main content

main content
01/06/201709:06
Señora maior ollando a guía de uso de smartphones.
Santiago de Compostela

CEOMA e a Fundación Vodafone España lanzan a VI Edición do Proxecto Campus Sénior Tecnoloxía

  • Campus Senior Tecnoloxía formou ata a data a máis 19.000 maiores no uso das TIC

 

A Confederación Española de Organizacións de Maiores - CEOMA e a Fundación Vodafone España renovan o seu acordo de colaboración despois dos resultados obtidos durante os cinco últimos exercicios -que foron realmente satisfactorios- nos que se formou a preto de 19.000 maiores de máis de 60 anos a través do Proxecto Campus Sénior Tecnoloxía. A V edición finalizou cunha grande aceptación por parte do público maior, superado os obxectivos expostos e formando a 4.500 persoas maiores.

Por todo o exposto, CEOMA e a Fundación Vodafone España volven unir sinerxias de colaboración a través da firma do convenio, subscrito por parte da Presidenta de CEOMA, Carmen Garcia Revilla, e o Director Xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno Fernández. O devandito convenio, ten como obxectivo seguir integrando ás persoas maiores en accións formativas do uso das TIC para xeneralizar o coñecemento das tecnoloxías, especialmente no uso dos dispositivos avanzados.

A posta en marcha da VI edición de Campus Sénior comprende desde maio deste ano ata marzo do ano 2018: 15 obradoiros prácticos de formación presencial repartidos pola xeografía española e á súa vez en directo retransmitidos por internet e a posterior gravación dos mesmos en vídeo para que a través de www.campusenior.es as persoas maiores poidan realizalos cando consideren. Tamén, nas accións formativas telepresenciais realizaranse 8 seminarios en directo a través de internet. Ademais, ampliaranse igualmente os contidos, na área de 'aplicacións interesantes', con novas APPScceibles para que os maiores aprendan a descargarse nos seus smartphones, dunha forma rápida e sinxela, estas aplicacións accesibles, por exemplo 'Medicamento Accesible Plus'. Así mesmo, os maiores contarán cos cursos de “Tabletas e teléfonos intelixentes”, vídeos formativos sobre o uso dos Smartphones, WhatsApp, Facebook de Fundación Vodafone España.

01/06/201709:06
Unha persoa maior díctalle ao seu teléfono móbil.
Santiago de Compostela

Ditar as mensaxes e mails cando escribir vólvese unha tarefa complicada

  • Cando temos dificultades para escribir nun teléfono móbil, xa sexa por algún tipo de discapacidade e ao avanzar no envellecemento, sempre é unha boa solución optar por aplicacións ás que podamos ditar estas mensaxes

 

Unha das máis utilizadas, tanto pola súa capacidade de comprender os ditados como pola cantidade de idiomas diferentes que recoñece, é Dragon Dictation, dispoñible para dispositivos da marca Apple. A compañía desenvolvedora desta aplicación, Nuance, deseñou un asistente de voz similar que tamén serve para ditar mensaxes, pero aínda non está dispoñible en español.

A aplicación funciona dunha forma moi sinxela, presiónase sobre o botón de gravar, dítase a mensaxe, e cando a aplicación o traslada a texto poderemos elixir se envialo como mensaxe, como correo electrónico ou se subilo ás redes sociais.

Nas probas que realizamos, Dragon Dictation case sempre crava as palabras ditadas, con todo, debedes ter coidado xa que sempre é posible que haxa algún erro, e xa se sabe o perigo que teñen as mensaxes enviadas con erratas.

01/06/201709:06
Cartel de
A Coruña

Mundos Digitales medrará en actividades na súa nova edición

Os días 6, 7 e 8 de xullo celebrarase na Coruña a 16ª edición de Mundos Digitales, o congreso internacional de animación, VFX, realidade virtual, videoxogos e arquitectura dixital considerado todo un referente do sector a nivel europeo, que unha vez máis terá lugar en PALEXCO, aínda que desta volta contando cun maior espazo o que permitirá incrementar o número de actividades.

«Por primeira vez, este ano imos ter actividades simultáneas», comenta o director do congreso, Manuel Meijide, quen engade que «Mundos Digitales creceu tanto en asistencia, colaboradores, relatorios, obradoiros e xuntanzas, que os participantes no congreso van ter que elixir onde estar en cada momento para non perderse os eventos que sexan do seu interese».

Ademais das seccións habituais este ano estrean a sección Out of the Box. Industry & Design, que presentará aplicacións industriais da creación dixital. «Nesta nova sección queremos presentar experiencias que abren o horizonte da creación dixital máis aló das súas actuais aplicacións no sector audiovisual ou a arquitectura dixital para penetrarnos nas súas posibilidades como ferramenta para outras industrias e servizos», sinala Meijide.

Outra nova sección é School Leads, que nace co obxectivo de poñer de manifesto o gran nivel do ensino e a excelencia dos centros formativos, universidades, escolas e academias españolas do sector da animación, os efectos visuais e os contidos dixitais en xeral.

«Estas novas iniciativas, xunto ao reforzo das seccións habituais de Conferencias, Talleres, unha zona específica de Realidade Virtual, o festival de curtas e, sobre todo a puxanza cada vez maior da Feira de Emprego fan que esta edición de 2017 sexa a máis ambiciosa ata a data», sinala Meijide.

 

Conferencias

Como cada ano, Mundos Digitales 2017 ofrecerá de novo os relatorios dos mellores profesionais da industria dixital. Na edición deste ano xa está confirmado Ignacio Lacosta, CEO de Entropy Studio, empresa responsable dos efectos visuais de producións como Eva, Velvet ou a nova serie de Netflix Las Chicas del Cable.

Lacosta compartirá tamén un panel con outros dous creadores españois de primeira fila: Félix Bergés, CEO de El Ranchito, gañador de numerosos Premios Goya e responsable dos efectos visuais de superproducciones como Lo Imposible ou Un monstruo viene a verme; e Xavi Tribó, cofundador de Glassworks e referente internacional no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes e transformación dixital.

En canto a presenza internacional e como conferencia plenaria, Walt Disney Animation, da man do seu director tecnolóxico Rajesh Sharma, abrirá un potente programa de relatorios que combinará as grandes superproducións de Hollywood e as producións nacionais de referencia durante os tres días que farán de Coruña na capital europea da creación dixital.

Os responsables dos efectos visuais de producións como Gardianes de la Galaxia 2, Rogue One: Una historia de Star Wars ou Juego de Tronos, contarán de primeira man as últimas tecnoloxías utilizadas nestas producións.
Mundos Digitales 2017 presentará tamén a versión renovada da Familia Telerín, agora en 3 dimensións. Co seu creador (que o é tamén de Pocoyó), gozaremos de novo coa entrañable familia que durante tantos anos mandaba aos nenos en España á cama ás 9.

 

Feira de emprego

En Mundos Digitales créase o ambiente perfecto para pór en contacto a estudantes e profesionais do sector da animación e os efectos especiais con empresas que buscan talento. Por iso, esta nova edición da Feira reunirá a máis de 20 compañías dispostas a identificar talento e incorporalo ás súas producións.

 

Festival Internacional de curtas de animación

Un comité de selección está a revisar todas as curtametraxes recibidas. Os finalistas das distintas categorías daranse a coñecer a partir do 1 de xuño de 2017 e incluiranse no programa oficial de Mundos Diditales. Un xurado composto por profesionais do audiovisual decidirá os gañadores, que se darán a coñecer na cerimonia de entrega de premios o 8 de xullo de 2017.

01/06/201708:06
Presentación da terceira edición de Galicia Maker Faire.
Santiago de Compostela

Santiago vístese en novembro de cidade Maker

O espírito Maker colle altura na nosa terra. E vaina coller literalmente, entre outras cousas porque está previsto un gran evento sobre este movemento tecnolóxico e argalleiro (o movemento de “faino coas túas mans”) no monte Gaiás de Santiago, emprazamento da Cidade da Cultura de Galicia. Estamos a falar da terceira edición de Galicia Maker Faire, que foi presentada este 31 de maio no devandito complexo cultural e tecnolóxico compostelán e que, segundo se fixo saber, vaise celebrar acompañada dun especial esforzo para visualizala e por visualizar, tamén, as/os argalleiras/os que nela se citen. A cita será en novembro e, atención, xa podemos ir apuntándonos a través da web de seu, galicia.makerfaire.com.

A terceira edición Galicia Maker Faire veu acompañada dun convenio (asinado entre a Fundación Cidade da Cultura e a Concellaría de Desenvolvemento Económico de Santiago) que en boa medida renova a alianza Concello-Xunta para promover a Cidade da Cultura como “espazo de creación empresarial no ámbito das industrias creativas”.

Na formalización do acordo e na posterior rolda de prensa para presentar a Galicia Maker Faire participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e os organizadores do evento, Enrique Saavedra e Matilde Rodríguez.

Segundo fixeron saber, as Maker Faire son “as meirandes feiras de inventores do mundo, escaparates para a creatividade e o enxeño, pensados para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía... un lugar, en definitiva, para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais”.

A edición galega do evento, a feira compostelá presentada este 31 de maio, é en palabras dos participantes na rolda de prensa “a máis importante da Península”. E é así “tanto por número de argalleiros participantes como de público”. O evento santiagués, engadiron, “está entre os cinco con máis visitantes de Europa, logo de grandes cidades como Roma ou París”.

Na presentación tamén se lembrou que durante as edicións de 2015 e 2016 acudiron máis de 24.000 asistentes e máis de 300 makers dando conta dos seus enxeños, converténdose “en punto de encontro dos mellores creadores da Comunidade e axudando a potenciar unha Galicia máis innovadora e colaborativa”, explicouse.

Nesta nova edición, ademais, puxéronse en xogo unha serie de novidades. Por exemplo o cambio de emprazamento, que pasa a ser a Cidade da Cultura, con todo o que de visibilidade e amplitude implica o troco de localización. Ademais, a feira terá un día máis de actividade, o venres 24 de novembro, que se reservará para o sector profesional, “favorecendo que os expositores poidan dirixir dun xeito máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo”. A fin de semana do 25 e 26 manterase para o público xeral.

A cousa Maker
O movemento Maker é a cultura de “fágao vostede mesmo”, “Do it Yourself” en inglés. O termo Makeré unha palabra acuñada por Dale Dougherty, fundador en 2005 da revista Make, que lle dá nome ó que se levaba facendo dende anos antes nos hackerspaces e fablabs: milleiros de artistas, enxeñeiros, programadores, autodidactas e seareiros do open source de todo o mundo compartindo ideas, experiencias e proxectos, creando unha nova cultura baseada na colaboración e libre acceso á tecnoloxía.

31/05/201718:05
Logo CODIX.
Santiago de Compostela

Preto de 200 persoas examínanse esta semana para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Amtega

  • Os exames presenciais celébranse os días 1 e 2 de xuño nas aulas CeMIT de 18 concellos de toda Galicia
  • Están orientadas a aquelas persoas matriculadas no curso de teleformación titorizado que se vén desenvolvendo dende o mes de febreiro
  • Neste mes de xuño publicarase unha nova edición deste curso con 180 novas prazas, e cuxo inicio está previsto para o mes de setembro
  • Este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

 

Un total de 180 persoas participarán mañá xoves, 1 de xuño e o venres, 2 de xuño, nas probas de avaliación presenciais para  obter a certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX), da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 15 de marzo, pon fin á actividade formativa que se desenvolveu nos últimos tres meses e na que estes alumnos puideron resolver dúbidas e obter os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

As persoas admitidas poden consultar na plataforma de teleformación do CeMIT, na que realizaron o curso (http://cemit.xunta.gal/ema) a súa data de exame asignada, centro e hora, así como as instrucións para a realización das probas. O exames terán lugar nas aulas CeMIT de 18 concellos de Galicia, elixidos atendendo as localidades de orixe do alumnado para evitar desprazamentos innecesarios.

 

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos  do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na  Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.es/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo.

 

Preto de 1.500 prazas convocadas para este ano  2017

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2017, que terá a súa continuación no segundo semestre cun novo curso de teleformación titorizada que se publicará no DOG na primeira quincena de xuño (con inicio previsto para o mes de setembro) e novos exames presenciais en outubro, ata chegar a un número superior ás 1.400 prazas dispoñibles para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.

 

31/05/201714:05
Cables de conexión.
Santiago de Compostela

O Observatorio para a Sociedade da Información da Amtega publicará este ano o primeiro estudo sobre Ciberseguridade nos fogares galegos

  • É un dos obxectivos do Plan de Traballo 2017 que se presentou hoxe no Pleno do Observatorio
  • Tamén se deu a coñecer un breve balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, en base aos últimos datos do Osimga
  • No período 2012-2015 a contratación de Internet mediante banda larga en Galicia creceu un 34,5% fronte ao 16,6% en España e ao 11,1% da UE
  • O tecido empresarial galego incrementou o investimento en TIC un 22,5% no último ano
  • A directora da Amtega deu conta tamén dos dous primeiros anos de execución da Axenda Dixital de Galicia 2020, nos que se mobilizaron máis de 320 millóns de euros entre capital público e privado

 

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presidiu hoxe en Santiago o Pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (Osimga), no que deu conta do Plan de Traballo do Osimga para 2017, fixo balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, en base aos últimos datos do Observatorio e avanzou as actuacións dos dous primeiros anos de execución das medidas da Axenda Dixital de Galicia 2020.

Ademais de realizar novos informes de carácter xeral sobre a penetración das TIC en fogares, empresas, sector TIC e Administración, o Observatorio abrirá este ano novas liñas de estudo. Unha das novidades será a elaboración do primeiro estudo sobre “Ciberseguridade e Confianza Dixital nos fogares galegos”. O obxectivo deste informe é analizar o coñecemento especializado en materia de ciberseguridade, coa finalidade de advertir dos riscos existentes na navegación e usos de Internet e favorecer a implantación de medidas de seguridade por parte da cidadanía.

Outra das novas liñas de traballo será a elaboración do estudo temático “Perfil sociodemográfico dos internautas galegos”, que permitirá coñecer os factores que poden incidir na evolución do uso das tecnoloxías na poboación galega e maximizar o impacto das políticas públicas neste ámbito.

Ademais no marco de colaboración con outras entidades, como a Unidade de Muller e Ciencia, elaborarase unha nova edición dos informes sobre o uso das TIC desde unha perspectiva de xénero e a situación das mulleres no sector TIC. Co fin de contribuír a avaliación do Plan Estratéxico da Xuventude, darase continuidade ao estudo temático sobre A Mocidade e as TIC. No marco do Plan de Software Libre, o Osimga realizará novas vagas de estudos temáticos en 3 ámbitos: O Software libre nas empresas, no sector TIC e nos concellos.

 

Máis de 100.000 visitas ao portal do OSIMGA

No transcurso do Pleno tamén se fixo balance das actuacións do OSIMGA durante 2016, destacando que o Observatorio cumpriu cos compromisos asumidos no Plan Galego de Estatística 2012-2016 e, concretamente no seu Programa Anual de desenvolvemento, correspondente ao ano 2016.

No ano 2016, o portal web do OSIMGA recibiu 115.854 visitas, un 10,4% máis que o ano anterior, e o número medio mensual de visitas á web do OSIMGA situouse en 9.655 visitas.

 

Situación da Sociedade de Información en Galicia

No Pleno tamén se presentou un breve balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, en base aos últimos datos do Observatorio. No período 2012-2015 a contratación de Internet mediante banda larga en Galicia creceu porcentualmente un 34,5% fronte ao 16,6% en España e ao 11,1% na Unión Europea. Este incremento permitiu que en catro anos Galicia recortase en 7,2 puntos a fenda en contratación de banda larga coa media estatal e en 10,3 puntos coa media europea.

Ademais, a porcentaxe de galegos que obteñen algún tipo de información online das Administracións Públicas é do 69,1%, cunha vantaxe de 12,3 puntos respecto a España e respecto de Europa, de 20,1 puntos

No que se se refire ao tecido empresarial galego, incrementouse significativamente o seu investimento en TIC. O gasto total das empresas galegas en produtos ou servizos TIC superou os 337 millóns de euros, experimentando un aumento do 22,5% en 2016 con respecto ao ano anterior. O crecemento máis significativo rexistrouse nos gastos en bens TIC das microempresas galegas cun aumento do 45%, pasando de 26 millóns de euros a case 38 millóns de euros.

 

Balance ADG 2020

A directora da Amtega destacou que no período 2015 – 2016 as actuacións da Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizaron máis de 324 millóns de euros, dos que máis de 51 corresponden a capital privado; conseguindo sentar as bases para dar resposta aos desafíos formulados en torno ás liñas estratéxicas da ADG2020: Valoración da Administración, Énfase na vida Dixital, Aceleración da Economía Dixital, Estímulo ao Crecemento do Sector TIC e Articulación Dixital do Territorio.

 

Memoria de actividade OSIMGA 2016

1 mes 1 profesión dixital
Auditorio Ciudad de León

I Foro Internacional de Xénero e Ciberseguridade de INCIBE

O Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), en colaboración coa Organización de Estados Americanos (OEA), organiza o I Foro Internacional de Xénero e Ciberseguridade “Creando un mundo dixital máis inclusivo v1.0”, no Auditorio Cidade de León, os días 5 e 6 de xuño de 2017.

Os seus obxectivos principais son: promover o intercambio de información e o desenvolvemento de coñecementos sobre xénero e ciberseguridade, analizar a situación actual e problemática de xénero tanto a nivel nacional como internacional en relación ao sector da ciberseguridade e debater sobre os principais problemas en relación á violencia de xénero no ámbito dixital.

31/05/201713:05
Cartel do evento.
León

INCIBE organiza o I Foro Internacional de Xénero e Ciberseguridade os días 5 e 6 de xuño

Os próximos días 5 e 6 de xuño celébrase o ‘I Foro Internacional de Xénero e Ciberseguridade: creando un mundo dixital máis inclusivo v1.0‘ no Auditorio Cidade de León baixo a organización do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) en colaboración coa Organización de Estados Americanos (OEA). O Foro abordará a loita contra a violencia de xénero na internet e a ciberseguridade como oportunidade de desenvolvemento profesional.

A organización quere por sobre a mesa unha realidade que afecta principalmente ás novas. Sete de cada dez vítimas de ciberacoso son mozas segundo o I Estudo sobre CiberBullying da Fundación ANAR. Por outra banda, só o 18% dos postos de traballo do sector tecnolóxico en España están ocupados por mulleres, segundo datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e a maior parte de profesións relacionadas coa seguridade seguen estando dominadas por homes.

Sobre a análise da situación actual, o I Foro Internacional de Xénero e Ciberseguridade tratará de extraer conclusións, buscar solucións e promover iniciativas para mellorar a empregabilidade no sector da ciberseguridade e para evitar a violencia de xénero dixital. Para iso, a organización confeccionou un programa de conferencias, mesas redondas e grupos de traballo formados por prestixiosos relatores nacionais e internacionais.

 

Oportunidades de desenvolvemento no futuro tecnolóxico e a ciberseguridade

Un total de catro grupos de traballo abordarán distintos aspectos relacionados cos temas centrais do foro: Mellores prácticas para sensibilizar ás mozas na importancia do mundo dixital, especial referencia á Ciberseguridade, carreiras tecnolóxicas, e medios de comunicación; Mellores prácticas para evitar a violencia de xénero na rede; Cales deberían ser as actuacións dos distintos stakeholders (goberno, sector privado, sociedade civil, mundo académico) para fomentar a diversidade de xénero?, e Oportunidades de desenvolvemento no futuro tecnolóxico e a ciberseguridade, un grupo de traballo no que participará Inés Leal, Directora Editorial e Desenvolvemento de Grupo Tecma Rede e directora do Congreso Cidades Intelixentes.

O evento é gratuíto e está dirixido a profesionais do sector público e privado, sociedade civil, representantes de institucións, asociacións e fundacións, forzas e corpos de seguridade, profesionais do dereito, da comunicación, do mundo académico e doutros sectores. As persoas interesadas en asistir a este evento poden rexistrarse, de forma gratuíta, mediante o formulario online dispoñible.

31/05/201712:05
Entrega de Premios á Innovación Social de Obra Social la Caixa.
Madrid

As ideas sociais máis innovadoras reciben o seu premio

  • Obra Social “la Caixa” entrega os seus Premios á Innovación Social a 10 proxectos que presentan a característica de transformar a sociedade

 

A aparición dunha nova sobre cursos en español para estranxeiros impartidos por unha entidade sen ánimo de lucro de Galicia, foi contestada no medio dixital que a publicou con numerosos comentarios racistas. Aí naceu Ciberespec, un proxecto da ONG Ecos do Sur en clave de acción social para contrarrestar este tipo de comportamentos, por desgraza, máis habituais do que se pensa nun soporte tan difundido como un xornal dixital.

Ciberespec é unha das 10 iniciativas que se fixo merecedora dun dos Premios á Innovación Social que outorga cada ano a Obra Social “la Caixa”.

En palabras de Joanna Prats, Directora do Departamento Coordinador de Entidades Sociais e Proxectos Transversais, “un dos éxitos desta convocatoria –e doutras que pon en marcha- é que se abre unha colaboración efectiva coas distintas entidades sociais”, un aspecto que se podería dicir que é o leitmotiv destes Premios que alcanzan a terceira edición.

 

Máis de 1.100 presentados

En total trátase dunha decena de proxectos que, como no caso de Ciberespec, resultaron recoñecidos tras unha criba inicial de 1128 accións, das que quedaron 327 e que, á súa vez, deixaron 50 finalistas ata chegar aos gañadores e tres recoñecementos máis en forma de accésits .

Segundo explicou Prats na presentación dos Premios á Innovación Social, “os galardóns supoñen por en valor o traballo social” que articulan as iniciativas que se desenvolven en diferentes partes de España.

Ao seu xuízo “o mundo social avanza e evoluciona, e todos estamos obrigados a adaptarnos e buscamos esa adaptación a través da innovación social” que supón unha transformación de diferentes colectivos e situacións.

 

Discapacitados, desempregados...

Por iso é polo que, xunto a Ciberespec fosen recoñecidos outros programas como Incide (Málaga), centrado na prevención da violencia de xénero; ZaraGOZADA, que pon o acento na mellora da accesibilidade universal; Baobab, o proxecto da Fundación CEPAIM, que loita pola convivencia intercultural en Almería; a Asociación do Proxecto San Fermín, de Madrid, que impulsa a inserción sociolaboral de persoas que presentan maiores dificultades para acceder a un emprego; ou AutonoME que, como indicou unha dos seus responsables, Núria Pascual, “persegue a interrelación do home co robot para impulsar o tema das emocións” e está dirixido a persoas discapacitadas.

Son só cinco exemplos dos 10 proxectos innovadores máis sociais de 2016 aos que Obra Social “la Caixa” premia polo seu impacto na sociedade na que se desenvolven. Joanna Prats, na presentación dos galardoados, recoñeceu que “cada vez hai máis proxectos que se presentan á convocatoria, e cada vez é máis complicado chegar á elección final”.

 

"Innovadora e transformadora"

Nesta terceira edición, as iniciativas repártense por Madrid, Barcelona, Zaragoza, A Coruña, Málaga, Bizkaia, Almería e Granada. Cada unha delas recibirá de Obra Social “la Caixa” 15.000 euros, mentres que outros tres lograron senllos áccesits dotados con 5.000 euros.

Juan Antonio Segura, director da Fundación CEPAIM (premiada nesta convocatoria), indicou que estes premios son “vitais e necesarios”, engadindo que “toda acción social é innovadora e transformadora”. Á fin e ao cabo, diso se trata.

1 mes 1 profesión dixital
Online

II Edición ‘Vodafone Connecting for good Galicia’

A iniciativa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia', promovida por a Fundación Vodafone España, ten como finalidade apoiar a emprendedores e PEMES de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia.

Nesta convocatoria, que conta co apoio da Xunta de Galicia, seleccionaranse os seis mellores proxectos de emprendemento que pasarán a formar parte do Programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia' e gozarán dun lugar de traballo no espazo ‘Vodafone Connecting for Good' na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS