main content

main content
25/03/202110:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Dez consellos básicos para comprar por Internet ou mediante apps

Coñeces os beneficios de comprar na internet? E as páxinas máis seguras para facelo?

As vantaxes de comprar a través de Internet son innegables como evitar desprazamentos, comprar comodamente desde a casa a calquera hora e comparar prezos de tendas de todo o mundo. Pero poida que aínda non te decidiras a facelo por medo ou desconfianza. Nesta sesión mostrarémosche as principais cuestións a ter en conta para facer as túas compras de forma segura.

Contidos:

  • Características que teñen que ter as páxinas de compra seguras.
  • Principais portais de compra online e comparadores de prezos.
  • Condicións de devolución e de garantía nas compras online.
  • Métodos de pago seguros á hora de comprar por Internet.
24/03/202110:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Internet das cousas (IoT) para maiores: tecnoloxía conectada para o teu día a día

Unha das vantaxes da dixitalización que estamos a vivir na nosa contorna, é a gran cantidade de obxectos que poden sumarse a ela e que poden resultar de utilidade para facilitar as nosas rutinas diarias.

Contidos:

  • Que é o Internet das cousas
  • Aparellos que se poden conectar
  • Aplicacións de saúde: diabetes e constantes vitais
  • Monitoraxe en casa e fóra de casa: sinal de emerxencia, seguridade na casa, atención integrada, etc.
18/03/202110:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Comprar sen diñeiro: paga co teu móbil de forma segura

Segundo estudos realizados recentemente, desde o inicio da Covid19 incrementouse o pago de produtos e servizos tanto con tarxeta como a través do móbil e precisamente quen xa pagan co teléfono son os que reclaman que haxa unha maior aceptación deste método de pago para facer un uso máis frecuente.

Pode parecer algo complicado ou inseguro pero a realidade é que as novas xeracións de teléfonos xa están provistas da tecnoloxía necesaria para que nuns poucos pasos podamos configurar o noso móbil como terminal de pago gardando de maneira segura a nosa información.

Contidos:

  • Como funcionan os pagos móbiles.
  • Seguridade dos pagos móbiles.
  • Requisitos para pagar co teu móbil.
  • Configura o teu móbil para pagar.
16/03/202112:00 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Consellos útiles sobre seguridade dixital

Protexernos na contorna dixital é cada día máis necesario debido a que coa evolución tecnolóxica multiplícanse as posibilidades de fraude en calquera das súas formas. Por ese motivo, é necesario non só que coñezamos os tipos de ameazas máis frecuentes senón tamén como podemos a previr infección de dispositivos, o roubo de datos e o resto de perigos que axexan na rede.
Neste seminario, trataremos non só os tipos de ameazas aos que nos enfrontamos senón tamén consellos útiles para manter a salvo a nosa información.

Protexe os teus datos e navega seguro!

Contidos:

  • Perigos na rede.
  • Opcións de seguridade e privacidade de dispositivos.
  • Contrasinais seguros e copias de seguridade.
  • Outras ferramentas: antiespías, devasa, etc.
10/03/202110:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Espremendo o teu móbil: descobre as funcións máis prácticas do teu dispositivo

O móbil converteuse nun elemento case imprescindible nos nosos días debido a que nos permite manternos conectados permanentemente coas persoas da nosa contorna. É unha ferramenta clave na nosa comunicación, pero máis aló desa vertente, os avances tecnolóxicos converteron as novas xeracións de teléfonos en aparellos con multitude de funcións que resultan moi útiles para xestionar o noso día a día. Descobre connosco todo o que o teu teléfono pode chegar a facer por ti!

Contidos:

  • Funcións esenciais: lanterna, zoom, calculadora, captura de pantalla.
  • Para mellorar o rendemento: aforro de batería.
  • Xestionar permisos das apps.
  • Como atopar o dispositivo en caso de perda.
04/03/202110:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Uso saudable de dispositivos electrónicos

Usar a tecnoloxía de forma correcta non só afecta ao manexo dos dispositivos informáticos, se non tamén a ser conscientes de como pode afectar á nosa saúde.

Cada vez son máis os casos relacionados coa saúde que se produciron ao non ser conscientes e non seguir as recomendacións de uso das que falaremos neste seminario relacionadas coa saúde postural á hora de usar computadores, dispositivos móbiles así como previr posibles problemas que poden afectar á nosa vista.

Coida a túa saúde con estas recomendacións!

Contidos:

  • Recomendacións no uso da Tecnoloxía
  • Saúde postural. Prevención no uso de computadores
  • Consellos de uso de dispositivos móbiles para unha correcta saúde postural
  • Saúde visual. Medidas para previr posibles problemas visuais polo uso da Tecnoloxía
03/03/202110:30 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Ferramentas de ditado: mensaxes de voz en WhatsAppp, ditar emails, etc.

Os dispositivos móbiles en ocasións non resultan cómodos á hora de redactar mensaxes escritas, xa sexan de servizos de mensaxería como WhatsApp ou de correos electrónicos. A configuración dos teclados autocorrectores ou a propia distribución das letras poden supoñer inconvenientes e facernos investir máis tempo do que nos gustaría para redactar as nosas mensaxes.

Nesta sesión, veremos como aproveitar todas as opcións que nos ofrece a tecnoloxía para simplificar as nosas mensaxes e poder enviar facilmente mensaxes de voz ou redactar os nosos emails mediante o ditado de voz.

Contidos:

  • Como enviar mensaxes de voz en WhatsApp
  • Activación do asistente de voz de Google
  • Como facer procuras orais en Google
  • Ditado de emails en Gmail a través do teléfono móbil
02/03/202112:00 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Realidade aumentada e realidade virtual: que son, como funcionan, para que serven,

Tanto a realidade virtual como a realidade aumentada son tecnoloxías que están xa implantadas no noso día a día e cuxa presenza vai seguir estendéndose, polo que debemos familiarizarnos con elas para saber aproveitalas.
A realidade aumentada é unha nova tecnoloxía que nos permite ver o mundo de forma diferente a través da cámara do noso móbil, mentres que a realidade virtual permítenos penetrar en experiencias inmersivas en contornas dixitais. Nesta sesión, veremos as diferenzas e semellanzas entre unha e outra e aprenderemos as cuestións clave de cada unha.

Descobre as outras realidades que xa conviven connosco!

Contidos:

  • Diferenzas entre realidade aumentada, realidade virtual e realidade mixta.
  • Como usar Google Lens para buscar información a través da cámara do teu móbil.
  • Apps de realidade aumentada que te sorprenderán.
  • Aplicacións de realidade virtual: tipos e obxectivos das mesmas.
24/02/202108:02
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

Bernardo Viqueira mostra este xoves 25 como defendernos do mal uso da tecnoloxía

AFundación TV emite en directo este xoves 25 de febreiro, a partir das 19.00 horas, a conferencia Protexéndonos, protexéndoos impartida polo hacker e experto en ciberseguridade Bernardo Viqueira. A charla, tras a que os espectadores poderán formular preguntas a través do chat, abordará os métodos actuais nos ataques cibernéticos e cales son os comportamentos dos usuarios que os facilitan. Así mesmo, tamén se tratarán as boas prácticas cos usuarios menores, explicando cales son os principais riscos segundo a súa idade e como se lles pode protexer. O acceso é libre e gratuíto e pódese formalizar xa a través da web de AFundación.

Bernardo Viqueira é enxeñeiro de Telecomunicacións, con diversos mestrados e certificacións na área da ciberseguridade, sendo a súa gran especializade o ámbito do hacking. Grazas a esta vocación, ten traballando reportando fallos de seguridade a empresas sobranceiras como Deezer, Starbucks e Yahoo; colaborado con organismos gobernamentais. Ademais, participa asiduamente en programas de radio e televisión.

Consultor de seguridade en activo, Viqueira está hoxe á fronte da marca Brain. A conferencia enmárcase no novo programa de Saúde dixital de AFundación e compleméntase cun total de oito microsesións formativas, que se emiten todos os mércores e venres do mes de febreiro nas que Bernardo Viqueira ofrece unha visión realista do mundo dixital e axuda ao usuario a xestionar mellor os sistemas informáticos. Nas súas sesións abórdanse as claves para mercar en liña modo seguro, a privacidade e as redes sociais, como protexernos en cinco fases, os menores en Internet ou como configurar un ambiente seguro en casa, entre outros.

23/02/202107:02
Obradoiro de robótica.
Santiago de Compostela

6.500 escolares aprenden robótica e programación grazas á aula STEAM

Máis de 1.800 escolares de centros de toda Galicia participaron xa e outros 4.600 reservaron praza na aula itinerante STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas nas súas siglas en inglés) de AFundación. En total, estamos a falar de 6.500 rapazas e rapaces beneficiándose dos obradoiros de robótica e tecnoloxía aplicada da dita entidade, que fixo balance da actividade xerada no que vai de curso.

Ao abeiro destas actividades e co fin de garantir a seguridade sanitaria, as e os profesionais de AFundación (Abanca) están a desprazarse até os colexios para desenvolver os obradoiros tecnolóxicos directamente cos escolares nas aulas, velando polas máis estritas medidas anti-COVID. O obxectivo é “ofrecer aos docentes un programa con contidos interesantes e adaptables aos diferentes escenarios que se poidan presentar durante este curso”. Nas aulas STEAM, entre outras cousas, apréndeselles ás nenas e nenos a crearen os seus propios robots, tixolas e trotiños, dous trebellos con capacidade para axudalos a crear obras de arte. Aos escolares de máis idade introdúceselles na programación con placas microbit e nas competencias asociadas á electrónica e á programación robótica aplicada.

As actividades das aulas STEAM de AFundación contan con códigos abertos, de tal xeito que desde os centros escolares, tanto o corpo docente como o alumnado, poidan seguir practicando a actividade unha vez finalizado cada obradoiro.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS