main content

main content
12/04/202110:04
Catro imaxes de utilización de EyeLike en Vietnam, Marrocos, India e Papúa Nova Guinea.
Santiago de Compostela

Reutilizar a tecnoloxía para previr unha discapacidade visual

Fai catro anos Samsung puxo en marcha o programa Galaxy Upcycling para buscar posibles aplicacións da tecnoloxía dos seus teléfonos móbiles unha vez que deixan de ser útiles. Unha destas ideas foi Eyelike, un dispositivo que axuda a detectar enfermidades oculares e a previr o desenvolvemento dunha discapacidade visual.

Eyelike é unha cámara de ollo de man fabricada reutilizando os dispositivos Galaxy de Samsung que pasan a ser o 'cerebro' desta tecnoloxía de baixo custo deseñada para a detección e prevención de enfermidades oculares en rexións máis desfavorecidas.

A lente do dispositivo captura imaxes do fondo do ollo que o dispositivo Galaxy analiza e procesa a través dunha aplicación que captura con precisión os datos do paciente e suxire un tratamento.

O custo deste dispositivo é moi inferior ao de tecnoloxías similares e a súa mobilidade fai que sexa ideal para o seu uso en rexións desfavorecidas.

En 2018 Samsung asociouse coa Asociación Internacional para a Prevención da Cegueira (IAPB) e o Sistema de Saúde da Universidade de Yonsei, en Corea, para poñer en marcha un programa de detección de enfermidades oculares en Vietnam. Agora, este programa estendeuse a outros países como India, Marrocos ou Papúa Nova Guinea.

Ademais da detección de problemas visuais, o programa de reciclaxe de Samsung traballa na reutilización de dispositivos Galaxy para fabricar colposcopios para a detección do cancro de pescozo uterino.

12/04/202109:04
Moza de costas usando un ordenador.
Santiago de Compostela

A Xunta impulsa, con de preto de 1M€, a creación de espazos de tecnoloxía aplicada e aulas de emprendemento en centros de FP

  • Estarán dotados de equipamento e recursos para mellorar a cualificación dos estudantes de cara ao mundo laboral
  • No caso das aulas de emprendemento, o obxectivo é ofrecer un soporte similar ao dunha ‘startup’ para que o alumnado poida poñer en marcha a súa empresa

A Xunta de Galicia impulsa a creación, a través de un orzamento de preto de 1M€, de Espazos de tecnoloxía aplicada nos Centros integrados de Formación Profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e de Aulas de emprendemento na formación profesional nos centros que imparten estas ensinanzas.

Trátase de dúas novidosas iniciativas que teñen como obxectivo seguir avanzando na calidade da formación que se ofrece na FP galega. Deste xeito, o departamento educativo do Goberno galego afonda, ademais, na súa aposta por estreitar o vínculo entre Formación Profesional e empresa, como vía para dar un valor engadido á preparación que os estudantes acadan nos ciclos formativos, así como como mecanismo de retroalimentación entre o sistema educativo e o produtivo.

Neste sentido, que o alumnado poida simular desde os propios centros de ensino procesos produtivos reais favorece que acade unhas mellores competencias de cara á súa incorporación ao centro real de traballo e, polo tanto, redunda nun maior beneficio para a empresa que o incorpore no mercado laboral. Así mesmo, favorecer que faga realidade a súa propia idea de empresa contribúe a que poñan en marcha no futuro un negocio propio.

Escenarios virtuais, presenciais e mixtos

No referido aos espazos de tecnoloxía aplicada, o obxectivo é converter aulas tradicionais en espazos que conten con conexión á rede sen fíos e con equipamento e dispositivos para que o alumnado desenvolva experiencias e procesos próximos aos que se desenvolven no tecido produtivo. Así mesmo, serán espazos con capacidade para combinar escenarios virtuais, presenciais e mixtos, que xeren conciencia creativa, e emprendedora, a través de modelos de gamificación e metodoloxías de construción de produtos e servizos.

En definitiva, búscase dotar os Centros Integrados de FP de lugares e recursos nos que os estudantes poidan mellorar a súa cualificación, que simulen as contornas laborais, nas que se poidan empregar metodoloxías baseadas en proxectos ou retos próximos a cada sector produtivo, incorporando recursos baseados en tecnoloxías dixitais tales como simuladores ou xemelgos dixitais, ou a integración de aulas e talleres en espazos únicos que integren aprendizaxes teórico-prácticas, que incorporen simuladores e xemelgos dixitais.

Orientación para poñer en marcha empresas

No caso das aulas de emprendemento, contarán cun soporte administrativo, técnico e de infraestruturas nas primeiras fases dun proxecto emprendedor, similar ao dun marco de desenvolvemento dunha startup. Para iso, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofrecerá aos centros participantes na iniciativa un sistema de orientación, guía, e titorización das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os seus estudos.

Deste xeito, os estudantes da FP galega e os recentemente titulados nestas ensinanzas poderán recibir o asesoramento e axuda necesarias para desenvolver as súas ideas de empresa. Se o proxecto alcanzase un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha e requirise dun espazo para o seu desenvolvemento, dende a aula faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro da Rede de viveiros de empresa en centros educativos da Xunta de Galicia

Cada unha destas aulas contará cos espazos, mobiliario e equipamentos necesarios para cumprir este cometido, así como para xerar un ambiente propicio e dinámico para o desenvolvemento de traballo creativo e en equipo, adaptado aos novos modelos empresariais. Nela realizaranse tamén actividades formativas para o fomento das habilidades e competencias que o alumnado debe adquirir para ter un enfoque emprendedor, tales como as persoais, sociais, relacionais, de comunicación, de definición de produto, ou de desenvolvemento de prototipos e propostas.

Esta iniciativa enmárcase, polo tanto, no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, para o fomento do espírito emprendedor no ensino co obxectivo de lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados. Estes novos espazos integraranse na rede de viveiros do programa eduEmprende, como aulas de emprendemento asociadas aos viveiros da rede.

09/04/202113:04
Mans tecleando.
Leiro

A Xunta sinala a fenda dixital como un dos retos máis importantes que afronta a sociedade no eido da inclusión social

  • Trátase dunha iniciativa enmarcada na campaña ‘Dixitalízate con nós’, promovida por Amigos de Galicia
  • O Goberno galego financia este programa a través dos fondos sociais do 0,7% do IRPF, que permitiron achegar 177.000 euros a esta entidade

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá no acto de entrega de material informático e routers con conexión a internet a dúas familias do concello de Leiro, no que sinalou que a fenda dixital é un dos retos máis importantes aos que se enfronta actualmente a sociedade no eido da inclusión social.

O director xeral remarcou que esta iniciativa, promovida pola entidade social Amigos de Galicia a través dunha campaña baixo o título ‘Dixitalízate con nós’, permite apoiar ás familias en risco de exclusión social que non poden facer fronte aos custes que implica o ensino dixital. Unha situación que o confinamento do pasado ano deixou aínda máis en evidencia.

Arturo Parrado lembrou que o Goberno galego traballa coas entidades sociais para poñer en marcha iniciativas coma esta, que freen as desigualdades sociais. Neste sentido, apuntou que este programa foi financiado pola Xunta a través dos fondos da casilla social do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Amigos de Galicia recibiu no último ano un total de 177.000 euros procedentes das diferentes liñas de axuda da Administración autonómica.

09/04/202108:04
Varios makers mostrando as súas creacións.
Santiago de Compostela

Maker Faire Galicia 2021

Un ano máis, a plataforma https://makerfairegalicia.com/gl será o punto de encontro virtual no que, entre o 2 e o 6 de xuño, as persoas visitantes poderán acceder ao interior do Museo Centro Gaiás -convertido nun entorno virtual en 360 graos- e moverse polo espazo para interactuar cos expositores participantes. Poderán conectar en directo cos e coas makers para coñecer polo miúdo os seus proxectos, ademais de asistir ás diferentes charlas e obradoiros durante os cinco días do evento, que inclúe dúas xornadas dedicadas ao ámbito profesional e empresarial, outras dúas destinadas a público xeral -e moi especialmente aos makers miúdos e miúdas- e unha xornada dedicada ao ámbito educativo.

O evento estreou na pasada edición este novo formato converténdose nunha das primeiras Maker Faire a nivel mundial en celebrarse integramente a través de Internet e logrando que, pese á pandemia, visitantes de Galicia e tamén de países como Arxentina, Brasil, Colombia ou México se desen cita neste encontro. Se perdiches algún dos contidos que se compartiron, aínda podes velos premendo nesta ligazón.

A sétima edición da Maker Faire Galicia celébrase unha vez máis no Museo Gaiás, aínda que este ano de forma virtual, e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura e a APD.

05/04/202110:04
Cartel da iniciativa.
Oroso

A veciñanza de Oroso ten unha oportunidade de formarse en deseño gráfico con Inkscape

O Concello de Oroso informou dunha nova actividade de formación tecnolóxica ao servizo da veciñanza. Trátase do curso Deseño gráfico con Inkscape, que se vai desenvolver entre o 5 e o 8 de abril en horario de 10:00 a 12:00 horas, na Aula de formación EducaOroso. “Con Inkscape”, sinalan dende o Concello, “poderemos crear e editar diagramas, liñas, gráficos, logotipos e ilustracións complexas, amais de obter creacións coas que transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa”.

A través deste curso preténdese facer comprender aos asistentes as posibilidades que se ofrecen no mundo do deseño gráfico, sobre todo no referente aos posibles enfoques profesionais dotando dun coñecemento básico das ferramentas que están a súa disposición. Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por funcións matemáticas, polo que nos permiten redimensionar as imaxes sen perder calidade.

As prazas poden solicitarse na web da aula CeMIT de Oroso, a través de educaoroso@oroso.gal ou chamando ao teléfono 981973927.Co fin de garantir a seguridade sanitaria das e dos participantes, a actividade levarase a cabo a través de vídeo-conferencia, e so se ofertarán prazas presenciais “atendendo a situacións nas que o interesado non poida seguir a actividade de outro xeito”.

30/03/202109:03
Cartel da iniciativa.
Ribeira

A aula CEMIT de Ribeira organiza cursos sobre a seguridade na Rede e banca electrónica

A aula CeMIT de Ribeira vai acoller durante os meses de abril, maio e xuño un total de 160 horas formativas distribuídas en dez cursos abertos á poboación do municipio. Todos eles, de carácter presencial, gratuítos e respectando as normas de seguridade anti-COVID, tal e como explicou a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, nun acto no que estivo acompañado do axente TIC local Manuel Bello.

Dúas das accións serán, segundo indicaron, “innovadoras en relación a anteriores convocatorias”. Concretamente, un seminario de seguridade en Internet que se vai celebrar do 7 ao 9 de abril e outro da banca electrónica, do 1 ao 4 de xuño. O certificado dixital, a suite LibreOffice, iniciación á informática, as ferramentas de Google, o retoque de imaxe (GIMP), o editor de textos Write, as follas de cálculo e máis a ferramenta autonómica É-Saúde son as temáticas dos outros cursos que se impartirán ao longo da primavera.

Inscricións

O prazo de inscrición comeza este martes ás 9 horas ata cubrir prazas. Pódese formalizar contactando coa propia aula CeMIT situada en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou a través da ligazón específica da aula.
Cómpre lembrar que a aula ten un cincuenta por cento de capacidade (seis prazas), que o uso da máscara é obrigatoria durante toda a sesión e que haberá ventilación continua durante as clases e hixiene de mans a disposición dos usuarios. 

Relación de cursos:
CURSOS ABRIL – MAIO

  • Certificado dixital – Sede electrónica. Contido: Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as administracións públicas. Data: 05 de abril de 2021 – 08 de abril de 2021 Horario: 10:00 – 11:30 Data: 05 de abril de 2021 – 08 de abril de 2021 Horario: 16:30 – 18:00
  • Seminario de Seguridade en Internet. Contido: Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións axeitadas para a navegación. Medidas preventivas. Data: 07, 08, 09 Abril Horario: 11:30 – 13:00.
  • LibreOffice. Contido: Manexo do editor de texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións LibreOffice. Data: 12 de abril de 2021 – 26 de maio de 2021. Luns e mércores Horario: 09:30 – 11:00
  • Iniciación á informática. Contido: Descubrir diferentes utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato e co uso dun sistema operativo. Crear e xestionar cartafoles e ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas. Iniciarse na navegación pola Internet. Data: 15 de abril de 2021 – 27 de maio de 2021 . Martes e xoves Horario: 09:30 – 11:00
  • Ferramentas de Google. Contido: Manexo do Google Drive, Google Calendar, Google Maps, Google Photos. Data: 15 de abril de 2021 – 27 de maio de 2021 . Martes e xoves Horario: 11:30 – 13:00. Martes e xoves
  • Retoque de imaxe. GIMP. Contido: Co programa GIMP realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía… Data: 13 de abril de 2021 – 13 de maio de 2021 Horario: 16:30 – 18:00

CURSOS XUÑO

  • Banca electrónica. Contido: Supostos con dúas webs sobre banca electrónica Data: 01 de xuño de 2021 – 04 de xuño de 2021 Horario: 10:00 – 11:30 
  • Seminario Write. Contido: Manexo do editor de texto do LibreOffice Data: 07 de xuño de 2021 – 11 de xuño de 2021 Horario: 10:00 – 11:30
  • Seminario Calc. Contido: Manexo da folla de cálculo do LibreOffice Data: 14 de xuño de 2021 – 18 de xuño de 2021 Horario: 10:00 – 11:30
  • Seminario É-Saúde. Contido: Manexo da ferramenta do Sergas É-Saude: Data: 21 de xuño de 2021 – 23 de xuño de 2021 Horario: 10:00 – 11:30
27/03/202109:03
Mans tecleando.
Santiago de Compostela

A Xunta desenvolve unha fronte común para a loita contra a ciberdelincuencia nas administracións, empresas e cidadanía

  • Abriuse o prazo, ata o 27 de abril, para a presentación de propostas por parte das empresas que soliciten participar na licitación para a prestación dos servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais mediante un Acordo Marco
  • O modelo de colaboración pública-privada na loita contra a ciberdelincuencia plásmase no nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, no que participan a Xunta, as catro deputacións, os concellos a través da FEGAMP, o Goberno central e outras institucións públicas e privadas
  • A actividade de prevención e loita contra este tipo de delitos concentrarase no Centro de Ciberseguridade de Galicia, que este ano comeza a ser construido na cidade da Cultura
  • A Xunta reforzou as medidas para garantir a seguridade nos entornos dixitais no novo contexto de incremento no uso das tecnoloxías por mor da pandemia con investimentos que superan os 12 millóns de euros nos vindeiros tres anos

A sinatura dos contratos que garantan a prestación de servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos; o desenvolvemento do modelo de colaboración público-privada iniciado coa creación do nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal; a inminente construción do Centro de Ciberseguridade de Galicia, e iniciativas para concienciar á cidadanía, forman parte do esquema de colaboración e reforzo co que a Xunta de Galicia afronta os retos de seguridade asociados á transformación dixital da sociedade.

Ata o día 27 de abril está aberto o prazo de presentación de propostas para centralizar a prestación dos servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos en Galicia. Farase a través do Acordo Marco aprobado polo Consello de Goberno da Xunta o pasado 11 de marzo. O contrato terá un límite de gasto de 8,26 millóns de euros e permitirá dispoñer deste tipo de servizos no ámbito das administracións públicas: os concellos, as catro deputacións, a Xunta e as universidades. Tamén permitirá prestar os servizos aos órganos estatutarios e á cidadanía e empresas, fundamentalmente pemes e autónomos. Ten unha duración inicial de dous anos, que poderán ser ampliados dous máis ata agotar o límite de gasto.

Os servizos divídense en catro lotes: servizos básicos, goberno e xestión da seguridade da información; revisións técnicas para a mellora da seguridade; revisións normativas para a mellora da seguridade e auditorías de certificación de conformidade co ENS por parte de entidade acreditada. Cada un deles poderá ser prestado por unha empresa diferente, polo que os adxudicatarios do Acordo Marco serán un máximo de catro.

Centro de Resposta a Incidentes e Nodo Galego de Ciberseguridade

A Xunta ten xa centralizada a mitigación do impacto dos incidentes de seguridade no ámbito da Administración autonómica no Centro de Resposta a Incidentes de Seguridade (CSIRT.gal), que funciona dende 2018. O novo contrato permitirá ampliar a prestación de servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos ao resto das administracións e a entidades privadas.

Esta actuación forma parte dunha fronte común de loita contra os ciberdelitos na que están implicadas todas as administracións públicas, así como empresas e institucións privadas, que se plasmou na creación do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, en 2020, promovido pola Xunta.

Inicialmente, o nodo foi o resultado da sinatura dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que actuou en representación da Xunta; o Centro Criptolóxico Nacional (CCN); o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), as catro deputacións e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Na súa segunda fase, que é na que se atopa na actualidade, o nodo abriuse á incorporación doutras entidades públicas ou privadas relacionadas cos ámbitos do coñecemento e a innovación.

CIBER.gal busca, por unha parte, dar resposta á cidadanía, ás empresas e ao sector público en materia de ciberseguridade. Por outra parte, pretende tamén fomentar o talento e a innovación e desenvolver e potenciar a industria da ciberseguridade en Galicia.

Na actualidade, estáse a desenvolver a oficina de apoio ao nodo CIBER.GAL, cun investimento previsto ata 2023 de 280.000 euros.

Centro de Ciberseguridade de Galicia

Tanto os servizos de ciberseguridade de Galicia como a actividade do CSIRT.gal e do CIBER.gal concentraranse no Centro de Ciberseguridade de Galicia, que comezará a erguerse nos vindeiros meses na Cidade da Cultura. Trátase dunha actuación resultado dun convenio asinado pola AMTEGA e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, que suporá un investimento en dous anos (2021 e 2022) de 3,2 millóns de euros.

O centro acollerá os servizos de ciberseguridade á administración xeral da Xunta e ao sector público autonómico, así como os destinados a otras administracións, como concellos ou universidades. Tamén proporcionará atención e información á cidadanía, aos autónomos e ás pemes en materia de seguridade nas TIC. Neste sentido, acollerá actividades de concienciación, formación e promoción do talento en ciberseguridade, apoiará a I+D+i e terá un centro demostrador destas tecnoloxías.

As actuacións de reforzo da ciberseguridade para o periodo 2021-2023 complétase coa posta en marcha dunha campaña de concienciación coa CRTVG na que se buscará tamén o fomento das vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas). Esta actuación terá un investimento de 600.000 euros.

A suma dos investimentos en actuacións de reforzo neste periodo, que inclúen a oficina de apoio ao nodo CIBER.gal, o acordo marco de servizos de ciberseguridade, a construción do centro de ciberseguridade de Galicia e a campaña de concienciación pública, é de 12.028.000 euros.

O aumento de incidentes relacionados coa seguridade é unha tendencia que se mantén nos últimos anos, e que se está a incrementar dun xeito significativo coa extensión de prácticas como o teletraballo, o aumento das operacións de pago electrónico ou o propio crecemento do uso das tecnoloxías no eido persoal. A situación derivada da pandemia está a acelerar esta tendencia. En 2019 rexistráronse en Galicia 22.631 ciberdelitos, o que supuxo un crecemento dun 39,06 por cento con respecto ao ano anterior. Na actualidade, un de cada dez delitos cometidos en España prodúcese no eido dixital.

Galicia dispón dende 2015 dun Plan Director de Seguridade TIC, vixente ata este ano e que terá continuidade nunha nova planificación para o periodo 2022-2027. No ámbito estatal, o Consello de Seguridade Nacional aprobou en 2019 a Estratexia Nacional de Ciberseguridade. No ámbito europeo, está en marcha o Programa Europa Dixital que prioriza os investimentos nestas tecnoloxías no Marco Financieiro Plurianual 2021-2027. O investimento previsto en ciberseguridade e confianza no programa Europa Dixital da UE é de 1.600 millóns de euros, aos que haberá que sumar a inxección programada no Plan Europeo de Recuperación. Neste caso, as tecnoloxías, incluída a ciberseguridade, recibirán un 20 por cento do investimento total.

25/03/202115:03
Presentación do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
Santiago de Compostela

A Xunta dotará de polos creativos a todos os centros escolares para estimular vocacións científicas e tecnolóxicas

  • O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica prevé impulsar estes espazos para fomentar as competencias STEM, o traballo colaborativo e as habilidades creativas
  • Na xuntanza, informouse da terceira macroenquisa para testar a convivencia nos centros escolares, así como da prórroga dos libros de texto para o vindeiro curso
  • Román Rodríguez trasladou aos directores dos centros o agradecemento polo esforzo e traballo desenvolvido ao longo deste trimestre que agora remata

A Xunta de Galicia vén de compartir coa Xunta Autonómica de Directores os obxectivos do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para deseñar os espazos escolares do futuro ao servizo das novas esixencias tanto de carácter académico como funcional e medioambiental.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzoulles aos directores que, no marco deste novidoso plan, os centros escolares van contar con polos creativos vinculados á estratexia de ensino dixital. Serán espazos de creación deseñados e dotados para fomentar as competencias STEM (Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía), onde primen os novos métodos pedagóxicos de traballo colaborativo, solución de problemas reais e fomento de habilidades creativas. Para iso, vaise tomar como referencia a experiencia piloto dos Espazos Maker que se implantaron en 20 centros educativos. O Goberno galego quere agora que cheguen a todos.

Ademais dos espazos físicos, cun novo concepto de aula multifuncional e polivalente, o plan inclúe a dotación material con recursos de intelixencia artificial, robótica, domótica, procesado audiovisual, mecanizado e electromecánica, entre outros.

Trátase, en palabras de Román Rodríguez, de “avanzar cara centros educativos intelixentes” que, á súa vez, estean “abertos ás comunidades locais” onde se fomente a co-creación e a participación de alumnado, profesorado e familias.

O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica está dotado cun investimento de 191M€ para esta lexislatura, e nel faise fincapé nos aspectos académicos −como o deseño de espazos ao servizo da transformación dixital−, nos aspectos das infraestruturas propiamente ditas −con espazos máis amplos, mellor ventilados, máis saudables e máis confortables−, e de sostibilidade enerxética e medioambiental −coa instalación de centrais de biomasa, entre outros−.

Agradecemento ao traballo desenvolvido

Román Rodríguez aproveitou a súa intervención para agradecer aos equipos directivos e aos docentes o traballo desenvolvido desde o inicio de curso, e sobre todo neste trimestre que agora remata.

Pese a que “non foron uns meses doados, debido ao impacto da terceira onda da covid”, o conselleiro subliñou que “debemos estar enormemente orgullosos” da dedicación dos equipos directivos, o profesorado, o persoal non docente e, por suposto, alumnos e familias”.

Convivencia

Doutra banda, o conselleiro tamén deu conta da celebración da terceira macroenquisa de diagnose da convivencia nos centros escolares, unha ferramenta que permitirá testar o estado actual da convivencia nos centros así como trazar a evolución dos últimos anos, ao poder establecer unha análise comparativa cos datos obtidos nas anteriores convocatorias de 2015 e 2019.

A partir de agora, este macrocuestionario de carácter censal para conxunto da comunidade educativa vai ter un carácter bianual, e formará parte da nova Estratexia Galega de Convivencia 2021-2025, que se está elaborando.

Así mesmo, informouse ante a Xunta Autonómica de Directores da prórroga da vixencia dos libros de texto para o próximo curso, co fin de evitar un gasto extraordinario nas familias. Esta decisión atinxe aos manuais de 4º e 6º de Primaria e de 1º e 3º de ESO, que era os que tocaba renovar en setembro. Así pois, a súa renovación farase coincidir coa entrada en vigor dos currículos da nova lei educativa Lomloe a partir do curso 22-23.

25/03/202113:03
Mans tecleando.
Santiago de Compostela

A Amtega convoca máis de 400 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

  • Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
  • Os exames presenciais celebraranse os días 5, 6 e 7 de maio nas aulas CeMIT de 36 concellos de toda Galicia
  • Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) oferta un total de 410 prazas de carácter libre para a avaliación da obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición a estas probas remata o sábado 3 de abril e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

As probas presenciais celebraranse os días 5, 6 e 7 de maio en 49 quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 36 concellos, que suman un total de 410 prazas dispoñibles:

Abegondo, Ames, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Barreiros, Carballedo, Guitiríz, Lugo, Monterroso e O Vicedo na provincia de Lugo; O Barco e Celanova na provincia de Ourense; e Campo Lameiro, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.

Entre as persoas inscritas provisionalmente realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo

Máis de 1.500 prazas programadas para o ano 2021

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2021, que terá a súa continuación no próximo semestre con novas convocatorias dun curso de teleformación titorizada con exame final e outra convocatoria de probas presenciais na modalidade autoformativa

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 9.610 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.839 en cursos de teleformación titorizada e 6.802 en probas presenciais de acceso libre) e 4.200 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia despois de superar as probas convocadas nas aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.

Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 5, 6 e 7 de maio de acordo co seguinte calendario:
 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA
Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00
7

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00
10

Betanzos

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00
10

Coruña, A - Eirís

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00
10

Vimianzo

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10:00
6

Barreiros

Lugo

Mércores, 5 de maio

10:00
6

Lugo

Lugo

Mércores, 5 de maio

10:00
8

Campo Lameiro

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10:00
6

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10:00
9

Vilagarcía

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10:00
10
         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA
Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00
7

Boiro

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00
10

Oroso

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00
10

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00
8

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10:00
8

Monterroso

Lugo

Xoves, 6 de maio

10:00
10

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00
8

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00
9

Lalín

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00
12

Moaña

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00
7

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00
12

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00
9

Valga

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00
6

Vigo

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10:00
6
         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA
Nº PRAZAS

Betanzos

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00
10

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00
10

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00
8

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00
12

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16:00
9

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 6 de maio

16:00
4

Barco, O

Ourense

Xoves, 6 de maio

16:00
6

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16:00
18

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16:00
8

Moaña

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16:00
7

Vigo

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16:00
6
         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA
Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00
7

Betanzos

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00
10

Boiro

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00
10

Brión

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00
6

Cerceda

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00
4

Fisterra

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00
5

Oroso

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00
10

Ortigueira

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10:00
4

Carballedo

Lugo

Venres, 7 de maio

10:00
3

Guitiríz

Lugo

Venres, 7 de maio

10:00
14

Celanova

Ourense

Venres, 7 de maio

10:00
9

Marín

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10:00
9

Poio

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10:00
5

Pontevedra

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10:00
12
24/03/202110:03
Mans tecleando.
Ferrol

Ferrol forma á poboación migrante en tecnoloxías da información

O Concello de Ferrol iniciou esta semana un programa de obradoiros e tecnoloxías da información para romper barreiras de inclusión. Máis polo miúdo, trátase dunha axenda de actividades formativas para favorecer a integración do colectivo migrante da cidade. O programa Acompáñote na túa viaxe, que arrincou este 22 de marzo, vén da man da Concellería de Benestar Social que dirixe Eva Martínez Montero. Rematará no mes de xuño e desenvolverase en colaboración coa asociación Mobilidade Humana.

A iniciativa ten a súa orixe nunha enquisa desenvolvida pola entidade que guindou datos preocupantes sobre a importante fenda dixital que afecta ao colectivo migrante de Ferrol. Datos como o feito de que preto dun terzo desta persoas non teña computador, o que case a metade descoñeza o certificado dixital e as súas utilidades, ou que o 56 % non saiba solicitar cita online para o padrón.

A concelleira explicou que a estes datos súmase “o aumento da brecha dixital que quedou patente con motivo da pandemia, posto que agora moitos dos trámites que debemos facer na nosa vida diaria teñen que ser telemáticos”, polo que desde o Concello “consideramos importante ofrecer talleres para, por unha banda proporcionar formación en TIC, algo fundamental hoxe en día, e por outra, ofrecer asesoramento e tamén medios, como computadores e accesos Wi-Fi, para levar a cabo as súas propias xestións”. O programa comezou o luns, rematará o 22 de xuño e desenvolverase nas dependencias municipais da Casa Solidaria e en centros cívicos da cidade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS