berlín.

Neste evento, a compañía Huawei anunciou que expandirá o seu mercado dixital a Europa co seu Huawei AppStore. A idea é que esta tenda de aplicacións seá complementaria a Google Play e 100% compatible con Android, pero virá preinstalada a partir de 2018 en todos os dispositivos Huawei como unha forma de ofrecer aplicacións gratuítas ou freemium.

O obxectivo é ofrecer unicamente aplicacións que estean catalogadas cunha alta puntuación e para todas as idades. Eva Facial Mouse, con 2 millóns de descargas, será unha das aplicacións que estarán dispoñibles no mercado de Huawei. A Fundación Vodafone España, coa súa app EVA Facial Mouse, foi unha das 15 entidades seleccionadas que se aliaron con Huawei para o lanzamento desta iniciativa.

22/11/201709:11
Gravación dun video-currículo.

COGAMI e a Fundación Vodafone España apostan polo uso de vídeo currículo para aspirar a un posto de traballo

  • Persoas con discapacidade que forman parte do programa `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE” gravan as súas cualificacións e competencias en formato de vídeo co fin de poder optar a unha oferta de traballo

 

Unha das redes sociais especializadas en emprego como é Linkedin, que en España conta con máis de 10 millóns de seguidores, pensa que o vídeo currículo é o futuro, por iso acaba de implantar unha ferramenta que permite subir un vídeo ao perfil.

Tamén COGAMI, concretamente a área de emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, é consciente da importancia do currículo 2.0 para aspirantes a un posto de traballo. Por isto, decidiu ofrecer esta oportunidade ás persoas que forman parte do programa `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´, programa no que colabora a Fundación Vodafone España fomentando o uso das novas tecnoloxías e que serve para que as persoas potencien o uso das novas tecnoloxías durante a súa procura de emprego.

O currículo 2.0, ou vídeo currículo, consiste nunha presentación en vídeo onde a persoa aspirante a un posto fala sobre si mesma, presentando as súas aptitudes, habilidades, logros, ambicións e expectativas. COGAMI e a Fundación Vodafone España ofrecen a posibilidade de gravar o seu propio vídeo currículo, ademais de achegar as pautas necesarias para a correcta difusión do mesmo, tendo como obxectivo final o conseguir unha entrevista persoal.

Unha das persoas que mostrou interese en gravar un vídeo currículo é Felisa Nchama Alogo Abuy, unha moza graduada en Dereito que quere apostar polo audiovisual para presentarse ás ofertas de emprego, unha posibilidade que non quixo descartar, a pesar de ter escasa visión. Felisa aproveita esta oportunidade que se lle brinda a través do programa “PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE” porque non quere pecharse a ningunha posibilidade para estar ao día no mercado laboral.

Á parte do uso de novas ferramentas para a procura de emprego, o programa ofrece outras posibilidades para estar ao día e xestionar as candidaturas no mercado laboral, como demostran estes datos do mes de outubro: en Galicia, realizáronse 150 orientacións laborais e seguimentos a persoas con discapacidade. Para traballar temas de empatía, marca persoal, simulación de entrevistas de traballo realizáronse 3 obradoiros competenciais e outros 2 foron sobre a realización de entrevistas por Skype. Tamén se visitaron empresas, un total de 27, que xestionaron 30 ofertas de emprego. Actualmente son 6 as persoas inseridas a través do programa “PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE”.

20/11/201710:11
SocialDiabetes.

SocialDiabetes e Vodafone únense para impulsar a xestión dixital da diabetes

  • Con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes, a alianza entre SocialDiabetes, a plataforma referencia en España para persoas con diabetes, e Vodafone, operadora líder na internet das Cousas (IoT), promove o seguimento dixital desta enfermidade por parte de profesionais sanitarios e pacientes
 
Vodafone España anunciou, con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes, o seu obxectivo de promover, da man de SocialDiabetes, a mobilización e dixitalización da xestión da diabetes, como unha innovación necesaria e imprescindible para a mellora da calidade de vida das persoas afectadas por esta enfermidade crónica.
 
SocialDiabetes, a startup que revolucionou a forma de xestionar a diabetes, e que obtivo recentemente a máxima puntuación en impacto, excelencia, calidade e eficiencia de implementación por parte da Comisión Europea a través do programa Horizonte 2020, desenvolveu unha plataforma de xestión na nube e unha aplicación móbil que conecta cos glucómetros dos pacientes.
 
O sistema permite calcular a dose de insulina recomendada a partir de parámetros como a inxesta de alimentos e a actividade física, o que posibilita ao usuario flexibilizar a súa dieta e evitar complicacións na súa saúde.
 
SocialDiabetes que, no marco desta alianza, contou tamén co respaldo de Vodafone como partner tecnolóxico, permite ao profesional sanitario dispoñer en tempo real da información do paciente, e modificar remotamente a pauta de insulina recomendada. Estes cambios actualízanse automaticamente nos dispositivos móbiles dos usuarios, logrando así un maior control do día a día da enfermidade.
 
A plataforma habilita así mesmo a realización de videoconferencias e mensaxería entre profesionais e pacientes, optimizando o proceso asistencial en tempo e custos, e complementalo coa xeración automática de alertas, recordatorios, informes e gráficas.
 
O acordo con SocialDiabetes  forma parte da estratexia de Vodafone  de impulsar a Saúde Conectada que, grazas aos datos recollidos polos dispositivos intelixentes mediante o Internet das Cousas (IoT), fará posible personalizar tratamentos, previr enfermidades, predicir riscos na saúde e empoderar aos pacientes.
 
Na actualidade, un de cada once adultos padece diabetes a nivel mundial e estímase un custo directo da enfermidade superior aos 600 billóns de dólares anuais, o que representa o 12% do gasto sanitario global.
 
Iniciativas como esta que presentan SocialDiabetes e Vodafone reducirán considerablemente os custos sanitarios asociados á diabetes e, abrigo, mellorarán a calidade de vida das persoas que a padecen.
20/11/201710:11
TifloInnova.

TifloInnova presenta avances tecnolóxicos que axudan a persoas cegas

  • Madrid acolle ata o domingo 19 de novembro a feira 'TifloInnova 2017' da ONCE, que a través de máis de 30 empresas de 15 países, presenta os avances tecnolóxicos que axudan a persoas cegas, segundo comunicou a organizadora

Baixo o lema "TifloInnova 5.0... Unha tecnoloxía global", a mostra permitirá aos visitantes coñecer as últimas innovacións e solucións da tecnoloxía aplicada para as persoas cegas ou con discapacidade visual. Así, en 'TifloInnova 2017' reunirsanse fabricantes, desenvolvedores, distribuidores, usuarios, investigadores e profesionais, para compartir e dar a coñecer a tecnoloxía dirixida a facilitar a vida diaria das persoas con discapacidade visual.

As feira foi inaugurada pola secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Mª Carmen Vela Olmo, a vicepresidenta da ONCE, Patricia Sanz Cameo, o director xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade, Borja Fanjul Fernández-Pita, o director xeral da ONCE, Ángel Sánchez Cánovas, e o director do CIDAT, Guillermo Hermida Simil, entre outros.

Ademais, entre as novidades desta edición destacan a app 'Space', un espazo dedicado aos desenvolvedores de aplicacións útiles e accesibles para as persoas cegas, que mostrarán as aplicacións móbiles que permiten xestionar, organizar e administrar a actividade diaria das persoas con discapacidade visual, e que buscan contribuír na eliminación de barreiras e avanzar na accesibilidade e usabilidade. Neste espazo participarán as empresas Blind Explorer, Lazzus, Metrociego, Navilens, Sunu ou O Adestramento Cerebral ONCE-Vodafone.

Doutra banda, a feira contará cun espazo dedicado ao Grupo Social ONCE, onde se dará a coñecer o traballo en I+D+i da Organización que ten como obxectivo mellorar o acceso das persoas cegas ou con discapacidade visual grave á información e a tecnoloxía, con produtos e proxectos xa desenvolvidos, produtos de software, investigacións no ámbito educativo, solucións técnicas de información en relevo, acceso ao Braille, etc.

Pola súa banda, SAMUR-Protección Civil contará cun espazo no que presentará un proxecto que busca favorecer o acceso das persoas con discapacidade visual á desfibrilación pública, grazas á adaptación dos desfibriladores externos e sobre os contidos docentes en materia de reanimación cardiopulmonar (RCP).

A feira tamén contará con outras novidades como a proposta de Samsung sobre tecnoloxía de última xeración adaptada a través de televisores intuitivos, electrodomésticos e smartphones e tabletas, así como o dispositivo presentado pola empresa OrCam baseado en tecnoloxía de visión artificial que mellora a autonomía das persoas cegas, discapacidade intelectual e outras discapacidades.

Paralelamente celebraranse actividades relacionadas co mundo da tecnoloxía aplicada para as persoas cegas ou con discapacidade visual como as 'Xornadas de Encontro de Usuarios', cuxo obxectivo é achegar a tiflotecnoloxía a todas as persoas cegas que se acheguen. Ademais, as empresas especializadas en tecnoloxía adaptada a persoas con discapacidade visual expoñerán e realizarán demostracións dos seus produtos.

Por último, a feira ofrecerá a posibilidade de participar nalgúns obradoiros e actividades entre os que se atopan o Ximnasio Cerebral ONCE-Vodafone con xogos para móbiles e tabletas adaptados, o tiro con carabina ou a demostración de 'Braitico', un sistema inclusivo sobre a aprendizaxe do braille nas aulas dos estudantes.

20/11/201709:11
Portada do capítulo de

A serie 'On Fologüers' da Fundación ONCE colabora coa Fundación Aquae no Día Mundial do Saneamento

Os protagonistas da serie 'on Fologüers' da Fundación ONCE viaxarán á Amazonía peruana, no marco do Día Mundial do Saneamento ou Día Mundial do Retrete de Nacións Unidas que se celebra o próximo 19 de novembro, para coñecer, coa colaboración da Fundación Aquae, a importancia de ter un retrete, segundo informaron ambas as entidades.

Así, a Fundación ONCE aborda esta situación no cuarto capítulo da segunda tempada da serie baseándose no proxecto de cooperación 'Auga limpa e saneamento na Amazonía peruana', impulsado por a Fundación Aquae en 2014 xunto a Unicef.

Nesta ocasión, será Toni, o protagonista con discapacidade auditiva que comunica en linguaxe oral, o que descubra a importancia de dispoñer dun retrete. Para iso, durante o capítulo 'On the water', Toni viaxará á Amazonía peruana para descubrir como un saneamento seguro pode cambiar a vida a miles de persoas.

Segundo o informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) e de Unicef, 2.100 millóns de persoas carecen de acceso a auga potable e dispoñible no fogar e 4.500 millóns non dispoñen dun saneamento seguro, o que leva a unhas consecuencias dramáticas para a saúde, a dignidade e a seguridade destas persoas, así como para o medio ambiente e o desenvolvemento social e económico.

Por iso, a Fundación ONCE e a Fundación Aquae colaboran neste capítulo que se sitúa na Amazonía peruana, onde o 85% da poboación non ten acceso a auga potable, e no que serán dous mozos de Loreto, poboación rural do Amazonas peruano, quenes expliquen como se constrúe un váter sustentable.

Ademais, segundo o presidente da Fundación Aquae, Ángel Simón, a meta do saneamento o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio no que menos se avanzou. "Ser conscientes do importante papel que xoga o saneamento para a saúde é o primeiro paso para conseguir este reto", asegurou á vez que recomendou "ofrecer cooperación en forma de transferencia de coñecemento ás persoas que máis o necesitan".

Pola súa banda, o director xeral da Fundación ONCE, José Luis Martínez Donoso, sinalou que o obxectivo da serie é "reflectir o concepto do deseño para todos". "Transmitimos valores como a solidariedade, o compromiso, o compañeirismo, que levados ao noso día a día permítennos lograr a inclusión das persoas con discapacidade", afirmou.

A serie 'On Fologüers' pódese ver en Flooxer, plataforma audiovisual que apoia a creadores con talento, e nas canles de redes sociais de Antena 3, La Sexta, Onda Cero Radio e Europa FM.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS